Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Carolina Marín comeza o ano ao grande: triunfo no Aberto de Tailandia
A española, con Tokio como obxectivo, derrotou na final á taiwanesa Tzu Ying Tai e dedicoullo ao seu pai falecido en xullo: «Quéroche papi».

«Quéroche papi», dixo Carolina Marín dirixíndose á cámara ao final do partido. Acababa de gañar o primeiro torneo do ano e brindaba así o título ao seu pai, falecido o pasado mes de xullo. Unha dedicatoria tan emotiva como especial.

A española, vixente campioa olímpica, comezou 2021 da mellor maneira posible, reinando no torneo de Tailandia e gañando na final á número 1 do mundo, a taiwanesa Tzu Ying Tai.

O resultado da final, 21-9 e 21-16 en 42 minutos, fala ben do xogo despregado pola campioa española que saíu moi agresiva e disposta a que a vitoria fose súa. Desde o primeiro punto Marín dominou o xogo e non deixou de apertar ao seu rival, que se viu superada pola enerxía e determinación da española.

Falar de que o primeiro set foi un paseo #ante a número 1 do mundo podería parecer xactancioso pero o 21-9 despexa calquera dúbida respecto diso. Na segunda manga, Tai tentou recompoñerse pero Marín apenas a deu opcións ao manter o ritmo do partido.

Con esta vitoria Marín inicia o ano da mellor forma posible e recibe unha lombeirada para os seus dous grandes obxectivos, os JJOO de Tokio e o Mundial de Huelva.

"Quería demostrarlle desde o principio que desexaba a vitoria", declarou tamén a campioa do torneo. Tai Tzu- ying admitiu o bo partido da súa adversaria: "Carolina sempre é rápida e agresiva. Ese é o seu estilo de xogo. Presionoume moito", recoñeceu.


Luís Manuel Fernández Carrasco
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-01-2021 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
MORRE SERGI MINGOTE
Este sábado 16 de xaneiro mentres baixaba do seu último reto, morreu o alpinista español Sergi Mingote. O alpinista estaba a descencer o famoso K2
en inverno un reto case imposible mais ao alpinista de 49 anos e con moita experiencia. Cando descendía coa súa expedición esvarou e
caeu case 700 metros en 10 minutos cando o normal e tardar sobre 45, cando chegou os seus compañeiros, Sergi estaba inconsciente e con diversas fracturas, por máis que intentaron axudalo non pudieron facer nada por salvar a súa vida.

Alejandro Santás
1º A Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-01-2021 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
En febreiro as ucis galegas estarán máis cheas que no peor da primeira onda

Un dos grandes problemas desta terceira onda é que chegou cando a segunda aínda non se había ir. O confinamento de marzo e abril deu marxe ao sistema asistencial para recomporse, pero cando os infectados que empezaron a ter síntomas en vésperas do Nadal (consecuencia da relaxación das restricións a principios de decembro) plantáronse na porta do hospital, esta vez había cola. Non dera tempo a coller forzas nin tampouco a facer sitio: as plantas e as ucis nunca chegaron a baleirarse dos pacientes covid de despois do verán. Cando esta nova remesa empezou a ingresar, o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), o máis afectado con diferenza de toda Galicia, tiña un remanente duns dez pacientes en críticos e uns 18 en planta; agora os seus enfermos graves de coronavirus ocupan o 78 % das camas de uci e seis plantas enteiras de hospitalización foron habilitadas exclusivamente para eles. No conxunto da comunidade, só nas últimas 24 horas ingresaron nalgún hospital 50 persoas máis con diagnóstico positivo. Hai 505 enfermos en planta e outros 90 en coidados intensivos. Aínda que o pico alcanzado en abril -178 en ucis- aínda está lonxe, a progresión xa é preocupante.


Alejandro Fernández Blanco
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-01-2021 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
Nieves Cabo , primeira persoa que completa a fase de vacinación en Galicia.
Nieves Cabo a primeira en ser vacinada contra o COVID-19 en Galicia, estrea este domingo a segunda fase de vacinación nas residencias de mayores , que comeza polo mesmo centro no que se administraron as primeiras dosis da vacina.
Ata o momento , según os datos do Sergas este sábado , administráronse 49.768 vacinas en Galicia , a maioria en residentes e traballadores de centros de maiores .

Lucia Ferreiro
1º A Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-01-2021 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
Amplíase até abril a recollida de apoios á iniciativa para mellorar a programación infantil e xuvenil en galego

A Mesa anuncia que o Parlamento aumentou até o 2 de abril o prazo para as
persoas interesadas poidan asinar os pregos oficiais en estabelecementos de
toda Galiza.
A Mesa pola Normalización Lingüística anuncia a ampliación até  2 de abril da
recollida de sinaturas para a Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular ao
Parlamento de Galiza para instar ao goberno galego a tomar as medidas
precisas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e
á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle "Xabarín", con
programación atractiva, actual, educativa e de produción galega dirixida ao
público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todas as plataformas dixitais, así como
nunha App actualizada para todos os dispositivos e que conte ademais con
programas e xogos.
As persoas interesadas en amosar o seu apoio, poden asinar os pregos
oficiais en ducias de estabelecementos de toda Galiza.


Carmen Cabrera Dorrío
2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-01-2021 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
Catorce razóns para vacinarse
A campaña de vacinación fronte ao virus causante da Covid-19 está en marcha. Pero a eficacia das vacinas non depende unicamente dos científicos. Tamén depende de nós. Por que me vou a vacinar?


1. Polas persoas que me rodean: mulleres embarazadas, nenos pequenos, xente maior, etc.. Se non me vacino, estou a poñer en perigo a todas esas persoas.
2. Porque no ensaio clínico de fase 3, esta vacina foi xeralmente ben tolerada e o comité independente de seguimento de datos non atopou problemas graves de seguridade.
3. Porque non queremos que sigan falecendo moitas persoas queridas, que a economía siga a escachar e que a pobreza siga a medrar.
4. Porque prefiro a ciencia ás trolas. Síntoo, non estou disposto a permitir que a xente enferme e faleza ou teñan secuelas porque algún famoso ou influencer pense que hai algo secreto tras a vacina.
5. Porque gozo nadando no mar e na piscina. Quedando con amigos, véndonos as caras. Quero que este verán sexa o máis normal posible e recuperar o ano perdido.
6. Porque na Axencia Europea e na Axencia Española do Medicamento traballan profesionais que non teñen ningún interese en enganar.
7. Porque as vacinas son un dos maiores logros da humanidade. Os virus non van desaparecer pero as vacinas son as nosas aliadas.
8. Porque será unha experiencia comunitaria e solidaria: esperar a nosa quenda, asegurarnos de que as persoas que máis o necesitan a reciban primeiro, facer algo como país dunha vez, ver como construímos a inmunidade colectiva entre todos.
9. Porque seremos a primeira xeración en darlle unha boa puñada á Covid-19 para que outras xeracións o teñan máis doado en pandemias futuras.
10. Porque os médicos e enfermeiras estiveron soportando unha carga moi dura. Porque se está a abusar dos “traballadores esenciais”.
11. Porque a evidencia proporcionada polos datos dos ensaios clínicos suxire con solidez que as vacinas reducirán os contaxios.
12. Porque os efectos secundarios mais comúns non son nada que non experimentemos nas nosas vidas. Incluirán algunha dor leve, un pouco de inchazo na zona da inxección.
13. Porque a aparición de reaccións alérxicas foi un dos factores controlados no ensaio clínico de fase 3 desta vacina Pfizer / BioNTech Covid-19. Segundo eses datos houbo un número moi pequeno de reaccións alérxicas.
14. Porque o plan de farmacovixilancia para as vacinas Covid-19 establece como a Axencia Europea e as autoridades nacionais competentes dos Estados membros da UE identifican e avalían con prontitude calquera información nova que xurda, incluídos os sinais de seguridade que sexan relevantes para o balance beneficio-risco destas vacinas
Se estes candidatos a vacinas fallasen, estariamos nunha situación extremadamente complicada. Se as vacinas tivesen unha efectividade do 50%, como as da gripe, estaríamos desanimados e frustrados. Tardariamos máis en alcanzar o nivel de inmunidade necesario para volver á normalidade.
Non esquezamos que a humanidade somos todos. Non só os países ricos. Tanto por solidariedade como por seguridade hai que asegurar que se vacinan canto antes todos os países, ricos ou pobres. Por iso, non é dabondo coas vacinas que xa están aprobadas. Fan falta máis.


Silvia Martínez Pedrouzo 4 ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-01-2021 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
As novas restricións deixan baleiras as rúas da cidade de Ourense:

A evolución da pandemia preocupa entre os veciños dos municipios máis afectados, que optan por autoconfinarse.
As novas restricións aplicadas por Sanidade esta mesma semana entraron onte en vigor en toda Galicia. Allariz, Barbadás, Monterrei, Xinzo, O Carballiño, Ourense e Verín inauguraron o nivel máximo de limitacións, que afecta especialmente á hostalaría e ao comercio local. Súas rúas, mentres, baléiranse polos temores ante os novos contaxios, que levaron a moitos a autoconfinarse.
Ourense e Barbadás entraron no nivel máximo de medidas restritivas, despois dunha semana baixo limitacións do tipo medio alto. “Esta semana xa notamos os efectos do peche ás 18,00 horas da hostalaría, a xente sae menos porque non pode logo ir a tomar algo”, laise Sandra Merens, da zapatería Pasiños da cidade. “A xente non ten ganas de comprar...Non consume, da igual que lle poñas rebaixas ou non”, sinala María Inés Araújo, da tenda de roupa Brother de A Valenzá, que asegura que a época do nadal non arranxou as contas.
Os meses de xaneiro e abril soen ser meses “malos” para o comercio, pero este ano tamén se nota o efecto da pandemia. “Moitas tendas terán que pechar, normalmente afrontas eses meses despois da campaña de nadal, de gañarlle algo. Pero agora...”, di Araújo.
O incremento constante de casos activos non axuda. Merens cre que “quizais” o mellor sexa outro confinamento: “É a única forma de que pare, está claro que non é o mellor, aínda que sexan 15 días, aféctanos a todos”. Aida Franco, veciña da cidade, pide máis restricións. “Na rúa temos moitas máis limitacións ca na Universidade, por exemplo. Estamos todos na clase xuntos, e non sempre hai moita distancia entre uns e outros, apunta.
Ana María Cid Borrajo. 4o ESO A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-01-2021 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
As Letras Galegas 2021 para Xela Arias
A poeta e tradutora viguesa Xela Arias será a homenaxeada en 2021 pola Real Academia Galega ao dedicarlle as Letras Galegas.. A institución quere así render tributo a “unha voz singular da xeración que anovou nos anos 80 a poesía galega en temas, estilo e forma”.
A Real Academia Galega tamén quere recoñecer “o seu labor pioneiro na tradución ao galego de clásicos universais e como editora”.
Xela Arias será a quinta muller á que se dedica as Letras Galegas, dun total de 58 homenaxeados.
A RAG valora non só a faceta literaria de Xela Arias. Tamén quere aplaudir “a dimensión pública e comprometida da vida e da obra da autora”, xa que prestou a súa voz en mobilizacións cívicas, coma as do “Prestige”, e tomou sempre posición a favor da lingua galega, non só como poeta. Como parte do equipo de Edicións Xerais, onde traballou dende 1980 a 1996, contribuíu ao proceso de fixación da norma do galego.
Este ano dedicarémoslle da mellor forma posible o día das Letras Galegas.
María Ferreiro- 4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-01-2021 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
A primeira sesión do club lector do trimestre
Esta semana foi a primeira na que se reuníron os participantes do club lector francercano, virtualmente. Leron " o casamaento entre o ceo e o inferno". Esta foi a lectura máis complexa lida ata agora, debido á época do texto e a complexidade dalgúns termos. O que mellor entenderon os alumnos de 4º da ESO foron os proberbios do inferno.
Debido a que era o primeiro día, faltaron moitos dos participantes, porque non se enteraron, esperemos que o mércores que ven sexamos máis para estrear texto.
Candela Vidal- 4º ESO C
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-01-2021 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Amazon Prime Vídeo estrea unha serie sobre o Camiño de Santiago
Construída sobre recordos, vivencias, pequenos pobos con encanto e, en especial, sobre a unión de diferentes culturas, a serie 3 Camiños, que Amazon Prime Vídeo estrea o 22 de xaneiro, convida a embarcarse na aventura do Camiño de Santiago.
A serie, con Álex González e Verónica Echegui entre os seus protagonistas, narra a historia de como o Camiño se converte en punto de encontro de cinco persoas doutras tantas nacionalidades diferentes cuxas vidas serán contadas a través do tres ocasiones nas que, xuntos, fan esta ruta. 2000, 2006 e 2021 son o tres anos nos que a evolución da relación entre este quinteto de personaxes quedará ao descuberto. O cinco protagonistas, cada un coas súas virtudes e os seus defectos, os seus medos e preocupacións, enfrontaranse aos obstáculos, desgustos e alegrías que o Camiño lles irá pondo diante.
Marco Antonio Toledo López 1º BACH B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-01-2021 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0