Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O BALÍN QUE SE CRAVOU NO OMBREIRO DO MEU FILLO PUIDO SACARME UN OLLO A MIN

Os vecinos do barrio de Caranza,en Ferrol,están sobresaltados polo incidente ocorrido sobre as sete da tarde do mércores,cando tres persoas foron alcanzadas por balines na rúa.Os feitos ocorreron na avenida de Castelao,á beira da parada dos taxis.
Os feridos foron un xoven de 18 anos ao que se lle incrustou un balín no ombreiro,un home que estaba preto de alcanzalo no peito e una muller que recibíu un impacto nun pé.

Lucía Forneiro Meréns 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2019 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
Duplo asasinato
A avogada de 48 anos morto por feridas de coitelo nunha casa de Zaragoza defendeu en 2003 o seu presunto atacante, de 50 anos, por disparar á súa esposa en La Puebla de Híjar (Teruel).
Así o confirman as fontes de Efe do Colexio de Avogados de Zaragoza, que non especificaron a relación que actualmente vinculaba a avogadaa, Rebeca Santamalia Cancer e o seu presunto asasino, José Javier Salvador Calvo, cuxo corpo tamén se atopou esta madrugada en Teruel, aparentemente despois de ser arroxado ao baleiro do viaduto.


Camilo Blanco 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2019 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
Os Reis Magos regresaron a Taboadela sobre dúas rodas
Primeiro foi a comunidade educativa do colexio de Seixalbo e agora os Moteiros Solidarios de Galicia. A familia que perdeu o seu fogar ao arder as caravanas nas que vivían no concello de Taboadela recibiron unha mostra máis de cariño. Neste caso de persoas que non os coñecen pero que quixeron pór o seu gran de area, xa que non é a primeira vez que participan en accións solidarias. Nada máis saltar a noticia, este grupo ourensán púxose ao choio e empezou a reunir roupa para toda a familia, o matrimonio e os seus dous fillos, o máis urxente. Pero non só iso.
Cando souberon que o neno maior do matrimonio, de 9 anos, perdera os seus agasallos de Papá Noel entre as chamas, poucos días despois de recibilos, decidiron que iso non podía quedar así. Que este ano, a cambio, terían Reis magos por partida dobre. Conseguiron recoller nunha gran caixa diferentes xoguetes, como peluches, balóns ou xogos de mesa para que suplan parte da decepción do pequeno. Pero tamén houbo para os maiores.

Os Moteiros Solidarios de Galicia recolleron varias caixas con roupa doada para toda a familia por parte dos seus socios e doutras persoas que se uniron á iniciativa. A familia de Taboadela segue recibindo mostras de cariño para ir recompondo a súa vida aos poucos.


Alba Osorio 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-01-2019 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
UN GALEGO PREMIO NACIONAL DE MEDICINA CHINESA
O médico galego Diego González Rivas (A Coruña , 1974) formado na Universidade de Santiago, non podía imaxinarse que acabaría converténdose nun dos cirurxiáns máis populares de China. En 2010, sendo un novo cirurxián de 35 anos, realizou na Coruña a primeira cirurxía torácica coa súa revolucionaria técnica Uniportal VATS. A intervención realizábase cunha única incisión, o que se traducía en menos dor para o paciente e un restablecemento máis rápido, feito que foi todo un éxito. Desde entón, a súa vida voa entre o quirófano e o avión: aos seus 44 anos operou en 101 países e practica 800 intervencións ao ano, incluso os domingos.
Incorporouse no 2013 ao Shanghái Pulmonary Hospital, o maior centro do mundo dedicado á atención de pacientes pulmonares. Esta cidade, ofreceulle unha inmellorable base de operacións para ensinar a técnica a profesionais de todo o mundo como director do Programa de Adestramento Uniportal VATS. Os resultados das intervencións coa técnica que creara anos atrás na súa cidade natal, permitíranlle demostrar que os resultados do seu método en China eran espectaculares. Pois aumentou o número de operacións considerablemente, pasando de ter 5 quirófanos e 20 operacións diarias a realizar 90 cirurxías en 14 quirófanos cada día.
A súa innovación tecnolóxica e a súa cirurxía minimamente invasiva é o que lle valeu para converterse no primeiro estranxeiro en recibir o Premio Nacional de Medicina de China, na categoría de Innovación e Técnicas Punteiras; polo que os galegos podemos estar orgullosos de contar con científicos de tanta categoría a nivel mundial.

Jaime Eiriz
1º Bac. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2019 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
A Marcha da Muller
A chamada Marcha da Muller foi o sábado por terceira vez nas rúas en centos de cidades dos Estados Unidos con moita celebración, pero cunha asistencia debilitada e mostrando divisións ideolóxicas. O movemento que comezou nas redes sociais e fíxose real nas rúas coa chegada de Donald Trump ao poder está celebrando a súa presidencia ao mesmo tempo. Cidades como Washington, Nova York e Os Ánxeles non viron a mesma asistencia que noutras ocasións. Non obstante, as recentes eleccións legislativas, que trouxeron un número récord de mulleres no centro do poder en Washington, serviron como proba de que o movemento, independentemente dos seus problemas, representa correntes profundas deste país que xa non poden ser detidos .

En Washington, Freedom Square estaba chea de xente ás 10 da mañá. O permiso oficial para a manifestación esperaba ao redor de 10.000 persoas. O peche parcial do Goberno, que levou 28 días, forzou a cambiar a ruta da manifestación, que non puido chegar ao Capitolio e tivo que conformarse coa súa volta. O peche estaba especialmente presente entre os carteis suscitados polos sindicalistas.
A oposición a Trump é o fío común de todos os grupos que compoñen este movemento. Un pouco máis aló, apareceron varias pancartas do líder republicano co seu homólogo ruso, Vladimir Putin. Trump como un títere, como un can, como unha presa cazada. Outros levantaron a imaxe do fiscal especial Robert Mueller, encargado da investigación da trama rusa, coa lenda "The accusations are approaching", ao estilo da serie Game of Thrones. Entre todos os sinais cargados políticamente, había unha cara familiar con ollos pechados, traxe azul e unha man levantada: Christine Blasey Ford, a muller que acusou ao xuíz Brett Kavanaugh de abusos sexuais. "Non podes callar, Dr. Ford".



Adrián Osorio Míguez
1ºBACH B/Nº8




Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2019 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
OS SIMPSON...
Boa e chuviosa tarde amigXs
Hoxe mentres comía estiven dándolle á testa pensando que escribir neste pequeno papel el branco. Pouco tardei a verdade e pode que non sexa do voso interese pero… sinceramente é o que hai; o tempo non da para máis e as noticias das que falan en xornais, informativos… pode non ser do voso agrado.
Pero volvamos ao comezo…
Vía os Simpson. Si, oístes ben, os Simpson. Esa serie á que moitos lle auguraban que duraría pouco tempo incluso eles mesmos pensaban que solo durarían uns 15 capítulos máis ou menos. Esa serie pouco pedagóxica pero que non deixa de ser o espello da sociedade occidental contemporánea. Esa serie coa que conseguimos rirnos ata de nós.
Quen non tivo ou ten de compañeira no colexio a unha intelixente Lisa ou a un traste con corazón de ouro como Bart. Quen non coñece ou ten na súa casa a unha dócil e dilixente nai e por suposto, quen non coñece ou convive cun “Homer” (mellor sen cualificativos…)
Ben é certo que, a priori, a serie non representa o formato ideal de debuxos animados co que calquera neno ou nena debería medrar, mais penso que aí estades errados. Non soamente se aprende observando o que está ben, considero que se pode aprender incluso máis aplicando o descarte. Vendo o que está mal e corrixindo na túa vida diaria. Sobre todo se ao teu lado está un adulto que dende cativo/a che vai indicando que estaría ben ou que estaría mal no comportamento de cada personaxe e logo tu aplicas este coñecemento aprendendo por ensaio-erro-acerto.
Pero vexamos, Homer representa o modelo de emprendedor que calquera empresario desexaría, ao menos en maxín. Desenvolve todas as técnicas de mercado que un emprendedor debe aplicar ao seu negocio para que de froitos. É ousado, arriscado… Soamente lle move o desexo por ter máis diñeiro que o seu veciño Flanders. Estuda o mercado e adáptase ás súas necesidades cunha facilidade que soamente os debuxos animados poden permitirse, son realista!
Cando en Springfield se autoriza o matrimonio homosexual e o reverendo Lovejoy non o acepta, deseguida fai unha capela na súa casa para oficiar matrimonios gays e sacar pasta; ou cando cae a primeira nevada en Springfield, sae coa súa máquina “quitaneves e ata inventa un “slongan” pegadizo: “Aquí está, noticias breves, para servirlle, míster “quitaneves”; Inventa o híbrido entre o tomate e o tabaco apto para o consumo infantil; o Flameado de Homer... e moitos e moitos inventos máis porque 30 anos de emisión dan para iso.
Pero todo fracasa porque o executa sen coñecementos.
En canto a marido, deixa moito que desexar. Marido desconsiderado, machista impresentable e pai neglixente. Todo un modelo para REXEITAR. Aquí está o “quid” da cuestión. Resulta tan esaxeradamente absurdo e rexeitable que se cae polo seu propio peso e un pensa: isto non pode estar pasando de verdade. Un marido non se pode comportar deste xeito. É repulsivo! Xa non digamos como pai. Realmente, non o é. Deixa toda a educación dos seus fillos en mans de Marge o que ás veces a supera.
En canto a Marge, coido que o seu papel é o dunha ama de casa dócil e dedicada por completo aos seus, pero que se sinte pouco valorada e incompleta. Non esquezamos que era unha moi boa estudante, de boa familia pero que por amor o deixou todo.
A través da súa relación con Lisa representa o cambio xeracional do papel da muller do século XX ao XXI. Ten asumido o seu papel na familia e na sociedade de Springfield pero esfórzase en inculcarlle a Lisa uns valores diferentes aos que ela recibiu. Representa todo o contrario ao que calquera nai desexa para a súa filla hoxe en día. Que se despoxen dos lastres que as mulleres traen ás súas costas durante séculos. Sobre isto habería moito de que falar pero tampouco é o sitio para crear un foro de debate.
En canto ás outras personaxes, cada unha ten o seu papel importante na serie e por contado, na sociedade de Springfield, espello de calquera localidade que poidamos coñecer.
Como anécdota e indagando un pouco, pódovos dicir que as personaxes principais da serie levan os nomes dos familiares do seu creador, Matt Groening. Seus pais, Marge e Homer, súas irmáns, Lisa e Maggie e por conseguinte, Bart debería de levar o nome de Matt, pero pareceulle moi ostentoso e decidiu alterar as letras da palabra mocoso, en inglés, Brat=Bart.
Algo que a min me impactou e do que se ten falado moito na televisión é do poder de predición da serie. Ás veces a realidade supera á ficción e neste caso cúmprese o dito. Refírome ao capítulo en que Lisa chega a Presidenta de Estados Unidos e comenta que o seu predecesor foi Donald Trump. Pois xa vedes, anos máis tarde, Donald Trump, contra toda previsión e por hobbie, chega a presidente!
Sexa como sexa, é unha serie que gusta e maiores e cativos. Podo ver unha e mil veces as reposicións e cada vez que vexo un capítulo de novo, atópolle algo que non lle encontrei con anterioridade. Soamente así se pode entender as cotas millonarias de audiencia que teñen. É unha serie que vale para todo o mundo e ten diferentes interpretacións segundo quen a vexa, dando pé incluso a teses e programas de discusión...
Pois nada, aí vos deixo, a seguirse rindo da sociedade con nós e de nós.
Me cago en...
Longa vida aos Simpson!


Clara María Domínguez Iglesias
1ºBACH A/Nº8

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2019 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
O líder da ultradereita alemana advirte a os votantes alemáns do impacto do Brexit
O Dexit a saída de Alemaña da Unión Europea é a pantasma que esta pasada fin de semana circulou sobre o congreso celebrado pola formación de ultradereita Alternativa para Alemaña (AfD), en Riesa, no este do país. Ao redor de medio milleiro de delegados apoian unha profunda reforma da UE e aseguran que a nación alemá debería abandonar a Unión de non producirse cambios.

O partido de extrema dereita considera a saída da unión como unha última opción. Alexander Gauland, colíder da formación política AfD, advertiu do caos que rodea o Brexit. AfD quen fixo alarde da considerábel suba do seu partido é consciente de que antes de falar do Dexit deberán centrarse nas futuras eleccións rexionais en Alemaña. Para Gauland, as turbulencias económicas que podería causar o Brexit en Reino Unido, podrían influir nos votantes alemáns a hora de plantexarse una posible retirada.

O candidato principal o copresidente Jörg Meuthen, único representante na actualidade da AfD no Parlamento Europeo. Meuthen tampoco mostrouse partidario de plantexar unha saída da UE nunha data concreta. “ O Dexit non é o noso último obxectivo. É a última opción no caso de que todo o demais non funcione”.



Lucía Nieto Cancho
1ºBACH B/Nº6


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2019 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
María Josefa una das mellores matemáticas galegas
María Josefa Wonenburger Planells naceu en Oleiros (A Coruña) o 19 de xullo de 1927. Naquela época, as mulleres non adoitaban cursar carreiras superiores, á maioría delas esperáballes o matrimonio e o coidado do fogar. A familia de María Josefa quería que a súa primoxénita estudase unha enxeñería para continuar co negocio familiar. Pero as matemáticas cruzáronse no seu camiño e, aínda que sabía que as súas posibilidades de dedicarse a elas profesionalmente eran limitadas, non quería arrepentirse no futuro de abandonar unha das súas paixóns.
Para María Josefa as matemáticas eran á vez sinxelas e divertidas. Tras acabar o bacharelato en 1944, debía trasladarse a Madrid para seguir a carreira de matemáticas. Pero era una época mala e tivo que esperar ata 1945 para comezar os seus estudos na Universidade Central de Madrid. María Josefa nunca tomaba apuntamentos na aula, só escoitaba para non perder ningún detalle. Pola noite, xa na residencia, reproducía as explicacións que dera o profesor.
Tras os cinco anos de carreira, entre 1950 e 1953, desenvolveu os seus estudos de doutoramento. O seu pai faleceu en 1951 e María Josefa pasou seis meses en Galicia acompañando á súa nai e á súa irmá.
Algúns dos seus profesores recomendáronlle viaxar ao estranxeiro para completar a súa formación. Grazas á concesión dunha bolsa Fullbright puido viaxar a Estados Unidos en 1953. Tras unha longa viaxe en barco chegou á Universidade de Siracusa (Nova York) para realizar un curso previo antes de comezar os seus estudos. O seu seguinte destino foi a Universidade de Yale, onde o seu supervisor foi o coñecido algebrista Nathan Jacobson. Con el realizou a súa tese doutoral titulada « On the Group of Similitudes and its Projective Group» en 1957.


Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar
1ºBACH A/Nº13


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2019 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
O polémico anuncio de Gilette
Un anuncio da marca Gillette concibido para apoiar ao movemento #MeToo (eu tamén) e chamar aos homes para cambiar o seu comportamento de "masculinidade tóxica" desencadeou unha acalorada polémica nas redes sociais, o que demostra unha vez máis a polarización deste movemento.
Co pano de fondo de imaxes de acoso ou brutalidade, este ‘anuncio’ da marca do xigante “Procter and Gamble” non mostra ningunha maquinilla de afeitar, senón que convida os homes a cuestionar e cambiar o seu comportamento para poñer fin a unha cultura de "masculinidade tóxica", transformando nunha pregunta o slogan que a marca leva utilizando 30 anos: "É isto o mellor que un home pode conseguir?". Ao final, tras unhas imaxes de violencia entre rapaces, unha voz en ' off' di: "Os nenos que miran hoxe son os homes de mañá".



Rodrigo Míguez Fernández
1ºBACH B/Nº5

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2019 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
A cidade de Vigo expande cultura con 37 funcións ata abril.

Máis de 37 espectáculos de teatro, maxia, circo e comedia darán vida ás rúas da cidade de febreiro a abril para a celebración de Vigocultura, evento que ten un amplo programa municipal de artes escénicas e musicais. A rúa Príncipe e o auditorio municipal, entre outros lugares, serán o epicentro das actividades (nenos e adultos) cuxos boletos teñen prezos entre 5 e 9 euros.
O 1 de febreiro será o comezo dos actos organizados no auditorio, que terá unha variada oferta de espectáculos para adultos todos os venres por parte de empresas como Contraproduccións, La Estampida, Malasombra Producións ou La Joven Compañía. Os máis novos tamén teñen actividades exclusivas grazas a grupos como Percubebé, con exercicios de percusión e arpa para bebés ou o musical "A nena e o grilo mais aló", función de Malasombra Productions na que os protagonistas son burbullas xigantes.
En apoio á creación local, este evento inclúe o estreo de "UUUM!", "Facendo o indio" e "Sorpresa", tres obras teatrais de teatro musical e xestual.
Lucas Cancio 2Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-01-2019 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal