Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O HOSPITAL DE OURENSE DESBORDADO POLA GRIPE
A incidencia da gripe nunha poboación envellecida enche os centros sanitarios.
Desde o servizo de Medicina Preventiva do CHUO descartan que o tipo de gripe que afecta este ano sexa máis grave que en campañas anteriores.
O persoal denuncia falta de recursos (o aumento de ingresos obriga a suspender operacións e converte en dobres ou triplas habitacións individuais).
A comisión de centro sostén que falta persoal, material e organización ante a situación actual.
Os representantes dos traballadores mantiveron onte unha reunión coa xerente, Eloína Núñez.
A onda da gripe podería durar outras dúas semanas e o seu pico agárdase para finais deste mes, polo que o hospital xa avisa que aínda se esperan” repuntes" ao longo destas semanas. A media anual é de 190 atencións diarias e nestes días chegaron a atender ata 267.
A sanidade pide que en caso de enfermidades banais, ou unha gripe sen complicacións, acúdase ao centro de saúde ou ao Punto de Atención Continuada. En caso de dúbida, aconsella chamar ao 061, de forma que as urxencias queden para os casos máis graves. O CHUO admite que poden producirse horas de espera.
ALBA LOSADA ÁLVAREZ 4º B ESO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-01-2017 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
A bióloga que naceu dúas veces, en Madrid e en Vigo.

Marilar Aleixandre foi pioneira no uso do galego como lingua vehicular do ensino das ciencia.

Adoita dicir e lembrouno no seu discurso que naceu dúas veces, unha en Madrid en 1947, e outra en Vigo na primavera da Revolución dos Caraveis, en 1974, cando inicia a súa inmersión no galego. É escritora, bióloga e catedrática de Didáctica das Ciencias Experimentais da Universidade de Santiago. Marilar Aleixandre foi pioneira no uso do galego como lingua vehicular do ensino das ciencias e está considerada unha das figuras máis relevantes da investigación en didáctica das ciencias en Europa. Lembraba Fina Casalderrey que cando foi á escola, a nena Marilar xa sabe ler. Fora súa nai, dona María Pilar, quen «inventara» un método atractivo para que todos os seus fillos aprendesen a ler. Dábase por suposto que todos, tanto homes como mulleres, tiñan que posuír unha formación sólida «para emprenderen voos en liberdade».
Pelexou para que o seu primeiro destino en Galicia, o instituto número 5 do Calvario, en Vigo, a onde chegou como catedrática, levase o nome de Castelao.

Con máis de corenta títulos, a súa obra foi traducida ao portugués, castelán, chinés, catalán e éuscaro. O seu debut literario foi no 1989 con A formiga coxa. A literatura infantil e xuvenil é un dos xéneros nos que colleitou máis premios e, mesmo con A expedición do Pacífico, dixo Fina Casalderrey, foi Premio da Crítica Galega.

Pero tamén cultiva outros xéneros cos que obtivo o Premio Álvaro Cunqueiro, o Xerais ou o San Clemente. Docente e investigadora, en Toba (Cee), adquiriu o chuspe do galego por inmersión na tribo dos Facal. A propia Marilar dixo desta aldea que «caer en Toba foi mergullarme nun caldeiro no que fervía a cachón o galeguismo», do que xa nunca marchou.

Esther Barreira Cartelle 4ºESO B.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-01-2017 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
ANO CARLOS CASARES
Entrado xa o ano 2017, deamos a benvida desde o EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas Ourense a don Carlos Casares, o escritor polígrafo da Limia a quen lembraremos no centro e fóra del durante os 12 meses, isto é, no ano natural.

Atrás ficou a lembranza merecedísima no ano atrasado do centenario das Irmandades da Fala, con exposición brillante incluída que percorreu Galiza polos catro puntos cardinais e as loanzas de publicacións, homenaxes de todo tipo feitas ao chairego Manuel María.


Agora debe ser mester pór en valor a Casares en todas as súas facetas; desde a de rexente institucional de entidades tan prestigiosas como o Consello da Cultura galega ou Galaxia, pasando polo seu prolífico contributo como tradutor e, como non, o se rol de xornalista, escritor e dinamizador da lingua galega.

BENVID@S TODOS E FELIZ ANO CARLOS CASARES!
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-01-2017 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal