Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Toca atrasar os reloxos
Os países da Unión Europea atrasaron este domingo a hora co obxectivo de aforrar enerxía e dar lugar ao chamado ''horario de inverno'', que se manterá ata o último domingo de marzo.

O aproveitamento da luz é anterior á utilización da electricidade para a ilumimación, xa que no século XVIII o científico e diplomático estadounidense Benjamin Franklin formulou unha proposta para reducir o consumo de velas.

Os cambios de hora vénse facendo irregularmente dende 1974 cando, coa crise do petróleo, algúns países decidiron cambiar os reloxos para aproveitar mellor as horas da luz do sol e consumir así menos electricidade en iluminación. Pero non se comezou a aplicar formalmente ata 1981, e a forma de facelo foi renovada sucesivamente cada catro anos, segundo recorda o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Dende a aprobación da Novena Directiva, polo Parlamento Europeo e o Consello da Unión en xaneiro do 2001, este cambio aplícase con carácter indefinido.

Un estudo indica que o cambio horario ten impactos positivos, ademais de no aforro, noutros sectores coma o transporte, as comunicacións, a seguridade vial , a saúde, o turismo e o ocio. Suponse que este cambio permitirá a cada fogar español aforrar seis euros e outros douscentos dez millóns na industria.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2013 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
«Cincuenta sombras de Grey» xa ten novo Christian Grey: Jamie Dornan
Cincuenta sombras de Grey , a película, xa ten protagonista. Tras unha longa espera chea de especulacións ó que se suma o descontento xeral despois de que Charlie Hunnam-Hijos de la Anarquía- fose elixido para interpretar a Christian Grey e a súa posterior renuncia ao papel, Jaime Dornan, según confirma o portal Variety asumirá a responsabilidade de meterse no papel do multimillonario máis deseado do mundo.
Por se non tivera xa suficiente tirón a saga na que se inspira a película, Cincuenta sombras de Grey nin sequera comezou a rodarse e leva xa meses sendo unha protagonista habitual dos medios de comunicación. A expectación por quén será o afortunado que interpretará a Christian Grey fixo correr ríos de tinta, primeiro con conxeturas e listas de favoritos -nas que reinaban Matt Bomer e Ryan Gosling- e máis tarde co culebrón que rodeou a elección do irlandés Hunnam.
O novo Christian Grey é un actor irlandés coñecido, principalmente, polo seu fugaz papel de sheriff na serie Érase una vez. Tamén se puxo ás ordes de Sofía Coppola en María Antonieta, traballou na serie The Fall e, na súa faceta de modelo, protagonizou campañas para Dior ou Calvin Klein -xunto a Kate Moss-. Jamie Dornan, que traballará en Cincuenta sombras de Grey coa filla de Melanie Griffith, Dakota Johnson -na pel de Anastasia Steele-, ten ademais un grupo de folk e entre os seus logros varios foi nomeado no 2006 como «Torso de Oro» polo New York Times.

Beatriz Pereiras López, 1ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-10-2013 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
Baile solidario
O pasado venres 18 de outubro, tivo lugar un evento promovido pola AECC, Asociación Española Contra o Cancro, de Ourense na rúa do Paseo, preto da estatua da Leiteira, fíxose unha flashmob, é dicir, un baile espontáneo no cal participa bastante xente; a favor da loita contra o cancro de mama, cuxo día internacional foi o pasado sábado. Na flashmob participou a academia de baile Estilo Libre e os seus bailaríns levaban unha camiseta da cor do lazo que simboliza esta loita. Porén, había bastante xente que viu o evento a pesar da auga que caía e os bailarín acabaron empapados.

Non sempre sabemos recoñecer o labor deste tipo de Asociacións, xa que non só apoian e acompañan ao enfermo ata que consegue superar a enfermidade, que por desgraza non sempre se supera con éxito; realizando actividades como Grupos de Autoaxuda e concienciando e informando á sociedade mediante charlas e campañas coma a do venres pasado.

Non só eles levan a cabo campañas, senón que a prol do Día Internacional do Cancro de Mama, na aplicación de WhatsApp apareceron diversos mensaxes, entre eles un que incentivaba a por de estado Voume a ____, neste espazo poríase unha cidade dependendo do mes no que naciches; ____ días, no cal tes que por o día do teu aniversario.

Carolina Outomuro López, 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-10-2013 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA PARA UN GALEGO
O escritor galego José María Merino, un dos narradores españois de máis prestixio, obtivo onte o Premio Nacional de Narrativa pola súa novela «El río del Edén», dotado con 20.000 euros e outorgado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, recoñecéndoa como a mellor obra narrativa publicada en España no 2012 en castelán ou en calquera das outras tres linguas cooficiais.
O xurado que a elixiu estivo conformado por Ángeles Encinar Félix, Paula Izquierdo, Salvador Gutiérrez Ordóñez, Fernando Valls Gúzman e Marcos Giralt Torrente, entre outros.
Merino comentou cando esta se publicou que tiña moitas ganas de escribir unha novela de amor. «Me encantó escribir esta novela y que la reconozcan de este modo es maravilloso porque, además, llevaba tiempo con ganas de profundizar en el tema del amor y la traición», explicaba. «En realidad 'El río del Edén' es una obra sobre lo difícil que es conseguir la felicidad, y con ello sobre el amor, la traición y el arrepentimiento. Quise meterme en todo ello», recalcou. A natureza está tamén moi presente como unha protagonista máis. Elixiu un río para a súa nova novela porque lle gustaba o punto de mira metafórico da idea do río como pasaxeiro: «Es como la memoria y el olvido. El río tiene ese significado de lo que fecunda y del abandono, lo que queda y lo que pasa». Ambientado no alto Taxo, Daniel e Tere, os protagonistas, viven unha historia de amor sendo mozos. Tras a morte da súa muller a causa dun accidente, Daniel volve a recorrer ese camiño acompañado do seu fillo Silvio, un adolescente con síndrome de Down. Ambos queren depositar na lagoa a furna coas cinzas da falecida.

O xurado do premio considera que «se trata de una obra en la que el autor adopta una segunda voz autorreflexiva para dar vida a un microcosmos familiar», que xira en torno a un neno con discapacidade e ás crises que a súa aparición provocan na vida familiar. Constitúe unha obra tan tecnicamente arriscada como ben resolta, que vai adquirindo tensión a medida que avanza o relato e cuxos problemas cruciais, como o dereito a unha morte digna atópanse perfectamente expostos.

Merino publicará en breves un libro de contos que posiblemente leve o título de «La trama oculta», como xa avanzou. Pertencerá a esa serie de espazos naturais que José María Merino comezou con «El lugar sin culpa» e que seguiu con «La sima».

Uxía García Vázquez 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-10-2013 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
A fenda de xénero
Nun ano no que no mundo logrouse cerrar lixeiramente parte da fenda que todavía separa as oportunidades dos homes e as mulleres, España empeora no reto da equidade. O Informe sobre a Fenda de Xénero Mundial de 2013, publicado este venres, expón que España descendeu do posto 26 do ranking (de 136 países) ao posto 30 no último ano, unha caída que daise máis abrupta se se mira dende 2010, cando España ocupaba o posto número 11 (de 134 países).
Islandia, Finlandia e Noruega lideran a lista da equidade de xénero mundial realizado polo Foro Económico Mundial coa intención de subraiar as diferencias entre os hombres y as mujeres en tódolos ámbitos da vida,o informe coloca entre os mellores países do mundo en equidade a Islandia, Finlandia y Noruega, que repiten posición respecto ao año pasado. Estos países lograron pechar nun 80% a fenda de xénero.
O foro económico, na oitava edición do seu estudo sobre xénero, tamén reconoce o avance dos dereitos das mujeres en Filipinas, que ocupa xa o posto número 5 da lista, e en Cuba que pasa do 19 ao 15. De España, destaca a gran fenda salarial que persiste entre homes e mulleres que ostentan o mesmo posto de traballo. En dito campo ocupa o posto 116 de 136.
No top de univeristarias porén, existen dous aspectos nos que as españolas lideran o ranking mundial: un é o número de mulleres universitarias e outro, o da saúde e a esperanza de vida. Respecto a Europa, o informe sinala que existe unha gran diferencia entre o norte e o sur. Así, mentres os países nórdicos casi pechan a brecha, esta reábrese no sur. Ademáis de España, o informe destaca a posición número 45 de Francia e a número 71 de Italia. Por outra parte, Latinoamérica rexistrou nun ano a mellora máis significativa na materia de xénero entre todas as rexións do mundo. O país que máis avanzou en reducir as disparidades de orde económico, educativo, sanitario e de participación foi Nicaragua, que encabeza a clasificación da rexión e ocupa o décimo posto mundial.

Diego López Guerrero Navarro; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-10-2013 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
“Pais asasinos?”
Dende o pasado 22 de setembro, data na que apareceu o cadáver de Asunta Basterra Porto, unha adolescente de 12 anos, a poboación galega encóntrase conmovida ante tal acontecemento, pois a responsabilidade do asasinato da menor recae sobre os seus pais, ata o momento, os únicos culpábeis.

Está claro que según a xustiza todo o mundo é inocente ata que se demostre a súa culpabilidade, pero polo momento, e con todos os indicios que ata agora conseguiu a policía son os pais de Asunta os propios asasinos da súa filla.

Intento tratar esta terrible noticia dende o meu punto de vista, amosando a miña incredulidade, ante o feito de que uns pais, que por motivos biolóxicos non poden ter un fillo propio, opten pola adopción dunha nena que levaron a súa casa con poucos meses de vida e que con 12 anos deciden acabar coa súa vida. Como uns pais poden administrar tranquilizantes á súa propia filla? Din que ata para adoptar un fillo débese ter un gran poder económico, pero está claro que neste caso, o diñeiro non fai a felicidade, senón que a destrúe. A pesar do diñeiro que esta familia teña, o seu futuro debe ser castigado duramente pola lei, xa que ninguén pode quitar a vida a ningún ser humano e neste caso estamos a falar da súa propia filla; simplemente NON o entendo.

No que levamos de 2013, 17 nenos foron asasinados polos seus propios pais. Como pode ser isto posible? Que pasa, que agora matar á túa propia filla ou ao teu propio fillo é o mellor que se pode facer? Xa reducindo, por suposto, os demais asasinatos que se producen sen estar relacionados o asasino coa vítima… En que mundo vivimos?

Na miña opinión deberiamos tomar conciencia disto.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2013 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
É verdade esta saída da crise?
Fai uns días, Cristóbal Montoro afirmou que España está saíndo da crise económica. É capaz de dicir, con total seguridade, que o próximo ano, para el o querido 2014, vai ser o ano do crecemento e do emprego e que, definitivamente, a crise irase do noso país sen deixar rastro ningún.

O ministro de Facenda e Administracións Públicas pediu ao resto dos partidos que empecen a crer que estamos saíndo da crise, en vez de negar todas as súas palabras.

Pero os españois que non estamos metidos na política e os que loitan por conseguir un anaco de pan nas rúas, o caso de cada vez moita máis xente, só pedimos unha cousa: que poidades afirmar isto non só con palabras, senón con feitos. Só queremos que todo o que nos contades non sexa un engano para ter a todo o pobo contento, para conseguir votos, para poñervos medallas ou para xustificar o voso cargo. Como cidadá e falando en nome de moitos españois, o único que vos pedimos, señores políticos, e que fagades o voso traballo e realmente loitedes polos intereses do país. Abonda xa de verdades a medias! O que realmente queremos son resultados e non palabras, e que realmente en España todos poidamos acceder a un posto digno de traballo e ter cubertas as necesidades básicas. Non é moito pedir, verdade?

Por certo, tamén sería interesante que non só os vísemos nas situacións sociais á hora de sacar unha foto xuntos e que realmente se implicasen máis nas penurias de todos os habitantes de España.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2013 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Donos do seu destino aos quince anos.
¿Que nos pasa neste país? ¿Como consentimos o que consentimos?

Fálalles un rapaz que, coma moitos outros, foi e é vítima da precoz selección de futuro á que nos someten aos mozos neste país.

¿De verdade existe algunha cabeza en España que pense que un mozo ou unha moza de quince anos están capacitados para seren donos do seu destino? Dende o meu punto de vista é un dos peores procedementos que se poden seguir. As cousas ao seu tempo. ¿De que serve ter unha carreira moi cedo se non é a que queres?

Os quince anos son unha idade na que a presión social, os compañeiros e o descoñecemento fan moito máis por decantarse por unha rama que a vontade real do alumno. Noutros casos, a vontade do alumno non é a que terá cando cumpra os dezasete e encare un curso que, por riba de ser complicado, non é o que quere.

Esto é o que pasa cando un país ten aos seus futuros mandatarios coma se fosen ratos de laboratorio, probando diversos sistemas educativos cada pouco. Vergoña nos debía dar.

Un país sen unha boa educación é un país sen futuro, pero, quizais exista xente que se beneficie da ignorancia á que nos someten.

Volvendo ao tema. Chegados a un punto das nosas vidas, miramos cara atrás e vemos que non obramos como queriamos. Nese momento o sentimento de que tiraches a túa vida pola fiestra é enorme, case que doe. Estás seguro de que, por mor da túa ignorancia naquel momento non vas ter a vida que anhelas. Pero cando ves a realidade..., cando ves que a culpa é dun sistema incompetente o único que tes no corpo é rabia, a mesma rabia que transmito neste texto.

Xabier González Sobrado, 2ºBacharelato.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2013 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Polo vieiro do emprego.
Outro ano máis abrimos os xornais e atopámonos o mesmo... o mesmo retrouso na voz de outro trobador. Se fai tres anos era Elena Salgado a que nos dicía “En 2009 haberá crecimiento económico”, agora é o señor Cristobal Montoro o que nos promete que no 2014 crecerá o emprego. E non se queda ahí a afirmación económica do goberno conservador, se non que o presidente español afirma, con algo de sorna, que España ten unha economía saneada e reforzada, non sei se o señor presidente nos conta un chiste ou vive nun mundo idilico e fermoso que habita na súa mente.

Con estas afirmacións non quero ser pesimista, nin caer no vacio do excepticismo económico, mais penso que quizais é un pouco arriscado falar por parte do ministro de facenda que no 2014 teremos unha recuperación de emprego. E expoño as miñas razóns.

1. A recuperación no ámbito macroeconómico referida a débeda, a prima de risco ou o IBEX 35, que efectivamente marcan datos positivos, non ten que ver cando menos a curto prazo cunha recuperación do emprego.

2. Os recortes e as medidas económicas emprendidas polo goberno do Partido Popular, omiten un dos principios fundamentais do Keynesianismo, até o de agora a fórmula máis eficaz para sacar a un Estado da crise, como xa se demostrou no ano 1929; pois se queremos xerar emprego precisamos invertir máis cartos en política social e de emprego.

3. España segue a reportar grandes niveis de débeda internacional que deberá sanear en exercicios económiscos futuros, se caemos no erro da inactividade laboral, o isolacionismo económico apoderaráse do mercado español.


Quizais en troques de falarmos dunha recuperación económica deberiamos falar dun aumento da confianza por parte dos accionistas no mercado español. Os pasos que até aquí se deron alén da súa criticabilidade poderían agora reformarse e afianzarse cun xiro na política económica do Estado español. Un xiro que conlevase a inversión en proxectos de dinamización do emprego, como a creación de industria ou a explotación facultativa dos recursos económicos estatais. Acompañado dun aumento notábel nas inversións en materia educativa e formativa, xa que constitue unha parte fundamental dos recursos intanxibeis cos que conta un empresario e porsuposto deberíase afianzar e promover a teoría do Empresario Innovador proposta por J.A. Shumpeter, o que conlevaría un aumento notabel na inversión que o Estado adica a I+D. Promover axudas a PEMES e Pequenas Empresas como eixo sustentor da economía estatal, xa que son estas empresas as que poderían dar máis traballo a empregados estatais, sen esquecer a persoa xurídica das Sociedades Anónimas españolas que empregan a multitude de traballadores.

E tamén é preciso baixar os impostos, sobre todo o IRPF, este que tanto fai baixar o nivel de vida das familias de clase baixa e media. Ó tempo que permanecer estábel aquel que afecta as rendas altas. Pois subindo o IRPF estamos a facilitar a baixada no consumo que como xa afirmou J.M. Keynes é a razón fundamental das recesións económicas.

E hora de que o señor De Guindos e Montoro peguen un cambio de rumbo, agora que o mercado español parece crecer, polo vieiro do emprego.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 2º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2013 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Día da bici en Ourense.
Unha vez máis a nosa cidade ourensá xuntase para ser participe dun acontecemento de renome como é o Día da bici , no que participaron centos de persoas que saíron as rúas para defender o deporte e tamén reivindicar que a cidade das burgas , quere o deporte nas súas vidas.Para isto decidiron comezar unha rolda que percorrería as rúas máis importantes da cidade .
A saída prodúxose as 12h na Alameda , concentraronse para vivir unha xornada de socialización que transcurrirían rúas como Ervedelo, O Progreso, Curros Enríquez, Vicente Risco , entre outras , facendo que as zonas máis concurridas de Ourense quedaran enmarcadas nunha imaxen preciosa. Só cabe destacar que estas actividades pódense realizar grazas a esta xente que sigue mirando por un deporte galego.
Por último, reivindicar un deporte como o ciclismo que vive as suas horas mas baixas en continua decadencia por todo o problema co doping é moi importante dar a ver ó mundo que Galiza vive para este deporte e que cree nun deporte limpo e sán, que pode dar futuro a centos de deportistas ou futuros que quizá se sinten desprazados por todo o acontecido neste mundo , cambiar a dinámica , cambiar a imaxe , saír con forza de estos actos ten que ser o principal obxectivo para esta sociedade galega, loitemos neste caso por un deporte limpo, por un deporte saudábel.

Samuel Vázquez González, 2ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-10-2013 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal