Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

REDUCIÓN DO NÚMERO DE CIRURXIÁNS PARA PEDIATRÍA NO CHUO
Establécese por parte do Sergas un servicio compartido para o sur de Galicia na área de Cirurxía Pediátrica o que xera queixas ante o temor á falta de atención nos centros hospitalarios de Ourense, Verín e Valdeorras pola redución do seu persoal en beneficio dunha centralización en Vigo.
Reuníronse na cidade de Ourense os responsábeis de Cirurxía Pediátrica, Pediatría e a dirección asistencial das xerencias de Xestión Integrada de Ourense e Vigo para coordinar as súas actuacións nesta área. Alí o CHUO e o CHUVI estableceron as bases para integrar o seu persoal, recursos técnicos e programar os servizos.
A xerente do CHUO, Eloína Núñez, afirmou que os cirurxiáns pediátricos reducíronse a dous cando antes había tres ou catro, e xustificou que se debe á decadencia do número de nenos na provincia. Núñez nega que se esté desmantelando a atención pediátrica en Ourense, afirma que “o servizo de Cirurxía Pediátrica que tiñamos instaurado séguese mantendo na provincia, e os nosos nenos seguen estando ben coidados”, e engade que este servizo compartido fará que cirurxiáns pediátricos de Vigo “se desplacen a Ourense a operar aos nosos rapaces”, polo que só acudirán a Vigo aqueles casos de pacientes con patoloxías que “nunca se practicaron aquí”. Remata dicindo que os traslados “non son un problema económico, senón que son unha garantía de calidade”.
Tereixa Paz, deputada nacionalista, critica que a ausencia de cirurxiáns pediátricos implica a derivación dos pacientes menores de 15 anos a Vigo, por sistema, e que a Xunta “non ofrece solucións ás familias” no que a gastos e ausencias laborais obrigadas se refire. Mostra ademais a súa preocupación polo aumento en Ourense da listaxe de espera de cirurxía pediátrica ao que se suman as 'interminables' listaxes de espera do hospital de Vigo. “No fondo, o PP o que busca é derivar a todos estos pacientes a centros concertados de Vigo, co que estamos ante unha nova situación de privatización da sanidade pública”, resume Paz.

Xosé Somoza, portavoz do BNG en Ourense, critica que esta derivación a Vigo, “obliga a trasladar aos pacientes en ambulancias medicalizadas, o que supón un gasto maior que o que suporía a contratación de novo persoal nos centros correspondentes” Polo que o BNG anunciaba que presentará ante o Concello de Ourense e o Parlamento de Galicia unha moción e unha proposición cos que pretenden revocar a decisión de unificar servizos de pediatría.

Uxía García Vázquez
Nº 18 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-10-2013 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Boas novas para o fútbol galego.
Voltamos un ano máis a comentar o noso querdísimo fútbol galego e retorna de forma perfecta xa que os nosos tres equipos máis salientables ,é decir, o Real Clube Celta de Vigo, o Clube Deportivo Lugo e máis o Real Clube Deportivo da Coruña, conseguiron grandes resultados nesta xornada de liga.
Para comezar , destacamos un moi bo partido do Celta que recibia en Balaídos a unha das rebelacións desta Liga BBVA , o Villareal de Marceliño. A priori considerabase un encontro fermoso para o espectador que enchía o estadio vigués pero nada mais lonxe da realidade , un encontro no que os de Luis Enrique conseguiron sacar un empate a cero , no que destacou o porteiro Yoel e no que a defensa viguesa foi a mais e estivo máis acertada ca noutros partidos.Tamén , destacar , o debut de Santi Mina coma titular no Celta, ós seus dezasete anos de idade , polo demais, o Celta consolídase na novena praza do campeonato.
Por outra banda sumerxemonos na Segunda Division , na Liga Adelante, aquí temos dous representantes de máximo nivel, por un lado Clube Deportivo Lugo que lle tocaba unha saída complexa ó terreo do Tenerife , que esta pasando por un mal momento , os de Setién tiraron de casta e cun solitario gol de Fran Sandaza , demostrannos como crecen cada vez máis e este equipo pode aspirar a algo moi bo nesta campaña.Noutro lado , encontramonos co Deportivo da Coruña, que recibía ó Alcorcón en Riazor ca urxencia de sumar puntos para seguir ahí arriba, mal partido dos coruñeses pero chegou como caído do ceo Juan Dominguez que sumou o único tanto que subiría o marcador, con este resultado o Deportivo asentase na clasificación en busca dos postos altos na décima posición seguindo a estela de Clube Deportivo Lugo.
A modo de conclusión salientar que foi unha xornada satisfactoria para os nosos equipos galegos pero non vos enganedes , agora e cando máis nos necesitan, todos co noso futbol, todos co futbol galego.

Samuel Vázquez González, 2ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-10-2013 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Un caso de medievalismo educacional.
Benvidos ó século XVIII, as nenas estudan en colexios de monxas e os nenos en colexios de curas, e eu posibelmente esté a escribir este artigo cunha pluma e un papel vello e amarelo.
E comezo así este artigo para mostrarlles a onde nos pretenden levar as reformas que a lei das tebras ou LOMCE, quere traer a este país. Tódalas enquisas apuntan que somos o Estado máis atrasado e peor valorado en cantoa educación dos nosos mozos, e o señor Wert adícase a tentar levar o sistema educativo español, cara o máis fondo dos abismos.
Xa non só atenta contra os principios de igualdade que a algúns políticos nunca lle acabaron de gustar, se non que tamén, coma se fose unha peste estendese cara os nosos dereitos linguísticos, i é que é ben sabido que ó señor Wert gústalle “Españolizar”, ós estudantes.
Está máis que claro cal é a enfermidade do máis nefasto dos ministros da historia de España, esta enfermidade é a peor das existentes, é a enfermidade do “medo” e a da “ignorancia”, e sí digo medo por que algúns políticos teñen moito medo... medo a que os nosos mozos descubran as súas “trapalladas”, i é ben sabido que unha sociedade con menos coñecementos é máis facil de manipular e conducir a onde boa parte dos dirixentes deste país queren, á ruina social.
Tamén digo medo porque o señor Wert contradícese ó querer introducir a lingua inglesa en maior medida na nosa educación e sen embargo ve mal que os mozos galegos, vascos e cataláns falemos nas nosas linguas. Acaso pensa o señor Wert que non sabemos falar en castelán, e non sabemos a utilidade da lingua castelá?
Debe de pensar este señor que tódolos mozos teñen acceso a ensinanza privada, que non abondándolle con implantar unha lei educacional do século XVIII que afecta a tódolos colexios e institutos, públicos e concertados, tamén se atreve a meter a súa gadoupa nos presupostos da ensinanza.
Parece ser que o goberno non ve que a situción que atravesamos é froito da incompetencia educacional dos nosos políticos, que ignoran a importancia da educación para construir un Estado de xente formada.
Tamén quizais sexa un atrevemento pola miña parte falar así do señor Wert, un home que se cre a si mesmo coma un visionario, e xa nas súas ideas futuras esta dividir o Estado pola metade cun muro coma o que dividiu Europa durante a guerra fría, dunha parte vivirían as mulleres e doutro os homes, separados para evitar a transmisión de coñecementos e afondar así máis nunha sociedade machista e atrasada.
Para contrarrestar estes “wertianos” soños futuros eu propoño que unha das solucións ó problema educativo español non está en devolver competencias ó estado central, en canto a educación para así “Españolizar” ós nosos estudantes, se non que o que debería de facer o Estado español é descentralizar o máximo posíbel a educación, e que sexan as comunidades autónomas quen as administren, así evitariamos escoitar tamañas sandeces como que ós nenos catlaláns imparteselles propaganda independentista nas clases.
Tamén está entre os seus plans futuros, seguir a invertir máis cartos en defensa que en educación, como se fai de facto, alegando ós orzamentos das Comunidades Autónomas.
No que todos estamos de acordo é que a LOMCE é unha lei que naceu morta socialmente, que non ten apoio social e político, nin por suposto educacional... A educación é o fundamento da vida dun país, como evidencia temos a Noruega e a Suecia paises con un alto nivel de educación e que ó mesmo tempo gozan dunha gran estabilidade social e económica. A educación é pois o presente e o futuro, nalgo tan importante a maioría da sociedade debemos estar de acordo.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 2º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 12-10-2013 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Procesan ao delegado da Xunta en Ourense por suposta malversación de fondos e falsidade documental
O Xulgado de Instrución número 1 de Ribadavia (Ourense) abriu un procesamento contra o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, por suposta malversación de fondos públicos e falsidade documental.
Rogelio recibiu, segundo sostén o escrito, diñeiro público por unha contía de 6.500.000 pesetas (39.065,79 euros) mediante o programa Leader II da Unión Europea.

A través doutra sociedade (Autuar), e segundo o citado auto, o diñeiro tíñase que destinar principalmente á construción dunha nave para o tratamento de biomasa, pero estes fondos supostamente non foron destinados a aquilo para o que se solicitaran.

A instrución comezou en 2006 tras a denuncia do grupo municipal do BNG en Arnoia, localidade ourensana da bisbarra de O Ribeiro da que Rogelio Martínez era alcalde. Durante todo este tempo, a causa foi instruída por ata tres xuíces e varios substitutos.

Segundo explicaron fontes xurídicas a Europa Press, a Fiscalía intentou parar o proceso, mentres que a audiencia se mostrou "sempre favorable a que continuase"

A partir deste momento, o delegado territorial da Xunta en Ourense pasou de estar imputado a ter calidade de acusado á espera de que se celebre o xuízo oral. En todo caso, Rogelio Martínez ten a posibilidade de presentar recurso nos cinco días seguintes á notificación deste auto.

Martínez exerceu de alcalde de Arnoia durante 30 anos ata que, a mediados de 2009, foi nomeado delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense por Alberto Núñez Feijóo en abril. Pouco despois, en maio, reabriuse a causa contra el e tivo que volver declarar no xulgado de Ribadavia.

Alexandre Sueiro Paz, 2º B Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-10-2013 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
Rosendo Estoupa.
Rosendo Mercado é un dos españois que máis fixo pola reivindicación do rock no noso país. Co seu grupo Leño formou un dos primeiros representantes do rock duro en España alá polo ano 1978, en pura transición dende o réxime franquista ao sistema actual.
Se daquela, o vocalista e guitarrista atacaba duramente as leis do réxime de Franco, non podía faltar a súa ofensa ao corrupto e inservible sistema político-económico actual.
Este ataque ten nome e forma de disco, "Vergüenza Torera" (nótese a ironía do cantautor xa no título)
Ante a pregunta dun periodista : "¿Que é o que máis vergoña che fai sentir?", Rosendo respondeu : "A imaxe infame que estamos a dar de nós ao resto do mundo. Porque aquí xa nos coñecemos todos fai bastante tempo. Pero fóra... Estamos a dicir unha cousa e a facer outra distinta. Estamos a facer o ridículo..."
Vendo os títulos dos temas vemos de que vai isto : "Vergüenza Torera" (homónima), "Ni fu ni fa", "Delirio" e "Autócratas" son algúns dos nomes das cancións.
Por fin chega a moi necesaria volta da canción protesta á nosa época. Facía falta que as personaxes públicas puxesen o seu sobre a mesa.

Xabier González Sobrado, 2ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-10-2013 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
Punteiros láser, un xogo perigoso
Os oftalmólogos advirten de que apuntar directamente aos ollos pode conllevar un dano irreversible na vista
Os punteros láser xa non só se utilizan nas exposicións de clase, nas conferencias ou nas presentacións empresariais. O seu uso popularizouse nas rúas, sobre todo, as zonas turísticas onde os visitantes atopan nestes artiluxios unha forma de diversión.
E é que unha das afeccións nocturnas dos turistas é apuntar aos avións causando un deslumbramiento na cabina nun momento moi delicado do voo, é dicir, na aterrizaxe ou no despegue. Pero o seu mal uso tamén se atopa na rúa, por exemplo, un condutor pódese ver desconcertado pola luz dun láser mentres espera nun semáforo. Nos estadios de fútbol tamén se converteu nos últimos anos nunha práctica habitual dos afeccionados apuntar aos futbolistas con devanditos utensilios.
Pero a realidade é que o que para un pode ser un inofensivo xogo, para os expertos é un serio problema xa que un mal uso destes mecanismos como, por exemplo, apuntar directamente aos ollos co láser conleva consecuencias nefastas na visión xa que se pode danar irreversiblemente a retina.
O oftalmólogo do Hospital Son Llatzer e da Unidade Oftalmolóxica Balear, Jaume Vila, detalla que as consecuencias negativas para a vista desencadéanse cando che apuntan directamente aos ollos cun láser xa que a súa luz pódeche provocar unha queimadura irreversible na retina. Por iso, advirte de que está contraindicado mirar directamente ao puntero láser. Concreta que a súa luz provoca unha cicatriz na fóvea, que é a zona por onde temos unha maior visión debido á súa gran concentración de conos e bastóns. Si mírase directamente ao puntero, continúa o experto, pódese producir unha perdida irreversible da agudeza visual porque os conos e bastóns son moi sensibles á luz.
Engade que, en términos xerais, a pel pode tolerar moito mellor que o ollo a exposición á enerxía dun láser aínda que pode producirse eritema, pigmentación, ulceración e carbonización da pel.

Fernando Rodríguez González, 2º B Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-10-2013 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
O Premio Nobel da Paz entregado á OPAQ
A misión máis complicada dos seus 16 anos de historia e que enfrenta grandes desafíos valeronlle o Premio Nobel de Paz á Organización para a Prohibición das Armas Químicas, a cal encargarase da destrucción do arsenal químico sirio. Aínda que o nome que soaba máis para o galardón era o de Malala Yousafzai, a adolescente paquistaní que sobreviviu a un ataque talibán por defender a educación das mulleres, a OPAQ cumple cos ideais para os que se deseñou este recoñemento á Paz. No seu testamento de 1895, Alfred Nobel,inventor da dinamita, indicou co premio debía entregarse tendo en conta tres causas: a fraternidade entre as nacións, a abaolición ou reducción dos exercitos e a formación e expansión de congreso da paz.Por iste motivo,Thorbjoern jagland, xefe do comité do Premio Nobel da Paz, dixo que o galardón era unha lembranza para as nacións con grandes reservas de armas químicas, como EEUU ou Rusia, que se desfagan dos seus arseais, “ especialmente porque están a demandar que outros fagan o mesmo, coma Siria” .”Agora temos a oportunidade de desfacernos dunha categoría completa de armas de destrucción masiva.Sería unha vitoria na historia se o conseguiramos”.dixo Jagland. Pola súa parte, Ahmet Uzumcu, director do organismo galardonado co Nobel, tras agradece-lo Nobel dixo “ Estou moi seguro de que alentará ao noso persoal a mostrar máis do que pode facer en términos de contribución á Paz e e á seguridade global”.Uzumcu indicou co 80% das reservas baixo a supervisión da OPAQ, excluindo Siria, xa foran eliminadas. A OPAQ fundada no 1997 para aplicar unha Convención sobre Armas Químicas de 1992 que buscaba destriur estos arseais. Recentemente, a organización axudou a destruir reservas en Iraq e en Libia.
Esta organización de 500 empregados e cun presuposto de menos de 100 millóns de dólares está a realizar unha misión sen precedentes nun ámbito de guerra civil para a eliminación completa das armas químicas en Siria. E para facelo conta cun menos dun ano. Un desafío merecedor do Premio Nobel da Paz.

Carlos Seoane Martínez, 1ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-10-2013 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
Nova Galega de Danza celebra unha década de traxectoria co espectáculo 'Dez'
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora con Nova Galega de Danza na xira do seu novo espectáculo 'Dez', co que a compañía de baile celebra unha década de traxectoria. A produción foi presentada o 29 de Setembro en rolda de prensa no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, onde o próximo 27 de setembro, ás 20:30 horas, iniciará o seu percorrido por diversos escenarios de toda Galicia
A evolución da compañía é o fío condutor deste proxecto co que a Secretaría Xeral de Cultura colabora para que a montaxe poida ser exhibida ante o público galego
‘Dez’ inclúe 17 pezas con música en vivo que conteñen a tradición galega máis pura xunto con doses de experimentación, vangarda e mestizaxe. ‘Dez’ é unha representación de aproximadamente 90 minutos dividida en dous actos. Coa dirección musical a cargo de Pedro Lamas, a proposta do seu director artístico, Jaime Pablo Díaz e mais outros seis bailaríns e sete músicos xunto co equipo técnico, inclúe no programa de man aplaudidas pezas da compañía como "Ser é terra" ou "Introito".

A estrea e inicio da xira será o vindeiro venres 27 de setembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, ás 20:30 horas, no ciclo TRCdanza 2013. As entradas están á venda en televenda 902 504 500/ www.servinova.com, na Praza de Ourense ou no despacho de billetes do Teatro Rosalía de Castro os días das funcións, de 12:00 a 14:00h e 18:00 a 20:00 horas ao prezo de 13 euros.

Convidovós a que asistades a esta función para que disfrutedes da danza en compañía dos vosos familiares ou amigos.

Beatriz Pereiras López, 1ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-10-2013 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica a Cazadores de Sombras V: Cidade das Almas Perdidas
O presente libro, para todos os fans da saga, está máis ou menos ben, sinceramente, prefiro outras partes de Cazadores de Sombras. O final non é tan estraño coma o anterior, que remataba cun: "agora somos un irmán"; pero sí é certo que para o seguinte gustaríame que se cambiara algo, non vou dicir o que para os que o estean lendo.
Quedei abraiada cunha escena de Simon e Isabel, por ser un tanto... Como dicilo?... Rara, porque non creo que a reacción de Isabel sería a normal. Despois están as escenas Malec, que para os que non o saiban, refírome a Magnus Bane e a Alec Lightwood, outra parella que aparece no libro a maiores da de Clary e Jace, e que penso que as súas escenas son románticas e que como dicimos a maioría das rapazas: "Son tan monos..."
Outras escenas románticas son as de Jace e Clary, pero teñen un regusto estraño, os que lestes o libro sabedes ao que me refiro.
E por último está Sebastian. E non vos deixedes enganar polos seus ollos negros que segue sendo tan perverso coma sempre.
En resumo, que o libro non está nada mal pero que non sobresae tanto coma versións anteriores.
2º B Bacharelato; Carolina Outomuro López
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-10-2013 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
O planeta orfo
-Formouse fai doce millóns de años, e está a 80 anos luz da Terra.
-A súa masa é seis veces a de Xúpiter, e móvese sen unha estrella madre.
-"Nunca antes viramos un obxecto flotando libremente así", dicen os seus descubridores.
Un equipo internacional de astrónomos descubriu un planeta novo que non só non orbita ninguna estrela senón que flota libremente. Os expertos explican que o planeta, ao que chaman PSO J318.5-22 formouse fai 12 millóns de anos, encóntrase a 80 anos luz de distancia da Tierra e ten unha masa tan só seis veces a de Xúpiter.
O planeta puidose identificar polo súa débil e única firma de calor polo telescopio Pan-STARRS 1, de amplo campo telescópico de rastreo. As observacións mostraron tamén que ten propiedades similares ás dos planetas xigantes gaseosos que orbitan ao redor de estrellas novas. Porén, 'PSO J318.5-22' móvese por sí mesmo, sen unha estrella nai. "Nunca antes viuse un obxecto flotando libremente no espazo que se pareza a esto. Ten todas as características dos planetas pequenos que se encontran ao redor de outras estrellas, pero está á deriva por alí só", apuntou un dos xefes do estudo, Michael Liu.
Durante a última década, os planetas extrasolares descubríronse a un ritmo rápido, con cerca dun millar encontrados polos métodos indirectos, como o tambaleo ou atenuación das súas estrelas nai inducidas polo planeta. Porén disto, só un puñado de planetas fotografáronse directamente, todos os cales son ao redor de estrelas novas (de menos de 200 millóns de anos). "Os planetas encontrados pola imaxe directa son moi difíciles de estudiar, xa que están xusto ao lado das estrelas moito máis brillantes de acollida. 'PSO J318.5-22' non está orbitando unha estrella polo que será moito máis fácil para estudarlo', indicou o investigador.
2ºA Bacharelato; Diego López Guerrero Navarro
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-10-2013 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal