EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O campus de Ourense eleva o seu presuposto ata os cinco millóns
O ano 2018 quedanlle por diante moitos meses nos que o campus de Ourense afrontará proxectos para os que contará con máis diñeiro que nos exercicios pasados. Este ano a Universidade de Vigo manexará un presuposto de 172 millones de euros, o más alto dende o ano 2011, e isto redundará en todos os centros que a componen, aunque as cifras que se manexarán a nivel local supoñen unha pequeaa parte de ese montante total. Esto non so responde a que el de Ourense sea un campus moito máis pequeno que o de Vigo, sino tamén a que o 60 % do diñeiro que manexará este ano a institución, 102 millones, destinarase aos pagos das nóminas do persoal.




Sofía Vecillas Lopez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-01-2018 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Rita, a bisavoa das vacas galegas.
Con 25 anos, cumpridos no pasado novembro, Rita é a vaca cachena máis lonxeva de Galicia e non só desta raza, senón de todas as autóctonas en perigo de extinción. Certifícao o libro xenealóxico de Boaga, a federación de razas autóctonas de Galicia, que se encarga de velar pola súa supervivencia e expansión. Naceu en 1992, en Olelas, Entrimo, en Ourense. Viviu durante uns meses en Curtis e antes de que cumprise o ano, leváronlla coa súa nai a Viveiró (Muras), á comunidade de montes Tenente e Xistral. Desde entón non volveu viaxar. Alí pasta xunto a outras 56 vacas máis da súa mesma raza e a dous touros que se encargan de que aumente a poboación de cachena. Dispón de 650 hectáreas de terreo en pleno monte, que son as que explotan os 12 comuneiros e polas que andan soltas os 365 días do ano. Rita, que figura no rexistro fundacional da raza autóctona cachena, seguiu cumprindo anos a partir de 2015 en que tivo a súa última cría, porque a súa presenza no rabaño é necesaria para que a comunidade de montes poida seguir cobrando as axudas da PAC, segundo admitiu o seu presidente, Arturo Miranda. A presenza do lobo en Ou Xistral, que ataca sobre todo ás crías, impide que o crecemento do rabaño evolucione na mesma medida que os nacementos. No pasado ano tiveron 3 baixas, e no anterior 7, polo que Rita segue sendo imprescindible. Segundo Miranda, se non fóra polos ataques destes depredadores, en lugar de 56 reprodutoras no rabaño, terían o dobre.



Aitana Lanzós Gomez
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-01-2018 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
A policía dá protección en Galicia a 3.100 vítimas de violencia machista
Diana Quer morreu por ser muller, vítima dun crime que só dana e mata ás mulleres. Este argumento foi repetido unha e outra vez ao longo das últimas semanas para sustentar unha petición que volveu ao primeiro plano coa aparición do corpo da moza madrileña, asasinada e a autopsia dirá se violada por un home que se cruzou no seu camiño de regreso a casa. Esa petición é que o caso de Diana Quer e todos os casos de agresións sexuais pasen a ser considerados violencia machista. A presidenta do Observatorio contra a Violencia de Xénero, Ángeles Carmona, anunciaba hai uns días que os crimes como o de Diana serán contabilizados a partir deste ano nas estatísticas que elabora ese organismo. Para ir máis aló e que as vítimas de acoso, abusos, trata e outros delitos contra a muller pasen a beneficiarse das providencias previstas na Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero farán falta cambios legais.

O pacto de Estado asinado hai algunhas semanas abre este camiño, pero mentres este non se percorra, os casos como o de Diana só pasarán a engrosar as estatísticas de violencia machista. Unhas estatísticas que, sen ter en conta estes delitos e contabilizando só a violencia exercida no ámbito da parella ou exparella, pecharon os once primeiros meses do 2017 con 482.729 casos en España e 25.043 en Galicia, 3.169 deles activos e 13 de risco alto ou extremo.
Son os datos do sistema Viogén, de seguimento integral nos casos de violencia machista, que puxo en marcha o Ministerio do Interior no ano 2007 para facer unha avaliación do risco en cada caso e determinar as medidas de protección e seguimento que deben aplicarse tras cada denuncia que chega ás comisarías, aos cuarteis ou aos xulgados.
Segundo eses datos do 30 de novembro do 2017, hai en Galicia 23.285 vítimas de violencia machista. Elas ou a súa contorna denunciaron eses 25.043 casos que recolle a estatística, dos cales 21.874 estaban inactivos e 3.169 activos. Que un caso estea inactivo significa que, por determinadas circunstancias, considérase que non é necesaria a atención policial, aínda que pode ser reactivado en calquera momento. Os casos activos están baixo atención policial, cunha actividade que depende do nivel de risco que se determine aplicando o protocolo que se elaborou para iso.
Dos 3.169 casos activos que os últimos datos estatísticos reflicten en Galicia, 1.522 consideráronse de risco non apreciado. Para as mulleres nesta situación, o sistema Viogén prevé medidas de seguimento que implican a revisión do nivel de risco cada tres meses e, se é necesario, medidas policiais de protección. Para as mulleres para as que se apreciou perigo establécense medidas policiais de protección que aumentan de intensidade segundo increméntase o nivel de risco, que pode ser baixo, medio, alto ou extremo. Só 12 casos considerábanse de risco alto no último reconto, e só un era considerado pola policía como de risco extremo. 259 casos eran de risco medio, e 1.375, baixo. Case 1.500 mulleres teñen en Galicia un plan de seguridade personalizado co fin de garantir a súa integridade física fronte ás súas parellas.



Ana Ramos Gallego
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-01-2018 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Segundo informou a Policía Local, sobre as 0,30 horas deste venres, unha patrulla dirixiuse a un edificio na rúa Carral, onde un veciño alertara dun posible episodio de violencia de xénero porque escoitaba berros de auxilio dunha muller e ruídos de golpes e obxectos.

Unha vez no rellano da vivenda, os axentes escoitaron no interior que unha muller gritaba e que rompía unha vaixela, polo que chamaron á porta. Un home abriulles e entón a muller pediulles axuda, ante o que procederon a reter e identificar a este individuo.

O home recoñeceu entón que discutira coa súa parella, pero alegou que non sucedera "nada máis"; mentres que a muller comunicou doutra banda que, "desde hai varios anos", recibe malos tratos del cando chega ao domicilio en estado de embriaguez.

De feito, relatou que, momentos antes da chegada da policía, o home chegara ebrio e empezaran a discutir ata que el agrediuna, suxeitándoa polo pescozo e tirándolle dos pelos. A muller presentaba o pelo alborotado, a cara arroibada, arañazos no pescozo e unha ferida case cicatrizada no cóbado, que dixo sufrir nunha agresión uns 15 días antes.

Ademais, o interior da vivenda atopábase revolto e había vaixela fracturada polo chan. Por todo iso, os axentes procederon á detención do home, que responde as iniciais M.A.C.G., por un delito de violencia de xénero.


Ángela Itziar Baig García
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-01-2018 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
Captan por primeira vez en Galicia o raio azul do Sol
O raio verde é un fenómeno atmosférico que se produce xusto despois da saída do Sol ou xusto antes do solpor. Débese a que nunhas determinadas condicións, a atmosfera produce un fenómeno de dispersión e difracción das ondas de luz que anula algunhas cores do espectro visible para os humanos, mentres que maximiza as ondas arredor dos 525nm, que se corresponden cos tons verdosos. É pouco habitual, e mesmo espertou a imaxinación de artistas e escritores, como Jules Verne, que lle dedicou un libro no que narra a apaixonada busca deste fenómeno, e tamén se mencionaba no filme Piratas do Caribe como unha especie de mito.
Pois ben, o raio azul, ou violeta, é aínda máis difícil de ver. Para observalo, é preciso que se maximicen só as ondas de luz arredor dos 450nm. Hai poucos documentos gráficos no mundo que amosen a súa presenza. Dous deles, en Canarias. Nunha ocasión, o achado do fenómeno desde a cima do Roque de los Muchachos, na illa da Palma, protagonizou a imaxe do día da NASA.
O galego, Alfredo Madrigal, fotógrafo e profesor de ensino secundario, deu a coñecer que observou o fenómeno en xuño de 2016 nos cantís de Loiba. É a primeira vez que se documenta en Galicia. Tal e como explica Madrigal, revisando o material fotográfico que tiña no seu disco duro, viu que raio azul se manifestaba con claridade.

Lucía Alvarellos Garea
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 21-01-2018 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Entréganse os Premios Modesto R. Figueiredo en Arzúa
Os galardoados son Ariadna Fernández González polo seu relato 'Secuestro', Lionel Rexes Martínez por 'O tempo dos pexegos' e Xerardo Vidal polo seu 'Vilaquinte'.

A Fundación do Pedrón de Ouro en colaboración co Concello de Arzúa celebrou o sábado 20 de xaneiro ás 12 do mediodía na capela da Madanela de Arzúa o acto de entrega dos Premios de Narración Breve Modesto Rodríguez Figueiredo.

Coa deste ano o premio Modesto R. Figueiredo acada a 43 edición, que converten o Figueiredo no único premio literario dedicado a potenciar os relatos curtos.
Tal é o prestixio acadado que moitos críticos literarios agrupan aos autores galardoados como os da Xeración do Pedrón de Ouro. O conxunto dos seus relatos comprendían as tendencias temáticas e estilísticas da narrativa galega destes últimos 40 anos.A través dos seus 42 anos de historia foron distinguidos máis de 100 autores, case todos noveis que logo desenvolveron unha exitosa carreira literaria.

O mantedor literario no acto de entrega foi o cantautor e poeta Baldomero Iglesias e actuou o concertista Iván Fernández Soto, profesor de piano do Conservatorio de Música de Arzúa.

SOFÍA COUGIL GARCÍA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-01-2018 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Preludio do entroido en Viana do Bolo e Vilariño de Conso
Folións de Viana, de Buxán (O Bolo) ou da Mourela p'acá de Manzaneda, máscaras como o Touro ou o Xigante de Celanvente, as Pantallas de Xinzo, os Cigarrróns de Verín, os Vergalleiros de Sarrreus, os Felos de Maceda, as Bonitas de Sande, os Troiteiros de Bnade ou os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros. Un abigarrado e multicor desfile -mais unha vez o faiscante entroido galego- encheu de vida esta fin de semana as rúas de Viana do Bolo e Vilariño de Consonun dos eventos etnográficos de maior potencia iconográfica de todos cantos se desenvolven no país.



Na Mascarada Ibérica déronse cita até 40 festas de inverno -celebracións pagás do cambio das estacións- da península ibérica -cántabras, zamoranas...-, con representación tamén portuguesa: os Caretos de Lazarim e Parada, o Careto de Valverde, o Chocalheiro de Bemposta ou os Velhos de Bruços.



Organizou o evento -o pórtico do entroido que xa dará comezo a próxima semana en Xinzo para logo se estender ao conxunto do país- a Comisión do Entroido 2018 de Viana do Bolo, a Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño de Conso e a Saga, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Viana.



Candela Fernández del Pon, 2ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-01-2018 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
Que produtos se consumen máis en Galicia?

Os españois prefiren produtos frescos no que se refire á alimentación, pero hai grandes diferenzas no carrito de compras segundo o territorio. Así, os que comen máis carne son casteláns, os galegos consumen case o dobre de peixes como as illas Baleares e os asturianos como froitas. Os datos son recollidos no último informe sobre a produción, industria, distribución e consumo de enerxía en España, publicado polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. O informe fai estatísticas curiosas, algúns dos cales fan bo o refrán que di: "O ferreiro, coitelo de madeira" Isto revela, por exemplo, o feito de que A Rioxa, unha das máis famosas denominación de viño español, e Castela-A Mancha, que afirma ser a rexión vinícola máis extensa do mundo, son as áreas a menos consumida esta bebida alcohólica, con 1,8 e 1,7 litros, respectivamente, en comparación coa media 4.2 de cada un dos españois. Baleares é que a maior parte do viño coa designación de orixe é tomado, 7,9 litros, seguíndose o País vasca, con 6,4 litros.Outro feito sorprendente é que no berce do banano español, Canarias, consumen menos froito que o promedio e que se atopa no outro extremo do país, en Asturias, onde se engolen máis quilos de mazás, laranxas ou peras. Se a inxestión de froitas é o termómetro dunha dieta sa, os asturianos toman o bolo, por diante do castelán, o éuscaro, o navarro, o gallego eo aragonés, porque todos levan a casa, en media, máis de cen quilos ao ano . No lado oposto, a Rioja só consome 77,2 quilos de froita, moi por baixo dos 99,5 quilos da media nacional. Non obstante, o estudo advirte de outro feito: o feito de compralo non significa que se come porque, de feito, a froita é o alimento máis desperdiciado. Outro ingrediente saudable, como as verduras frescas e as verduras procesadas, ingresan nas casas españolas uns 60 quilos ao ano, cifra que ascende a 78,9 quilogramos en Aragón e 65,9 en Cataluña, pero ata 47 , 5 no caso de Cantabria. Detrás de froitas e legumes é o consumo de carne, con 50,1 quilos por familia ao ano. Nesta sección colócase unha comunidade con fama nos seus produtos cárnicos como Castela e León, con 58,7 quilos por persoa en promedio, máis que os 57,1 quilos que devora o aragonés. E Galicia, exponente de produtos do mar por excelencia, é a autonomía onde se consume máis peixe, en promedio de 32 quilos, moito máis que outros territorios rodeados polo mar como Canarias (18,6) e Baleares (17,7). A media dos españois é de 25,5 quilogramos de peixes e mariscos. Tamén é a comunidade galega que gasta máis aceite de oliva, ata os 10,8 litros por ano, unha cifra que veñen de Cantabria e Asturias, así como a Rioxa, todos por riba dos 8,5 litros de media nacional. Son os datos de Galicia do consumo per cápita de alimentos (en quilos) e bebidas (en litros, aceite de oliva e viño de denominación de orixe). Na comunidade galega consumíronse 52 quilos por ano de carne, 32 quilos de peixe, 56,4 quilos de verduras, 109,2 quilos de froita, 10,8 litros de aceite e 4,0 litros de viño.


Anxela Pérez Fernández, 2ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-01-2018 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
Xeo en Marte
Un grupo de científicos tras anos buscando auga en marte, encontraron grandes reservas de xeo sobre a súa superficie, xa que xa se chegou a conclusión de que encontrar auga líquida no planeta vermello é case imposible. A pesar de ser un gran descubremento, aínda hai que analizar ese xeo e ver se é apto para o consumo, sen dúbida a carreira espacial está más emocionante ca nunca, para a década de 2020/30 tense planeados diversas viaxes xa sexan dende a NASA ou dende organismos privados, esperemos que para entón haxa o orzamento e a tecnoloxía adecuada.





Juan Vázquez Viso, 2ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-01-2018 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
Denuncian que as axentes femininas da Comisaría de Lugo aínda non teñen chalecos antibalas
O secretario en Galicia da Unión Federal de Policía (UFP), Miguel González, denunciou este venres que as axentes femininas do equipo da Comisaría de Lugo aínda non dispoñen de chaleco antibalas.
Dos 180 policías de Lugo, segundo destacou, non dispoñen desta "ferramenta de traballo" en torno a trinta "e as policías femininas seguen sen o chaleco adaptado á súa anatomía". "Foron a Madrid a facer o paripé e non se lles fixo o chaleco axeitado, isto é de traca", reprochou.

González apela a que o policía na rúa "ten que estar dotado como deus manda" e comentou que por parte da dirección "espera que o compren eles; que o policía gaste 600 euros nun chaleco particular". "Isto é unha vergoña", protestou.
Ademais, denunciou as xornadas "maratonianas" que pretende impoñer a Dirección Xeral da Policía, para o que quere pagar por iso vinte euros, segundo denunciou.
Ao respecto, a UFP sostén que iso non se corresponde con comisarías como a de Lugo, que "non dispón tampouco de efectivos para montar esas quendas que o director xeral quere impoñer, cando aquí moitas veces solo sae á rúa un radio patrulla".





Laura Feijoó González, 2ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-01-2018 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal