Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Emotivo adeus a Suso Diaz no Pazo de San Clodio
A cultura ourensá deu onte o seu último adeus ó actor de Sarabela Teatro, Suso Díaz. A morte de Suso Díaz colleu por sorpresa á cultura local cando o polifacético actor estaba traballando na última obra de Sarabela Teatro 'O incerto señor don Hamlet' e cuxa representación foi suspendida tras o tráxico desenlace.

O cemiterio de Pazos de San Clodio, no concello de San Cibrao, acolle á comitiva que saíu do Auditorio de Ourense, no que tantas veces actuara, xunto con familiares, amigos e os seus compañeiros da compañía de teatro.

Suso Díaz faleceu no seu domicilio de Ourense ,aos 39 años de idade. Foi atopado polo seu irmán e compañeiros de traballo que ían acompañados por axentes da Policía Nacional aos que chamaron preocupados pola falta de noticias do actor, que no lles contestaba o teléfono. Ao non responder as chamadas do timbre procedeuse con axuda de efectivos do corpo de bombeiros a derribar a porta, e no interior encontraron morto o actor. A Policía solicitou a presencia dun médico forense que certificou a morte do actor cuxo corpo foi trasladado logo ao Complexo Hospitalario de Ourense para practicarlle a autopsia.

A súa vinculación coa compañía ourensá viña de 1998 e nela habíase mostrado coma un artista polifacético, xa que levaba a cabo traballos de actor, escenógrafo, iluminador e deseñador. A perda de Suso Díaz sumase a recente desaparición da actriz de Sarabela Teatro Begoña Muñoz, que morreu fai 6 meses de forma repentina. Na súa despedida, os seus compañeiros destacaron que se trataba dunha perda irreparable para a cultura ourensá, tanto no apartado profesional como en el persoal. Suso Díaz acababa de recibir o Premio María Casares polo seu traballo na iluminación de 'A Esmorga'.

Os integrantes da compañía Sarabela, encabezados pola súa directora, Ánxeles Cuña, asistiron ó funeral, así como la edil de Cultura, Isabel Pérez.


Laura Iglesias 1º de Bacharelato A
Comentarios (3) - Categoría Xeral - Publicado o 16-10-2010 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
A revista Grial
O labor comezado no ano 1951 pola revista Grial segue sendo un modo de divulgación para a lingua galega e unha canle para a súa produción cultural. Naceu para cumprir a labor de ser un espazo de comunicación entre a cultura galega e as demais culturas do mundo. E continúa sendo un significativo punto que defende a importancia da lingua galega nos ámbitos culturais e sociais. E para iso é elaborada de forma trimestral.
Esta revista é editada pola editorial Galaxia, en Vigo. Tivo como primeiros directores a Francisco Fernández del Riego e Ramón Piñeiro. Despois foi dirixida por Carlos Casares e na actualidade esta responsabilidade é asumida por Víctor Freixanes e Henrique Monteagudo.
Tivo como colaboradores a intelectuais da significación de Ramón Otero Pedrayo, Domingo García-Sabell, Marino Dónega e Xaime Isla Couto.
Aínda que a revista foi editada por primeira vez no ano 1951 prohibiuse a súa publicación durante uns anos e volveu a ser posible a súa divulgación no ano 1963.
No seu último número, a publicación número 168 desta revista, é dedicada o autor Luís Seoane, o artista nado en Arxentina, e o título que a encabeza é “Luís Seoane entre dúas culturas”. O primeiro artigo que fala del é do historiador Ramón Villares, Heroes calados. As relacións de Luís Seoane con galeguistas do interior(1946-1960). Completan ese apartado Multiplicar a asrte. Luis Seoane nas edicións culturais arxentinas, de Silvia Dolinko, e o factor simbólico. Luis Seoane e o Laboratorio de Formas de Xosé Díaz.


Antía Rivas Oural, 1ºA
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 16-10-2010 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Tres arrestados por tentar "rescatar" un independentista.
Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron tres militantes de colectivos independentistas radicais que tentaron liberar un mozo vinculado a Resistencia Galega arrestado a semana pasada, para o cal agrediron os policías que o custodiaban cando o trasladaban ó xulgado. Segundo fontes policiais, o 10 de outubro tivo lugar o traslado ós xulgados de Santiago do militante vinculado a Resistencia Galega S.V.D., de 21 anos, para darlles cumprimento ós mandamentos de detención e ingreso en prisión ditados pola Audiencia Nacional ó obxecto de facer efectivo o cumprimento da pena privativa de liberdade de catro anos imposta polo Supremo, por tenza de explosivos. Cando a dotación policial que conducía o preso baixou do vehículo, uns doce individuos, divididos en dous grupos, abalanzáronse sobre os policías para tentar liberar o detido, "forcexando e agredindo os mesmos producíndolles diversas lesións das que tiveron que recibir asistencia", indicaron as mesmas fontes. Ó acudir máis efectivos da Policía os independentistas escaparon, pero varios foron identificados, sendo detidos na noite do xoves A.P.S., home de 21 anos con domicilio en Santiago; I.C.P., muller de 27 anos veciña de Compostela e R.A.C., home de 19 anos de Barreiros (Lugo). Onte pasaron a disposición xudicial en Santiago.


Emilio González Padrón
1 º Bacharelato A
Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 16-10-2010 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Os defensores da sanidade pública critican a política privatizadora
A plataforma SOS Sanidade Pública, que agrupa a todas as asociacións galegas en favor do sistema sanitario público convocou a todos os cidadáns a asistir a unha 'grande manifestación' que terá lugar o próximo 21 de novembro en Santiago para protestar contra o 'risco real de privatización' deste sistema que, segundo os membros, está a levar a cabo a Xunta.

Así o explicou o voceiro da recén creada plataforma, Manuel Martín, que indicou que a agrupación nace coa vontade de 'unir esforzos' por un único fin, que é o de loitar contra o 'risco real de privatización' do sistema sanitario galego.

'Non o podemos asumir', explicou Martín, que alertou tamén de que o sistema de colaboración público-privada que propón a Xunta para a construción dos novos hospitais e centros de saúde en Galicia deixará estes 'en mans de construtores, bancos e multinacionais'.

Pola súa banda, outro dos seus voceiros, Manuel Moreira, alertou da 'perda da calidade' na atención sanitaria que levará consigo este sistema xa que, sinalou, 'está en xogo o concepto de sanidade publica'. 'A razón pensamos que a temos, necesitamos a forza da cidadanía', reclamou Moreira.

Na plataforma, na que están incluídas unha quincena de asociacións de defensa da sanidade pública por áreas, os sindicatos UGT, CC.OO., CIG e SATSE e os partidos políticos do BNG e o PSOE, tamén están presentes as asociacións veciñais, representadas pola Asociación de Confederacións de Veciños de Galicia (Acogave).

Nesta liña, o representante de Acogave, Verísimo Pazos, reclamou un sistema sanitario 'global e de calidade', que garanta 'a atención igual para todos' e cualificou o actual sistema como 'o mellor do mundo'.

O sistema de colaboración público privado está demostrado que é un sistema obsoleto', explicou Pazos, tras recordar que as iniciativas neste sentido implantadas noutras comunidades autónomas, como Madrid, as están a 'levar á bancarrota'.


Pola sua banda, a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, afirmou que co Plan de Modernización das Infraestruturas do Sergas pretenden 'garantir' o 'carácter público' de todos os investimentos e a prestación sanitaria 'universal e gratuíta para todos os galegos'. De feito, apuntou á necesidade de 'mellorar' a 'sostenibilidad sanitaria, económica, social, territorial e medio ambiental da rede de centros sanitarios de Galicia'.


Neste sentido, explicou que se trata dun 'compromiso explícito' nun momento de 'grave crise económica' pola 'sostenibilidad e viabilidade do sistema sanitario galegos', contando 'ese equilibrio social e ambiental'.

A titular de Sanidade manifestou que o departamento que dirixe quere uns centros sanitarios que lles permitan dar resposta' ás 'necesidades dos cidadáns'. De feito, apuntou a que as infraestruturas sanitarias 'non permiten responder axeitadamente ás necesidades dos usuarios' debido ás características demográficas da poboación 'que cada vez está máis envellecida e con tendencia máis frecuente a patoloxías crónicas e pluripatoloxías'.

Laura Barreiros, 2ºB bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2010 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Ourense acolle o estreno nacional de "La vilación de Lucrecia" con Nuria Espert
Nuria Espert no ensaio da obra
O Teatro Principal da cidade de Ourense contará, esta fin de semana, co lanzamento nacional de “La violación de Lucrecia”, de William Shakespeare, interpretado por Nuria Espert, a gran dama do teatro, nun triplo brinco mortal na súa larga e exitosa carreira chea de premios, no que ela actúa en solitario sobre o escenario encarnando a narradora, para transmutarse logo nun proxecto teatral pioneiro, nos tres personaxes principais da obra, vítimas e verdugos.
A actriz así como o director de esta adaptación teatral do clásico de Shakespeare ó teatro, Miguel del Arco e o produtor Juan José Seoane movéndose ata Ourense para facer un adianto da representación da obra que será hoxe e mañá, 16 e 17 de outubro, no Teatro Principal de Ourense.
Básase nun poema de Shakespeare que marcou á propia Nuria Espert, quen declaraba onte nunha roda de prensa no Principal que trátase dunha "apuesta arriesgada", o ser un texto "que tiene violencia, belleza y mucha teatralidad".
Nuria Espert afirmó que decidiu "apostar" por él porque encontrase nun momento "de libertad" na súa carreira profesional e "de confianza" en sé mesma "y eso me ha do dado el ánimo para decir que eso se puede convertir en un gran espectáculo teatral”.
A actriz destacou que o Teatro Principal era o lugar "idóneo" para o espectáculo, porque é "acogedor" e nel Espert síntese "como en casa, algo que me ayuda pasar esos nervios y tensiones que rodean siempre un espectáculo cuando lo das por primera vez aunque hayas trabajado en él meses y meses".
Miguel del Arco calificou "La violación de Lucrecia", como "un poema enajenado por la lujuria, en su comienzo, de un príncipe trastornado por poseer la belleza de Lucrecia".


María Gabriela Cortés Diaz, 2ºB bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2010 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
O noso inxenio ó fin é premiado
O anuncio "Maloserá!!!", da campaña Vivamos como galegos de Gadis, logrou un dos premios convocados pola Asociación Española de Anunciantes (AEA) e foi distinguido como o mellor anuncio de televisión en galego polo Consello Asesor da CRTVG e de RTVE en Galicia
A campaña Vivamos como galegos de Supermercados Gadis recibiu por segundo ano consecutivo un dos galardóns de maior prestixio profesional en España, os Premios á Eficacia da Publicidade 2010, convocados pola Asociación Española de Anunciantes. A gala de entrega dos premios celebrouse o xoves pasado pola noite en Madrid.
O anuncio "Maloserá!!!" logrou un Premio de Prata á Eficacia en Comunicación Comercial, nunha convocatoria na que participaron máis de 130 grandes marcas como Mc Donald´s, Movistar, Coca Cola, Campofrío, Nestlé ou Danone.
Os Premios Eficacia da Publicidade valoran, entre outros aspectos, os resultados obtidos pola campaña en canto a notoriedade e recordo. "Maloserá!!!" foi recoñecida tras a campaña por 8 de cada 10 galegos e o grao de vinculación coa marca Gadis é superior ó 70%. A campaña desenvolvida pola Axencia BAPC onde converteuse na máis vista da historia da publicidade en Galicia logrando unha importante difusión nos diferentes soportes publicitarios. En Internet logrou 160.000 descargas nos primeiros días e o recordo espontáneo superou o 60%. O Premio Eficacia da Publicidade 2010 da Asociación Española de Anunciantes súmase ó recoñecemento outorgado na XVII Edición dos Premios de Publicidade en Galego, convocados polo Consello Asesor da CRTVG e de RTVE en Galicia, que distinguiron o anuncio de Supermercados Gadis como o mellor anuncio de tele en galego do ano 2009.


www.youtube.com/watch?v=d9TSQr5n9Qo

Samuel Gallego 1º Bacharelato A
Anuncio
Comentarios (1) - Categoría Videos galegos - Publicado o 16-10-2010 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia, vella para se suicidar; moza para espertar.
Esta opininión persoal veu incentivada polos comentarios ditos polo xa coñecidísimo escritor galego Don Manuel Rivas Barróse que puiden ler gracias á merca habitual do diario “Galicia Hoxe” que fai a miña nai , quen nunha entrevista motivada pola publicación da súa última e tan agardada novela Todo é silencio. Nesta, o escritor coruñés que situaba desta guisa a situación de malestar e desacougo cultural que está a padecer o país. Dixo ademais que era moi triste que os que deberían construír Galicia estean metidos en troques da tarefa mencionada na completamente oposta que é a de deconstrución. Fiso tamén especial fincapé no proceso esperpéntico que dende o propio goberno se nos coloque nun punto no que ficamos varados.
Na miña modesta opinión e como estudante de 1º de bacharelato considero tremendamente acertadas as palabras do escritor. As cales eu interpreto como un aviso a toda Galicia de que pese que a población anciá morra falando galego ,se non o remediamos, esta lingua nosa soamente durará o que eles. “Manolo” fai unha chamada ao raciocinio de mozos (que son sinónimo do futuro da nos querida Galicia e da nosa lingua, polo tanto da nosa identidade) á comprensión da pésima situación que, como galegos que somos, estamos a vivir. Pretende captar a atención e facer a chamada de auxilio que a lingua por si mesma non é quen de facer pedindo a tódolos mozos e mozas do noso benquerido país que utilicen o galego dende as situacións máis cotiás ata as máis inhabituais para xuntos podermas conseguir a persistencia do galego. Non me pasou tampouco inadvertida a disimulada crítica que fai ao noso preguizoso goberno dereitista na súa meirande parte que deixe de acomodarse na situación actual, que deixe de por impedimentos á nosa imperativa necesidade de recuperarmos a cultura perdida coa actual merma no uso da nosa lingua: “O Galego”. Fai unha chamada á creación de programas de rehabilitación para rematar dunha vez por todas coa merma de usuarios de diario da lingua galega. En definitiva, e xa para rematar, pide que nos “deixemos de tanta leria de non é para tanto” e nos poñamos duna vez por todas a traballar en serio no proceso de reintegración lingüística do galego.

Yago Eirey Pumar, 1ºA.
Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 16-10-2010 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
O goberno garántese a estabilidade ata o 2012 tras pactar con PNV e CC.
O Goberno chegou hoxe a un acordo con Coalición Canaria que, xunto ao logrado co PNV, permitirá aprobar o proxecto de lei de Orzamentos Xerais do Estado para o 2011 e dará estabilidade ata o final da lexislatura.

Así o aseguraron a Efe fontes da negociación presupuestaria, que explicaron que os detalles do acordo foron concretados nas últimas horas.

Deles falarán o vindeiro luns no Palacio da Moncloa o xefe do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, e o presidente de Canarias, Paulino Rivero, na cita que teñen pechada para o mediodía desa xornada.

O anuncio do acordo con Coalición Canaria chega na mesma xornada en que Goberno e PNV pecharon o pacto polo que os nacionalistas vascos darán o seu apoio ao proxecto presupuestario.

Ese pacto supoñerá o traspaso ao País Vasco de tres competencias este ano e doutras dezasete no 2011, o que supón un «acelerón» importante para o desenvolvemento do Estatuto de Gernika.

As fontes citadas sinalaron que Coalición Canaria considera que o Goberno asumiu gran parte das reivindicacións suscitadas na negociación e que os dirixentes de CC serán os encargados de ofrecer os detalles do pacto. Ademais da supresión das taxas aeroportuarias, Coalición Canaria reclamaba unha posición «moi clara e precisa» por parte do Ministerio de Fomento respecto ao mantemento dos descontos nos billetes aos residentes canarios, actualmente do 50 %.

Sobre a mesa estaba tamén o mantemento dos sistemas de control convencional no aeroporto do Ferro, así como a definición das augas canarias.

O Goberno canario apostaba así mesmo por unha actualización do Réxime Económico e Fiscal (REF).

Esta é unha cuestión que se tratará, previsiblemente, na reunión que Paulino Rivero manterá na tarde do luns en Madrid (logo da súa entrevista con Zapatero) co vicepresidente terceiro, Manuel Chaves, no marco da Comisión Bilateral de Cooperación entre o Estado e Canarias.


Borja Pérez Fernández, 1ºA
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 16-10-2010 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Teatro Galego , FETEGA en O Carballiño
A vila do Carballiño , acolleu entre os 7 e 10 de setembro o Festival de Teatro Galego 2010 (Fetega). A mostra, que celebrou a súa sétima edición, tivo unha duración de 3 días e desenvolveuse no Centro Multifuncional carballiñés.

Varios grupos de teatro asistiron á mostra ao longo desta semana deixando pegada das mellores artes do panorama teatral galego. De feito, o Fetega foi cualificado este polo director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, como "unha cita de referencia dentro da escena galega" que atrae a novo público e que serve para expandir a produción teatral galega a outros países e comunidades.

A compañía teatral Obras Públicas abriu o festival co seu espectáculo Life is a paripé, escrita e dirixida por José Prieto Álvarez e que ten como intérprete feminina a Iolanda Muiños. O segundo día os protagonistas serán Teatro de Ningures coa súa obra Homes...Mulleres, de Paula Carballeira, Santiago Cortegoso e María Armesto. Nut Teatro levou a escena o xoves 9 de setembro Wake up, escrita e dirixida por Carlos Neira.

O peche do Festival de Teatro Galego do Carballiño foi presentada polo actor de Ribeira Josito Porto, quen fora o encargado de presentar a V Gala dos premios Fetega no Multifuncional a partir das dez da noite.



Alba Muñoz López

Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2010 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Ourense convértese na capital das letras de Galicia, ao comezar a “Semana Auria da Literatura Histórica”
 Roberto Varela subliñou a importancia deOurense acolle dende este domingo, día 10 de outubro, ata o vindeiro domingo a “Semana Auria da Literatura Histórica”, unha iniciativa enmarcada na celebración do Ano do Libro e da Lectura 2010 en Galicia e no Camiño da Reflexión do Xacobeo 2010.
No acto de presentación deste encontro literario ao que acudiu o conselleiro de Cultura, Roberto Varela subliñou que “Auria” contribuirá a construír “a expresión literaria do misterio, da paisaxe, da xente e da historia de Galicia”.
Persoeiros das letras galegas e casteláns acudirán a Ourense, entre os que se atopa nunha incorporación de última hora, o escritor Antonio Gala (domingo, 17, coa conferencia “Propósitos”). A cita ten por obxectivo principal “dar a coñecer ao público os autores máis prestixiosos, e tamén descubrir novos valores”, para o que se organizarán debates e mesas redondas sobre historia e literatura.
“Auria” sinala tamén que aposta pola participación de todos os afeccionados á lectura, os que a organización encarga que outorguen o título de I Novela Inmortal, o que se pode facer votando en urna na Feira do Libro ou a través da web oficial auria.xacobeo.es.
Xa hai unha relación de dez títulos propostos:
• Memorias de Adriano. Maguerite Yourcenar
• Trafalgar. Benito Pérez Galdós
• Quo vadis? Henri Sinkiewicz
• Espartaco Howard Fast
• El rey pasmado. Gonzalo Torrente Ballester
• Eu, Claudio. Robert Graves
• A morte de Virxilio. Hermann Broch
• A marcha Radetzky. Joseph Roth
• De noite baixo a ponte de pedra. Leo Perutz
• A batalla. Patrick Rambaud
A obra gañadora será homenaxeada co descubrimento dun monólito e unha placa na Praza do Bispo Cesáreo desta cidade, o domingo, 17, día do cerre de “Auria”.
Os Xardíns do Posío serán o emprazamento da Feira do Libro. En doce espazos habilitados para a ocasión, as librerías participantes amosarán e porán á venda volumes do xénero e de materias relacionadas. Haberá unha sala de actos relatorios e debates sobre o fenómeno.

Por outra banda, as persoas que o desexen poderán compartir mesa con algúns dos destacados escritores que se acheguen a Ourense no que se denominada “Encontro co autor”. O método para poder e facelo e apuntarse a través do correo electrónico info@aurialiteratura.es

Ester Fernández Paredes
Comentarios (3) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2010 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal