Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Obra de teatro "Viaxe a ningunha parte"
Co rescate dos recordos somos quen de coñecer a este grupo de personaxes os cales loitan por manterse na complexa situación da posguerra española. A súa loita, conseguir algo para vivir e facer que o público disfrute en cada unha das súas obras nas diversas vilas que percorren. Unha mestura de humor, nostalxia, tristeza e amor. Un teatro ambulante que tenta disfrutar con cada unha das súas versións, nas que transmiten novas sensacións a pesar da tensión que viven día a día coa necesidade de que as súas obras sexan mellores ca dos contrincantes, a tensión de no ter algo para comer o un sitio para descansar e de búsqueda constante dunha nova actuación; un sector con poucos recursos que tenta saír adiante no que lles gusta ou no que por necesidade teñen que levar a cabo. Un sacrificio por cada un dos integrantes no só por riba do escenario senón na convivencia con cada un dos seus compañeiros. Entre as relacións amorosas que se ven detidas pola chegada dun novo membro a familia, a loita por saír adiante na soidade sen ter a túa beira á xente que realmente queres, os amores repentinos entre os personaxes pola necesidade de compañía, as reunións en "familia", as discusións, os aprendizaxes e esforzos dos que chegan novos na busca dun pai e demais situacións, fórxanse uns lazos así como de traballo, amizade, tamén de loita por un futuro un tanto mellor. Porque ao fin todos conforman unha pequena familia cuns sentimentos e vivencias en común. A conmoción pola morte do grande da familia é un reflexo desta, que pouco a pouco vai asumindo o relevo xeracional, o cambio de vida ... Unha obra que nunca pasa de moda e que mostra a unha sociedade con desventuras e éxitos, tristezas e emocións pero sobre todo co esforzo por saír adiante por riba de todo. Unha mostra de loita constante aínda que non haxa recompensas nin unha posible vista dun futuro mellor, esta unha gran obra que pode estar sempre no presente.

Sara Carroceda González, 2ºA Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-10-2012 17:07
# Ligazón permanente a este artigo
A noite lucense entregouse ao rock de Siniestro Total
Despois dun día pasado por auga, a chuvia deu unha tregua pola noite, xusto para o concerto de Siniestro Total, que encheu a Horta do Seminario de xente de todas as idades. O espectáculo arrancou con forza, e puntual, co clásico Rock en Samil, e o público entregouse ao rock máis galego.
Os Siniestro Total repasaron temas clásicos, inevitables nos seus concertos, e tamén cancións recuperadas que formaron parte da súa xira Tierra Ignota que fixeron este ano.
Os artistas, con Julián Hernández á cabeza, agradeceron a entrega do público lucense e non deixaron de lembrar que na cidade amurallada sempre foran ben recibidos. Iso si, tamén matizaron que a riqueza de Lugo vai máis aló da súa Muralla. De feito, na súa web oficial, os roqueiros xa anunciaban onte pola tarde que, tralo concerto, quedarían pola cidade a gozar da noite lucense, do Domingo das Mozas e «do mellor polbo do mundo».
Siniestro Total é unha banda que se creou hai xa 31 anos, e forman parte da historia do rock galego, ao que lle aportaron temas como Bailaré sobre tu tumba, ¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿A dónde vamos? ou Miña terra galega. O seu último disco, Country & Western, saíu á rúa no ano 2010.


Jorge Vázquez Docarme 2ºA
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-10-2012 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
Teatro nas rúas ourensás
A campaña de promoción con camisetas 'penduradas' do Festival Internacional de Teatro de Ourense (Fito) nas rúas da cidade –e que non pasou desapercibida para os viandantes nas últimas xornadas- desencadeaba a conta atrás dun evento, consolidado co paso dos anos, e que sitúa o mellor das artes escénicas nas Burgas.E é que o Fito arrancou onte e prolongarase ata o vindeiro 20 de outubro incorporando na súa quinta edición os traballos dun total de 14 compañías chegadas dende seis países diferentes.

Como actividade tradicional no Fito, o Campus Universitario acollerá a partir do vindeiro luns o curso 'O actor no solo narrativo', impartido por Julio Adrião é que desenvolverá as tres acción de comunicación.

A programación estrenouse onte as 20.30 horas co espectáculo de exhibición que presentou na rúa Paseo os artistas de 'Teatro Tascabile de Bérgamo'. A exhibición itinerante, que discurriu desde o parque de San Lázaro ata os Xardíns do Padre Feijóo, inclúe músicas populares italianas e escenas repletas de diversión, habilidade acrobática e zancos.

Asimesmo, o Auditorio Municipal albergou as 23.00 horas a obra titulada 'A Descoberta das Américas' da compañía brasileira Julio Adrião. A historia está inspirada en feitos reais que recolleu o cronista Cabeça de Vaca. Trátase de un espectáculo cun forte ritmo.

Magdalena Sepa Vázquez 2º A
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-10-2012 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
Dimite Castelao Bragaña despois de dicir:

Só un día despois de que a ministra de Traballo o impulsase no cargo (Consello Xeral da Cidadanía no Exterior) o galego José Manuel Castelao Bragaña abría a porta o pasado martes a unha fulgurante traxectoria cunha frase que onte levantou tanta polémica ao coñecerse que se levou por diante o seu nomeamento. Durante a celebración dunha das reunións do organismo, sobre educación, e ante a falta dun voto para poder pechar a acta, o exdeputado do PPdeG optou por restarlle importancia. "Non pasa nada. Hai nove votos? Poñede dez. As leis son como as mulleres, están para violalas" , aseguraba, segundo recolleu a versión dixital do xornal "El País". Malia defender que as súas palabras foron "malinterpretadas", o asesor do Goberno en materia de emigración abandonaba a súa responsabilidade a última hora do día, tras converterse nun dos temas máis comentados nas redes sociais e espertar as queixas de todos os partidos da oposición.

"Semellante a iso, eu recollín unha frase que historicamente di que a lei é feminina e está para violala, escudábase nunhas declaracións á Cadea Ser. "Pero que quede claro -engade-. Foi unha reunión privada e nun contexto no que de ningunha das maneiras ía ao sentido que a frase expresa". Castelao Bragaña insiste en que a súa visión é "totalmente" a contraria, que rexeita "calquera tipo de violación, de todo tipo de forza,". "Son un admirador, educado, respectuoso, da muller", asegura.

El mesmo admite que, malia a "malainterpretación", a responsabilidade das palabras é súa. E por elas desculpouse, asegura, xusto despois de dicilas, "privadamente" a "as señoritas que particparon" na reunión. "Pedireilles perdón un millón de veces e dous millóns, se fai falla", sinala.

Unha vez máis asistimos a unha mostra da degradación da clase política do país, despois do "que se fodan" de Andrea Fabra queda claro que a decencia non abonda nos escanos.


Alba Salgado Parente
2º A Bacharelato
Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-10-2012 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
O Marco documenta o drama do Prestige dez anos despois
«Non é unha exposición do Prestige», advirte o director do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, aínda sorprendido pola involuntaria coincidencia da exposición co inicio da campaña electoral e as súas implicacións políticas. «É unha reflexión de alcance global a partir de episodios galegos, como ou naufraxio do Urkiola ou a construción de plataformas petrolíferas nos asteleiros vigueses de Barreiras», engade Iñaki Martínez Antelo. A conexión entre o Marco e o petroleiro estableceuse fai dez anos, o 13 de novembro do 2002, cando o primeiro abría as súas portas e o segundo iniciaba o seu errática e sucia deriva fronte á costa galega.

O proxecto A tirotea negra, que se manterá no Marco até o 31 de marzo do ano próximo, parte do afundimento do Prestige para abordar cuestións universais, como a explotación da natureza, o comercio marítimo, a globalización ou os movementos sociais.

Pedro de Chairo combinou a presenza de pezas non artísticas, como documentos, xornais e carteis, coas obras de arte achegadas por trinta e tres artistas de diferentes países. «É unha forma experimental de traballar en arte contemporánea que tamén serve para contextualizar vos feitos e para que vos artistas podan sentirse cómodos», explica o comisario.

O título do proxecto remite a Man, o alemán de Camelle, que asegurou ter un soño no que se lle aparecía unha balea negra, arrasando a Costa da Morte.

«Non pretende ser un discurso moralizante sobre ou medio ambiente senón unha metáfora dá complexa relación do home e a natureza», engade o comisario desta exposición situada na planta baixa do Marco de Vigo.


Elena Corral Fernández
2ºA Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-10-2012 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Educación destina 3 millóns de euros a financiar o equipamento dos centros de investigación universitarios
Os grupos e centros de investigación das universidades galegas poderanse beneficiar dunha partida de 3 millóns de euros para financiar os seus gastos de equipamento a través dunha nova liña de apoio da Consellería de Educación. O investimento distribuirase a partes iguais entre as tres institucións académicas -cada unha recibirá un millón-, que utilizarán os fondos para facer fronte a necesidades de material, reparacións ou melloras nos seus centros e laboratorios.

O conselleiro e os reitores asinaron hoxe os tres convenios de colaboración polos que se regula a achega da Xunta, que, segundo salienta Educación, se concede "por primeira vez". Recibidos estes fondos para infraestruturas científico-tecnolóxicas, as universidades de Santiago, A Coruña e Vigo deberán promover o desenvolvemento de actividades que relancen a calidade do labor investigador nas súas instalacións, co fin de convertelas en "centros de referencia e excelencia".

Esta inxección de 3 millóns de euros para a I+D universitaria está enmarcada no plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 e súmase a outras actuacións da Xunta pensadas para "impulsar un modelo diferenciado" de investigación no sistema universitario galego, como a axuda aprobada recentemente para a creación do Centro de Biomedicina Experimental. O fin último é, segundo salienta Educación, establecer as bases dunha economía galega que teña como "liñas de progreso" o coñecemento, a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.


Sara Álvarez González
Nº1 2ªA Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-10-2012 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
Xoias da cultura galega
O Códice Calixtino colleulle o gusto a saír dos seus aposentos no Arquivo. O Goberno galego confirmou onte que o manuscrito medieval, o orixinal, ligará o seu nome ao da Cidade da Cultura nunha mostra na que as pezas protagonistas serán tan limitadas como exclusivas. Os que superaron o casting bibliográfico son doce elixidos e o esperado encontro producirase a principios de outubro. Os libros que se reunirán no Gaiás procederán de todas as dioceses galegas dous por obispado, excepto no caso de Santiago, que achegará catro obras. As once xoias, que acompañarán ao Códice, non teñen demasiado que envexarlle, polo menos as que achegará a diocese de Tui-Vigo, segundo explicaba onte o responsable do Arquivo diocesano deste obispado, Avelino Bouzón.

Desde o complexo bibliotecario conservado na catedral de Tui viaxarán ao Gaiás dúas obras, especiais e únicas. Trátase do denominado "Pasionario tudense" e do Libro Pontifical miniado que se garda na diocese e cuxas ilustracións ao parecer delatan que procede de Bolonia (Italia). "
Ambos, son códices únicos no seu estilo. De feito, estes dous manuscritos só saen do seu refuxio en casos moi especiais. "O desexable é que non se movesen, pero á xente gústalle velos e hai que promover a cultura", alega o director do Arquivo Diocesano de Tui-Vigo, quen insiste en que se deixan por razóns culturais".

Mondoñedo-Ferrol achegará o seu Tombo Antigo e a "Lenda Maior de San Francisco" por San Buenaventura, do século XIII un dos tres exemplares que se conservan en España. Ourense prestará dous incunables: o Misal Auriense e o Breviario Auriense, dúas "pezas únicas". A primeira, ten fama de ser o primeiro libro impreso en Galicia, 40 anos logo da Biblia de Gutenberg, e o segundo, pola súa enigmática tipografía e por rivalizar por conseguir o título que ostenta o seu compañeiro. Finalmente, Lugo deixa un Bulario e un Breviario, o mellor que queda nun arquivo cuxos fondos acabaron no Arquivo Histórico Nacional.

O Gaiás ofrecerá a "posibilidade de contemplar nun só espazo e por primeira vez algunhas das maiores xoias dos fondos librarios eclesiásticos", destacou o conselleiro, quen sinalou que o seu departamento busca patrocinios para que a entrada sexa gratuíta durante os tres meses de exposición.






Julián Rey Pérez, 2ºBach-A
Comentarios (2) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 06-10-2012 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
O galego, entre o 2,4% das linguas máis faladas no mundo
O galego atópase entre o 2,4% das linguas máis faladas do mundo. Supera o millón de falantes, como só 389 do total estimado de 6.633 que se poden atopar no planeta. Fronte á moi asumida idea da homoxeneidade que os estados europeos propagaron, a diversidade lingüística é a realidade. En Estados Unidos fálanse 176 idiomas, en Brasil 181, en Suíza 12, no Reino Unido 16...
E conservar esta pluralidade é unha cuestión ética, de xustiza. Un xeito de garantir a continuidade das diferentes cosmovisións. E, no caso de Galicia, de restituír os seus dereitos non só ás persoas que falan galego, senón tamén ás que falan castelán e non son conscientes de que lles roubaron un idioma. Así reflexiona a escritora e profesora Teresa Moure en 'Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética', o seu último ensaio.
A redución desa variedade, da diferencia, debido á morte de linguas, supón tamén a perda de formas distintas de ver o mundo.
Pois, o tan brutal impacto do "imperialismo e a colonización" no ritmo de desaparición da biodiversidade ten o seu correlato no ámbito cultural e lingüístico. A globalización neoliberal, converte "unhas linguas en Deuses" e outras en "seres inexistentes".
Se fose certo, que as linguas son importantes en razón do seu número de falantes, moitas persoas ávidas de viaxaren estarían estudando xa non só chinés mandarín, senón linguas que non somos capaces nin de situar no mapa como o xavanés -con 84,6 millóns de falantes, xusto por debaixo dos 90 do alemán, e moi por enriba dos 67 do francés ou dos 61 do italiano.
Así, nin a morte das linguas é un proceso natural, nin a consolidación das dominantes en Europa se produciu dun xeito espontáneo, senón como resultado "dun dispositivo ideolóxico complexo, que acompañou e xustificou o proceso de colonización". En Galicia refugouse da tese da posible desaparición do galego, e preferiuse acudir ó termo "diglosia", en referencia ó castelán como variedade alta e asociada ás funcións máis prestixiosas e clases sociais máis selectas, e ó galego como o idioma dos usos familiares nos ámbitos rurais e empobrecidos.
Pero, se cadra se poden presentar dúbidas de se aínda estamos nunha situación diglósica. Pois a tendencia é que os falantes se aliñen ou co galego ou co castelán, e falen sempre un ou o outro, no canto de mudar segundo o contexto.
Deste xeito, e sen negar que a diglosia é a condición de partida, causada polo intento de "aniquilar o distintivo das nacións diferenciadas", se cadra cómpre buscar unha nova estratexia de defensa do galego. Que, ao seu ver, non debe tomar como eixo preponderante o discurso da utilidade, a oportunidade que o idioma de Galicia pode supoñer debido á súa proximidade co portugués, cos seus perto de 200 millóns de falantes.

Nuria Salgado López
2º Bacharelato B
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-10-2012 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Dúas longametraxes galegas no Festival de Sitges
O Festival de Sitges contará con dúas longametraxes de produción galega na súa maratoniana programación. O primeiro deles será a película de animación O Apóstolo, que formará parte da sección Anima-T, e a segunda será a nova película de Daniel Calparsoro, Invasor, que ten participación de Vaca Films.

O Apóstolo está en plena campaña de lanzamento antes de chegar ás pantallas comerciais no último fin de semana deste mes. A súa presenza no festival catalán está encadeada coa presentación da longametraxe dirixida por Fernando Cortizo que se realizou na noite do xoves no London Spanish Filme Festival. Nesa presentación londiniense interveu o director e unha parte do equipo.

En Sitges a película será exhibida mañá dentro da súa sección de animación. O Apóstolo é a primeira película realizada en Europa mediante stop-motion con produción estereoscópica e na súa repartición española conta con Luís Tosar, Carlos Blanco , Manuel Manquiña, Jorge Sanz, Geraldine Chaplin e tamén unha das últimas intervencións de Paul Naschy antes de morrer.

A estrea comercial de Invasor, protagonizada por Alberto Ammann, está previsto para finais de novembro, pero a súa proxección na sección oficial de galas de Sitges está prevista para o vindeiro xoves 11. Na repartición figuran tamén Karra Elejalde e Luís Zahera.

A película de Calparsoro está baseada na novela que co mesmo título escribiu Fernando Marías e conta a historia dun militar español que é ferido nunha misión internacional e que cre que os altos mandos o están enganando sobre as circunstancias do atentado.

Sara Carroceda González, 2ºA Bacharelato
Tráiler "O apóstolo"
Tráiler "Invasor"
Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-10-2012 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Tim Burton, volve o famoso escéntrico cineasta.

Da man dos seus personaxes tétricos pero sensibles e mundos imposibles con problemas cotiáns o cineasta Tim Burton labrou unha carreira de éxito en Hollywood ata o punto de que os estudos terminaron por perder o medo a súa visión excéntrica e convertela nunha tendencia.

A súa próxima película, Frankenweenie, debuta o 5 de outubro en EEUU fiel aos elementos "burtonianos", coa morte como conflito para contar o drama emocional dun neno que se resiste a aceptar a defunción da súa mascota.

"En certos aspectos, foi o meu proxecto máis persoal", asegurou o realizador que recibiu a Efe vestido de negro, con lentes escuras e o seu despeiteado natural nunha habitación de hotel do "lugar máis feliz da Terra", lema do parque Disneyland, onde falou do seu filme e a pegada da súa obra na meca do cine.

Frankenweenie supón un regreso ás orixes para Burton, de 54 anos, que case tres décadas logo de imaxinar a historia e debuxar nun papel aos protagonistas do filme logrou atopar os apoios suficientes para sacar a longametraxe adiante como sempre quixera: en animación co método de stop "motion".

SERÁ UNHA ANIMACIÓN 3D EN 'STOP-MOTION'

"Recordei aos nenos da miña clase, aos profesores, os monstros e seguín os esbozos orixinais, pero o feito de que fose en 'stop motion', en branco e negro e 3D fixo que sentise como algo novo", indicou Burton.

O artista inspirouse para o relato no seu amor polas películas de terror e no sufrimento que lle produciu o falecemento dun can que tivo na súa infancia co que tiña "unha relación especial".

Xa na década de 1980, Burton tratara de convencer a Disney, estudo no que entrou a traballar en 1979, para que producise Frankenweenie como un filme de animación pero só conseguiu orzamento para desenvolver unha curtametraxe de acción real, que estreou en 1984.

O proxecto quedou sepultado entón por Beetlejuice, Batman, Edward Scissorhands e outros filmes que seguiron despois e onde The Nightmare Before Christmas primeiro e Corpse Bride despois resultaron un punto de inflexión por confirmar que as rarezas do mundos imaxinarios de Burton eran do gusto do gran público.

A nova Frankenweenie é a primeira estrea dunha película de animación de Tim Burton co selo de Disney a pesar da longa vinculación entre o realizador e o estudo, algo que tería que ter ocorrido xa con The Nightmare Before Christmas en 1993.

"Nightmare era de Disney pero logo asustáronse da película e terminou distribuíndose baixo o selo de Touchstone (filial de Disney)", comentou Burton, aínda que Disney anos despois rectificou a súa decisión e amparou o filme baixo a súa marca.

"Parece que todo se volveu cine de animación tenebroso e en 'stop motion'. Eu non estou a seguir esa moda, sempre o fixen así", apuntou Burton, que asegurou que non vira Coraline, un dos maiores triunfos recentes nese formato.

"Cando fas algo por primeira vez, non podes predicir se vai ter éxito, pero se algo o ten, ves de súpeto millóns iguais, é a forma en que ocorre, non teño ningún control sobre iso e realmente non me importa", argumentou.

"Logo de Alice in Wonderland (2010) a xente está a facer unha chea de contos de fadas que durante moito tempo non foron tendencia", explicou.

Tim Burton non quixo entrar a valorar próximos proxectos aínda que si confirmou que se está desenvolvendo un guión para unha secuela de Beetlejuice e tivo palabras de recoñecemento para Guillermo del Toro, cineasta igualmente afeccionado aos monstros e tramas escuras, a quen considerou "talentoso" e "moi bo".

Beatriz Molina Muñiz 2º BACH A
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-10-2012 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal