Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ecoloxistas celebran o peche da central de Meirama
A través dunha nota de prensa, Greenpeace aplaude a decisión e que, das 16 centrais térmicas de carbón que hai en España, nove pecharán en 2020 "e o resto debería facelo antes de que termine 2025".

"As eléctricas deben involucrarse de forma proactiva na xeración de novos empregos sustentables nas zonas afectadas", considera o colectivo.

Ao seu xuízo, "unha planificación con datas de abandono dos combustibles fósiles é esencial para que a transición sexa xusta e aceptada".

O pasado novembro, activistas de Greenpeace pintaron un mural de grandes dimensións na central térmica que cualifican como a "máis contaminante" de Naturgy, Meirama, para reclamar o seu peche.

Antes do inicio do cume internacional do clima as diferentes organizacións que conforman 'Un Futuro Sen Carbón' mobilizáronse por toda España, incluíndo todas as comunidades autónomas onde aínda hai centrais térmicas de carbón para pedir o seu peche.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-01-2019 00:42
# Ligazón permanente a este artigo
O Consello da Cultura Galega "ve con preocupación" a perda de galegofalantes
O presidente do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, sinalou que "ve con preocupación" a perda de gallegohablantes e recriminou a "algúns representantes políticos" da Xunta a súa falta de uso.

"Sempre estamos a falar de loitar pola pervivencia do idioma. Diciámolo hai 50 anos e seguímolo dicindo agora. Por aquel entón tiñamos moitas esperanzas, que parecían ben fundadas, en que o autogoberno e a recuperación dos dereitos lingüísticos ían supor unha quebra na perda de falantes que o idioma tiña, que era moito menos significativa do que se percibe neste momento", asegurou Álvarez en entrevista a Radio Nacional de España recollida por Europa Press.

Neste sentido, a presidenta do Consello apuntou que "é motivo de preocupación" que, a pesar do autogoberno e da implementación de medidas a favor do galego non se interrompeu a "sangría" de falantes.

Así mesmo, Álvarez asegurou non ser "pesimista" con esta situación. "Estamos en condicións de saber que é o que lle pasa ao paciente e como o podemos coidar", engadiu.

Ester Barreira, 2ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-01-2019 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
Medio Rural abre o prazo para solicitar as axudas para a plantación de coníferas e frondosas con sete millóns de euros
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria do ano 2019 das axudas para a creación de superficies forestais da Consellería do Medio Rural. Mañá ábrese o prazo de solicitude destas achegas para as que a Xunta destina sete millóns de euros co obxectivo de fomentar a plantación de coníferas e frondosas tales como piñeiros, carballos, castiñeiros e nogueiras.

Estímase que a través desta convocatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), chegarase a actuar nunhas 4.000 hectáreas a través duns 200 beneficiarios.

As axudas van destinadas ás Sociedades de Fomento Forestal (Sofor), aos propietarios particulares de forma individual e ás asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia. Tamén poderá beneficiarase delas as cooperativas agrarias, os proindivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común.

No que respecta ás actuacións subvencionables, inclúense os gastos de plantación forestal e da área de defensa contra incendios forestais, é dicir o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo, a adquisición de planta, así como os gastos da plantación propiamente dita. Así mesmo, tamén son susceptibles de subvención as infraestruturas de acompañamento e as obras complementarias.

Raúl Rodríguez, 2ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-01-2019 00:35
# Ligazón permanente a este artigo
O colexio Otero Pedrayo inicia “21 días co galego"
O proyecto busca promover o uso do galego coma lingua de comunicación habitual entre pequenos e maiores

O alumnado do IES Otero Pedrayo participa, xunto con outros tres centros galegos máis, no programa "21 días co galego", impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura.

O proyecto busca promover o uso do galego coma lingua de comunicación habitual entre pequenos e maiores. Por eso, ademáis de implicar ao estudantado participante, 21 Días pretende chegar tamén ás familias a través de actividades para realizar durante as fins de semana. Os alumnos, pola súa parte, traballan dende fai meses na elaboración de diverso material audiovisual que, dende onte, pódese consultar no blog do proxecto. A través da producción dos vídeos, os xóvenes reflexionaron sobre a relación coas linguas que falan e se acercaron ao idioma galego dende unha óptica distinta á habitual.

Lucía López, 2ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-01-2019 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
A Garda Civil recupera en Madrid un cáliz do século XIX roubado hai 35 anos en Tomiño
A denuncia do párroco desta parroquia de Tomiño facilitou unha operación na que participaron os equipos de Policía Xudicial da Garda Civil de Tui, Pontevedra e Madrid.
O sacerdote informara no posto da Garda Civil de Tomiño en marzo do ano pasado que o cáliz roubado correspondíase cun que se estaba anunciado nunha páxina web para coleccionistas. Grazas a esta información, e en colaboración cos equipos de Policía Xudicial, o Instituto Armado recuperou esta obra de arte.Trátase dun cáliz de prata coa inscrición gravada do nome da súa parroquia, Tebra, obra do prateiro Pedro Antonio Carabelo. A Garda Civil identificou ao actual propietario, que declarou comprar a peza por un mil euros a unha terceira persoa con domicilio en Murcia. A investigación realizada pola Garda Civil puido confirmar que os dous últimos propietarios do cáliz adquirírano en anticuarios, achegando a correspondente factura. O equipo de Policía Xudicial de Tui entregou finalmente este venres o cáliz ao párroco de San Salvador de Tebra.

Sofía Cougil García, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-01-2019 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
Feijóo di que hai sectarismo na política española como apuntou Rajoy: no PSOE, Podemos e o independentismo
Afirma que só pode sorrirse ante Vox, que se cre "a autenticidade profunda" e ao que lle veu "moi ben" o radicalismo da política

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que comparte a advertencia contra o sectarismo que onte lanzou o ex presidente do Goberno Mariano Rajoy na Convención Nacional do PP e asegurou que se dá no PSOE, a esquerda radical e o independentismo, sen mencionar a Vox.

"Non podemos caer no sectarismo do independentismo, nin no do populismo nin no sectarismo do actual PSOE", dixo Feijóo preguntado polo discurso de Rajoy, co que dixo que é moi difícil non estar de acordo.
Feijóo cargou especialmente contra os socialistas porque na súa opinión abriron camiño ao sectarismo na política co chamado 'pacto do Tinell', asinado en 2003 en Barcelona entre o PSC, ERC e ICV para formar Goberno en Cataluña e como "esconxuro para que o PP nunca puidese gobernar". "A partir de aí veu unha deriva que estamos a padecer", engadiu o dirixente galego.
Preguntado por Vox, ao que non fixo mención na súa primeira resposta, dixo que a Convención Nacional organizouse para falar do PP e non dalgúns que se cren "a autenticidade e a verdade máis profunda" e aos que o populismo e o radicalismo "veulles moi ben".

Asegurou que o seu partido leva 40 anos defendendo a Constitución e fronte ao nacionalismo, polo que só pode "sorrirse" ante determinadas mensaxes e explicar aos cidadáns que "só" hai dúas opcións electorais: o PP como "partido moderado de centro dereita reformista" ou a esquerda radical e o independentismo.

Ángela I. Baig 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2019 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
O maquinista do Alvia: «Pódome sentir responsable, pero non culpable. Antes que eu fallaron máis»

«No momento no que van no tren, eses pasaxeiros son meus, eu son o que ten que coidalos». A frase pronunciouna onte Francisco José Garzón, o maquinista que conducía o tren Alvia sinistrado en Angrois o 24 de xullo do 2013. Fíxoo con bágoas nos ollos ante unha cámara de televisión. As mesmas que derramara na súa comparecencia na comisión de investigación sobre o accidente que se desenvolve no Congreso dos Deputados. Abatido, nunha entrevista emitida onte polo programa da Sexta Leala Pardo, Garzón apelou ao dicionario para explicar como sente: «O que mire o dicionario e vexa a palabra culpable e vexa a palabra responsable, entenderao ben». E continuou o seu argumento: «Con todo o respecto ás vítimas, pódome sentir responsable, pero non culpable. Responsable porque son o último elo e o que non pode fallar. Pero son humano».

No accidente morreron 80 persoas e máis de 140 resultaron feridas, pero para Garzón «é igual una que oitenta, con todo o perdón e o respecto ás vítimas. Canto vale unha vida? Non me cansarei de pedir perdón. Perdón, perdón, perdón». E volveu pedir perdón como xa fixera, cando se cumpría o primeiro aniversario do accidente, nunha carta ás vítimas publicada no libro O peor día de Galicia, de La Voz de Galicia.

Imputado, xunto ao exdirector de seguridade de ADIF, Andrés Cortabitarte, no proceso xudicial que se segue nun xulgado de Santiago polo sinistro, Garzón sabe que o cárcere é unha posibilidade. E sobre ela di: «Se hai que entrar, éntrase, pero eu teño a conciencia moi tranquila de que eu tiven un accidente. Nada máis». E insiste de novo nas vítimas: «Agradézolles que non se ensañen comigo e comprendo ás que non me poidan perdoar».


Iago Fuentes Aller
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2019 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
Mantense a campaña de vacinación da gripe unha semana máis
Aínda que oficialmente rematou o 28 de decembro, a Consellería de Sanidade decidiu prorrogar ata o vindeiro día 25 de xaneiro a campaña de vacinación da gripe, que se está desenvolvendo en Galicia baixo o lema “Contaxia a túa enerxía e non a gripe” dende o pasado 22 de outubro. Dende a Consellería de Sanidade lémbrase que este ano en Galicia atrasouse a chegada da onda gripal e polo tanto todas aquelas persoas que o desexen e non o teñan feito, aínda están a tempo de vacinarse. Para ilo poden acudir a algún dos 900 puntos de vacinación repartidos por toda a comunidade, coma os centros de saúde e os hospitais do Servizo Galego de Saúde. Tamén en centros sanitarios privados ou residencias da terceira idade entre outros.
Dende esa data e ata o día de hoxe vacináronse un total de 559.893 persoas, o que supón uns 30.000 vacinados máis que no final campaña anterior. No caso concreto das persoas de 65 ou máis anos, un dos grupos de risco nos que a vacina está especialmente indicada, o número de vacinados é xa de 391.322.


Lucía Alvarellos 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2019 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
A neve complica a circulación en municipios galegos de montaña.
Tras as complicacións vividas este venres nas estradas do interior de Pontevedra, no inicio do fin de semana son as vías da montaña lucense e ourensá as que acumulan as chamadas a extremar a prudencia. Desde primeira hora da mañá, a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) recomenda transitar con precaución na A-52 ao seu paso polo concello ourensán da Mezquita entre os quilómetros 113 e 124 e en ambos os sentidos pola presenza de neve. Ademais, outras estradas secundarias da provincia, sobre todo as que se atopan en zonas altas, amenceron nevadas, polo que se pide circular con especial coidado.
Na provincia de Lugo é a Deputación a que aconsella transitar con moita precaución polas estradas de dez municipios de montaña: Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Quiroga, Ribas de Sil e Samos. O dispositivo de inverno posto en marcha polo organismo provincial traballa no acondicionamento de máis dunha trintena de vías nos concellos das áreas de montaña e do sur lucense para lograr desfacer as placas de xeo e retirar as capas de neve que chegaron a alcanzar os cinco centímetros.


Aitana Lanzós 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-01-2019 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia rexistra dous mortos con gripe no inicio da onda epidémica, que non estaban vacinados
A Comunidade galega rexistrou dúas persoas falecidas con gripe confirmada na semana que coincide co inicio da onda epidémica en Galicia da tempada actual, na que se declararon 152 ingresos desde o principio.

Así o reflicte o décimo informe de 'Vixilancia dá gripe en Galicia' que publica este venres o Sergas, recollido por Europa Press, no que se detalla que desde o inicio da onda declaráronse entre o total de ingresos con gripe confirmada, dous falecidos, un deles "por gripe", e "ningún deles vacinado".
Desde o inicio da temporada e até as 10,30 horas deste mércores 16 de xaneiro declaráronse 152 ingresos, dos cales 69 xa recibiron o alta. Do total de casos, 17 requiriron asistencia en UCI, concreta o Sergas, e dos 136 que tiñan indicada a vacina, 86 non a recibiron, engade. Na segunda semana, segundo os datos recibidos dos hospitais galegos, analizáronse 315 mostras para VRS --virus respiratorio--, das que houbo 70 positivas, "o que parece indicar o inicio do descenso da onda do VRS", precisa o Sergas, e 518 para o virus da gripe, das que 66 resultaron positivas para o virus da gripe A e un para o B. Iso tradúcese para o Sergas, segundo consta no informe, "tendendo en conta os niveis provinciais da intensidade da actividade gripal, nunha difusión xeográfica local". Por grupos de idade, os máis afectados, segundo apunta o Sergas, "seguen a ser os maiores de 64 anos" e o grupo de 20 a 64 anos, "como cabía esperar tendendo en conta a co-circulación observada, até o de agora, de AH3 e AH1.

Non entanto, o Servizo Galego de Saúde puntualiza no décimo informe sobre a gripe en Galicia que nesta semana "destaca o ascenso observado nos máis maiores". Pola súa banda, os rexistros de gripe en Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde, así como os de chamadas semanais ao 061 por gripe, mostran "un ascenso que indica o inicio da onda epidémica desta tempada".

Até a data, en España a difusión é epidémica en Asturias, Baleares, Cantabria, Castela a Mancha, Castela e León, Cataluña, Madrid, Navarra e País Vasco, local en Canarias, Melilla e A Rioxa, e esporádica ou nula no resto, segundo consta nun informe do Instituto de Salud Carlos III. En relación aos falecidos con gripe, en zonas do norte como Cantabria aumenta a incidencia e esta comunidade, onde faleceron catro persoas con gripe, rexistra un nivel "epidémico alto". Tamén a actividade gripal increméntase en Euskadi a 362,4 casos por cada 100.000 habitantes. Esta comunidade do norte suma 19 falecidos con gripe. Pola súa banda, na zona sur un home de 86 anos converteuse na terceira persona falecida por gripe na Rexión de Murcia este inverno, morto o martes no Hospital Santa Lucía, segundo confirmaron a Europa Press fontes da área II de Saúde de Cartaxena, así como da Consellería de Saúde da zona.


Eva Muñiz 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2019 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal