EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os concellos onde os homes son maioría creceron en 10 anos o 70%
«Somos poucas pero, non se equivoque, aquí mandamos as mulleres», advirte Carmen Colmenares, mestra e concelleira, única, en Cervantes durante os últimos 20 anos.


Para gran parte dos 68 concellos galegos en cuxo censo hai máis homes que mulleres, este desequilibrio demográfico contra natura é casi o último síntoma, o dato que certifica a súa fecha de caducidade. Non para todos, claro. Na lista hai casos con altos crecemientos vexetativos (Arteixo ou Marín) e outros que están aleatoriamente en torno ao 50%. Sen embargo, fai dez anos, as zonas con esta peculiaridade eran 47, o 70%. E, como agora, a maior parte estaban ubicados nas provincias de Ourense e Lugo.

A extensión deste fenómeno, vinculado á emigración e á despoboación, foi nesta década máis destacado nas provincias de Pontevedra e Ourense e mantivo a afectación máis acusada nas zonas de montaña, onde se atopan os concellos cos desequilibrios máis notables: toda a comarca dos Ancares, a maior parte da Fonsagrada e bastantes municipios do macizo Central ourensano. En Cervantes, a zona máis descompensada, a porcentaxe de mulleres está por debaixo do 44% e descende ao 41,3% na poboación de entre 15 e 65 anos.

Belén Sotelo García 1º Bacharelato B
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 31-10-2010 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Pilar García Negro gaña o premio de ensaio Vicente Risco cun traballo sobre a figura de Rosalía de Castro
A escritora e catedrática de Literatura Pilar García Negro é a gañadora do premio de ensaio Vicente Risco de Ciencias Sociais por un traballo sobre Rosalía de Castro titulado O clamor da rebeldía. O nacemento do ensaio na literatura galega contemporánea, simultáneo ao nacemento da conciencia de xénero: análise e interpretación de textos rosalianos .

O fallo, emitido onte na sede da editorial Sotelo Blanco, foi por unanimidade dun xurado que destacou da obra gañadora a madurez da reflexión que fai a autora da figura de Rosalía «non só como fundadora da literatura galega contemporánea senón tamén como membro dun colectivo que nunha situación totalmente adversa e de xeral desprestixio de Galicia e dos galegos soubo reivindicar a lingua galega e tamén a dignidade das galegas e galegos como pobo». Salientaron, ademais, a alta calidade dos textos que concorreron este ano, nomeadamente tres deles.

Os especialistas en distintas áreas de ciencias sociais que tomaron o acordo son o catedrático de Arqueoloxía Fernando Acuña Castroviejo, en representación do Concello de Castro Caldelas; a concelleira de Cultura de Allariz, Teresa Devesa Graña; o arqueólogo Luís Martínez-Risco Daviña, en nome da Fundación Vicente Risco; o catedrático de Filoloxía da USC Francisco Fernández Rei no da Fundación Sotelo Blanco; e Xosé María Aguileta Franco, que actuou en representación destas dúas últimas entidades, convocantes do certame xunto cos concellos de Castro Caldelas e o de Allariz.

Pilar García Negro, que se presentou baixo o lema « Firmiter in re, suaviter in modo», é a cuarta autora deste galardón nas súas quince edicións. Esta dotado con 6.000 euros e a publicación da obra por Sotelo Blanco Edicións.

Alejandro Prieto
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2010 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Un libro enxalza o termalismo en Galicia
O libro Os balnearios de Galicia. Orixe e desenvolvemento percorre a historia do termalismo en Galicia dende a época romana, “cando empeza a cultura da auga” dende as primeiras manifestacions do culto aos mananciais e as pegadas que, ao longo dos seculos, foron quedando do uso e explotacion dos establecementos termais no mundo antigo, as autoras tenden unha ponte entre unha practica milenaria e o termalismo e a balneoterapia, ata o século XXI, cando se produce un “renacemento” do sector no que se recupera o interese polas propiedades salutiferas dunhas augas unicas e privilexiadas.e a reivindicación da “calidade, cantidade e variedade” de augas mineromedicinais que existen no territorio galego.
Así o destacaron as súas dúas autoras, as doutoras en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) Raquel Casal e Silvia González, mestra e “avanzada discípula”, tal e como apuntaron en rolda de prensa. Na presentación desta obra, Casal resaltou a “dificultade” de escribir divulgación, sobre todo cando hai “falta de investigación científica neste campo”. Neste sentido, expuxo as súas “queixas” porque, segundo subliñou, os estudios arqueolóxicos adoitan producirlles “terror” aos donos dos balnearios e, ademais, as administracións “atrasan” estes labores con trámites e regulacións.
Pola súa banda, González destacou algunhas “das marabillas” que se poden atopar na comunidade galega, como o balneario de Lugo e As Termas de Ourense, que “sobreviven” dende a Idade Media. O xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor, avogou por “facer un esforzo” en diferenciar os meros spas dos servizos que presta o termalismo –con augas mineromedicinais–, posto que Galicia “lidera” este sector en España fronte a outras comunidades autónomas “de sol e praia”, abandeiradas nas instalacións de spa.

ester Fernández
Comentarios (3) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2010 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
A política social enfronta a Xunta e oposición no Parlamento.
Deputados do PSdeG e o BNG lamentaron a falla de “respostas concretas” do Goberno galego durante a Comisión 5º de Sanidade, Política Social e Emprego no Parlamento, na que se trataron cuestións sobra a Lei da Dependencia, o pago da productividade variable a xerentes do Sergas e a eliminación de centros exclusivos sobre cuestións sexuáis destinados os xóvenes.
Nunha comisión presidida polo popular Miguel Ángel Santalices, a que a deputada socialista Beatriz Sestayo calificou de escándalo, producíronse diversos momentos do enfrontamento entre a mesa da comisión e o Grupo Popular coa oposición. Unha das preguntas correu o cargo da socialista María Carmen Acuña, quén demandou datos sobre o pago “selectivo” dos complementos de productividade variable(CPV) dos cargos directivos do Servizo Galego de Saúde(SERGAS) no 2009 e 2010. Unha cuestión que criticou como un arma do actual Executivo autonómico para castigar as persoas nombradas polo anterior Goberno bipartito.
A isto, a directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Esperanza Fernández, respondeu que os CPV abonaron en función dos resultados da súa xestión, aunque evitaron contestar as preguntas de cantas persoas recibiron o complemento de productividade no 2009 o a cánto ascende o total do abonado.
En outa pregunta de Sestayo sobre a situación das xestións e trámites de promoción de autonomía persoal e dependencia encomendadas a empesas privadas, a directora xeral da Dependencia, Coro Piñeiro, resaltou que ningún procedemento de valoración e reconocimiento será privatizado.


Raquel Iglesias Meiriño
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2010 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Luís Seoane: creador polifacético
Co motivo do centenario do nacemento de Luís Seoane, un home polifacético no que se podían destacar diversas facetas como : editor, ilustrador, muralista , gravador , pintor, dramaturgo,...Organizáronse varias exposicións sobre a súa vida e obra recollendo desde varios puntos de vista a súa densa e larga traxectoria, unha delas organizada pola Fundación Caixa Galicia na Coruña , con máis de trescentas cincuenta obras e centos de documentos e fotografías.
Xosé Díaz, o comisario da mostra , organizouna partindo de lugares simbólicos, trazados non so pola posición xeográfica senón tamén polo territorio da memoria , indagar na ideoloxía do intelectual e na súa creación plástica.
Hoxe por hoxe é incuestionable que a labor realizada por Seoane , iniciada na vangarda da preguerra e consolidada despois no exilio , ten connotacións que traspasan o ámbito local , sen embargo , o interese que esperte a súa creación está reducida o ámbito galego e arxentino , circunstancia que se lle imputa , con razón , o réxime que durante máis de corenta anos silenciou en España calquera tipo de creatividade transformadora. Non como no caso de outros creadores estranxeiros como George Grosz, moi admirado por Seoane, cuxa obra tivo unha proxección, mais xeneral e extensa, mais universal
O que tenta esta mostra é amosar a riqueza da complexa personalidade deste creador plástico promotor de empresas culturais, deseñador, editor, escritor e xornalista, sen deixar de lado algo tan importante na súa vida como foi o activismo político.


María Álvarez Álvarez
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2010 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
O GALEGO. A NOSA LINGUA, A NOSA MARCA DE ENTIDADE, A NOSA ESENCIA.
Maruja, residente do Grove.
Cóntanos a historia do galego o longo da súa vida, cómo influiu nela. ¿Qué sentimos o falar galego? ¿De que forma marca as nosas vidas? Maruja leva toda unha vida falando en galego, dende que naceu no Grove en 1922. O seu neto Gonzalo fala con ela e mais co seu curmán Antón, de 11, que é o único neno que fala galego do seu colexio en Santiago.
¿Qué fai a xente como Maruja? ¿Qué opinamos nos desto?
Paréceme un vídeo marabilloso e cargado de optimismo. Non creo que haxa maneira máis clara e máis simple de explicar o que o galego significa para Galicia. Gracias a xente coma ti, Maruja, aínda hai hoxendía quen respete e queira o idioma. Noraboa!
Parabéns Maruja! Por esa vitalidade, enerxía e amor á nosa lingua!!!
Maruja, grazas por tanto bo falar.Cousa bonita!
Maruja, avoa dunha amiga da miña nai. Unha auténtica avoa galega, disposta a loitar pola súa lingua. Non deberiamos nos facer o mesmo?
Contacto con ela by facebook: Maruja Iglesias Franco.

Rocío Fernández Fernández
Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2010 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Brais Rodríguez gaña a sexta edición do premio Castelao de banda deseñada
Brais Rodríguez mete os personaxes nunha guerra e deixa que reaccionen a súa maneira. Eles mesmos son os encargados de construír un alegato antibelicista, que se move no moderno, porque o estilo que o debuxante emprega ten que ver coa banda deseñada máis nova, de trazo eficaz.
O premio Castelao, convocado pola Deputación, detense na súa sexta edición na obra “A man do diaño”, dun autor coruñés que comezou a facer xermolar a idea de conflito vencellado ao home hai tempo, para darlle forma a través de tres protagonistas cunha misión non ética por diante, deseñados para responder de forma diferente ás situacións que se lles presentan no fronte.
Un xurado composto polo presidente da institución provincial, Salvador Fernández Moreda; a deputada responsable de Cultura, Caridad González-Cerviño, e os expertos Ángel de la Calle e Carlos Portela, xunto ao comisario, Miguelanxo Prado, decidiron premiar o cómic polo uso acertado dos recursos narrativos, que lle dan a forza necesaria para converter unha anécdota sinxela, “nun relato ucrónico e un alegato humanista e antibelicista”.
Brais Rodríguez sinalaba que a intención estaba en plasmar co lapis o punto de vista humano e forzar aos personaxes de personalidades moi distintas a toparse con trances complicados, que precisan dunha resposta.
O autor destacaba a importancia do premio en si, que de seguro lle vai a motivar para seguir a crear viñetas, un mundo difícil ao igual que as demais manifestacións artísticas, aseguraba. O gañador comezou a trazar historietas con 19 anos para perfeccionar a súa técnica na facultade de Belas Artes e pensar no cómic como unha actividade seria.

Alba Muñoz López , 2º BACH B
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia recortou o dobre de paro co seu 'efecto Xacobeo'

6.500 desempregados menos este verán volven deixar o total por debaixo do teito dos douscentos mil. O recorte do 3,22% é 1,5 puntos mellor que a media estatal, aínda que a maioría son contratos temporais. Ao sol que máis quenta, os raios do efecto Xacobeo, Galicia volveu ser capaz de superar de novo a España en materia laboral. Fíxoo durante o terceiro trimestre, nos meses de verán, segundo datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), que detalla a desaparición de 6.500 parados galegos, un 3,22% menos que no segundo trimestre. No conxunto do Estado, o recorte limitouse nos meses estivais ao 1,52%, con 70.800 desempregados menos. A comunidade logrou descender da cota das duascentas mil persoas sen traballo (195.300), mentres o número total de españois sen ocupación se situaba en 4.574.700. Non hai dúbida de que o impacto das bendicións do Ano Santo no sector turístico impulsou as contratacións no sector servizos. Todos os sectores incrementaron a actividade e o emprego, a excepción da industria. Todo iso propiciou que mentres España se enfronta a unha taxa de paro do 19,79%, demasiado preto do temido vinte que se prevé superar ao peche do ano, Galicia aínda non se chegue ao quince, pechando o trimestre no 14,86%.
Non obstante, fontes sindicais de UGT Galicia advertían onte do aumento da temporalidade que supón este tipo de contratacións ligadas á campaña de verán, e recordaron que Galicia "é a primeira comunidade autónoma en incremento do desemprego en termos interanuais". Así, fronte ao terceiro trimestre de 2009, o paro creceu en 33.100 persoas, ou 20,4%; é o dobre da media española, onde o número de persoas sen emprego aumentou un 10,95%, incrementando en 451.400 persoas o número das persoas que buscan unha ocupación.

Christian García
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Os III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia ‘Variacións sobre a lectura’ reúnen a máis de 1.100 persoas
Máis de 1.100 persoas reúnense esta fin de semana nos os III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia, que se celebran ata mañá no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. O subdirector xeral de Centros, Francisco Castro, inaugurou hoxe estes encontros, organizados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Neste acto, o subdirector xeral de Centros agradeceu aos presentes “o voso interese na formación continua, que manifestades ao asistir a esta actividade coma esta”. Ademais, destacou o éxito da xornadas que, desde a primeira vez que se celebraron “veñen convocando en Compostela a un número cada vez maior de profesoras e profesores interesados por mellorar a súa formación, dispostos a reflexionar xuntos e compartir experiencias e coñecemento arredor do tema da lectura e das posibilidades da biblioteca escolar, como recurso para unha ensinanza de calidade”.
Neste sentido, o subdirector xeral de Centros explicou que a Consellería está a desenvolver unha estratexia de fomento da lectura, a través de diversos programas, co fin de converter as bibliotecas escolares en centros de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe. Así, adiantou que o orzamento previsto para o vindeiro ano 2011 pola Consellería de Educación para bibliotecas escolares e fomento da lectura supera os 2,3 millóns de euros, o que supón multiplicar por dous os recursos destinados a este fin, “á vista da excelente acollida que están a ter entre as comunidades educativas todas as iniciativas que se levan a cabo neste ámbito, e a necesidade de apoiar ao profesorado que está traballando nelas”.
Baixo o lema ‘Variacións sobre a lectura’, estas xornadas constitúen unha oportunidade para a difusión de experiencias que se están a levar a cabo en centros escolares galegos arredor da lectura. Así, trátase dun punto de encontro do gran colectivo galego das bibliotecas escolares para seguir ampliando as posibilidades de colaboración nun eido de tanta importancia en tempos de mudanzas tecnolóxicas.

Fátima Carballo
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2010 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Manuel Fraga, premio Otero Pedrayo
O ex presidente da Xunta e senador, Manuel Fraga Iribarne, foi elixido, por unanimidade do xurado, gañador do premio 'Otero Pedrayo', pola súa achega a Galicia.

O xurado, que se reunión este martes, estivo formado por representantes da Xunta de Galicia, das catro deputacións galegas, das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña e da Real Academia da Lingua.

A proposta do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán elixiuse "a figura e a traxectoria" de Manuel Fraga. "É unha proposta sorprendente que pode ter moitas lecturas", asegurou Louzán.

En todo caso, matizou que "o pensamento dos membros do xurado destacouse a achega á cultura de Galicia que traspasou todas as fronteiras. "Non entramos no tema político", sinalou.

"LABOR INDISCUTIBLE"

"O labor de Fraga é indiscutible", explicou Louzán, quen destacou que "Galicia sempre estivo no centro da súa vida e obra con múltiples traballos publicados e exhaustivos estudos".

Da súa extensa obra literaria o xurado destacou aqueles títulos dedicados a Galicia como son 'De Santiago a Filipinas', pasando por 'Europa' (1988), 'Galicia onte, hoxe, mañá' (1989), 'Galicia en España e en Europa' (1990), 'A cultura galega, pasado, presente e futuro' (1990), 'Alvaro Cunqueiro: dous discursos' (1991), 'Galicia no concerto rexional europeo' (1991), 'A Galiza e Portugal non marcou europeo' (1991), 'De Galicia a Europa' (1991), 'A Galicia do ano 2000' (1993), 'Administración única: unha proposta desde Galicia' (1993), 'Dá acción ou pensamento' (1993), 'Galicia fin de milenio' (1997) e 'Final en Fisterra' (2006).

"Creo que Fraga supuxo unha gran sorpresa cando, despois de gañar as eleccións autonómicas, aqueles que esperaban unha política centralista viron que, porén, era todo o contrario, apoiandose no galeguismo moderado incorporou ao proxecto da Xunta a distintos e valiosos nomes", reflexionou Louzán.

Entre os seus méritos o presidente da Deputación de Pontevedra engadiu a primeira Lei de Normalización Lingüística, a recuperación e potenciación mundial do Camiño de Santiago. O premio Otero Pedrayo está dotado con 30.000 euros.

DATOS BIOGRAFICOS

Manuel Fraga Iribarne, nado no municipio lucense de Vilalba o 23 de novembro de 1922, presidiu a Xunta de Galicia entre 1990 e 2005.

Ademais foi ministro de Información e Turismo entre 1962 e 1969 con Franco, así como vicepresidente do Goberno e ministro da Gobernación inmediatamente despois da súa morte, entre decembro de 1975 e xullo de 1976, baixo a presidencia de Carlos Arias Navarro.

Fundador do partido Reforma Democrática, embrión de Alianza Popular e pola súa parte do Partido Popular, foi un dos pais da actual Constitución Española de 1978. Liderou a oposición a Felipe González durante os anos 80.

Carmen Selina Meire Pérez
Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 30-10-2010 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal