Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Encontran unha pitón de case catro metros e 150 kilos nunha rúa de Florida
Unha serpe pitón de case catro metros de lonxitude foi atopada pola policía de Florida nunha calle despois de que un conductor dise o aviso tras toparse con el enorme animal. O Departamento de Policía de Pembroke Pines, un distrito ubicado a uns 26 kilómetros al norte de Miami, publicou en Twitter imáxenes do reptil de máis de 150 kilos de peso.

As serpes no son descoñocidas entre os habitantes de Florida, pero as pitóns birmanas son unha especie invasora e unha amenaza real para a vida silvestre local, as mascotas e incluso os nenos, según PPinesPD na sua conta de Twitter. As serpes pitón de Birmania aumentara a súa poboación significativamente nos Everglades nos últimos años, o cal está poñendo en peligro ás especies endémicas. Florida prohíbe actualmente a posesión de estos exemplares como mascotas e unha ley federal impide a súa importación e a venta interestatal. Ademáis, promove competencias de caza de pitóns con docenas de participantes.

Susan Nicole Varela Torres 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-01-2018 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Retirada de madeira en Galicia
A Xunta inicia unha nova fase de retirada de madeira queimada non comercial en Ourense, Lugo e Pontevedra.

A Consellería do Medio Rural iniciou unha nova fase de retirada de madeira non comercial en terreos afectados por incendios do pasado mes de outubro nas provinicias de Lugo, Ourense e Pontevedra. En total, segundo informou a Xunta este sábado, estas actuacións contan cun orzamento de 4 millóns de euros a executar ao longo de 2018.

O obxectivo é consolidar os chans nas principais zonas afectadas pola vaga de incendios que arrasou Galicia a mediados do pasado mes de outubro e que calcinou case 50.000 hectáreas, ademais de cobrarse a vida de catro persoas.

Logo dos traballos realizados no último trimestre de 2017, centrados en labores de control da erosión dos chans, actuacións para impedir desprendementos e escorrentías polas choivas, agora as tarefas centraranse en retirar a madeira queimada que non ten uso comercial, que será triturada para mellorar a
"sanidade vexetal" dos montes.

Así mesmo, segundo sinala a Xunta, tamén hai zonas nas que o lume non causou "grandes afeccións na cuberta vexetal do chan" debido á rapidez coa que se propagaron as chamas, polo que os incendios causaron estragos
unicamente ás copas das árbores.

Rodrigo Míguez Fernández 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-01-2018 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
Unha agulla nunha palleira
Un estudo intensivo nas profundidades do universo polos telescopios espaciais Hubble e Spitzer da NASA deu como resultado a proverbial agulla nunha palleira.

Trátase da galaxia máis afastada que se viu nunha imaxe que foi estirada e amplificada por un fenómeno chamado lente gravitacional.

A galaxia embrionaria chamada SPT0615- JD existía cando o universo tiña só 500 millóns de anos. Aínda que se viron algunhas outras galaxias primitivas nesta época temperá, en esencia víronse como puntos vermellos debido ao seu pequeno tamaño e tremendas distancias.

Con todo, neste caso, o campo gravitacional dun cúmulo de galaxias de primeiro plano masivo non só amplificó a luz da galaxia de fondo senón que tamén proporcionou unha imaxe de arco (aproximadamente de 2 segundos de arco de lonxitude).

"Non se atopou ningunha galaxia candidata a unha distancia tan grande que tamén proporcione a información espacial que ten esta imaxe de arco. Ao analizar os efectos das lentes gravitacionales sobre a imaxe desta galaxia, podemos determinar o seu tamaño e forma reais", dixo o autor principal do estudo, Brett Salmon, do Space Telescope Science Institute en Baltimore, Maryland. Presentou a súa investigación na 231 reunión da American Astronomical Society en Washington.

Eyén Díaz López 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-01-2018 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Retírase aos 106 anos o plusmarquista máis lonxevo do ciclismo
Robert Marchand, o francés que establecera o récord da hora para maiores de 100 anos en bicicleta, anunciou que se retira do ciclismo de competición con 106 anos, aconsellado polos médicos da selección, que temendo pola súa
saúde, pediron á Federación Francesa de Ciclismo que non lle autorizase participar nunha proba de 4 quilómetros en pista para evitar que puidese sufrir unha crise cardíaca.

O centenario (cumpriu 106 o 26 de novembro),vive de forma autónoma na súa casa atópase "ben" e segue facendo as compras el só. Ademais, cada mañá, sóbese á bicicleta estática que ten na súa vivenda e pedalea durante cinco ou dez minutos.

Coñecido polo seu bo humor, este home nado en Amiens en 1911, tivo unha longa vida laboral en Francia, pero tamén en países como Venezuela e
Canadá, e contou que ademais de practicar deporte, non fumou, a súa alimentación incluíu moita froita e verdura, e bebeu pouco alcohol.

Cos 100 anos cumpridos, un prestixioso laboratorio de Evry convenceulle para participar nun estudo único sobre o impacto do deporte no consumo de osíxeno. Na primeira proba, os seus resultados foron os dun home de 55 anos.

Marchand establecera sucesivamente o récord da hora para maiores de 100 e de 105 anos, en categorías creadas expresamente para el. En xaneiro de 2017, estableceu unha marca de 22,547 quilómetros nunha hora no velódromo
de Saint Quentin en Yvelines, un evento que foi retransmitido en directo por varias televisións.

A súa historia é un exemplo de persistencia e longevidad no mundo do deporte, pero fai uns días chegou ao seu fin. Ter que abandonar as competicións entristeceu moito a este heroe , pero seguirá practicando deporte todos os días
xa que hai costumes que nunca se perden.

Jaime Eiriz Castro 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-01-2018 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Propósitos de Ano Novo
Seguro que a todos vos soa isto dos propósitos de 2018, e consciente ou inconscientemente todos nós facemos cada ano novas promesas a nós mesmos que imos olvidando co paso dos meses, e que en decembro xa nin os lembramos. Ben, pois co fin de que este ano non me pase o mesmo de sempre, decidín investigar sobre que facer para manter estes propósitos e chegar a fin de ano con eles cumpridos.

Moitos expertos coinciden en que omáis importante é unha planificación adecuada, en especial para as persoas máis desorganizadas coma min. Temos a impresión de que sempre falta tempo de facer todo o que queremos, e por iso é fundamental ter un planning.

Outra palabra que abunda bastante nas páxinas que falan deste tema é motivación. Isto en fundamental cando falamos de cumprir obxectivos impostos por nós mesmos, ter algo que nos impulse a continuar con eles e recoñecer o esforzo cada vez que melloramos ou facemos algo novo ben. Cada persoa é un mundo e nada ten que ver o que lle motiva a unha persoa ou a outra, polo tanto isto debe adaptalo cada un a el mesmo, sobre isto non existen normas.

Non teño moito máis que engadir a isto, tamén é necesario, por suposto, gañas e esforzo, nada vai vir feito salvo que o intentes, e polo tanto só me queda desexarvos sorte e darvos moitos ánimos, es agardemos que este ano SI se cumpran todos estes obxectivos.

Mª José León Fernández-Reyes 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-01-2018 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia recibe a maior parte do Gordo cunha cifra inédita tras anos de premios baixos

A sorte sorriu a Galicia este 22 de decembro, cun premio Gordo, o do 71.198, que caeu no seu maior parte na pequena localidade de Vilalba (Lugo), tras varios anos nos que a choiva de millóns esquivou aos galegos e cunha cifra de 520 millóns de euros, inédita neste sorteo para a Comunidade.
Para lembrar a última vez que o Gordo tocou en Galicia hai que remontarse a 2014, con 12 millóns de euros que foron para A Coruña, Lugo e Carballo. O ano anterior, 2013, vendeuse no Rosal unha serie do Gordo e o sorteo deixou uns 5 millóns aos galegos.
O ano 2012 tamén trouxo un belisco do Gordo a Galicia, aínda que foron unicamente 1,6 millóns de euros que se repartiron en Carballo, A Coruña e Meira (Lugo). En total, a Lotaría de Nadal deixou ese ano na rexión 45 millóns de euros.

Sofía Cougil García
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 14-01-2018 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Os menores galegos recoñecen manter contacto con descoñecidos en redes sociais
A gran maioría dos adolescentes galegos usan diariamente as redes sociais en liña. E algúns deles recoñecen establecer contactos con descoñecidos. Así o conclúe un estudo feito por investigadoras da Universidade de Vigo no que subliñan que nalgúns casos os adolescentes afirman que de non poder conectarse durante un día ás redes sociais sentirían ansiedade.
Maiormente, o uso de redes sociais entre adolescentes galegos ten un perfil urbano e feminizado, é dicir, son as rapazas das cidades as que máis participan nestes espazos da Rede.
Paralelamente, moitos adolescentes afirman ter perfís en dous ou máis redes sociais, e afirman que estas supoñen un medio importante e naturalizado nas súas vidas para estar en contacto con outras persoas, socializarse e comunicarse.
Para as autoras do estudo "a relevancia destas redes provocou que, en ocasións, pertencer ou non pertencer a unha rede social deixe de ser unha opción para converterse nunha obriga, unha necesidade para poder estar en contacto cos coñecidos e estar ao día do que sucede no contexto virtual".
Os resultados deste e doutros estudos alertan da perigosa conduta dos adolescentes que usan as plataformas virtuais para interactuar con persoas coñecidas e descoñecidas por igual, xa que, "se cren capacitados para detectar e evitar as situacións de risco" ou mesmo "consideran que un maior número de seguidores faraos máis populares".
Os argumentos dos participantes neste estudo permiten recoñecer as redes sociais como un dos principais escenarios de lecer e comunicación para os adolescentes, que atoparon nestes medios lugares nos que informarse e relacionarse.


Lucía Alvarellos Garea

Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 14-01-2018 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal