Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia bate o récord da pandemia en relación cos positivos detectados nun só día
Galicia bate o seu propio récord da pandemia con 798 novos contaxios detectados por proba PCR nas últimas 24 horas, unha cifra que supera os 785 casos detectados, que foi a anterior máis alta que o Sergas notificara.

Segundo consta este sábado, 9 de xaneiro, na web de datos da pandemia da Consellaría de Sanidade,o crecemento das novas infeccións sostense en todas as áreas sanitarias salvo na de Ferrol, que baixa a 28 positivos detectados nun día.
En canto ao resto, a área sanitaria de Vigo disparouse até notificar 209 novos contaxios por coronavirus, 143 máis ca os do día anterior. A da Coruña-Cee subiu en 47, até os 171; mentres que a de Santiago-Barbanza rexistrou 169 positivos, 30 máis.
Con todo, a pesar do aumento dos contaxios e os casos activos, a presión hospitalaria reduciuse lixeiramente no último día ao descender en oito o número de pacientes ingresados en planta, até os 342, aínda que en unidades de coidados intensivos a cifra non variou e mantense en 63. En total, Galicia ten 405 persoas diagnosticadas de coronavirus nos seus hospitais.

Sabela Alonso Crespo
1º A BAC
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-01-2021 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
O xuíz dita liberdade vixiada e afastamento para os catro menores que agrediron a outro en Barcelona
O ataque converteuse en viral ao difundirse o vídeo do asalto nas redes sociais

Un xuíz de menores acordou impoñer a liberdade vixiada e a prohibición de achegarse á vítima aos catro menores detidos por acurralar e agredir a un menor en Barcelona, ao que tamén roubaron o móbil e unha cadea.Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña ( TSJC), o titular do Xulgado de Menores número 3 de Barcelona acordou onte impoñer como medidas cautelares aos catro detidos, tres mozos e unha moza, a liberdade vixiada e a prohibición de aproximación e comunicación coa vítima. A Fiscalía de menores de Barcelona ten aberto un expediente por esta agresión, que se converteu en viral ao difundirse o vídeo do asalto polas redes sociais, polos delitos de roubo con violencia e intimidación e lesións, informa Efe.

Os Mossos d'Esquadra detiveron a catro dos supostos agresores dun menor que o pasado 3 de xaneiro foi acurralado e golpeado por un grupo de mozos que lle roubaron o móbil e unha cadea.A policía catalá, que xa recuperou o móbil subtraído e devolveuno á vítima, identificou tamén ao resto de membros do grupo que o pasado domingo atacaron ao menor, de 16 anos, preto de Can Batlló, no barrio de Sants de Barcelona.

Valeria Labandeira Reimondez
1º BACH A
Nº7
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-01-2021 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
Regreso ás aulas: o peor é non xogar e non poder apertarnos
Entorno a 30000 escolares ourensáns que onte volveron á aula tras as vacacións de Nadal. A onda de frío Filomena, un reto máis ao que se adaptan con facilidade.
É certo que a capacidade de adaptación dos
nenos é asombrosa. Saúdo a dous metros, xel
hidroalcohólico á entrada do colexio, fila india e
espera ao toque do mestre para subir as
escaleiras e sentarse no pupitre asignado. A máscara, durante 6 horas. Fora bate a onda de frío Filomena, pero a ventilación é obrigada. Os máis pequenos mecanizaron todas as medidas sanitarias e a volta á aula do segundo trimestre, que arrancou onte, nada ten que ver coa incerteza e os medos de setembro. Ás 9,30 da mañá, o primeiro quenda de Primaria do Colexio Plurilingüe Divina Pastora (Franciscanas) xa sacaba os libros na aula para repasar contidos. Adrián Cordero, titor de 4o A de Primaria neste centro educativo da cidade, recibía aos seus alumnos despois dos 15 días de vacacións de Nadal.
“Aínda estabamos en dúbida de se ían empezar hoxe ou o luns as clases, pero os rapaces tamén teñen que ter o seu período de adaptación”, explica o docente en relación ao retraso do inicio escolar barallado fai semanas pola Xunta e que finalmente descartouse.
Ana María Cid Borrajo. 4º ESO A.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-01-2021 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Unha viaxe ao sabor da Costa da Morte: percebe do Roncudo

A evocadora toponimia da Costa da Morte ten na Punta do Roncudo un dos seus mellores exemplos: un lugar onde o mar bate con tanta forza que o seu rouco son lle dá nome ao lugar. Xusto nese punto de abrupta paisaxe, dominada pola afiada rocha dos cantís e o océano Atlántico, é onde nace o mellor percebe do mundo.
Ao igual que acontece con outros puntos da comarca, o Roncudo é un lugar complicado para as persoas que traballan no mar: incontables naufraxios e accidentes teñen marcado este punto nas cartas marítimas ao longo dos séculos, dando máis valor se cabe aos produtos que se obteñen desta localización do litoral coruñés.
A Costa da Morte sabe a mar e, dentro da ampla variedade de mariscos de calidade que ofrece a gastronomía da comarca, o percebe do Roncudo é o seu máximo expoñente.
O seu gusto lembra ao bravo océano e á sensación de humidade e salitre que se percibe nas vilas mariñeiras que salpican o litoral desta comarca.
Pola zona existen diversos establecementos nos que descubrir as especialidades locais, que tamén son protagonistas das súas respectivas festas de exaltación. No caso do percebe do Roncudo, a súa celebración ten lugar no mes de xullo.
Xusto enriba da praia da Arnela atópase o restaurante Miramar, onde se poden degustar algúns dos froitos do esforzo das xentes que viven da pesca e o marisqueo. 
O produto local destaca pola intensidade do seu sabor, a súa fisionomía ancha e maciza e a viveza das súas cores. Estes singulares atributos veñen dados polas condicións do mar no Roncudo: ao estar situado na boca da ría, onde o mar bate con forza, os exemplares desenvolven unha gran musculatura para adherirse á rocha. Moitos son os que se achegan ata Corme para visitar o Roncudo e degustar o seu produto estrela. 



Silvia Martínez Pedrouzo 4 ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-01-2021 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
BAIXAS TEMPERATURAS
O sur da provincia de Ourense estará en aviso laranxa por frío, espéranse temperaturas inferiores aos -8 graos. A tormenta Filomena continúa o seu movemento cara ao golfo de Cádiz.
As localidades ourensás de Calvos de Randín, Baltar, Viana do Bolo e Manzaneda rexistraron nas últimas horas temperaturas inferiores aos 10 graos baixo cero... Na estación meteorolóxica de Manzaneda, situada por riba dos 900 metros, tamén se alcanzaron temperaturas inferiores aos 10 graos baixo cero. En concreto, os termómetros caeron a 10,2 graos negativos.
As altas presións situadas ao norte das Azores continuarán proporcionando aire frío, cun vento do nordés. Prevese que as precipitacións sexan de neve en niveis situados nos 400 ou 500 metros. Pola súa banda, as temperaturas non terán cambios significativos, polo que as xeadas no interior e a sensación de frío continuarán durante o día.

MARÍA FERREIRO RODRÍGUEZ 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-01-2021 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
A semana que ven comeza o club lector
Tras unha pausa nas vacaciós, o club lector francercano comezará o vindeiro mércores coa continuación da lectura do casamento do ceo e do inferno. Este relato de William Blake foi comezado polos estudiantes antes do nadal. Comeza polo argumento, un poema tétrico, segue por un capricho memorábel e o último lido foron os proverbios do inferno. Os alumnos de 4º da ESO están esperando o momento de vover.
Candela Vidal- 4º ESO C
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-01-2021 18:10
# Ligazón permanente a este artigo
O asalto ao capitolio
Os partidarios do presidente Donald Trump reuníronse o mércores en Washington para
expresar a súa frustración pola vitoria de Joe Biden nas eleccións de novembro por suposta
fraude electoral da que non hai probas.
Despois dun discurso do presidente, que volveu insistir na súa teoría da fraude, os
manifestantes acudiron ao Congreso e invadírono, vandalizando oficinas e roubando materiais.
Cinco persoas morreron dentro e fóra do Congreso, incluído un policía atacado pola multitude.

CELIA VARELA LOSADA 1 BACHARELATO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-01-2021 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
O vestido máscara de Pedroche nas badaladas.
Tras Noitevellas sorprendendo con deseños rompedores, Cristina Pedroche recibiu ao 2021 cunha vestido "máscara" e abrigo "edredón", unha homenaxe á xente que permaneceu en casa.
Inspirándose nunha máscara, Nacho Aguayo, director creativo dos deseños de muller, creou unha vestido xoia "que se suxeita ao corpo cunhas colas de rato que simulan as tiras das máscaras".
"Cristina quería levar luz e esperanza a todos os españois", engadiu Aguayo, quen considera que confeccionar este deseño é unha "oportunidade para homenaxear a todos os que se quedaron en casa".
Recoñece que foi unha decisión difícil porque "sempre haberá plausos e críticas", pero tamén sente orgulloso e afortunado: "Foi unha bonita forma de pór un broche de ouro a un ano horrible".

Marco Antonio Toledo López 1º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-01-2021 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
Marca de contaxios desde o inicio da pandemia
Marca de contaxios nun día desde o inicio da pandemia. Entre as 18 horas do xoves e as
18 horas do venres houbo 914 novos positivos. Deles 798 confirmáronse por PCR. A
escalada é importante, porque nos últimos tres días o número de contaxios diarios estaba
por amais dos 650, pero nunca superara a barreira dos 700. A comunidade regresa deste
xeito á situación previa á implantación do modelo duro de restricións a principios de
novembro, cando se estaba producindo ao redor de 700 contaxios diarios.
Noa Fernández Rodríguez
1° bach B n°6
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-01-2021 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
O GOLPE DE NEVE SORPRENDE A LEPOEDER
Unha pequena avalancha sorprendeu este venres a un esquiador no Collado de Lepoeder nos Pirineos, preto de Roncesvalles.

Finalmente, todo foi un susto, pero o vídeo do incidente foi entregado aos bombeiros para avisar do risco de avalanchas.

Os bombeiros recordaron a través de Twitter que as condicións nas montañas de Navarra non se asemellan ao normal debido á cantidade de neve e ao intenso frío e instaron á poboación a ser cautelosa.
Pablo Rodríguez 1º B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-01-2021 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0