Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha exposición recupera na Coruña a tradición do monicreque en Galicia

O taller dun titiritero, os diferentes tipos de marionetas ou os teatrillos ambulantes son algunhas das escenas que se poderán observar nunha exposición organizada polo Museo Galego dá Marioneta e que se poderá visitar ata o 13 de novembro no centro comercial Marineda City da Coruña.
A mostra conta con máis de 150 pezas de gran valor etnográfico, distribuídas en 13 espazos expositivos situados por todo o centro, entre as que destaca a recreación dunha barra ambulante na que se representában espectáculos de monicreques por toda a xeografía galega a principios do século XX. Outra das pezas que máis chaman a atención é o «Retablo das marabillas», deseñado para narrar un dos entremeses de Miguel de Cervantes coa actuación de monicreques de vara.
Na exposición pódense atopar ademais distintos tipos de monicreques -marionetas, xoguetes articulados, cabezudos e xigantes-; diferentes formas de manipulación -luva, fío, vara-; técnicas titiriteras utilizadas nas representacións ambulantes e pezas históricas destas representacións.
Espectáculos en directo completan unha mostra que inclúe tamén libros da Biblioteca do Museo Galego dá Marioneta, ilustracións de marionetas de todo o mundo, carteis e programas de man.
Belén Sotelo García ,2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 00:47
# Ligazón permanente a este artigo
Unhas xornadas en Ciencias da Comunicación reflexionarán sobre Os medios en galego, importan?


Organizadas pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación a proposta de integrantes da Liga Estudantil Galega
‘Os medios en galego, importan?’ conxuga a pregunta e o lema dunhas xornadas que a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación vai celebrar no propio centro entre os vindeiros 8 e 19 de novembro. O encontro formúlase como unha reflexión sobre o futuro do xornalismo realizado en lingua galega, que conta co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da USC e xorde a proposta da Liga Estudantil Galego.
O programa deseñado trata de poñer a énfase na importancia de contar con medios de comunicación propios elaborados en lingua galega “para a saúde da identidade e da cultura galegas”, apuntan os seus promotores. Representantes dos medios de comunicación, profesionais e investigadores analizarán e reflexionarán sobre as pexas e as posibilidades da existencia de medios de comunicación en lingua galega. Os seus promotores sinalan como unha das súas metas “buscar unha reflexión conxunta da situación que viven medios en galego”, tanto á hora do seu consumo como da súa produción, “abordando diferentes tipos de medios”.
O programa propiciará un debate sobre a viabilidade comercial da prensa en galego, achegará novos modelos de prensa en galego e mesmo avaliará a situación da industria audiovisual en Galicia, mediante a revisión dos modelos de éxito na televisión en galego e o achegamento ás posibilidades da radio e do cinema neste lingua.
Está solicitado un crédito de libre configuración para todas as titulacións da USC por participar nas xornadas. O prazo de matrícula está aberto ata o 3 de novembro. As persoas que participen nesta actividade, que é totalmente gratuíta, recibirán un diploma de asistencia e aproveitamento, que se entregará tras a recepción dun pequeno traballo que aborde as cuestións tratadas durante as xornadas.

Antía Rivas Oural, 2ºB
Comentarios (3) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 00:46
# Ligazón permanente a este artigo
O IES de bande rexeita a instalación de antenas WIFI.
A instalación de antenas wifi no Instituto Aquis Querquernis de Bande, pon á poboación en contra do Concello.
Segundo un comunicado da Consellería de Educación á dirección do centro, poñerían as antenas coa fin de establecer no lugar un “centro base de comunicacións” para dar cobertura da Internet a diferentes organismos públcos como son o centro médico ou o xulgado.
“Non podemos comprender que a Consellería poida tomar unha decisión desta gravidade, como é a instalación de antenas de emisión de radiofrecuenciasno patio dun colexio co fin de atender compromisos internos” reclama o ANPA, que preside Lisardo Fernández.
Os pais opinan que é innecesario expoñer aos 149 alumnos do centro (máis medio centenar de nenos que estudan nun colexio próximo, a sete horas diarias de emisións de radiofrecuencias cando hay moitos outros lugares máis adecuados para realizar esta actividade.
Os pais contan co apoio do alcalde de municipio, Xosé Antonio Armada, quen dixo o seguinte:”A posición dos pais está completamente xustificada e, dende o Concello, xa iniciamos as conversas a nivel territorial para evitar a instalación da nova antena”.
Unha vez máis, a presión do pobo evita unha mala acción.



Marta Dacal Fernández, 1ºBac.B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
A tixola de España.

Dende hai xa un tempo , en Ourense estamos vivindo unha situación extrema: os nosos montes arden sen cesar. Os lumes están a arrasar miles de hectáreas nos montes ourensáns.
Un incendio, que comezou hai xa 5 días en Manzaneda, Maceda e Lobios, quemou xa 4000 hectáreas de monte. Durante este tempo, contabilizáronse, só en Ourense, máis de 15 incendios forestais. Dous deles, os de Lobios e Manzaneda, son os de maior magnitude.
Ata a data, o número de hectáreas quemadas son: en Montederramo hai unhas 80 hectáreas queimadas, en Esgos, unhas 150 hectáreas de terreo foron abrasadas polo lume, en Vilariño de Conso o número ascende a 60,e en Calvos de Randín, son 25 as hectáreas arrasadas.
Ao longo da semana, varios destes incendios foron controlados pola Unidade Militar de Emerxencia (UME), que segue no seu labor para parar esta “moda” dos incendios na provincia de Ourense.

Marta Dacal Fernández, 1ºBac.B

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
O soño que borrou a fronteira.
Todo o mundo en ámbalas dúas beiras do Miño-Minho, dende Ortegal a Faro (Algarve) coñece o problema que lle acontece a Diogo, un rapaz de Caminha que naceu sen brazo dereito, a sona desta nova débese a que a súa nai fixo todo o posíbel para que o maior número de persoas se enterasen do problema do seu fillo e participasen recadando dezanove toneladas de plástico para que a cooperativa "Dar e Sorrir", fundada pola nai do primeiro neno portugués que recibiu unha prótese mioeléctrica, custee a peza e a operación.

Centos de galegos envorcáronse nesta tarefa, dende Tui até Narón, pasando por Vigo, A Guarda, Burela, Oia, Baiona, Cariño, Pontedeume... un feixe de vilas e cidades da Nosa Terra prestáronlle colaboración a este neno, e tamén aquí en Ourense onde o CHUOU (Complexo Hospitalario Universitario de Ourense) así como distintos particulares recolleron unha boa cantidade de plástico para mandar a Caminha.

A nai de Diogo, Elisabete Farinhoto, non ten palabras para expresar á súa felicidade e o seu agradecemento, agradecendo unha e mil veces a través das redes sociais a todas as persoas que lle prestaron axuda ao seu fillo; di que sabe o nome de case todas as persoas que lle enviaron o benquerido plástico.

O soño tornouse pesadelo cando hai uns días, a cooperativa que lle ía costear a protese a Diogo, díxolle que en troques de ser dezanove toneladas, aínda de entregar vinte e unha, terían que ser corenta e seis xa que marchou unha das súas socias e o prezo da tonelada de plástico baixou; a nai di que non pensa pedir cartos a ninguén, que ela e Diogo só piden plástico. Tamén comentou que sairá da cooperativa e imporá medidas legais, agarda que co apoio dos máis de dous mil amigos galegos e portugueses poida recuperarse deste duro golpe que xoga coa calidade da vida do seu fillo e quebra as ilusións de Diogo e as súas, cando este fixo o molde da prótese hai unha semanas e puido movela.

Carlos Álvarez Ramos, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 00:06
# Ligazón permanente a este artigo
Todo listo para o concerto en Ourense de Amaral.

O próximo día 24 de outubro, os ourensáns e ourensás poderemos gozar do espectáculo do grupo aragonés no noso Auditorio Municipal. Trátase dunha iniciativa promovida pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa emisora local de Cadena Cien, entre outros.
Durante aproximadamente dúas horas de espectáculo, a envolvente voz de Eva Amaral encherá cada recuncho do Auditorio, presentando os temas do seu novo disco “Hacia lo salvaje” pero sen esquecer os grandes éxitos de álbumes anteriores, como poden ser “Kamikaze”, “Te necesito” ou “Toda la noche en la calle”.
As entradas xa están á venta en Peggy Records, así como en diversas plataformas dixitais (ticketea, ticketmaster, ticketbis) . O prezo ronda os 25€ aproximadamente. Dende aquí animámosvos a desfrutar deste espectáculo, que , sen dúbida, promete.

Aida González Vázquez, 1ºBac. B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
Un comité de Voz Natura vela polo rigor científico dos traballos escolares.
O comité de expertos de Voz Natura está inmerso na primeira fase de visitas a colexios e institutos para asesoralos sobre a posta en marcha dos seus proxectos e garantir que todas as intervencións no entorno se realizarán co máximo rigor e respeto.Para iso, Voz Natura entregou os centros exemplares do Manual do Prantabosques, editado coa Fundación As Salgueiras e a Asociación Arba.
Este curso, o comité, fai un un chamamento as familias para que se involucren máis que nunca e continúen acompañando os maís pequenos a prantar.
Os centros das provincias de Ourense e Lugo foron os primeiros en recibir o comité.

Noelia Fernández Paradela. 1ºB. Bac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-10-2011 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
A estación de montaña de Manzaneda xa é historia.
A estación de montaña de Galicia recibiu o distintivo da Q de calidade en turismo activo, que se caracteriza por desenvolverse nun entorno natural e por levar a cabo unha práctica deportiva.

Este recoñecemento foi dado o 20 de outubro, cando a ICTE (Instituto para la Calidad Turística Española) aprobou este título. Esta aprobación considerouse un trámite polo xerente de Manzaneda Estación de Inverno SA, David Ferrer Valeiras.

A certificación ten en conta a calidade de seis actividades incluídas no complexo que son: karts, cabalos, sendeirismo, rutas en quad, tiro có arco e rutas en bicicleta pola montaña. Todas estas actividades analizáronse polos técnicos de Madrid, un equipo desta empresa desplazouse a Manzaneda para verificar o funcionamento e o estado da estación, así como o trato que se lles da aos clientes.

Todas estas calidades sitúan a Manzaneda nun primeiro plano de todas as prácticas do deporte e da natureza. Meisa será a primeira empresa galega que recibirá a etiqueta de calidade. A nivel nacional será a quinta, tendo en conta as de Sevilla, Bizkaia, Barcelona e Denia (Alicante).
O xerente de Meisa, David Ferrer resaltou a importancia deste recoñecemento á calidade de Manzaneda, dixo que temos unhas excelentes actividades e que todos os ourensáns deberiamos disfrutar do noso entorno que nos pertence, posto que é moi recoñecido e temos moitas vantaxes para estar orgullosos da nosa cidade.

Alba Fernández Castro, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-10-2011 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
A sequía ameaza a colleita da castaña ourensá.

O retraso do clima outonal , as altas temperaturas e as escaseza de choivas nos últimos meses, perxudicaron o ciclo vexetativo da castaña e as consecuencias estan xa á vista.
Ourense, non logrará alcanzar a cifra de oito millóns de kilos que se veñen recollendo de media. Isto é o que prevén os produtores,distribuidores e tamén as empresas comercializadoras, como o Grupo Cuevas. A súa xerente advirte de que tamén as colleitas son atacadas por parásitos.
Pero espérase que na próxima reunión da PAC ( Plan Agrícola Comunitario) en Bruxelas ,poidase aportar solucións para este popular froito outonal.
Compré recordar que, a castaña ourensá sabe gañarse os padais maís exquisitos e expótarse a mercados de todo o mundo.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-10-2011 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
III Gala OUFF Escola.
O pasado luns 17 de outubro, a partires das once da máñá, tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense a terceira gala do festival OUFF Escola. A iniciativa, promovida polo Concello de Ourense, continúa gañando adeptos dentro e fóra da provincia, como se puido comprobar na edición deste ano.
O grupo de Audiovisuais e Cine do colexio acudiu ao evento en calidade de participantes, e aínda que a curtametraxe "Melodeath" non resultou premiada en ningunha das categorías ás que se presentaba, puideron comprobar a calidade dos outros traballos alí presentados, elaborados por alumnos de infantil, primaria e outras disciplinas non universitarias. Ao final, recibiron a modo de agasallo un lote de libros e material audiovisual, que irá a parar aos fondos do colexio, así coma a felicitación dalgún dos membros do xurado pola calidade de guión, interpretación e posta en escena do traballo presentado. Malia non resultar vencedores, foi unha agradable experiencia poder acudir.
Aida González Vázquez, 1ºBac.B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-10-2011 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal