Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Samaín 2011
Esta festa celta comezará a celebrarse a partir do día 28 de outubro en varios lugares de Galicia. O Samaín simbolizaba o comezo do ano celta, remata o verán e comeza o inverno, e intentábase facer fuxir aos espíritos. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesaban a porta que separa o mundo dos vivos dos mortos e visitan as casas das súas familias. Para seguir mantendo este ritual celta moitas provincias de Galicia celebrarán nos próximos días esta festa, na que os rapaces e rapazas terán as súas propias cabazas e vestiranse con sabas por riba para intentar dar medo aos que teñen ao seu redor.

A continuación, móstrase a programación do Samaín nalgunhas localidades de Galicia:

Ourense: Rapaces e maiores poderán gozar da festa do Samaín o vindeiro lúns 31 de outubro. Na praza da Imprenta os asistentes poderán participar no taller de “baleirado de cabazas” dende as 17.00 ata ás 19.00 horas e a partir das 19.00 horas sairá a “procesión das cabazas” ata a Praza de San Marcial.
Cedeira: É a localidade onde se recuperou a tradición fai 22 anos e amósanos a súa programación con talleres de cabazas e colares. Tras tomar a substitución o grupo Ringo Rango, cun espectáculo de circo e humor, será ás 22.00 horas cando se celebre a tradicional queima da cabaza. O día 29 haberá concursos e contacontos. Ás 20.30 horas, e con todas as luces apagadas, iniciarase o pasarúas de pantasmas.
Lugo: En Lugo celebrarase o Samaín con programas de talleres, contos, procesión de ánimas, colocación de cabazas na muralla, unha queimada e música celta.

Alba Fernández Castro, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-10-2011 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
TERMINOLOXÍA GALEGA
A Consellería de Educación firmou o seu convenio de colaboración coa Real Academia Galega (RAG) para avanzar na investigación sobre o galego en materia terminolóxica, lexicográfica e sociolingüística.
Así o explicou o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, tras proceder á firma do convenio co presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín, nun acto no que reiterou o "compromiso" da Xunta nesta materia.
Este novo marco de colaboración permitirá, en primeiro lugar, "avanzar nos traballos terminolóxicos da RAG", como, por exemplo, o que desarrolla de forma conxunta coa Xunta, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, para o desenvolvemento do Termigal, servicio de terminoloxía científico-técnica en lingua galega.
Ademais da atención ás consultas terminolóxicas da Administración, empresas e particulares, o Termigal levará a cabo este ano, no marco deste convenio, un proxecto de investigación, recollida e preparación de terminoloxía galega de botánica e trabajará na elaboración da parte galega del Vocabulaire Panlatin du Marketing Économique de la Red Realiter.


Andrea Carballo
2º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-10-2011 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
O Simeón ofrecerá un ciclo de cine euroárabe do festival Amal

O Centro Cultural dá Deputación de Ourense ofrecerá a próxima semana un ciclo de cine euroárabe. As proxeccións serán os días 24, 25 e 26, ás 20.00 horas no Simeón, e a iniciativa desenvólvese baixo a organización da Fundación Araguaney, en colaboración co organismo provincial. O ciclo, segundo informouse onte desde a Deputación, «trae a Ourense unha novidosa aposta na que presenta oito curtametraxes que están a ser exhibidas en museos e centros de arte contemporánea de toda Galicia».

Amal Experimental é unha actividade innovadora que pretende achegar o cine euroárabe a diferentes puntos da xeografía galega e nesta proposta inclúense oito curtametraxes euroárabes «independentes cun claro carácter experimental». As cintas elixidas para as proxeccións son traballos asinados por realizadores do Líbano, Francia, Exipto, Xordania-Reino Unido, Alxeria, Qatar, Palestina-Francia e Bahréin. Desde o Festival Amal Experimental destácase que o obxectivo destas proxeccións «é contribuír ao enriquecemento do panorama cultural en Galicia, fomentando a interculturalidade e a innovación en beneficio de toda a sociedade».

Alejandro Prieto, 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2011 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Manuel Rivas reúne non libro «Ou máis estraño» relatos coñecidos e outros inéditos


Manuel Rivas reúne en Ou máis estraño (Xerais), ou seu novo libro, unha colección de contos nos que inclúen algúns dous relatos que acadaron identidade fóra dous libros, como A lingua dás bolboretas, e outros textos que aínda non viran a luz dous lectores. Rivas presentou onte en Madrid a tradución ao castelán deste mesmo volume (O máis estraño, publicado por Alfaguara) e presentará ou vindeiro mércores en Santiago a súa edición en galego.
Segundo ou autor, vos contos incorporados a esta recompilación de textos non están «reescritos», pero se que se presentan aos lectores «cunha revisión estilística» para que vaian cos tempos. En calquera caso, Rivas, segundo explica, non quixo volver escribilos. «Tamén resistín a tentación de deixar de lado aqueles que xa non gústanme como cando vos escribín», afirmou ou escritor.
Recoñecementos
Ou relato breve é un dous xéneros que Rivas ten practicado de xeito cotián e polo que ten obtido recoñecementos dous lectores con libros como Un millón de vacas ou Que me queres amor. A este novo volume incorpóranse algúns deses textos que foron marcando a traxectoria como narrador de Rivas.
Ou escritor, nomeado recentemente doutor honoris causa pola Universidade dá Coruña, acaba de regresar de Serbia, onde presentou a versión para ese idioma dá súa premiada novela Ou lapis do carpinteiro, sinalou en Madrid que vos relatos «son a sombra dúas soños e por iso ou último dous relatos que inclúe este novo libro leva ese título».
É un dous tres inéditos que ofrece ou volume, xunto co Ou espertar dá criada e Ou misterio de Uz.
Tras a presentación Madrid, ou vindeiro mércores en Compostela Rivas presentará na librería Couceiro a edición en galego de Ou máis estraño, un acto non que estará acompañado polo director de Edicións Xerais, Manuel Bragado.
Rivas sinalou onte en Madrid que a política actual dá «unhas cifras tan grandes que parecen irreais», recomendando a quen participa dá política activa que se tomen un tempo para ler. Ou escritor asegura que na lectura literaria «aprenderán máis que seguindo as axencias de cualificación».

Borja Pérez, 2ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2011 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
VI Xornadas de Normalización Lingüística das Escolas Católicas galegas

Vén de se celebrar as sextas xornadas normalizadoras dos colexios concertados galegos asociados en Ferega-Ceca.

O homenaxeado principal foi Xosé Neira Vilas, a través do sesaxésimo aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego. Como agasallo, a coordinadora de Ferega amosoulles a edición dun vídeo editado en conxunto coas gravacións de varios colexios, onde os seus alumnos leron fragmentos do libro.

O noso colexio saíu representado da man de dúas nenas de 4º de primaria, Marta Quintana e Iolanda Airas. Esta última leu en código Braille un fragmento do Querido Tomás deste autor. Neira Vilas quedou gratamente sorprendido da destreza de Iolanda á hora de ler un texto difícil. Parabéns a elas, ás súas mestras: Ofelia e Margarita e á tradución de Adela, a nosa profesora de PT.

O resto da mañá foi cuberta cunha conferencia de Torres Queiruga sobre a historia da RAG, un concerto de arpa e voz por conta dos mozos Roi Casal e Silvia Ferre e, na parte final da mañá, os actos centráronse en obradoiros prácticos para mestres de EP e de ES a cargo do escritor Francisco Castro, que disertou sobre creación literaria e de Anxo Fariñas, quen nos deu consellos de creación de banda deseñada na aula.

Todo un acerto no programa que se viu reforzado co espírito de irmandade da fala de todos os representantes ourensáns. Estes xuntaranse en breve para organizaren actos en conxunto. Alén do noso centro, estaban representados o Colexio María Auxiliadora, o Santo Ángel e o Colexio Madredios e o Sagrado Corazón do Carballiño.

Xián Bobillo
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-10-2011 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chegan as chuvias, e con forza

Segundo a Dirección Xeral de Emerxencias, aínda que Ourense e Lugo será onde menos se farán notar, no día de mañá teremos alerta por chuvias e fortes ventos.
Xa se alertou ao 112, os municipios afectados,a Protección Civil e aos bombeiros, que terán que deixar de lado as mangueiras para apagar lume e coller a bombas para achicar auga.
Despois de levar máis dun mes en outono, por fin teremos que sacar os abrigos e os paraugas, se hai sorte e as predicións son acertadas.E aínda que sexa un pouco incómodo pisar charcos , e andar con o paraugas pola rúa, seguro que a máis dun lle alegra saber que as chuvias, xa están aquí.

Magdalena Sepa Vázquez 1ºA Bach.
Nº20
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
O Consello de Universidades aproba os criterios para o financiamento en función de resultados
O pleno do Consello Galego de Universidades aprobou este venres a addenda ao Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia 2011-2015 que establece os indicadores de repartición dos fondos en función dos resultados das tres institucións académicas e que se corresponden a un 5 por cento da parte estrutural.
Este aspecto do Plan de financiamento, que se incluirá a través dunha addenda a este acordo, prevé un incremento progresivo da repartición por resultados dende o 5 por cento previsto para 2012 ata un 20 por cento en 2015. O 80 por cento restante distribuirase baseándose nos criterios históricos de repartición entre as tres universidades.
O documento establece cinco grupos de indicadores, que se refiren a campus de excelencia internacional, repartíndose a partes iguais entre as que obteñan a consideración de universidade coordinadora; e á consecución de recursos externos, que se repartirán de modo directamente proporcional á cantidade obtida por cada institución en relación ao Presonal Docente Investigador de cada unha.
O terceiro grupo refírese á internacionalización, valorándose o output ou produción científica do Informe Anual Scimago World Report obtido por cada unha delas; o cuarto á transferencia de coñecemento e, por último, a calidade docente, baseándose nas transferencias correntes de cada administración educativa por estudante matriculado de primeiro e segundo grao, repartíndose de modo inversamente proporcional ao valor obtido por cada unha.
"Dende que comezou a elaboración do Plan de Financiamento todos os implicados estiveron de acordo na necesidade de facer un cambio de modelo, de modo que se realizou un plan moderno e dinámico con capacidade de adaptación", declarou o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, tras o informe favorable do conselo.

Samuel Gallego Mayor 2º A Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIA AFORROU 76 MILLÓNS ATA SETEMBRO COA DISPENSACIÓN DE FARMACOS XENÉRICOS
A implantación do catálogo que prioriza a prescripción de medicamentos xenéricos, sigue rebaixando a factura farmacéutica de Galicia. Entre Xaneiro e Setembro, o gasto na financiación de medicamentos rebaixouse en 76 millóns de euros respeto o mesmo periodo do 2010, un balance que ratifica a previsión incial da Xunta , de que o listado reportaría un ahorro medio de 300.000 euros diarios. Con istes resultados, a factura galega en medicamentos, rompe 20 anos seguidos de incrementos, dende as transferencias de Insaude a comunidade, e se reduce un 10,87% niste 2011.
Iste recorte do gasto é consecuencia directa do aumento da dispensación de xenéricos, que en setembro alcanzou un 33% do total das prescripcións con receta, fronte o 10,7% que representou no 2009.
Feixoo subraiou o 20 de Outubro do 2011 que con ista proporción, Galicia aproximase aos paises cos indices mais elevados de cobertura na dispensación de medicamentos que carecen de marca pero que garantizan o mesmo principio activo.
O presidente da Xunta insistiu na idea de que Galicia puxo en marcha o catalogo por responsabilidade, xa que a comunidade tiña un dos indices mais baixos de dispensación de xenéricos e por necesidade, porque temos que seguir mantendo os servizos publicos sanitarios, racionalizando o gasto e mantendo un incremento da actividade tanto de centros de saúde como de hospitais
A titular do departamento sanitario, recordou que Galicia rembolsa as farmacias dez días despois da presentación das facturas, metres que o tempo medio de pago da farmacia hospitalaria e dos productos sanitarios e de 112 e 105 días, respectivamente.
Outras medidas aplicadas polo Sergas para disminuir o gasto sanitario, ademais da prescrición de xenéricos, foron as compras centralizadas, ou a replanificación de obras e compras en tecnología para optimizar os recursos.

Raquel Iglesias Meiriño 2ºA Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
A XUNTA CIFROU EN 16.930 HECTÁREAS A SUPERFICIE QUEIMADA ESTE MES
A consellería do Medio Rural cifrou hoxe en 16.930 hectáreas a superficie queimada nos 1.635 incendios registrados en Galicia entro o 1 e o 19 de Outubro. Medio rural deu este dato nun comunicado no que denuncia que o ministerio de Fomento pechou a base aérea de Beariz(Ourense), o que deixa inoperativo iste centro de loita contra os incendios nun momento especialmente delicado.
Segundo apunta o departamento autonómico, as instalacións suspenderon a súa actividade o 20 de Outubro pola tarde, tras recibir a direccion Xeral de Montes unha comunicación pola parte do ministerio de Fomento na que formulaba o cese inmediato das operacións no aeródromo.
O goberno galego destaca a inoportunidade do cese da actividade, xa que supón a retirada de recursos para a loita contra os incendios nun punto estratégico dende o que se cubre unha zona de peligro de incendios.
«Non é o momento de retirar medios, nunha situación de alta actividade delictiva incendiaria, de maior incidencia nos últimos días, que provocou que se rexistraran 1.635 fogos na comunidade entre os dias 1 e 19 deste mes de Outubro, que xa afectaron a 16.930 hectáreas», sostén a xunta no seu comunicado.
Segundo Medio rural chama a atención do peche do aeródromo coa justificación de que hai que homologar as instalacións, xa que iste trámite pode afectar a maior parte das bases aéreas de incendios de España.
Tamén argumenta a consellería que o proceso de homologación prolongase entre dous e tres anos, polo que a Xunta considera que sería mais oportuno esperar a que a estraña situación dos incendios forestais normalicese, e volva os parámetros habituáis de outubro para facer efectiva a suspensión.

Raquel Iglesias 2ºA Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
RECLAMAN O GALEGO
O pasado 10 de outubro tivo lugar en lugar en Santiago de Compostela a presentación dun escrito contra a marxinación do galego nos medios de comunicación, este recibiu xa, a tan só unha semana da presentación desta defensa: http://marxinaciondogalegonosmedios.es, onde pode ser consultado o apoio de máis de 3000 persoas e colectivos de variados ámbitos, profesións e opcións ideolóxicas, estes en representación da sociedade galega, coa presenza de persoas relevantes do mundo da Cultura e o Ensino. Naturalmente, hai tamén un nutrido grupo de xornalistas. Este masivo apoio, que segue a medrar día a día, demostra que as reclamacións expresadas son compartidas por un amplísimo sector da poboación do noso país.
Os asinantes reclaman: presenza do galego nun 50% da totalidade do espacio escrito ou do tempo de programación; A reproducción literal en galego das entrevistas, declaracións e intervencións feitas nesta lingua e por último a transcrición literal dos “eslógans” e pancartas das mobilización na súa lingua orixinal.
Os promotores do escrito afirman na web que "esta reclamación do mínimo respecto seralles trasladada aos empresarios ou directores dos medios, e se estes continuaren na súa actitude discriminatoria estudaremos facer valer os nosos dereitos ante os tribunais de Xustiza e as instancias internacionais pertinentes."

María Álvarez Álvarez 2ºA Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2011 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal