| Blog do ENDL do Colexio Divina Pastora de Ourense |
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Falece o actor e escenógrafo Suso Díaz da compañía Sarabela |
|
O pasado día 13 de outubro o actor da compañía Sarabela teatro Suso Díaz apareceu morto na súa residencia en Ourense por causas que se descoñecen.
O corpo sen vida do actor de 39 anos ,nado en Suíza en 1971 e vinculado ao grupo Sarabela desde 1988, apareceu na súa casa o martes despois de que non dera sinais de vida aos seus compañeiros para asistir a unha representación teatral que tiñan prevista para o mércores e da que Suso formaba parte.
A compañía Sarabela Teatro anunciou que suspende todas as funcións que tiñan previstas para os próximos días, incluída a súa participación na Feira Galega das Artes Escénicas. «Era un técnico perfecto, un escenógrafo grandioso, un iluminador emocionante, un deseñador gráfico contundente, un profesor e un actor cunha presenza magnífica», indicou Fernando Dacosta, actor de Sarabela Teatro e director da Mostra de Teatro Universitario de Ourense (Miteu).
O concelleiro de Cultura sumábase as decenas de testemuños de pésame, ao declarar que "la muerte de un actor o una actriz es de algún modo el fin de un sueño; ayer se nos fue un modo de comunicar, de hacer sentir y entretener: el propio. Suso Díaz. Las calles lloran hoy por Suso"
O actor que fora galardoado pola súa interpretación na obra A Esmorga, co premio Premio María Casares 2010, será enterrado hoxe as 5 da tarde na igrexa de Pazos de San Clodio en San Cibrao.
Elena Seijo 1º Bacharelato B |
|
|
|
|
| O fútbol sala galego triúnfa |
|
O Lobelle busca 6 de 6!
No día das Forzas Armadas, da “Pilarica”, o equipo do Apóstolo, ese que está tocado pola man de Deus (Tomás), o que a día de hoxe é o mellor equipo da Liga de fútbol Sala máis potente do mundo, e dicir, o Lobelle, a Armada branca, buscará a súa sexta vitoria consecutiva en Liga, a oitava en partidos oficiais (contando a Supercopa) e a terceira consecutiva na casa.
Dende que se iniciou o curso 2010/11, ningún adversario foi capaz de gañarlle nin unha batalla (das cinco libradas) desta guerra longa que é a Liga ao líder Lobelle, que se mantén firme na súa posición. Ese é o reto que ten esta tarde (18.00 horas) no Multiúsos de Sar un Marfil Santa Colomba que pretende recuperar fóra o que perde na casa. Cando se vai de campamento, e dicir, cando xoga fora de casa, a escuadra de Andreu Plaza aínda non perdeu esta tempada -un triunfo, ollo, na cancha do potente Caixa Segovia por 4-7- e un empate en Cartaxena (2-2). Está duodécimo na táboa con 5 puntos.
E hoxe, coas estadísticas, as emocións e as rachas na man, todo xoga a favor do Lobelle: líder invicto, equipo máis goleador da Liga cunha media redonda de seis tantos por partido.
Christian García González 2ºB
|
|
|
|
|
| NOVO BLOG. A FORZA DO GALEGO Á CONQUISTA DO ESPAZO |
|
Comeza a actividade do Novo BLog do Colexio formado por alumnos voluntarios de bacharelato.
Haberá catro grupos guiados por un coordinador que xestionará a web do novo equipo de dinamización lingüística.
O seu traballo será constante ata o mes de abril os de segundo e ata maio os de 1º. Entregarán noticias cada semana acompañadas de fotografía, enlaces ou vídeo nun prazo máximo de 1 día despois do remate da clase.
Podedes participar enviando as vosas suxestións e comentarios e facer desta canle un foro activo de reflexión e fomento da lingua de novo.
Animádevos e en breve publicaremos os nomes de todos os bloqueiros. O galego móvese, e a FORZA GUE á conquista de novos mundos. |
|
|
|
|
| WANTED. BÚSCANSE ACTORES E ACTRICES PARA UN CÁSTING |
|
O vindeiro luns, ás 18.OO h da tarde, no Salón de Actos do centro terá lugar unha escolla de actores e actrices para a montaxe dramatúrxica deste ano a cargo da Compañía Do Que Non Che Vos Hai.
O cásting será dirixido polos profesores Román Godás e Xián Bobillo.
.
Deberán os seleccionados cantar, tocar, danzar e improvisar en escena, con pequenas historias escollidas polos participantes e algunhas outras polos responsábeis de dirección.
Apuntádevos canto antes en Administración ou a través do Coordinador de Actividades Extraescolares, Fran Formoso.
P.D. Son os membros anteriores da Compañía teñen pleno dereito de participación e asistencia. O cásting deles apenas consistiría na adecuación a determinado rol ou personaxe.
Como vedes, a data do luns substitúe o propio día adicado aos ensaios teatrais debido ao festivo do martes.
THE SHOW MUST GONE ON
UP TOU YOU! |
|
|
|
|
| Da idea á estrea. 1º Curso de Audiovisual |
|
Hoxe, mércores 5 de outubro, comezou o primeiro obradoiro de cine e fotografía no noso centro educativo a cargo do director e guionista Gonzalo G. Palmeiro.
A sesión foi de portas abertas para todos os interesados en coñecer de primeira man e a través do coordinador do proxecto en que consistiría o curso, os horarios de curso e de rodaxe e o material imprescindíbel para o mellor desenvolmento do curso.
Tamén os dezoito primeiros asistentes viron un documento do propio director rodado en Nicaragua: Los anillos del alma.
A matrícula estará aberta ata final de mes. Consultade os prezos no Libro do Ano do colexio, en Administración ou a través do coordinador de actividade extraescolares.
Deixámovos unha foto do primeiro e animado encontro. Oxalá sexa un éxito e resulte ameno e divertido. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|