Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

España identificará a Guaidó como presidente se Maduro non convoca eleccións
España recoñecerá nos próximos días ao líder, opositor e presidente da Asemblea venezolana, Juan Guaidó baixo o título de “presidente encargado” da nación, se Maduro no accede a celebrar eleccións plenamente democráticas e baixo control internacional, nun prazo de tempo determinado.


No encontro coa prensa, posterior ao Consello de Ministros, o ministro de Asuntos Exteriores, Josep Borrel confirmaba; que se non se consta a menor vontade por parte de Maduro dunha chamada as urnas nun “prazo temporal”, o ata agora presidente deixará de ser recoñecido como tal.


Para España e a diferenza doutros países da UE, o que está acontecer en Venezuela, é un asunto de política interna. Pedro Sánchez, actual presidente de España, mantivo diversas conversas coa canciller alemana, Angela Merkel e o presidente francés Emmanuel Macron, entre outros líderes europeos para falar da súa postura ante o conflito venezolano. Debemos engadir, as reunións de Sánchez cos presidentes de Ecuador, Lenin Moreno; Colombia, Iván Duque; y Costa Rica, Carlos Alvarado, quenes pedíronlle ao presidente español que liderase na UE o recoñecemento do autoproclamado presidente interino. Recordándolle que a UE non recoñeceu as eleccións a presidencia celebradas en maio, onde Maduro foi reelexido como presidente. Deixando en mans do representante español un papel esencial na consideración política do territorio venezolano.





Lucía Nieto Cancho

1°BACH B/N° 6


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
AS RAPAZAS DO “RADIO”. AS RAPAZAS “PANTASMA”
Aquí estamos de novo unha fin de semana máis.

Non teño moito tempo para dedicarvos xa que estamos en plena semana de exames e tampouco é que o maxín me dea para moito. Algúns pensaredes que escribir neste blog é tarefa de coser e cantar; para min non. Neste espazo pretendo satisfacer a miña curiosidade e ao mesmo tempo compartir convosco temas que, de non ser así, seguramente nunca trataríamos ou nunca teríamos por diante.

Así é pois que, nun intre de descanso entre horas e horas de estudo, collín o xornal diario e atopei a revista XLSemanal. Inmediatamente chamou a miña atención un artigo escrito por Fátima Uribarri que leva por título A traxedia das ‘chicas radiactivas’. Sen ver o artigo podedes mesmo chegar a pensar que se trata da última película adaptada de Marvel e si, verdadeiramente do que trata o artigo é digno de facer unha película, pero de terror! Na maioría das ocasións, a realidade supera á ficción!

Trata sobre unha traxedia real e espantosa que conta a periodista británica Kate Moore no libro “Las chicas del radio” da editorial Capitán Swing.  É a recreación con todo detalle do drama sufrido por Amalia Maggia, unha rapaza de vinte anos estadounidense á que chamaban Mollie. Contando a traxedia de Mollie, documenta a contaminación radioactiva que “acabou pouco a pouco” con miles de traballadoras de Estados Unidos, dende 1947 ata os anos trinta (I Guerra Mundial).

E digo traballadoras porque, entre outras aberracións, neste artigo indica que as mulleres “perderon os dentes e os ósos das mandíbulas, deformadas por tumores”; “chupaban radio para traballar e os seus xefes dicíanlle que era inocuo“. “O radio era o produto de moda; botábase na auga, na roupa, nos perfumes, na comida... dicían incluso que rexuvenecía.” Mollie morreu aos 24 anos desfeita literalmente e como ela todas e cada unha das traballadoras da US Radium Corporation e iso a pesar de que incluso Thomas Edison  alertara de que o radio podía producir efectos irreversibles e irreparables. O máis patético é que a empresa, modificou todos e cada un dos informes médicos das traballadoras, comprando a médicos e avogados e así, nos partes de defunción, figuraba que morreran de sífilis.

Cabe indicar, sen entrar en máis discusión, cada un/ha que pense o que desexe, que os homes traballaban con equipos de protección: mandís forrados en chumbo e pinzas de marfil para manexar o radio. Houbo que esperar a que o primeiro empregado varón da empresa morrera para que os expertos fixeran algo ao respecto.  

A partir da morte en 1924 de Mollie, outras traballadoras morreron e algunha como, Grace Fryer entre elas, en 1927, moribunda, chegou ata os tribunais de xustiza para testificar, sen dentes, cun corpiño para suxeitar as costas e en cadeira de rodas. Tan sequera puido levantar o brazo para prestar xuramento de dicir a verdade. O seu caso deu a volta ao mundo e tivo a sorte, se así se pode chamar, que os xornais se puxeran da súa parte, entre eles, o New York World. Marie Curie soubo do caso máis non puido facer nada porque “cando o radio entra no corpo non se pode destruír”. O radio tamén matou a Marie Curie en 1934.

Foi un proceso longo e traumático no que moitas se quedaron polo camiño. Loitaron coa morte nas costas, con enormes dores provocadas por tumores en todas e cada unha das partes do seu corpo (cadeiras, pes, mandíbulas, boca, mans, nocellos, xeonllos...) Fixérono coa certeza de que todo chegaba tarde para elas pero coa esperanza de darlle un futuro mellor ás traballadoras que estaban no seu lugar. Incluso chegaron a conseguir que exhumaran os restos de Mollie para que “lavaran a súa reputación” (por se non o sabedes, naqueles anos, morrer de sífilis era sinónimo de dedicarse á prostitución).

No artigo explica con máis detalle os padecementos destas traballadoras, máis paréceme que o mellor é que vos mesmos o leades e incluso podedes facer o que eu, comprar o libro xa que me parece unha parte da historia fascinante pero que, por algunha razón, seméllame que aínda permanece oculta.

Pouco máis podo dicirvos. Como di a autora do libro:

É o momento de honrar ás “rapazas pantasma”. Brillaban por dentro por culpa do radio, pero brillaban moito máis por fóra. A súa coraxe e tenacidade conduciron a cambios nas condicións laborais de centos de traballadoras que viñeron tras elas, á investigación sobre a enerxía nuclear e a salvar miles de vidas.  





Clara María Domínguez Iglesias

1°BACH A/N°8

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
Cambios no sector automobilístico
En Europa fíxose difícil co tema da contaminación e os fabricantes adaptáronse ás novas regulacións que tomaron do manga a idea de fabricar motores máis pequenos eliminando un cilindro, conseguindo así reducir os custos, cumprir coas normativas e seguen vendendo o coche ao mesmo prezo que os motores de 4 cilindros, ao final todo remata en beneficios e beneficios para os fabricantes, pero que beneficios leva ao consumidor? NON
MÁIS RUIDO, VIBRACIÓNS MÁIS E RUSHING.
Estes motores para ser máis pequenos e formados por tres cilindros están desequilibrados de forma natural, isto causa maiores vibracións e ruxidos. Tamén pode ter altos e altos poderes dependendo do deseño do seu turbocompresor.
DURABILIDADE DO MOTOR REDUCIDO.
A descompensación do motor fai que afecte primeiro aos segmentos do cilindro, o que supón un consumo de aceite superior ao normal. De feito, xa podes atopar probas suficientes de alto consumo de aceite en motores tricilíndricos de menos de 100.000 Km.

A maioría das marcas xa optaron por motores de tres cilindros, Ford, Seat, Peugeot, Volkswagen, Citroen, Kia, BMW, etc, en calquera caso o consumidor obterá un coche con motores que funcionen tan ben coma os motores de 4 cilindros.
Realmente non hai moito que dicir, xa que isto é máis sinxelo e sinxelo do que parece, é dicir, se preguntar aos comerciantes de revendedores que non esperen que digan cousas negativas sobre os motores dos seus automóbiles, só din marabillas; ), obviamente eles quererán vendelos.
NON COMPRE UN COCHE CON MOTOR TRICILINDRICO AHORA ...
Esta é a peor xeración e tempo para comprar un coche, ser paciente, porque agora seredes os cobayos.





Adrián Osorio Míguez

1ºBACH/Nº8

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Feijóo pide ao Goberno que apoie "inequivocamente" a Guaidó como presidente "democrático" de Venezuela
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu este xoves ao Goberno central que apoie "inequivocamente" ao líder da Asemblea Nacional de Venezuela e autoproclamado este mércores presidente deste país, Juan Guaidó, xa que foi "elixido democraticamente" polo pobo.

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal co seu Goberno, Feijóo instou a Pedro Sánchez a dicir "que está a favor da democracia" no estado latinoamericano onde, segundo as súas cifras, viven uns 40.000 galegos, polo que é unha cuestión que "interesa moitísimo" a Galicia.
Neste sentido, demandou ao Executivo central que "non estea condicionado por ningún socio" de goberno como Podemos, partido que, segundo o líder autonómico, mantén unha postura "tan coherente como antidemocrática" ao apoiar a Nicolás Maduro como presidente.
Ademais, Feijóo mostrouse partidario de que Guaidó "tutele de forma transitoria" unhas eleccións "con todas as garantías" para elixir "un novo goberno en Venezuela".

E é que, segundo as súas palabras, no país ocorren "cousas impropias desde o punto de vista democrático" e está "nunha situación límite" desde o punto de vista "asistencial, de dereitos e liberdades"

Ángela I. Baig 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
Bruxelas expedienta a España por incumprir as normas europeas en materia de seguridade ferroviaria
As vítimas presentaron dúas demandas a finais de 2015 e a eurodeputada do BNG Ana Miranda interpuxo unha denuncia en xullo de 2017

A Comisión Europea informou este xoves da apertura dun expediente sancionador contra España ao considerar que os seus procedementos de control da seguridade ferroviaria "non cumpren os requisitos" que esixe a normativa comunitaria.
Bruxelas ve "deficiencias" na forma en que a Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) "analiza e investiga os accidentes e incidentes", segundo informou a institución comunitaria nun comunicado.
Tamén ve problemas en "as técnicas de supervisión" por parte da Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria (AESF), indica o mesmo comunicado sen dar máis detalles da infracción.
A apertura do expediente ten a forma dunha carta de emprazamento --primeiro paso no procedemento de infracción--, que Bruxelas remitiu ao Goberno para que no prazo de dous meses aclare a situación e ofreza datos claros das medidas correctivas que puxese en marcha.

Se os servizos comunitarios non desen por boas as explicacións de España, poderían pasar á segunda fase do expediente, un ditame motivado que dá outros dous meses ao Estado membro para corrixir o problema, período após o cal a Comisión podería elevar o caso ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TUE).

Foi a Comisión Europea a que lle pediu á Axencia Ferroviaria Europea (ERA polas súas siglas en inglés) que examinase a implementación en España dos elementos da lexislación ferroviaria da Unión Europea.

A solicitude veu despois das dúas demandas (unha por incumprimento da normativa de seguridade e outra por publicidade enganosa) que a asociación de vítimas do accidente do tren Alvia ocorrido en Angrois (Santiago) interpuxo na comisión de peticións da Eurocámara a finais de 2015 e da posterior denuncia que presentou (en xullo de 2017) a eurodeputada do BNG Ana Miranda, quen facilitou en todo momento as viaxes dos afectados a Bruxelas.

En febreiro do ano pasado, un equipo da ERA estivo en misión de auditoría en Madrid para solicitar información. Visitaron a Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria, Adif e o organismo notificado (Notified Body) Cetren, segundo informaron no seu día fontes consultadas por Europa Press.

Entre outras cuestións, estudaron como Cetren realiza o seu labor de verificar a interoperabilidad, conforme a normativa europea, de varias liñas, incluída a de Ourense-Santiago, onde se produciu o sinistro que en xullo de 2013 saldouse con 80 mortos e 144 feridos.
Esta liña, a pesar de ser inaugurada en 2011, carecía do certificado europeo de interoperabilidad. O administrador de infraestruturas ferroviarias (Adif) non o encargou até setembro de 2016 e actualmente aínda non dispón del.

No que respecta á investigación de accidentes, Bruxelas xa abriu un anterior expediente a España por entender que a CIAF non funcionaba de maneira independente, tras o cal o Executivo español modificou a norma en que se nomea aos seus responsables.


Eva Muñiz 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
A ATHLETICA VATICANA PODERÍA PARTICIPAR NAS PRÓXIMAS OLIMPÍADAS
O Vaticano é ademais da Santa Sede do catolicismo, un país de menos dun quilómetro de extensión e como calquera outro ten os seus propios equipos deportivos. Contan coa Selección de Fútbol da Cidade do Vaticano, formada por traballadores e gardas membros da Garda Suíza (a policía do Papa), do Consello Papal e algúns empregados dos museos. Con todo non forman parte nin da FIFA, a UEFA nin do Comité Olímpico Internacional polo que nunca participaron en campionatos oficiais polo que é o único país que nunca participou nos Xogos Olímpicos.
Pero isto podería cambiar porque o Vaticano creou o seu propio equipo de atletismo de alta competición formada por curas, monxas e por suposto membros da Garda Suíza, sen dúbida os máis preparados .No caso deste equipo, a Athletica Vaticana, xa forma parte da Federación Italiana de Atletismo, polo cal poderá participar en eventos oficiais como os Xogos dos Pequenos Estados ou os Xogos Mediterráneos. Aínda que o obxectivo final é que poidan participar nos Xogos Olímpicos pois para eles sería un soño ver a bandeira da Santa Sede entre as que aparecen na cerimonia de inauguración dos Xogos Olímpicos. pero a realidade é que as probabilidades de que vaian aparecer na cerimonia de inauguración de Tokio 2020 son poucas, a non ser que ocorra un milagre.
De momento este 20 de xaneiro debutaron polas rúas de Roma na súa primeira carreira oficial en “A Corsa dei Miguel”. Entre os 60 atletas de elite que forman o equipo, destaca a figura dun cura de Toledo, Melchor Sánchez de Toca, presidente de Athlética Vaticana e subsecretario do Consello Pontifico da Cultura namorado da maratóns desde hai moitos anos, e que agora esta encantado de poder relacionar esta paixón co seu labor en Roma aínda que os resultados non sexan tan inmediatos como eles quixeran.

Jaime Eiriz
1º Bach.A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro nos litorais da Coruña e Lugo a partir de mañá
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro que comezará a primeira hora da mañá do domingo 27 de xaneiro e que afectará aos litorais da Coruña e Lugo.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o nivel laranxa comenzará ao redor das 8 da mañá no litoral oeste e noroeste da Coruña e Lugo. Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de 5 a 6 metros.
Por mor do temporal costeiro que afectará a todo o litoral, aconséllase a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotores, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas.

Lucía Alvarellos 2ºBach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Fachós en Castro Caldelas
Ourense, provincia cun dos ciclos do Entroido máis longos de España, dá a benvida a esta festividade co rito de "Vos Fachós", feixes de palla que terminarán nunha gran fogueira e cuxo orixe parece estar nunha función desinfectante para loitar contra a peste. En total, está previsto que uns 700 fachós iluminen esta pequena localidade ourensá, no seu percorrido polas principais rúas da vila desde o atrio da igrexa ata o Castelo e posterior volta á igrexa, onde se queimará a palla, todo iso, co acompañamento da música e a pesar da previsión de intensas choivas.

“Chova, neve ou caian raios e tronos, os fachós saen en Castro Caldelas" Así o asegurou a alcaldesa deste concello, Sara Inés Vega, quen non lembra ningún ano no que non se puido saír á rúa con estes fachos. Na actualidade, a Festa dúas Fachós, que acolle esta localidade galega cada 19 de xaneiro na véspera de San Sebastián, representa todo un símbolo para esta localidade, rememorando a aqueles fachós que "antigamente" levaban “polas parroquias e os barrios”, nunha das tradicións de culto ao lume máis representativas de Galicia na liña doutros folións que aínda persisten.

De orixes incertas a súa primeira constancia escrita data de 1763, e algunhas teorías vinculan a súa celebración coas tradicións celtas asociadas ao lume. Con todo, unha hipótese que parece coller máis forza ten que ver coa peste que arrasou a comarca, cando os veciños saíron á rúa e fixeron unha gran fogueira para rogar a San Sebastián e San Roque que intercederan e rematasen coa enfermidade.

Encabeza a comitiva o gran fachón, que irá este ano acompañado por outros 700 máis pequenos, un rito que Veiga asocia ao lume “como un elemento purificador” que representa á vida.

O propio escritor Vicente Risco vinculou esta festa aos "ritos celtas de culto ao sol".
Marta Rodríguez
1°Bach
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-01-2019 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
Suspenso de misas na Catedral de Santiago
A catedral de Santiago deixará de celebrar misas por obras durante doce meses
A catedral de Santiago de Compostela deixará de acoller a celebración de misas a partir do próximo luns (28/01/2019) polas obras que se desenvolverán no interior da nave durante doce meses, anunciou a Igrexa católica. Nun comunicado sinala que as obras, "polo seu alcance e magnitude farán imposible manter a normal actividade no altar maior, naves e nas capelas da basílica", polo que as cerimonias de culto desenvolveranse noutras igrexas da cidade.
Así, a misa diaria do peregrino, ás 12:00 horas, celebrarase na igrexa de San Francisco e as "principais solemnidades e festas", tales como a que tradicionalmente leva a cabo para honorar a ese apóstolo, o 25 de xullo, desenvolveranse na de San Martín Pinario. A catedral permanecerá aberta de 09:00 a 19:00 horas e será "accesible a fieis, peregrinos e visitantes", aínda que estarán "acoutados" os espazos en obras, pero "poderase realizar o rito do abrazo ao apóstolo no seu camarín e descender á cripta apostólica", engade. Tamén precisa que a única porta que permanecerá aberta será a da praza de Praterías, tanto de entrada como de saída, durante o período dos traballos e mentres que a do Pórtico Real só será de saída, e o acceso por Azabachería quedará reservado para os traballos.
A catedral compostelá foi sometida a un ambicioso programa dun custo duns 20 millóns de euros para preservala do risco de deterioración por filtracións de humidade detectadas no exterior do edificio, que inclúe unha serie de obras de reparación nas cubertas e a fachada occidental para frear a erosión da pedra, así como do Pórtico da Gloria, unha xoia do románico que perdeu parte da súa cor. As obra nos próximos meses inclúe unha serie de traballos na estrutura das bóvedas no interior da nave e a restauración das fachadas sur e oriental, así como a denominada torre do tesouro e parte das cubertas.
Susana Velasco
1° Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
Facebook integrará as plataformas de mensaxería de WhatsApp, Facebook Messenger e Istagram.
Mark Zuckerberg, o conselleiro delegado de Facebook quere fusionar na mesma estrutura os tres principais servizos de mensaxería da sua compañía, Instagram, Whatsapp e Facebook Messenger, co obxetivo de competir dunha maneira máis eficiente cos servizos de mensaxería de Google e o iMessage de Apple.
Tres aplicacións nunha?
Así é, exaxctamente como estás lendo. Facebook integrará os servizos de mensaxería de WhatsApp, Instagram e Facebook Messenger. Facebook porá a traballar a miles de traballadores para reconfigurar toda a operación das tres aplicacións. Está previsto para finais deste ano ou a principios de 2020. Permitirá que as tres aplicacións funcionen de xeito independente, pero ao mesmo tempo os seus chats funcionarán nunha soa aplicación. Deste xeito, un usuario de Messenger, pode contactar a unha persoa que só usa WhatsApp. Isto implica unha operación radical por parte da empresa, xa que WhatsApp e Instagram actúan de xeito independente.
Os empregados de WhatsApp non están tan felices con esta proposta: Tras unha reunión que contou coa presenza do conselleiro delegado de Facebook e varios inxenieiros de WhatsApp, os empregados de WhatsApp preocupáronse por esta proposta, xa que esta integración moi posiblemente debilite a seguridade e degrade aínda máis a privacidade da plataforma. Zuckerberg explicou que ten como obxectivo que todas as conversas de mensaxes das tres aplicacións sexan cifradas de punta a punta. Este cifrado xa se usa en WhatsApp dende fai varios anos.
WhatsApp está a piques de superar a Facebook como a aplicación máis popular do mundo. Isto é fruto da mala reputación que levou a rede social Facebook. Adicionalmente, Facebook sufriu unha grave crise debido a filtración de millóns de perfís para a campaña electoral que levou a Donald Trump ao poder. Esto provocou que máis de 80 millóns de usuarios pecharan a súa conta de Facebook, provocando unha caída de 37.000 millóns de dólares para a compañía. Neste momento, só permanece nunha idea, verase neste ano se finalmente ter lugar esta medida, pero como sabemos Facebook é a peor opción en canto a privacidade se refire e debería considerar medidas adecuadas para non comprometer os valores de privacidade de WhatsApp e Instagram.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2019 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal