Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Aumentan a 26 as persoas falecidas pola gripe en Galicia
Así se constata no noveno informe de 'Vixilancia da gripe en Galicia' que publica o Servizo Galego de Saúde, recollido por Europa Press, correspondente á semana que terminou o 7 de xaneiro. Das 26 persoas falecidas todas tiñan indicada a vacina, ben por idade ou ben por ter factores de risco para sufrir unha gripe complicada, pero trece delas non estaban vacinadas. Ademais, segundo reflíctese no último informe sobre a gripe publicado polo Sergas, a data 11 de xaneiro de 2018 había 406 pacientes ingresados con gripe confirmada en hospitais de Galicia. En total, desde o inicio da tempada, declaráronse 844 ingresos con virus da gripe confirmados en hospitais do Sergas, dos cales o 68 por cento tiña o virus da gripe B; 20 casos, gripe A e B; e o resto virus da gripe A. Hai unha semana, segundo o oitavo informe publicado, había 473 ingresos rexistrados desde o inicio da tempada actual. O Sergas concreta, ademais, que o 90 por cento do total dos pacientes ingresados durante esta tempada tiñan indicada a vacina antigripal e, deles, o 54 por cento non a poñían. O número de chamadas atendidas no 061 por gripe e outras infeccións respiratorias agudas descenderon "moi lixeiramente", polo que, recolle o informe do Sergas, a tendencia cualifícase como "estable" e o nivel de intensidade "segue sendo medio".

Lucas
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-01-2018 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
China deixará de reciclar o teu plástico
China prohíbe as exportacións de lixo do extranxeiro para mellorar o seu medio ambiente.
Tras un serie de reunións os mandatarios chineses consideran que é o momento de converter o seu país en verde e de deixar de ser o punto de acumulación de residuos mundial. Dito doutra maneira queren deixar de ser “o vertedoiro do planeta”. Prohibíronse as importacións de varios tipos de residuos sólidos. Acción que pode ter unha importante repercusión no plano medioambiental.
Agora o problema o teñen os países principalmente do primero mundo, que acostumaban acumular o seu lixo no xigante asiático. Terán que buscar alternativas ou aprender a xestionar os seus.
Ao comezo do ano aprobouse unha lei que prohibía a compra de 24 tipos de residuos agrupados en catro categorías: plásticos, papel sen clasificar, restos de certos minerais e textiles. O Ministerio de Medio Ambiente asegura que estas medidas son imprescindibles para iniciar o cambio. Outra das medidas foi o peche de numerosas plantas de reciclaxe altamente contaminantes situadas nas provincias de Zhejiang e Shandong.
China comezou a exportación de residuos nos anos 80 co fin de reutilizar os residuos e intentar diminuir a escaseza dalgunhas materias primas. Cos anos converteuse no punto central de lixo, ata agora. Seguirán coa exportación pero a menor medida e só os residuos que estén clasificados.
Co caso de China aprendemos que nunca é tarde para cambiar.

Lucía Nieto
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-01-2018 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta comprará casas por concurso para rehabilitalas con fins sociais.
Adquirirá por tres millóns vivendas históricas en Ferrol, Betanzos, Lugo e Ourense.
A Xunta vai poñer tres millóns encima da mesa que, máis que unha aposta arriscada, son unha declaración de intencións moi meditada sobre a política en materia de rehabilitación e vivenda social, dúas disciplinas que discorreron por vías paralelas no ámbito público e privado e que agora se unen nunha iniciativa pioneira. O Diario Oficial de Galicia publicou a primeira convocatoria dun concurso público polo cal a Administración autonómica proponse adquirir inmobles en centros históricos que se atopen en estado de abandono ou semiabandono e, unha vez nas súas mans, rehabilitalos e devolvelos ao mercado a través do aluguer ou a venda, pero cun filtro social similar ao que se aplica nas novas promocións construídas para este fin nas últimas décadas. A iniciativa adiántase e en certa medida é independente da lei de rehabilitación que está a elaborar a Consellería de Infraestruturas, que chegará ao Parlamento ao longo do 2018. A súa formulación é ben sinxelo: os propietarios interesados en vender os seus inmobles terán tres meses de prazo para presentar a súa proposta á Xunta, ata o 13 de abril. O Executivo tomarase un tempo para a adecuada selección e en setembro prevé ter asinadas as escrituras de compravenda, priorizando as adquisicións en función do interese patrimonial, histórico ou social, ou por ter un valor arquitectónico especial na zona. A continuación, contratará e redactará os proxectos de rehabilitación e por último chegará a adxudicación baixo unhas condicións que aínda non están fixadas. Haberá máis criterios, como o menor prezo, a porcentaxe de superficie que poida destinarse a vivenda ou a conservación que se alcance en elementos estruturais como os muros de pedra tras a reforma.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-01-2018 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
Ourense, provincia de vellos

Por primeira vez na historia de España nunha provincia o número de xubilados supera a dos traballadores activos, e tristemente tocoulle a Ourense. Isto era de esperar, as provinvial galegas son as que maior tasa de emigración teñen e menor tasa de natalidade, e dentro das mesmas producese un abandono rural cara as ciudades, especialmente as da costacomo poden ser A Coruña,Vigo ou Pontevedra, sendo as máis perxudicadas por isto Lugo e Ourense.
Lucas Rodríguez Cancio
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-01-2018 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
TRISTE FINAL PARA DIANA QUER

O coche fúnebre cos restos de Diana Quer chegou á 1:15 da madrugada ao tanatorio da Paz, en Madrid, procedente de Verín, e acompañado polo pai da nova asasinada.
Familiares, amigos, compañeiros e achegados despediron na mañá deste xoves a Diana Quer. O seu enterro celebrouse na localidade onde vivía a moza madrileña, Pozuelo de Alarcón.
Ata a sala 17 do tanatorio chegaron durante a mañá decenas de parentes e amigos da nova, cuxo cadáver chegou a Madrid tras a autopsia forense realizada en Galicia, onde desapareceu e foi asasinada en agosto de 2016. Os pais pediron aos medios de comunicación que respecten a intimidade do funeral.
Os parentes levaron un collage con fotografías da familia de hai uns anos, mentres que os amigos achegáronse con peluches e flores.
Tamén aseguraron sentirse moi afectados os seus compañeiros do instituto público Arquitecto Ventura Rodríguez de Pozuelo de Alarcón.
O propio centro educativo quixo renderlle homenaxe cunha mensaxe colgada na páxina web. "Diana, os teus profesores, compañeiros de clase e todo o persoal do instituto lembrámosche. Sempre serás parte deste centro", indican.
Alba losada álvarez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-01-2018 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Reforzos para afrontar a gripe

O Sergas garantiu este mércores a posta a disposición dos recursos que sexan necesarios para afrontar o incremento de demanda asistencial motivado polo pico da epidemia de gripe, e cifrou nun centenar a media de contratacións diarias para reforzar os cadros.
Así o manifestou, nunha entrevista na Televisión de Galicia, o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, quen afirmou que, "a día de hoxe, a situación dos hospitais públicos galegos é a típica do período invernal, en plena onda do virus da gripe". "Os servizos están a xestionarse cunha alta demanda, sen máis incidencias e vanse resolvendo os casos nos hospitais e a PAC", asegurou.

Apuntou que as altas cifras de frecuentación nos servizos de urxencia foron "altas pero esperables", sinalou que o Sergas reforzou os seus cadros, tal e como se contempla nos plans de continxencia dos hospitais, "e non porque protesten os sindicatos", e está a habilitar camas "que xa están dispoñibles para ser utilizadas cando sexa preciso". Cando se chega a un determinado limiar, ábrense novos lugares para atender á xente, e iso inclúe o reforzo de persoal adecuado", engadiu.
Alba González
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-01-2018 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
O que durante moitos anos foi presidente da Confraría estaba ingresado desde o pasado día 5


Bernardo Bastida faleceu hoxe no Hospital Xeral de Caranza por mor das súas múltiples doenzas. Ingresara o pasado día 5 e a súa familia solicitou que lle practicasen a autopsia para determinar se a enfermidade pulmonar que padecía foi debida ao contacto co amianto durante os anos que traballou como electricista de buques na antiga Astano.Fóra do sector era coñecido en toda Galicia por liderar contundentes mobilizacións e protestas polas que frecuentou os tribunais.A capela ardente instalarase no tanatorio da Gándara e despois será incinerado, ás 18.00 horas do mércores.
Lucía Alvarellos
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-01-2018 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Don Carnal e Dona Cuaresma
Coas árbores do Nadal e co ambiente navideño aínda presente en moitos escaparates da nosa cidade, os carnavais comezan a súa andadura pola comarca, xa que a festa de don Carnal este ano chega pronto, do 10 ao 13 de febreiro (martes de Carnaval). Sen ir máis lonxe e para ir abrindo boca, o vindeiro día 20 de xaneiro abrirá o Carnaval en Xinzo de Limia co sábado de Petardazo, para seguir o domingo, día 21, co
domingo Fareleiro.

Chega a data en que gozaremos da liberdade de disfrazarnos e de poder ser outra cousa calquera que desexemos, polo menos, durante uns días. Durante o Carnaval todo está permitido, non existen os tabús e temos liberdade para actuar sempre dentro do respecto ao próximo. Os disfraces, as máscaras, a alegría en xeral, enchen as nosas rúas e pódese respirar o ambiente algareiro.

Pero, algunha vez vos preguntastes de onde procede esta tradición da festa do Carnaval?
Hoxe vouvos contar a historia de Don Carnal e de dona Cuaresma, sacada de “El Libro del Buen
Amor”, escrita polo Arcipreste de Hita.

Don Carnal era un home vulgar, algareiro, ao que lle gustaban moito os praceres da vida, sobre todo o comer; mentres que dona Cuaresma era unha muller seria, relixiosa, que odiaba os bailes e celebracións mundanas e que non comía carne.

Ante esta situación, dona Cuaresma reta a don Carnal a unha liorta que terá lugar o Mércores de Cinza. Ese día, don Carnal resulta vencedor e para celebrar a vitoria, cómese un impresionante banquete que lle fai caer nun sono moi pesado. Dona Cuaresma non perde a ocasión e fai preso ao seu inimigo resultando así finalmente gañadora da batalla. Don Carnal vese obrigado a comer frutas e verduras durante corenta días, que no mundo cristián chamamos Cuaresma, ata a chegada da Semana Santa, onde foi liberado do seu castigo.

Ao falar de Mércores de Cinza, da Cuaresma, da Semana Santa, parece que o Carnaval é relativamente moderno, pero nada máis lonxe da realidade. O Carnaval xa existía antes da era
cristiá.

Etimoloxicamente, procede do termo “currus navalis”, facendo referencia ás Festas Romanas, Gregas e incluso Celtas, onde para celebrar o Ano Novo ou a chegada da Primavera facíanse procesións nas que se paseaba un barco con rodas e no que as xentes cubertas con máscaras bailaban danzas promiscuas e cantaban sátiras. Estas festas en Grecia estaban dedicadas a Dionisios (deus da vendimia e do viño).

Xa na era cristiá, o concepto de Carnaval deriva das verbas “carne vale” ou que é o mesmo, “carne adeus”, é dicir, suprimir a carne.

Está claro que o noso Carnaval ten un pouco de todo. Fagamos a Don Carnal unha merecida homenaxe de boa comida e de boa danza, ou como diría a miña avoa, tende en conta que “a danza sae da panza e a alegría da barriga”.

Apertas e ata a semana vindeira!

Clara Mª Domínguez Iglesias 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-01-2018 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Os ecoloxistas intentan loitar contra o uso da pesca eléctrica
Os verdes loitan contra Bruxelas, para parar este método de pesca tan nocivo para o océano.

Desde fai case dúas décadas a flota europea ten prohibido utilizar artes de pesca destrutivos como explosivos, veleno, sustancias soporíferas, artillas neumáticas ou corrente eléctrica. É dicir, non poden usar os aparellos
eléctrodos que ao tocar o fondo mariño emitan pulsos eléctricos, forzando aos peixes a saír do sedimento para facilitar o seu captura. Unha derrogación da Comisión Europea abriu a porta ao uso limitado deste método a finais de 2006.

Agora Bruxelas propón dar un paso máis e terminar coa prohibición dicindo que é unha alternativa mellor porque reduce descartes e emisións de CO2.

A idea desatou a polémica entre organizacións medioambientais e pesqueiras, que acusaron ao Executivo comunitario de ignorar a opinión dos científicos cando aprobaron as excepcións e puxeron en marcha unha campaña para intentar que o Parlamento Europeo dean as costas a unha técnica que consideran un escándalo político, económico e gastronómico.

O intento de última hora dos Verdes por atrasar a votación do novo regramento de medidas técnicas non callou e o 16 de xaneiro o pleno da Eurocámara, tras un último debate o luns, fixará a súa postura de face a negociación posterior co Consello e a Comisión Europea.

Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-01-2018 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
A visita dos Kennedy
Kick Kennedy, filla de Robert Kennedy junior e neta de Bob Kennedy, pasouno en grande visitando algúns dos enclaves da provincia, como confesa esta semana nunha coñecida revista do papel couché.

Unha firme promesa de Hollywood quedouse prendada da provincia de Ourense tras unha visita para coñecer unha parte das bondades da súa contorna natural e a súa riqueza gastronómica.

Relátao esta semana na revista “Hola”, onde fai un repaso da súa vida e conta as súas experiencias en terras españolas. De todas elas, destaca a súa viaxe a Ourense no mes de setembro, onde explica que pasou "uns días marabillosos" visitando, entre outros lugares, "as fontes termais e unha antiga cripta galega".

Un dos momentos máis lembrados da súa visita foi a visita ao mosteiro de San Pedro de Rocas, que lles impresionou, en palabras de Baltar. Alí, coincidiron co lendario grupo Luar na Lubre, que estaba a gravar o seu último traballo, cuxo técnico de son era, ademais, orixinario do pobo de onde partiron para facer o Camíño, Saint Jean- Pied-de- Port.

Kevin Oliveira Quiroga 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-01-2018 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal