EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Tanta é a diferenza?
Miremos á sociedade dun xeito un pouco máis detallado. Podemos atopar a moita xente que non ten onde vivir e a outra moita que lle sobran os cartos. Xogamos ao xogo das diferenzas con eles? Encontrei cincocentas! E imaxino que haberá outras moitas máis.

Eu voume permitir facervos unha reflexión: penso por que hai xente que cada noite loita por durmir nun anaco da rúa, e outros quéixanse de que o ‘champagne’ é dunha calidade inferior á que están afeitos e isto provócalles acidez de estómago. Dende un principio só estou mirando á situación económica, onde uns poden usar billetes coma se fosen panos, e aínda lles sobran, e outros choran de ledicia ao encontrar unha moeda dun euro, que, xente da nosa idade, só vea para mercar unhas cantas lambonadas, pero eles, con esa simple moeda, ven un mundo e miles de sorrisos.

Vendo reportaxes, sobre todo as que fai a canle de televisión ‘Cuatro’, estas diferenzas cada vez son máis visibles, e o triste é que ninguén fai nada. Pode que pouco poidamos facer, pode que a situación económica agora mesmo non sexa a mellor en todas as casas, pero… por que a xente adiñeirada non quere axudar, aínda que sexa cun poco, e intentar eliminar a clase social que, aínda no século XXI, dorme entre cartóns? Entendo que non queiran dar cartos, ninguén no momento no que estamos agora pode dalos, pero… por que cada día se ve que hai xente que tira un abrigo de ‘Chanel’ que está pouco gastado ou ten un pequeno buraco, ao colector do lixo e non llo dá ao pobre que está pedindo na porta do supermercado polo que pasa case todos os días? Acaso ti, que disfrutas esta época de crise con ledicia, non eres capaz de ver que un abrigo gastado e roto, que aínda cumple a súa función de abrigar, pode facer a alguén a persoa máis feliz do mundo?

Espero que esta crise pase e serva para darnos a todos unha lección de humildade, para que nos deamos de conta de todas as cousas innecesarias, superfluas e sen utilidade que a sociedade de consumo na que vivimos en tempos pasados nos “invitou” a mercar, e para que dunha vez por todas sexamos conscientes do que é realmente importante e todos poidamos ter as necesidades básicas cubertas.

Eu con isto non quero criticar os erros que, seguramente, todos cometemos algunha vez. Con isto quero denunciar a situación de miles de persoas, que son felices coas cousas que xa non utilizaremos xamais.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-10-2013 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
O saber de Internet
Según datos do Instituto Nacional de Estatística, a proporción do uso de tecnoloxías da información e a comunicación polos nenos de 10 a 15 anos é, en xeral, moi elevada: o uso do ordenador é practicamente universal (95,2%), o 91,8% emprega Internet e o 63% dispón do teléfono móbil.

É incrible como os nenos de hoxe en día teñen un control tan alto das novas tecnoloxías. Estouvos a falar tanto de teléfonos móbiles, como ordenadores ou tablets; é o mesmo, contrólano todo.

Si que é certo que ás veces é moi útil saber tanto das novas tecnoloxías, porque hoxe en día é o que máis se emprega. Hai moi poucas persoas que non dispoñan de Internet na casa. Ou mesmo, cantos nenos ves pola rúa que non teñan teléfono móbil? Nenos de 8 e 9 anos xa dispoñen del, bastante asombroso se o comparamos cos de hai uns anos atrás…

Pero tamén hai que advertir dos seus perigos, porque o elevado uso das tecnoloxías polos menores fai que estén preto de moitos enganos pola rede, xa que en moitas ocasións a súa falta de coñecemento de certos usos fan que sexan enganados por xente adicada a estes delitos. Dous deles poderían ser, por exemplo, o coñecido como “grooming”, que é o acoso sexual a menores levado a cabo por un delincuente adulto sobre un menor; ou o “ciberbullying”, que é o ciberacoso entre menores empregando os medios dixitais. Por iso mesmo hai que ter moitísmo coidado co uso da rede.

O director de Privacidade da rede social Tuenti, explicou que “do que se trata é de que participen da maneira máis segura posíbel”, e destacou algunhas iniciativas da súa rede social como activar todas as opcións de privacidade, non comercializar datos con terceiros e cifrar as conversacións do chat. Finalizou dicindo que “en calquera caso, creo que a mellor ferramenta de prevención e de control é a educación dende idades pequenas” e creo que ten absolutamente toda a razón, hai que concienciar a todos os nenos destes riscos.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2013 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
O problema do móbil
O uso da tecnoloxía está vinculado á mocidade, e á nenez. Segundo a enquisa do INE sobre equipamento e uso das TIC (tecnoloxías da información e comunicación), aos quince anos case todos os rapaces teñen móbil (90,2 %) pero o salto dano con once-doce anos, cando empezan na ESO. As cifras son moi indicativas: aos 10, só uns poucos usan o teléfono (26 %), aos 11 empézase a xeneralizar (41) e aos 12 estender entre a maioría (58,9 %). A partir de aí o aumento é máis graduado: 13 anos (75,8), 14 anos (84,4) e 15 anos (90,2 %).

E eu pregúntome resignado: onde chegamos?. E, agora con medo, pregúntome: onde chegaremos?

O Goberno actual aproba unha lei educativa que supón un enorme gasto económico, e dubido que algún beneficio, escusándose en que somos dos últimos en matemáticas e comprensión lectora. Dende o meu punto de vista, non se vai solucionar este problema cambiando a selectividade pola reválida ou sometendo a unha proba de paso aos estudantes de sexto de primaria. Para min, o problema radica, por exemplo, en que os rapaces, a partir dos dez anos, cando están en xogo as súas matemáticas e a súa capacidade lectora, xa que se non o aprenden aí dificilmente o farán aos trinta, pasan as tardes absorbidos pola pantalla dun smartphone, en vez de ter entre as súas mans esa xoia chamada libro, ou estar a abrir a súa mente xa sexa coas matemáticas ou outra disciplina. Se isto non se soluciona, poderemos chegar á décima reforma educativa,(a este ritmo, antes que o Madrid á súa décima), e seguiremos sendo os últimos en comprensión lectora.

O móbil, algo tan beneficioso ben usado e tan malicioso mal utilizado.

David Cebreiros López, 1ºA Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2013 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Ogier redondea a festa de Volkswagen
Sébastien Ogier converteuse no novo vencedor do Rally España-Cataluña despois de oito anos de hexemonía pola parte de seu predecesor Loeb...

Na última xornada, disputada sobre terra, o piloto de Volkswagen foi recuperando o tempo perdido polo picada que sufriu onte sábado ata facerse co triunfo nos kilómetros finais do recorrido.

Primeiro arrebatoulle a segunda posición a Sordo, retirado do rally pouco despois xa que rompeu a suspensión no rally da súa casa, despois desbancou o liderato de Latvala, vítima dun incendio no seu coche, e por último, no tramo final, sentenciou con outro rexistro demoledor a vitoria número oito da súa brillante tempada.

Jari Latvala acompañou no podio o francés, redondeando así o primeiro dobrete mundialista de Volkswagen, xustamente no rally onde a marca alemana proclamouse campiona do título de constructores na sua primeira tempada no WRC.

Esteban Gómez Cerdeira; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2013 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Méndez Ferrín acusa ó inmovilismo de Alonso Montero, na RAG.
O expresidente da Real Academia Galega Xosé Luís Méndez Ferrín asegurou este sábado que a institución "está paralizada" e pediu que en Galiza se cren máis premios nacionais para enaltecer a cultura galega en todas as súas formas artísticas.
Así o trasladou, en declaracións ós medios, tras recibir o premio Don Ramón Otero Pedrayo das deputacións provinciais de Galiza. Desta forma, Méndez Ferrín explicou que descoñece "como está a facer “o seu labor” o actual presidente", pero que "a impresión" que ten "é que está paralizada", e que, de feito, esa é "a teoría que ten todo o mundo".
Méndez Ferrín tamén criticou que en Galiza "non existen premios nacionais, senón substitutos". Deste modo, lamentou que "un escritor galego non pode levar nunca un premio Cervantes". Ademais, reivindicou que en Cataluña e País Vasco hai premios nacionais para a cultura pero que, non obstante, en Galiza "non existen".
Por iso, aínda que recoñeceu que o premio Otero Pedrayo "está bárbaro", indicou que "fai falta un premio por cada un dos xéneros literarios, igual que nas outras nacións que teñen lingua propia, pero mesmo igual que o Goberno central español".
Neste sentido, solicitou que se creen outros premios ou se amplíen os existentes para recoñeceren o traballo dos creadores de distintas formas artísticas. "Ten que haber un de literatura, de arte, de ciencias, ..., é absolutamente inescusábel", finalizou.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 2º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2013 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
O xuízo oral contra Xosé Luís Baltar.
O expresidente da deputación ourensá, será entre o 30 de xuño e o 4 de xullo

PETICIÓNS DAS ACUSACIÓNS

Trátase da petición da Fiscalía, que é moi similar á do colectivo de funcionarios públicos “Mans Limpas”, que rebaixa a súa solicitude a nove anos e medio. O PSOE, a terceira pata da acusación particular, demanda tamén 10 anos de inhabilitación por prevaricación, e a iso engade seis anos de prisión, multa durante 24 meses de 300 euros por día e inhabilitación especial de seis anos polo delito de falsidade de documento público. A esa condena pedida polos socialistas, hai que sumar outra multa de 300 euros por día durante 12 meses e a suspensión de emprego ou cargo público durante tres anos por malversación de fondos públicos, ademais do pago dunha responsabilidade civil por importe do custo total dos 104 contratos que asinou, sumando salarios, cotizacións sociais e outros emolumentos. En todo caso, o xuíz sinala que o "único delito imputado" a Xosé Luís Baltar é o de prevaricación, "polo que non cabe instar dilixencias orientadas a investigar feitos non imputados", e tampouco considera que o delito de prevaricación deba ter derivado o pago de responsabilidade civil. Os 104 contratos polos que Baltar é obxecto de investigación formalizáronse en semanas anteriores e posteriores ao congreso do PP provincial de Ourense no que o seu fillo, Manuel Baltar Branco, fíxose coas rendas do partido en xaneiro de 2010. Dous anos despois, tamén o seu fillo substituíulle como presidente da Deputación ourensá, cos únicos votos do PP.Xubilado da súa profesión de docente desde outubro de 2011, Baltar Pumar tamén causou baixa voluntaria no PP --ao que chegara desde Centristas de Galiza hai máis de 20 anos-- unha vez o fiscal xefe de Ourense, Florentino Delgado, interpuxo a querela contra el ó ser informado polo PSOE das mencionadas contratacións.

"A IMPUNIDADE ACABOUSE"
Pero, a pesar de que a sentenza sobre este caso xa collerá ao exbarón popular retirado da vida pública, o portavoz socialista na institución provincial ourensá, Ignacio Gómez, declarouse "satisfeito" por que se proceda á apertura do xuízo oral."Aínda que tarde", admitiu, "parece que a impunidade se acabou" e desexou que renda este exemplo para "evitar que este tipo de cousas repítanse" no futuro nas distintas administracións.

Alexandre Sueiro Paz, 2º B Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-10-2013 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Durmir a corpo de rei.
Os especialistas remarcan que un bo descanso é clave para levar unha vida saudábel.

Vivimos nun mundo acelerado, o estrés implantouse no día a día e as preocupacións agudizáronse coa mala conxuntura económica. É normal que este ritmo de vida afecte ao descanso. De feito, a Sociedade Española de Neuroloxía (SEN) alerta de que os trastornos de soño afectan a máis do 30% dos españois, dos cales, un 4% padéceno de forma crónica.
Diversos estudos avalan a importancia do soño para levar unha vida saudable e equilibrada. De feito, os expertos insisten en que durmir ben é clave para a saúde en xeral. Nun contexto onde os problemas económicos deixan en vela a máis dun, a Asociación Española do Soño e a cadea de hoteis Hospes elaboraron un decálogo para durmir a corpo de rei.
A primeira norma é respectar os horarios de soño, por iso, é necesario fixar unha hora para deitarse e levantarse. Durante o día é mellor non durmir, e se se realiza esta actividade recoméndase que sexa de como máximo 45 minutos.
É recomendable facer exercicio regularmente pero non xusto antes de deitarse.
A habitación débese ventilar e, pola noite, hai que mantela a unha temperatura agradable, evitar os ruídos e as luces innecesarias.
Parte das recomendacións teñen que ver coa alimentación.
Precisamente, os expertos insisten na necesidade de non consumir grandes cantidades de alcol catro horas antes de ir á cama mentres que as bebidas excitantes como o café, o té, a cola ou o chocolate mellor apartalas polo menos seis horas antes de deitarse.
Tamén aconsellan cear unha hora e media antes de meterse na cama e evitar unha cea copiosa.

Fernando Rodríguez González, 2º B Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2013 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
O Derradeiro Yeah.
No ano 1965, nacía en Reino Unido The Who, un grupo formado por Roger Daltrey, Pete Townshend, John Etswille e Keith Moon que, nos seus comezos fixo música semellante á dos outros grupos da chamada Invasión Británica que ateigou os comercios musicais dos Estados Unidos de discos de grupos da Gran Bretaña, estilo que, a comezos dos anos 70 converteuse nunha mestura entre rock duro, progresivo e ópera que ninguén antes presenciara e que despois moitos outros imitarán.
No ano 2015, The Who cumprirá os 50 anos de existencia, e, con motivo deste suceso, farán a súa última xira. Si, señores, quizais en 2015 escoitemos o último berro de Roger Daltrey.
A máis que mítica banda leva, dende 2002, coa seguinte formación: Os membros fundadores Roger Daltrey (vocalista) e Pete Townshend (guitarrista), e os agregados John Bundrick (teclista), Zak Starkey (batería), Pino Palladino (baixista) e Simon Townshend, quen ademais de guitarrista rítmico é irmán pequeno de Pete. Faltan os falecidos Keith Moon e John Etswille, membros fundadores, o primeiro batería de lenda e o segundo grandísimo baixista.
Volvendo ao fío, en 2015 viviremos, por sorte ou por desgraza, a última xira desta banda. Será a derradeira ocasión para escoitar todos eses míticos temas coma My Generation, Baba O'Riley ou Won't Get Fooled Again.
Realmente, esto faime reflexionar, e pensar que quizais os vellos rockeiros non queden ahí por sempre, pero, ben pensado, Elvis leva máis de 30 anos morto, mais segue vivo na súa música.

Xabier González Sobrado, 2ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2013 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
A verdade cara ó mundo.
Cando me poño a pensar neste deporte que a sociedade esta a ver dame vergonza , antes cando era pequeño, coma todo rapaz de catorce anos que sexa fiel afeccionado os deportes , soñaba con que algún día poderia chegar a ser un futuro galardoado olímpico , campión dun campeonato de fútbol ou simplemente gañar unha etapa no Tour de Francia ,pero quizais estaba errado xa que , os meus soños , eran só iso , simplemente imaxinacións nun mundo no que a palabra MENTIRA está inscrita.
Agora reflexiono , que iluso fun ó pensar que , os meus soños cumpliríanse , verme reflexado na figura de Lance Amstrong subindo o mítico Tourmalet , pero darme conta de que todo era unha farsa , que nos estaba mentindo a todos, que nos estaba a enganar, que estaba ensuciando as letras do ciclismo.Tamén, soñaba con correr os cinco mil metros como Sergio Sanchéz ate que vin que era demasiado certo para poder ser verdade , ahí decateime , de que o meu ridículo xa pasaba límites que non podería chegar a creer pero faltaba a guinda de todo pastel , cando chegou os meus oídos que , nestes tempos dedicábanse ó amaño de partidos quedeime anonadado , é decir , chamo a reflexión individual de cada un na sua casa , que esta a pasar? .
Manchar, pisar , mofarse de tantos deportes , de centos de persoas que se ilusionan , xa por non falar dos nenos que xa , miran incrédulos cada día en cada nova informativa , noticias de dopaxe , noticias de amaños , esto é unha vergonza estannos a humillar tomemos cartas no asunto.Estimados lectores , polo ben común chamo a unha reflexión a que se pare toda esta epidemia que se estende polo noso deporte , hai que frear estas situacións.

Samuel Vázquez González, 2ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2013 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
''A Festa do Cine'' abre un gran debate
Centos de salas españolas enchéronse de xente durante tres días, nos que as entradas valían 2,90 euros cunha acreditación.

Durante o pasado luns, martes e mércores, os cines rebordaron de cinéfilos. A iniciativa chegou aos fogares españois con moita expectación, posto que nos tempos que corren, acudir ao cine é un luxo que moitos non se poden permitir. Tanto furor causou a idea, que a páxina web onde se descargaban as acreditacións estivo tan solicitada que foi case imposible navegar durante estes días, polo que puxeron acreditacións suficientes para que ninguén quedase sen gozar da ''festa''.

A todos nos gusta disfrutar dunha boa película cuns flocos de millo, e é que o problema do cine non son só as descargas ilegais; tamén inflúe bastante o prezo. É aquí onde se abre o debate. Son as descargas ilegais o problema de que a xente non vaia ao cine? Ou quizais sexa a calidade da película? Ou o prezo? Son moitas as respostas que se dan a esta disxuntiva, pero a resposta máis solicitada é o prezo. E ás probas me remito: miles de persoas visitaron as salas de cine españolas nestes tres días nos que a entrada foi máis barata. Compensa que a entrada de cine custe 10 euros e só a poidan gozar uns cantos? Así son moi poucas as persoas que disfrutan desta arte; se custase un pouco menos as salas encheríanse máis frecuentemente.

Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2013 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal