Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

90º aniversario da publicación da revista Nós.
O 30 de outubro do 1920 publicábase o primeiro número da revista Nós, unha das que marcaron a historia de Galiza e o seu movemento cultural.
A Real Academia Galega decidiu conmemorar en Ourense dende o 28 deste mes ata o 30 do mesmo o 90º aniversario da edición do primeiro número da publicación cun programa de actividades. Mañá celebrarase unha sesión extraordinaria da RAG. O acto da institución que preside Xosé Luís Méndez Ferrín farase no salón nobre da Deputación Provincial de Ourense.
O día 28 o representante da Deputación de Ourense, Francisco González, sinalou en roda de prensa que se quixo contar coa presenza dos representantes da RAG en “sesión extraordinaria, en lugar de facelo a título persoal ou con carácter protocolario, para salientar a conmemoración que estamos a celebrar e a súa importancia para Galiza e a cultura galega”.
Procederase a unha lectura de textos da revista Nós no Centro Cultural da Deputación de Ourense no Concello do mesmo. Ademais durante os últimos meses se estivo constituíndo unha comisión cidadana para desenrolar nos próximos anos diferentes proxectos e iniciativas relacionadas coa xeración Nós e coa revista homónima co fin de poder declarar a Ourense coma cidade cultural europea no 2020, centenario da revista Nós.


Noemy Dopazo González, 2ºB bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Queremos Galego, rexistra no Parlamento unha iniciativa en pro do galego
A plataforma Queremos Galego pediulle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixóo, que rectifique a súa política lingüística tras rexistrar no Parlamento unha iniciativa lexislativa popular en favor da lingua, avalada por 30.000 firmas, a segunda que presenta en menos dun ano.

"Núñez Feijóo, a pesar de todo o que leva feito en contra da nosa lingua, aínda está a tempo de rectificar. Pedímoslle que o faga, reclamámoslle que rectifique, porque se continua por esta vía, non vai chegar nada bo para ninguén", declarou Carlos Callón.

Callón, que tamén preside a Mesa pola Normalización Lingüística, compareceu en rolda de prensa acompañado por un amplo número de persoas, entre as que se atopaba o galeguista Avelino Pousa Antelo, en representación das 700 entidades que forman parte da Plataforma.


Para o responsable da Mesa, nunca antes na historia da autonomía existiu unha desprotección tan grande cara a "os nosos dereitos lingüísticos; non ocorreu en ningunha outra comunidade autónoma do Estado, goberne quen goberne".

Insistiu en que a iniciativa popular inspírase na garantía dos dereitos lingüísticos, na defensa do desenvolvemento do Estatuto de Autonomía e na Lei de Normalización Lingüística aprobada por consenso en 1983 ou do Plan de Normalización de 2004.

Callón declarou que nas cidades están a impartirse clases en galego en educación infantil en só un 10 por cento dos centros cando ao redor do 40 por cento das familias especificaron ao cubrir a matrícula dos seus fillos que desexaban que recibisen a lingua galega.

Ese desfasamento de 30 puntos, segundo o presidente da Mesa, o justificó Núñez Feijóo dicindo que "as maiorías deciden sobre as minorías".

En relación co topónimo da Coruña que propón modificar o o PP da Coruña, o responsable da Plataforma dixo que pretender dicir que ese topónimo non ten como forma oficial a lingua galega "significa, no fondo, dicir que o galego non é a lingua propia de Galicia, é negar o Estatuto de Autonomía".


Isaura Apostolidis 2do Bach A
Comentarios (1) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 30-10-2010 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Adaptación teatral da obra "Memoria dun neno labrego"
O próximo ano cumpriranse 50 anos da publicación dun dos libros referentes da nosa literatura galega Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas. Para celebrar a efeméride vaise levar a cabo a súa adaptación a teatro dirixida polo Director Cándido Pazó.
A estrea da obra será o Sábado 30 de Outubro as nove da noite no Auditorio da Illa de Arousa. Trátase da adaptación ao teatro da obra terá fondo musical e terá apoio audiovisual. O director tratará de introducir un lado humorístico sumada a realidade da época.
A obra reestrearase en Xaneiro e percorrera toda a xeografía de Galicia ao longo do ano vindeiro. O autor orixinal da obra, Neira Vilas, doulle o viso bo a obra aínda que non poderá asistir a súa estrea por motivos persoais

Adrián Lamas 2do Bach A
Comentarios (1) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 30-10-2010 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Unha marea humana acompaña ao fúnebre de Kirchner
O cortexo fúnebre do ex presidente arxentino Néstor Kirchner comezou o seu percorrido polas rúas de Bos Aires cunha comitiva de coches oficiais que apenas pode avanzar debido aos miles de cidadáns que, a pesar da chuvia, quixeron brindarlle unha multitudinaria despedida.

A comitiva partiu ás 13.00 (18.00 na España peninsular) da Casa Rosada, encabezada pola presidenta, Cristina Fernández de Kirchner, quen presidiu durante máis de once horas a capela ardente, acompañada dos seus dous fillos Máximo e Florencia, que nalgúns momentos tiveron que sostera.A pesar de que un grupo de funcionarios con chalecos reflectantes formou un cordón de seguridade arredor da comitiva, o coche fúnebre circula con dificultade, debido á gran cantidade de persoas que se amontoan contra o cortexo ante a ausencia de valados que protexan o percorrido. Miles de persoas acompañan ao cortexo con bandeiras arxentinas e pancartas en que poden lerse consignas como: "Néstor con Perón, a vila con Cristina" ou "", entre outras. Ademais varios obxectos acumúlanse no teito dos vehículos da comitiva, lanzados como obsequio polos cidadáns.

Destaca a presenza multitudinaria do movemento coñecido como Mozos da K, que representa á militancia máis mozo do Partido Justicialista a que pertence o matrimonio Kirchner, así como a de sindicalistas e agricultores que deben ao ex mandatario parte das grandes reformas operadas no país en ambos os dous sectores.

"Os arxentinos perderan a ilusión e agora, grazas a Néstor, ata temos xubilación", dixo Beatriz Apanielli, de 72 anos de idade, unha dos asistentes ao acto. Na mesma liña manifestouse Florinda Quisper, de 54 anos, quen se referiu a Kirchner como "un símbolo de Arxentina, porque axudou moito á xente ".O cortexo fúnebre percorrerá as principais avenidas da capital - - Leandro Alem, Córdoba, 9 de Xullo e Do Libertador e Salguero - - ata chegar á base militar de Jorge Newbery, desde onde partirá un avión que trasladará os restos mortais de Kirchner á súa cidade natal, Río Gallegos, na provincia de Santa Cruz (sur).Segundo fixeron saber as autoridades arxentinas, no cemiterio de Río Gallegos terá lugar unha cerimonia íntima cun breve oficio relixioso. No panteón familiar, segundo informa 'Clarín', éstáse traballando contrarreloxo para que todo estea listo para o enterro. Este diario informara onte de que Kirchner será enterrado inicialmente no panteón da esposa do seu tío paterno, pero posteriormente a familia baralla o seu traslado a un novo panteón.


Luis Manuel López 2do Bach A
Comentarios (8) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
A Real Academia Galega conmemorará en Ourense o 90.º aniversario da publicación da revista «Nós»
O 30 de octubre de 1920 saía á rúa o primero número dunha das publicacións que marcaron a historia de Galicia.
Co motivo de cumplirse o 90.º aniversario da edición do primero número da publicación, comenzou en Ourense un programa de actividades que terá continuidade hoxe e que foi fixado para mañá, 30 de octubre, as sús citas máis destacadas.

Entre as que se desenrolarán mañá na cidade de Ourense figura unha sesión extraordinaria da Real Academia Galega. O acto da institución que preside Xosé Luís Méndez Ferrín comezará ás 12.30 horas no salón noble da Deputación Provincial de Ourense. Dende o comité organizador do programa do 90.º aniversario da revista Nós quíxose contar coa presencia dos representantes da Real Academia Galega en «sesión extraordinaria, en lugar de facelo a título persoal ou con carácter protocolario, para salientar a conmemoración que estamos a celebrar e a súa importancia para Galicia e a cultura galega», como señalou onte na roda de prensa Francisco González, representante da Deputación de Ourense na comisión organizadora.

Antes da sesión académica haberá unha declaración institucional no Concello de Ourense e unha lectura de textos da revista Nós no Centro Cultural da Deputación de Ourense.

Tras varias reunións durante os últimos meses, constituiuse en Ourense unha comisión ciudadana para desenrolar nos próximos anos diferentes proxectos e iniciativas relacionados coa xeración Nós e coa revista homónima, co horizonte de traballar para conseguir que Ourense sexa declarada «cidade cultural europea» no 2020, centenario da revista Nós .


Andrea Estevez Álvarez, 1ºA.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-10-2010 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
O PAPAMOVIL CHEGA A SANTIAGO
O Papamóvil que Benedicto XVI empregará para desplazarse desde o aeroporto de Lavacolla ata a Catedral de Santiago durante a súa visita a Compostela o próximo 6 de novembre, chegou onte ao aeródromo compostelano procedente do Vaticano. Según confirmaron fuentes da “Oficina para la Visita del Papa’’, o Papamóvil chegou nun avión do Exército. Este vehículo adaptado, permanecerá custodiado en Santiago ata o día 6 de novembre, cando sexa trasladado de novo ao aeroporto para que o Papa faga uso del nun percorrido duns 14 kilómetros entre a Lavacolla e a Catedral de Santiago.
O Papamóvil actualmente é un modelo da marca alemá Mercedes-Benz modificado cun pequeno habitáculo vidriado na parte posterior, onde se senta o Pontífice. Logo do atentado en contra de Juan Pablo II, o 13 de maio de 1981, ditos vidrios foron blindados. Sen embargo, en ocasións foi conducido coas ventanillas baixadas.
O vehículo recibirase en “El Prat’’ por efectivos da Guardia Civil, que é o corpo policial que ten as competencias en seguridade neste recinto.


Laura Iglesias 1º Bacharelato A
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 29-10-2010 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a temible noite do Samaín
Chega a noite de Defuntos e o 1 de novembro. Por numerosos municipios galegos empézanse a ver cabazas con caras aterradoras que nos invitan a celebrar o Halloween estadounidense. Con todo, e a pesar do que moitos crean, non é americano todo o que parece. No mundo celta, o 1 de novembro celebrábase o día de Samaín, que significa o comezo dun novo ano, coincidindo co cambio de colleita. Segundo marcaba a tradición, a fiestra que separa o mundo dos mortos do dos vivos desaparecía a noite anterior e, por iso, percorríanse os lugares para espantar aos espíritos. Un destes ritos evolucionou e represéntase con cabazas baleiras en forma de caveiras, que portan unha vela no seu interior e serven para espantar a propios e estraños.


En Galicia esta tradición, con éxito no pasado, recobra forza desde hai anos impulsada polo profesor Rafael López Loureiro, orixinario de Cedeira (auténtica capital do Samaín atlántico, onde xa se celebra a XXI edición). Foi grazas ao seu traballo de recuperación desta celebración e ao eco cultivado, o que moitas outras localidades, como Catoira, O Vicedo, A Illa, Ourense ou Narón, e a maior parte dos colexios galegos, decidíronse a facer talleres de cabazas que, posteriormente, aterrarán aos veciños nunha procesión.

Julián Iglesias 1º Bacheralato A
Comentarios (3) - Categoría Xeral - Publicado o 29-10-2010 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
A cifra de menores atendidos por beber alcol crece ano tras ano
Nos nove primeiros meses deste ano, o 061 acumula xa en Galicia 500 servizos a menores intoxicados por alcol ou drogas. Unha media de 13,1 semanais, practicamente dous ao día.
Na estatística manda a intoxicación etílica e entran tamén accidentes domésticos.

Con todo, o número de menores atendidos sanitariamente por abusar do alcol ou as drogas excede aos servizos que cobre o 061.
Medio milleiro antóllase unha cifra curta para os menores que gardarán un mal recordo dalgunhas das noites de festa que acumularon este ano.
Segundo os últimos datos, a idade media de inicio no consumo de alcol en Galicia é de 16,8 anos, pero se se analiza só entre a poboación de menos de 18 anos, a idade media descende ata os 14,1. O dato mantívose estable durante a década actual, aínda que a última enquisa data xa do 2007. Con todo, as situacións de abuso entre menores xeran un número crecente de actuacións do 061.
De feito, un de cada catro servizos por intoxicación alcohólica ten como protagonista a un menor de idade.

Algúns expertos consideran que a lei mellorará os problemas de saúde pública que provoca o consumo abusivo de alcol entre menores,
aínda que dubidan de que o fenómeno do botellón, a porta de entrada para moitos nestes patróns de consumo, vaia desaparecer. Inciden máis nunha chamada á responsabilidade dos pais, que con frecuencia ignoran ou minusvaloran o fenómeno.
Algúns non se dan por aludidos cando reciben a chamada do hospital para que vaian recoller ao seu fillo, cunha intoxicación etílica: «Iso é imposible»,é unha resposta que se escoita con frecuencia, tal e como confirman diversas fontes sanitarias.

Julián Iglesias 1º Bacharelato A
Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 29-10-2010 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
O blues invade Ourense
O escenario do Teatro Principal encherase de música de blues durante esta fin de semana. As citas serán o vernes, e mañá, sábado ás 20.00 e ás 22.00 horas o día 24, domingo. A encargada de abrir o ciclo será a canadense Julie Guravich, que reside en Galicia desde fai uns anos. Durante o 2010 ha iniciouse o proxecto Julie Guravich Band, xunto ao guitarrista Víctor Aneiros e o pianista Manuel Gutiérrez.
O sábado será o turno de Dede Priest. A artista, nacida es Los Ángeles pero residente en Ámsterdam, que acude a Ourense acompañada de Michael Lattrell, Ray Nijenhuis, Jody Van Oijen e Rudolf Klin. A actuación servirá de anuncio para o seu próximo disco, que verá a luz en decembro. Xa por último, perrarán o ciclo de música de blues os membros do conxunto inglés The Brew. Éstes interpretarán músicas do seu último disco 'A million dead stars', o terceiro na súa carreira, publicado en xaneiro de 2010. A de agora é a segunda xira que o grupo realiza por España, que pecharán con súa actuación en Ourense.

O prazo para adquirir abonos para ás tres actuacións xa concluíron, pero os interesados todavía poderán mercar entradas individuales nas taquillas do Teatro Principal o mesmo día da actuación. O horario de venta será de 11.00 a 13.30 horas ou a través do sitio web de Caixa Galicia.


Laura Iglesias Vidal 1º Bacharelato A
Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-10-2010 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
Museo cultural na casa
Situado na parroquia de Palmés na vila A Conchada atopase o museo de Elías.
Un home de 85 anos que adicou gran parte da súa vida a xuntar pezas antigas relacionadas cos oficios e o modo de vida nas vilas galegas.
O museo que hoxe en día ten mais de 1000 pezas esta dividido por temática en 6 casas; como a forxa, que conta cun fol; o tear, con todos os aparellos da transformación do liño; o fogar, a labranza, da que forman parte varios carros, arados e outras ferramentas do campo.

Falando co propietario cóntanos que el empezou a xuntar pezas polo seu interes en ensinarlle a xente o modo no que se vivía nas vilas galegas a principios do século pasado.
Non conseguiu todo o que ten so, senón que tamén contou coas apartacións de moitos amigos e xente interesada coma el en que non se esqueza a forma de vida das vilas.
Este Ourensán nado xa na vila da Conchada que segue hoxe en día a xuntar pezas dinos
tamén que seu museo e a súa maior ilusión na vida, inda que hoxe en día e por motivos de saúde xa non pode amosarllo a xente e disfrutar fandendoo como antes.
Para esa tarefa conta coa axuda da súa familia que as fins de semana adicanse a amosarlle o museo aos interesados.
O museo actualmente non ten un horario fixo, ainda que nos piden encarecidamente que os interesados se achegen as fins de semana.



Elena Seijo 1º Bacharelato B

Para máis información sobre o museo - click aqui
Comentarios (8) - Categoría Xeral - Publicado o 23-10-2010 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal