Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Risco de Tsunamis en Galicia?

Na comunidade, os escorregamentos submarinos no océano Atlántico poderían chegar a ocasionalo. O país dispón de tres aboias que miden as mareas na ría.


"Os tsunamis son unha realidade en todas as costas do Estado español, incluída a galega". As costas españolas están ao alcance de varios focos sísmicos capaces de orixinar maremotos, que poderían causar ondas de até 15 METROS de altura en Huelva e o litoral atlántico de Cádiz, como xa aconteceu, segundo un recente estudo da Universidade de Cantabria, no ano 1755 no mar de Alborán e as Baleares. Os resultados foron expostos en tres artigos na revista Turkish Journal of Earth Sciences, nos que se examinan os focos de risco en tres zonas: costa atlántica, cinco fallas do mar de Alborán que causan pequenos tsunamis no Mediterráneo cada cuarto de século, e os terremotos de Alxeria que envían ondas cara a Baleares. En Galiza, os tsunamis non estarían provocados por terremotos, pero si por algún fenómeno que se rexistrase no océano Atlántico como escorregamentos submariños. Só é cuestión de tempo que aconteza.
Advírteo o Grupo Nacional de Tsunamis de España cun exemplo: O 21 de Maio de 2003 o terremoto de Alxeria xerou un maremoto que rexistraron todos os sensores de nivel do mar -ou mareógrafos- do litoral estatal. Aínda que de pequena amplitude na maior parte dos portos, nos de Baleares a súa intensidade provocou importantes danos nas embarcacións atracadas e cuantiosas perdas económicas que espertaron a conciencia da necesidade de habilitar unha rede de detección no Estado.


Emilio González Padrón 1º Bacharelato A
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 30-10-2010 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Luto na rexión pola morte do soriano Marcelino Camacho
O falecemento do fundador e ex presidente de CC.OO., Marcelino Camacho causou onte unha profunda conmoción en Castilla e León, comunidade á que estaba moi ligado o sindicalista malia residir en Madrid debido á súa condición de soriano (era natural de Osma a Rasa). Partidos políticos, sindicatos e a patronal castelán e leonesa lamentaron a morte de quen, sinalaron, foi «un loitador pola democracia». Así se referiu a el o presidente da Xunta de Castilla e León, Juan Vicente Herrera, quen ademais destacou de Camacho o feito de que fose un home «comprometido coas súas ideas» e «un personaxe exemplar no periodo da Transición». O socialista Julián Simón da Torre expresou tamén en nome da Comisión Executiva Autonómica do PSOE «a profunda tristeza» polo falecemento dun home que foi «un loitador polas liberdades». Mentres, desde CC.OO., Anxo Hernández, que acudiu á capela ardente instalada en Madrid, cualificoulle como «o símbolo do movemento obreiro na España do século XX».


Samuel Gallego Mayor 1º Bacharelato A
Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 30-10-2010 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
A política social enfronta a Xunta e oposición no Parlamento.
Deputados do PSdeG e o BNG lamentaron a falta de 'respostas concretas' do Goberno galego durante a Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego no Parlamento, na que se trataron cuestións sobre a Lei de Dependencia, o pago da productividad variable a gerentes do Sergas e a eliminación de centros exclusivos sobre cuestións sexuais destinados aos mozos.

Nunha comisión presidida polo 'popular' Miguel Anxo Santalices á que a deputada socialista Beatriz Sestayo cualificou de 'escándalo', producíronse diversos momentos de enfrontamento entre a mesa da Comisión e o Grupo Popular coa oposición. Unha das preguntas correu a cargo da socialista María Carmen Acuña, quen demandó datos sobre o pago 'selectivo' dos complementos de productividad variable (CPV) dos cargos directivos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) en 2009 e 2010. Unha cuestión que criticou como 'un arma' do actual Executivo autonómico para 'castigar' ás persoas nomeadas polo anterior Goberno bipartito.

A isto, a directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Esperanza Fernández, respondeu que os CPV abonáronse en función dos resultados da súa xestión, aínda que evitou contestar ás preguntas de cantas persoas recibiron o complemento de productividad en 2009 ou a canto ascende o total do abonado.

Noutra pregunta de Sestayo sobre a situación das xestións e trámites de promoción de autonomía persoal e dependencia encomendadas a empresas privadas, a directora xeral de Dependencia, Coro Piñeiro, resaltou que 'ningún' procedemento de valoración e recoñecemento será privatizado.

Yago Eirey, 1ºA.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 30-10-2010 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
Un camiño a longo prazo.
A visión que da cien¬cia parece ter a investi¬gadora israelí Ada Yonath -Premio Nobel de Química 2009 xunto a Venkatraman Ramakrishnan e Thomas A. Steitz- preséntase hoxe máis necesaria que nun¬ca, especialmente nunha sociedade como a actual, marcada polas présas e pola sensación de que todo vale fronte a aquel sentido críti¬co que tradicionalmente se presupuña indispensable para poder medrar como se¬res humanos.
De feito, e nunha con¬versación apresurada con esta científica, que onte se atopaba na capital galega cunha completa axenda de actos protoco¬larios antes de ofrecer unha conferencia no Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia sobre O ribo¬soma: unha máquina de ARN que sobreviviu á presión da evolución, pero está pa¬ralizada polos antibióticos, Ada Yonath deixaba entrever a personalidade dunha mu¬ller que, como confirma o seu currículo, está á marxe desa esixencia de inme¬diatez na que hoxe, quizais non a ciencia, pero si desde logo outros ámbitos da sociedade, se moven.
Invitada polo progra¬ma Conciencia, impulsa¬do pola Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio de Santiago e dirixido polo profesor galego Jorge Mira, Yonath explicou onte a este xornal que o seu obxectivo desde o principio foi "en¬tender o código xenético e como a través do ribosoma transfórmase a informa¬ción xenética en proteínas porque, senón o máis impor¬tante na vida, si é un proceso moi importante que quería entender".
Por iso é polo que se embarca¬ra nunha aventura de anos de décadas de traballo na que "a relevancia ou non do que se investiga é algo se¬cundario a nivel científico".
Grazas ao seu achado, trinta familias de antibióticos
Hoxe, aos seus 71 anos, ademais de converterse na cuarta muller na historia en re¬cibir un Nobel de Química, sabe que a súa investigación si foi moi relevante e, aínda que recoñece que "non se canto o será para os seus fillos ou os seus netos, eu obtiven un premio porque ese pro¬ceso está aplicado ós an¬tibióticos", ata o punto de que grazas ó seu achado desenvolvéronse trinta familias de antibióticos.
Respecto de como facer entender ás adminis¬tracións a necesidade de investir en ciencia, Ada Yo¬nath sinalou que "iso é o que me gustaría a min, saber como convencer ós políticos dos beneficios da ciencia para a sociedade".
Neste sentido, e tras re¬cordar que "a ciencia é un camiño a longo prazo, e o dos políticos non", suxe¬riu que talvez se lles poida convencer "dicíndolles que con iso se mellorarán as forzas armadas".
Preguntada nunha rolda de prensa sobre se o acceso á ciencia é máis difícil para a muller, dixo que "a ciencia non é cousa de hom¬es ou mulleres, está baseada na crítica da calidade do traballo; unha muller non sobe porque o diga o seu xefe, senón porque o seu traballo sométese a crítica e a comu¬nidade científica avalíao".
No seu caso, explicou que o tiven moi difícil porque era unha idea arriscada, non por ser muller, aínda que non se como terían reaccio¬nado de non selo".


Sara Velasco Martínez, 1ºA.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
O Concello de Ourense farase cargo dos primeiros gastos para arranxar a capela dos Remedios.
Serán os orzamentos do Concello de Ourense e non o Obispado, nin a Xunta de Galicia, nin tampouco a familia propietaria da capela de Vos Remedios, os que permitan acometer as primeiras obras para a rehabilitación do edificio, que o pasado 28 de xullo sufriu un incendio.

O bipartito municipal, PSOE e BNG, decidiu onte dotar un crédito extraordinario urxente para unha intervención de urxencia nesta capela, coa finalidade de «evitar un maior deterioro desta construción, que, xunto coa Ponche Vella, constitúe un ben de interese cultural».

A intervención ten un carácter previo á ejecución das obras de restauración da capela, que se acometerán de acordo cun proxecto da Xunta de Galicia.

Máis de 50.000 euros

A xunta de goberno decidiu dotar un crédito por importe de 52.000 euros, para unha intervención que se axustará a un proxecto específico para contornas protexidas, que contempla a retirada, elemento por elemento, da cuberta superior; a protección mediante pezas de seguridade dos principais elementos patrimoniales do templo, os restos dos altares e a instalación dunha cuberta provisional para preservar a estrutura desta construción.


Borja Pérez Fernandez, 1ºA
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
A presenza galega no festival de Xixón.

Óliver Laxe, Peque Varela e Ángel Santos cos filmes Todos vós sodes, Gato encerrado e Fantasmas #1, respectivamente, serán os tres representantes do novo cine galego na vindeira edición do Festival Internacional de Xixón, que se celebra do 19 ao 27 de novembro. Óliver Laxe compite na sección internacional coa súa primeira longametraxe, Todos vós sodes. E faino, ademais, con outras dúas producións españolas.
Gato encerrado (2010), o novo traballo de animación de Peque Varela, concursará no apartado de curtametraxes. Unha fábula de doce minutos sobre a sociedade contemporánea, onde os gatos con nove vidas teñen máis armas que os que veñen apenas con sete de recambio, que continúa a singular traxectoria de Varela.
Ángel Santos (Marín) presentará en Xixón a montaxe definitiva de Fantasmas #1 (2010). Ao longo dos nove minutos que dura o seu traballo, o cineasta pontevedrés esmiúza a súa memoria persoal e os procesos habituais de construción da identidade a través do arquivo fotográfico e fílmico da súa propia familia.


Antía Rivas Oural, 1ºA
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 30-10-2010 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
O museo coa obra de Arturo Baltar abrirá este Nadal
Os primeiros prazos dicían que estaría aberto a principios de 2009 pero finalmente, será en decembro de 2010 cando o museo de Arturo Baltar abra, por fin, as súas portas. Fai dúas semanas puxéronse en marcha os movementos para cumprir este prazo, co translado ó edificio rehabilitado das pezas do emblemático belén que dende 1982 cita nesta plaza cada Nadal a miles de persoas.
As pequeñas esculturas permanecerían no novo recinto cando se ultime a adecuación da capela, á que volverían tras esta preparación, nunha actuación que pretende realzar o conxunto da obra e que, ademáis, permitirá conectar directamente o museo coa capela. Esta situación é a que parece corroborar que finalmente o espazo esté acondicionado en decembro, después de varios prazos imcumplidos, dado que o propio artista era partidario de que o espazo se abrise ó público coincidiendo coas festas do Nadal.
O LEGADO DO ESCULTOR:
Segundo se explicaba cando foi coñecido o proxecto, máis alá do concepto museo, o edificio pretende albergar o legado artístico de Arturo Baltar dun modo aberto e participativo para a sociedade, no que o xardín exterior do inmoble podería servir tamén como complemento ós contidos do interior.
Así, mentres na capela permanecerá o belén, aínda que é probable que se produzan modificacións, as táboas poderían recolocarse noutro sitio, xa que non son frescos. No museo se instalará o legado artístico do escultor, que aglutina dende relevos e pequeñas esculturas ata retablos e escenas nas que se amosa a súa maestría para recrear ambientes que perviven na memoria dos ourensáns.

María Gutiérrez Álvarez 2ºBach. A
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Os presupostos de Educación recollen una caída do 50% en becas universitarias
O Departamento de Educación en 2011 con máis de 2.222 millóns de euros, 6,8% menos que en 2010. O xefe deste departamento, Jesús Vázquez, explicou no Parlamento as liñas xerais das súas contas, o que reflicte unha caída de case un 50% en bolsas de estudos universitarios, entre 3,35 e € 1.740.000. Vázquez suxeriuse que este é un erro técnico será corrixido cunha modificación, pero a oposición asegurou que o número de "caches, como as mortes ocorreron no ano pasado e non contributivas nas residencias coas decidiu que TiVo ou rectificar", como observou o Guillermo Meijon socialista.

Outros dous elementos que son os seus números están diminuíndo o transporte escolar (8%) e axuda á APA, para xestionar as cantinas, o 35%. No primeiro caso, o ministro rexional lembrou que o goberno conseguiu unha redución das facturas coas empresas, 7%, polo tanto, terá o mesmo servizo. Comensais da Xunta dependente, non obstante, terá máis recursos en 2010, 4,3%. En canto ao concerto, as escolas teñen 3,7% menos. As apostas de alta do Departamento para 2011 será de idiomas, novas tecnoloxías e da universidade. Vázquez dixo que o orzamento fose mellor se non fose para Zapatero decretazo e 2.500 millóns déficit deixado polo goberno anterior rexional.

Adam nacionalista Carme valores que poñen "mentiras, inglés e ordenadores" e criticou a redución de bolsas de estudo para aprendizaxe de idiomas para os alumnos a experiencia de traballo na formación profesional e estudantes universitarios. En canto á lingua de Galicia, solicitou ao Ministro Rexional "é unha lápida do galego para instruír en Castel galego UO vai." Guillermo Meijon, deputado socialista, tamén atacou duramente a linguaxe política afirmando que a Xunta "arranxa ou Tell RAG, pero da-la lingua derrubadas ou edificio." Outro dos aspectos máis criticados foron os dous millóns de euros en 2011 para traducir o libro en castelá pola aplicación do decreto do multilingüismo. O popular Roman Rodriguez eloxiou a prioridade que o Goberno da Xunta.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
O samaín en Ourense!
En vísperas do Samaín, non podemos perder a ocasión de falar dunha das festas con máis tradición popular, dende miles de anos. O samaín é unha antiga festvidade de orixe celta que foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.
Tamén está a festividade chamada Haloween, que procede do Samaín, aínda que é celebrada nos países anglosaxóns.e que nos derradeios anos está collendo importancia no noso país.
É por suposto a nosa cidade non se podía quedar sen celebrar este día, así que, mañá ás 12:00h día 31de outubro na praza da Imprentadarase a benvida á VI edición da xa tradicional festa do Samaín, continuará ás 17:00h cun obradoiro de cabazas e rematará ás 19:00h cando se comece a procesión das cabazas ata a Praza do Correxidor.


María Gabriela Cortés Díaz. 2º B bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
Mil revistas Nós para unha agardada celebración
A cidade de Ourense volta a ollada atrás nestes días para mirar con esperanza o futuro. Nun outono de hai noventa anos chegaba aos ourensáns, e a tódolos galegos, unha publicación que xuntaba os anceios e a esperanza duns mozos que co tempo, e cunhas traxectorias profesionais e intelectuais de grande prestixio, pasaron a formar parte da máis admirada e salientable historia de Galicia. A publicación levaba unha cabeceira sinxela e definitiva: Nós. E aquela publicación que contou entre os seus promotores con Risco e Antñon Losada Diéguez e que aglutinou o seu redos un equipo de intelectuales da valía de Pedrayo, Castelao, Cuevillas, Noguerol, e moitos outros, convertiuse co paso do tempo e os volumes publicados nunha colección de referencia para a historia e a cultura galega dende moitas e variadas perspectivas.
Ourense está celebrando o 90 aniversario da revista Nós, que saiu á rúa en 1920, e faino co obxectivo de recuperar o legado europeista e galeguista dos promotores da revista e da coñecida logo como Xeración Nós. Entre as inciativas que se desenvolven estes días e que foron presentadas onte no Concello cabe salientar a conferencia-coloquio que se celebrou onte no Ateneo de Ourense sobre a efeméride e o proxecto de recuperar o edificio onde naceron Otero Pedrayo e Risco(Rúa da Paz) e a edición dun fascímile do primeiro volume da revista Nós. A iniciativa corresponde ao Concello de Ourense, en colaboración coa Editorial Galaxia, e a tirada é de 1000 exemplares.
Na presentación dos actos o representante da Deputación, Francisco González, lembrou que esta institución xa organizara actividades en 1995 co gallo do 75 aniversario da revista e Luís Martínez-Risco incidiu no papel que deben xogar as institucións neste proxecto.



MARÍA GONZÁLEZ PÉREZ 2ºBACH B
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal