Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TROCO ESPERANZADOR OU CONTINUIDADE FATAL PARA O PAÍS?

O PPdeG revalidaría a maioría absoluta nas eleccións do 21 de outubro en Galicia ao lograr 38 dos 75 escanos do Parlamento, mentres que o PSdeG conseguiría entre 23 e 24 deputados, segundo a enquisa electoral do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).
A mostraxe, realizada entre o 8 e o 25 de setembro augura unha distancia de entre 14 e 15 escanos para os dous principais partidos, mentres que o BNG obtería entre 13 e 12 deputados, e EU-ANOVA podería entrar ao Parlamento con 1 escano.

Se se cumpre este cálculo do barómetro do CIS, elaborado a partir de 3.956 entrevistas, o PPdeG mantería o mesmo número de escanos (38), mentres que o PSdeG podería perder 1 ou 2, ao pasar dos 25 actuais aos 23 ou 24.

POR PROVINCIAS
A enquisa achega datos sobre a distribución de escanos nas distintas provincias galegas que indican que A Coruña sería o territorio onde o PP lograría máis escanos, con 12. Na Coruña, o PSdG obtería 7 deputados, mentres que o BNG, 4 e EU-ANOVA, 1; en Lugo, o PP lograría 8, o PSdeG, 5 e o BNG, 2.

Ourense repartiría 7 deputados para o PP, 4-5 para o PSdeG, e BNG, 2-3, mentres que en Pontevedra se repartirían o mesmo número de deputados (11) entre PP e PSdeG e BNG, xa que mentres os socialistas obterían 7, o BNG lograría 4, sumando entre ambos os partidos o mesmo número que o PP (11).

Preguntados os enquisados por que partido votarían se as eleccións se celebrasen ao día seguinte da consulta, o 25,8 por cento opina que daría o seu voto ao PP, un 14,3 por cento ao PSdeG, o 8,3 ao BNG e o 3,1 por cento a EU-ANOVA.

FEIJÓO, O MÁIS QUERIDO
Respecto dos líderes políticos galegos, a sondaxe do CIS non dá o aprobado a ningún, aínda que o que obtén maior nota, 4.82, é o candidato do PP, Alberto Núñéz Feijóo, mentres que o líder socialista, Pachi Vázquez, obtén un 3,64, moi preto do 3,24 do candidato do BNG, Francisco Jorquera.

Ademais, o 35,2 por cento dos enquisados preferiría que Núñez Feijóo seguise sendo presidente da Xunta, fronte ao 12,3 que se decanta por Pachi Vázquez, e o 7 por cento que aposta por Francisco Jorquera.

SÓ UN 8,4% DOS ENQUISADOS CONSIDERA BOA A SITUACIÓN POLÍTICA
A enquisa reflicte que só un 0,4 por cento dos enquisados considera a situación política actual de Galicia como moi boa, un 8,4 como boa, e un 37,8 por cento mala.

Os galegos tamén son pesimistas ao cualificar a situación económica, e un 44,8 por cento cre que é mala, fronte ao 3,7 que pensa que é boa.

En canto actuación da Xunta nestes últimos catro anos, o 39,1 por cento dos enquisados cualificouna como regular, un 30,9 por cento mala e o 16,7 por cento, boa.

A xestión de Núñez Feijóo foi cualificada como boa polo 22,3 por cento dos enquisados, fronte ao 27,4 por cento que a considera mala e o 35 por cento regular.

INTERESES POR PARTIDOS
En canto aos partidos políticos galegos, o 26,5 por cento dos entrevistados opina que o PP é o que mellor defende os intereses de Galicia, mentres que o 10,1 por cento cre que é o PSdeG; tamén o 27,4 por cento di que é o PP o que mellor representa as ideas da xente, fronte ao 17,4 por cento que opina que son os socialistas.

En relación xestión que está a realizar o Goberno de España, o 38,7 por cento considéraa mala e o 6,4 por cento, boa, mentres que o 49,2 por cento dos enquisados pensa que as cousas irían igual se o PSOE estivese á fronte do Executivo.

Carlos Álvarez Ramos, 2ºA Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-10-2012 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
A rede de dinamización lingüística da Xunta programa actividades destinadas ao uso do galego
A Consellería de Cultura e Educación organiza máis de 300 actividades destinadas á promoción do galego no lecer que chegan de maneira gratuíta aos máis de 120 concellos galegos da Rede de Dinamización Lingüística a través dos programas “FalaRedes”, “Redecinema” e “Monólogos do serán”. Destas 300 accións, 57 actividades teñen lugar ao longo do ano en colaboración coas 22 entidades da provincia que xa participan no proxecto. Entre os meses de marzo e setembro desenvolvéronse un total de 38 actividades, que se completarán con 19 máis ata final de ano.

O programa de dinamización da Secretería Xeral de Política Lingüística para a RDL, propón ao longo deste ano tres actividades distintas que se levarán adiante en 100 localidades galegas. A primeira das actividades é “O Señor das dunas” que recolle cinco historias populares galegas, coas que un vello narrador persuade o público mediante a palabra. Para remarcar o compromiso da iniciativa co fomento do galego a través da lectura, ao final de cada sesión cada participante recibe como agasallo un libro cos cinco contos galegos e as ilustracións do espectáculo. Para a provincia de Ourense están programadas 20 actuacións, nos concellos de Melón, Avión, Ourense, A Veiga e Verín. “Galego de cine”, outra das propostas, introduce os cativos no mundo da animación audiovisual en galego, e ademais, ofrece a oportunidade de participar na oportunidade de crear unha historia.

Alba Fernández Castro, 2ºA Bacharelato
Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-10-2012 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
50 anos de “Love me do”, medio século de Beatles

O pasado venres cinco de outubro, o mundo da música celebrou un aniversario moi especial: 50 anos atrás, catro rapaces ata entón anónimos de Liverpool debutaban na radio co seu primeiro single, “Love Me Do”. O que ninguén naquel momento podía imaxinar era que eses 2:22 minutos de canción, que lograron acadar o posto 17 no denominado “hit parade” serían o inicio dun dos fenómenos musicais más grandes da historia: a Beatlemanía, que arrasou o mundo na década dos sesenta e que se mantén vixente aínda hoxe, medio século despois.
Para festexar esta data tan sinalada, centos de fans de todo o mundo deronse cita na cidade de Liverpool, de onde eran orixinarios George, John, Ringo e Paul e onde se creou a banda, para entonar ó mesmo temo “Love Me Do” e tentar acadar un novo récord mundial Guiness. A iniciativa foi impulsada pola atracción turística Beatles Story e polos comerciantes e hosteleiros de Albert Dock, o muelle da cidade de Liverpool, onde bares e restaurantes ofertaron música dos Beatles e paseos en barco no Love Boat.
Non hai noticia da participación en ningún tipo de acontecemento de Ringo Starr e Paul McCartney, os cales continúan residindo en Inglaterra na actualidade. A Paul McCartney é frecuente velo pasear polo londinense Regent’s Park, actividade que compaxina coa súa dedicación á música, mentres que Ringo mantén unha vida tranquila con reducidas aparicións públicas.

Aida González Vázquez
2ºBACH-B
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 06-10-2012 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Dimite un alto cargo do Goberno por unhas declaracións polémicas

O presidente do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, José Manuel Castelao Bragaña, presenta a súa dimisión, cinco días logo de ser nomeado para o cargo e horas despois de desatarse a polémica por unha frase completamente desafortunada.

Segundo publica o diario El País, Castelao Bragaña, comentou nunha reunión do Consello de hai un par de días que ''as leis son coma as mulleres, están para violalas''. O comentario estendeuse polas redes sociais, onde se pedía a súa dimisión. En Twitter aínda é un dos temas máis comentados do momento.

O ex deputado popular, con todo, rexeita "absolutamente" que dimita por motivos políticos, segundo recolle a axencia de noticias EFE.

O Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior é un órgano de carácter consultivo e asesor, pertencente ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social, que pretende garantir a efectividade do dereito dos españois residentes no exterior a participar nos asuntos que lles preocupan.

Tania Airas
2º BACH-B
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 06-10-2012 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
BNG lamenta que o Concello de Ribadavia non levase a cabo os traballos de desbroce nos camiños
O grupo municipal do BNG lamenta que o Concello de Ribadavia non levase a cabo os traballos de desbroce nos camiños de acceso ás viñas. 'En plena vendima estamos a comprobar como a maior parte dos medios de que dispón o Concello de Ribadavia non se están a ocupar nin se ocuparon no mes pasado do acondicionamento dos camiños rurais para o tránsito de maquinaria agrícola durante a vendima', indican os nacionalistas.
'En plena vendima estamos a comprobar como a maior parte dos medios de que dispón o Concello de Ribadavia non se están a ocupar nin se ocuparon no mes pasado do acondicionamento dos camiños rurais para o tránsito de maquinaria agrícola durante a vendima', indican os nacionalistas. Mediante escrito presentado no rexistro municipal a comezos do pasado mes de setembro o BNG expuxo ao goberno municipal que unha vez rematada a época de festas patronais e a principal tempada turística, os medios municipais debían centrarse no acondicionamento de camiños de uso agrario.

O retraso nas datas de vendima axudaba ademáis a que ese labor se puidera realizar con tempo. 'Sen embargo, boa parte do persoal seguiu realizando acondicionamentos en zonas urbanas e sendeiros da rede turística, traballo que sen dúbida é necesario pero que non debe ser o prioritario durante o mes de setembro', engadiron. Ademáis de considerar desafortunado que 'os mesmos camiños sexan desbrozados para unha andaina'.

Os responsbeis municipais aseguraron que os únicos camiños que non se limparon foron os da concentración parcelaria de Santo André porque son competencia da Xunta. O Concello aínda non recibiu a obra, tras a concentración das fincas porque, según aseguran, non quedaron ben e hai requerimentos dos veciños pendentes para que se arranxen.

Marta Dacal
2ºBACH-B
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-10-2012 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Un congreso reivindica a figura e a obra de Francisco Añón
O bicentenario do nacemento de Francisco Añón está sendo celebrado onte e hoxe cun congreso en Santiago no que se reivindica a figura e a obra do poeta nado en Outes. Posto que pasaron xa douscentos anos dende o seu nacemento nunha pequena aldea de Outes. Dende entón, o seu nome estivo sempre ligado a este municipio da ría noiesa, tanto, que agora, dous séculos despois de vir ao mundo, os seus veciños aínda o recordan falar de Francisco Añón e facelo da súa terra natal. Por iso, e coincidindo coa efeméride do seu nacemento, este poeta do Rexurdimento é a temática dun congreso monográfico de dous días. Literatura, coloquios sobre a súa obra e influencia como intelectual do seu tempo, un documental que o retrata unha exposición serán os piares do programa que se desenvolve na Cidade da Cultura de Santiago.
Esta iniciativa é unha das moitas que dan forma á programación do Ano Añón, que coordina a Asociación Cultural Terra de Outes co apoio da Real Academia Galega (RAG), o Concello de Outes e a Xunta. Dende o minuto cero, toda a programación ten un gran valor. O primeiro que tomará a palabra será o historiador e presidente do Consello dá Cultura Galega, Ramón Villares, que impartirá a conferencia A xeración de 1846. Este relatorio tivo lugar na xornada inaugural, e deu paso á inauguración da exposición Añón, precursor do Rexurdimento e á proxección de documental Añón na memoria (18.00 horas), de Juan Silva e Óscar Sendón.
A parte final desta primeira xornada contará coa presenza dun personaxe de excepción, o presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín, que participará na presentación do libro Poesías galegas de Francisco Añón. Ademais, Gonzalo Navaza protagonizará o relatorio Consideracións sobre a poesía de Añón. Os ideólogos deste congreso sobre Francisco Añón, personificados na figura de Xoán Mariño, decidiron sacar a iniciativa á rúa. É por iso que, a segunda xornada desta actividade comezou ás 10.00 horas co roteiro literario A Compostela do Poeta Añón. Os participantes percorreron a Alameda compostelá, San Clemente, diferentes edificios da Universidade, San Martiño Pinario ou facultade de Historia. Coa chegada do mediodía, o escenario regresou ao monte Gaiás. Pilar Sampedro interviu para achegar a súa visión do poeta coa charla Valor e valores da poesía de Añón. Ás 12.45 foi a quenda de Manuel García Sendón, que titulou o seu relatorio A ría de Francisco Añón. A última tarde do congreso incluirá O Poeta Añón na forxa do galego literario, de Rosario Álvarez, e Añón na literatura galega do Prerrexurdimento, de Xesús Alonso Montero .

Isabel Fernández
2ºBACH-B
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 06-10-2012 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
«The Times» inclúe a Universidade de Vigo na súa ránking das catrocentas mellores do mundo

O xornal inglés The Times incluíu por primeira vez a Galicia na súa ránking das 400 mellores universidades do mundo. O listado, que está encabezado por centros de prestixio recoñecido como Harvard, Oxford ou Stanford, inclúe entre os 50 últimos o casos da Universidade de Vigo.

Segundo explican dende o rotativo, esta clasificación emprega 13 indicadores para ofrecer unha perspectiva global dos centros. Para a súa selección téñense en conta as áreas de ensino, investigación, transferencia do coñecemento e perspectiva internacional.

O listado inclúe varios centros españois, entre os que destacan os casos da Autónoma de Barcelona e a de Pompeu Fabra, entre os postos 201 e 225. Por diante do caso galego tamén aparece a Universidade Autónoma de Madrid, mentres que a Politécnica e a Universidade de Valencia comparten grupo entre os cincuenta últimos.

Suspenso en investigación

Dentro da ficha elaborada para a Universidade de Vigo, destaca a baixa nota que recibe, a criterio de The Times, en canto a investigación. Neste punto non alcanza os 10 puntos sobre 100. En profesorado roza os 20 puntos mentres que en implicación da industria rolda os 36. Destaca no apartado de mencións, no que logra máis de 63 puntos.

The Times tamén destaca que a Universidade de Vigo figura entre as 15 máis destacadas de España no ámbito das ciencias e conta con tres campus. Non é a primeira vez que o centro se fai cun oco no panorama internacional, posto que o seu nome adoita figurar noutros listados internacionais.

Do resto dos campus, non obstante, non hai nin rastro no ránking de The Times, un golpe para o caso da histórica Universidade de Santiago que xa recibiu este ano a noticia de caer outra selección de 500 centros educativos.

Noelia Fernández Paradela
2ºB Bach.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 06-10-2012 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Comentarios (3) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-10-2012 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
O galego chave para os teus negocios no mundo.
Con este nome promoveuse a campaña, impulsada pola Consellería de Cultura e Educación co apoio da Xunta de Galicia e coa colaboración da Federación Galega de Parques Empresariais (Fegape).

O obxetivo principal da susodita campaña é concienciar o empresariado do país, de que a nosa lingua é unha importante ferramenta de globalización e un punto a prol da competitividade. Como mencionou Valentín García, responsabel de Política Lingüística, “O galego é unha oportunidade...o empresariado galego ten enormes vantaxes...grazas á nosa lingua propia”.

Esta camapaña segundo a Xunta servirá para dinamizar o uso da lingua propia, e acceder o emerxente mercado lusófono. Actualmente, existen douscentos millóns de lusofalantes no mundo.

Paz Andrade fillo, recordando a figura de seu pai, homenaxeado nas Letras galegas 2012, recordaba que este foi un dos primeiros intelectuais e empresarios galegos, que proxectaron Galicia a nivel enternacional.

Facendo evidente nestas verbas que a nosa lingua é nexo de unión entre pobos.

Serxio María Rodríguez Álvarez.
1ºB Bacharelato, Coordinador.
Xunta de Galicia.
Fegape.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 05-10-2012 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
Varias empresas de Pontevedra comprométense coa iniciativa “Proba en galego!”
A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra propuxo unha iniciativa que ten coma obxectivo romper as barreiras no uso do galego nas relacións entre os pequenos comercios da cidade e os seus clientes.

Ata a data, xa son 26 establecementos os que participan na proposta, os cales deberán empregar a lingua galega nos avisos, xa sexan mediante megafonía ou por escrito, en carteis e publicidade que faga o comercio. Ademais, a atención á clientela comezará na lingua galega para poñer en práctica a oferta positiva á que fai referencia o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Entre outros compromisos que acadaron co Concello, é que participarán na campaña de patrocinio na radio, cun paquete de 60 cuñas co texto íntegra e exclusivamente en galego. Os trámites administrativos tamén serán na nosa lingua.


Deste mesmo xeito, para achegar esta iniciativa ao máximo público posible, os comerciantes implicados en “Proba en Galego!” deberán escribir no blog creado para esta campaña as súas experiencias cos consumidores pontevedreses.


“Proba en Galego!” leva desenrolándose desde o ano 2006 para incrementar o uso da lingua na pequena empresa. Xa en maio deste mesmo ano, con motivo da oitava edición de Maio, mes da Lingua, promoveuse o cine en galego en CineBox Vialia, con vales de desconto naqueles comercios que formaban xa parte da iniciativa. Películas como Tamén a chuvia, Engurras ou Pa Negre puidéronse ver en galego cos abonos ofertados polos comercios integrantes. Nese mesmo mes tamén impartíronse charlas baixo o nome “Abertos ao Galego”, nas que empresas de moi diferentes ámbitos relataron a súa experiencia coa lingua de Castelao.


Alejandro Sueiro Paz 1ºB Bacharelato.



Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 05-10-2012 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal