Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Asemblea francesa tomba unha proposta para protexer no ensino e nos medios as linguas minorizadas
O Parlamento de Francia tombou unha proposta para que as linguas territoriais á marxe do francés tivesen maior presenza no ensino, así como rexeitou promocionar os idiomas minorizados no espazo público e audiovisual. Así o recolle 'Nationalia', que indica que a votación decorreu nun hemiciclo case baleiro. A proposición de lei foi presentada polo deputado ecoloxista bretón Paul Molac.

O pasado 28 de outubro os senadores da dereita rexeitaron discutir un texto que propuña que Francia debía ratificar a Carta europea de linguas rexionais e minoritarias. Após esa negativa, Molac traballou, informa 'Nationalia', para preparar a proposición de lei finalmente rexeitada. Propostas que procuraba maior protección para idiomas como o bretón, o corso, a lingua de Oc, o euskera, o catalán...

Sofía Fernández Martínez, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-01-2016 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
55 anos da publicación de 'Memorias dun neno labrego'
O 5 de xaneiro fíxeronse 55 anos da publicación de Memorias dun neno labrego, o maior 'best-seller' da literatura galega, que ten sido traducido a ducias de linguas. Tal e como lle dicía o propio Neira Vilas a Sermosnunha entrevista do pasado outubro, “Memorias vai máis alá de min. Como di Freixanes: “Balbino desbórdate”, non precisa de min. Leva uns 800.000 exemplares vendidos, por diferentes edicións. Séguese reeditando moito, non paro de asinar exemplares por aí adiante. Unha señora de Ponteareas tróuxome hai pouco sete exemplares para diferentes nenos”.

Contábanos tamén, orgulloso, que se estaba a traducir nese momento ao xaponés, ao esperanto en Nova York e tamén á lingua aborixe de Cabo Verde por Viviane Furtado, quen nunha entrevista con Sermos afirmaba que “a pesar de que a súa infancia transcorreu no interior galego e a miña nunha illa africana, hai moitas vivencias en que me sinto identificada con el”.

En Galaxia xa vai pola 35ª edición, e subindo. Pero a primeira edición saíu do prelo por vez primeira un 5 de xaneiro de 1961 en Bos Aires da man da editorial Follas Novas. A cuberta orixinal fora deseñada por Luís Seoane e a editora fora creada en 1957 polo propio Neira e a súa muller, Anisia Miranda. Aínda que, tal e como afirma a Academia Galega, “o grande éxito da obra arrincou en 1968, cando Ediciós do Castro publicou en Sada a segunda edición, ilustrada por Isaac Díaz Castro”.

Sandra Tornero Belloso, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 17-01-2016 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
O ronsel que Bowie deixou na música pop.

Sen David Bowie a historia da música pop sería diferente, moi diferente. Non se trata dunha frase a reencher co seu nome. Ao contrario, o influxo do artista británico falecido o pasado domingo é tan inmenso que só apelando a xigantes como Bob Dylan, The Rolling Stones ou The Beatles pódese achar un icono referencial superior. A súa omnipresente luz alumou a unha inmensa xeración de artistas dos que hoxe se consideran fundamentais: de Joy Division a Arcade Fire, pasando por Nine Inch Nails.

Antes, el fora o iluminado. Na súa condición de explorador, Bowie absorbeu todo o que puido onde había que absorber, fora Bob Dylan, Velvet Underground ou Scott Walker. Arrimouse ao talento (Lou Reed, Robert Fripp, Iggy Pop) sempre que apareceu a opción. E intentouno con outros sen éxito, como o portazo co que se toparon as súas ansias de subirse ao tren do futuro de Kraftwerk na segunda metade dos setenta. Cultivou esa dualidad de músico fan/músico artista con xugosos réditos creativos.

David Bowie merece o estatus de xenio, non cabe dúbida. Pero en lugar de crerse un iluminado coa pista do futuro nas mans, soubo que, ademais da constante transformación, había que absorber, colaborar, contaxiar e contaxiarse. Os resultados saltan á vista. Nalgúns casos o influxo funcionou en dobre dirección. Con Lou Reed, que se sumaría á desafiante oleada bisexual do glam-rock comandada por Marc Bolan e el en Inglaterra, gravaría Transformer. No seu momento, reprocháronlle a Reed que o disco parecía máis de Bowie ca seu. Tamén mantivo unha ligazón especial con Iggy Pop. Con el traballou aos mandos do volcánico Raw Power dos Stooges, así como nos discos The Idiot e Lust For Life da Iguana, ambos fundamentais.

Estes dous últimos álbumes graváronse en Berlín, a cidade na que Bowie xestou ese milagre titulado Heroes, un cume definitivo na historia do rock. Gravouse en 1977, mentres en Inglaterra explotaba o punk do que se considera precursor. A súa etapa berlinesa tamén obtivo descendencia artística. A conexión con Joy División resulta máis que obvia. De feito, en Lazarus, o single de Blackstar no que fala da súa morte, case semella unha devolución da influencia á banda de Ian Curtis. Na onda sinistra, tamén inspirou a Bauhaus e The Cure.

Coa edición de Scary Monsters, Bowie adiantou ao movemento New Romantics. Xunto a Roxy Music preparou o voo posterior de Visage, Duran Duran ou Soft Cell. Máis tarde, a sombra chegaría a Culture Club, Eurythmics ou Depeche Mode. Nos oitenta tamén brotarían bowicitos en España. Desde Tino Casal a Miguel Bosé, pasando polos Parálisis Permanente que castelanizaron o seu Heroes.

Xa na década dos noventa irromperá o neo-glam en Inglaterra. Suede, os seus máximos representantes, mesturaron a Bowie con The Smiths con resultados excelentes. Mentres tanto, Placebo diluírono co nervio dos Pixies. E el buscaba inspiración nas novas correntes da electrónica, mentres NIN rendíanse aos seus pés, teloneándoo. O último grupo que apadriñou foi Arcade Fire. Os canadienses deixáronse querer e entraron na liga dos grandes da súa man. Máis aló, a diva do pop Lady Gaga tamén mostrou os ensinos bowienanos na súa carreira.


Cristina Rey Pérez, 1°B de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-01-2016 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
70.000 galegofalantes en 51 concellos de Asturias, León, Zamora e Estremadura
Esta semana o concello asturiano da Veiga declaraba oficial o galego, recoñecendo así o dereito da súa veciñanza a empregalo nas mesmas condicións que o castelán. Un paso importante, pois era a primeira vez que un municipio da comarca de Navia declaraba o galego oficial no seu territorio. O galego – tal e como lembra o portal lingua.gal- ten falantes en 15 concellos que fan parte do Principado de Asturias: Allande, Boal, Castropol, Coaña, Eilao, El Franco, Grandas de Salime, Ibias, Navia, Pezós, San Martín de Ozcos, Santalla de Ozcos, Santiso de Abres, Tapia de Casarego, Taramundi, A Veiga, Vilanova de Ozcos e Villaión.

Mais non é A Veiga o primeiro concello fóra da Galiza administrativa en declarar oficial o galego. En 2006 declarou cooficial no seu territorio o galego o pequeno concello de Lubián (Zamora). E en 2001, Veiga de Valcárce (León), mais poucos meses despois a alcaldesa decidiu retirar e anular o acordo de goberno que declaraba oficial o galego. En León son 25 os concellos con habitantes galego-falantes e en Zamora, cinco. Na comunidade de Estremadura existe tamén un pequeno núcleo (Val do Xálima) de tres lugares nos que se fala unha variedade da lingua galega: Valverde do Fresno, As Ellas e San Martiño de Trebello.

Ana García Barandela, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 17-01-2016 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
A Policía Local impide que un home caera para o río da Ponte Nova
Só no momento en que o home é liberado da vía férrea, a policía conseguiu prendelo e movelo para un lugar seguro na calzada. Aconteceu na última medianoite: os axentes da policía local rescataron "in extremis" a un home de 37 anos de idade e residente de Ourense de acabar nas augas do Miño despois de estar colgado no antepeito da Ponte Nova e intentar saltar para o baleiro.

Unha chamada para a central de comunicacións da Policía Local levou ao lugar máis próximo á unidade para axudar ó home. Tras a cirurxía, o afectado confesou a súa intención de suicidarse por problemas persoais. Polo tanto, os servizos de saúde participaron no "in situ" e posteriormente trasladárono ao hospital.

Laura Pérez Madriñán, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-01-2016 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Máis de dous millóns para fomentar a formación de mozos galegos no exterior.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, destacou que a Xunta fomenta a formación da xuventude galega no exterior cun investimento de 2,2 millóns de euros para 2016 a través do programa de mobilidade transnacional Galeuropa.

Vázquez participou este venres na Baña (A Coruña) na II Conferencia do proxecto Welcome, que reúne ata este sábado a medio centenar de representantes de municipios e entidades procedentes de doce países europeos (España, Italia, Hungría, Malta, Eslovaquia, Romanía, Estonia, Letonia, Chipre, Grecia, Bulgaria e Francia).

Este proxecto enmárcase no programa Europe for Citizens 2014-2020, que pretende fortalecer unha rede de cooperación entre as cidades participantes en temas vinculados á migración, os dereitos humanos e á cidadanía activa.

A directora xeral destacou que o fomento da mobilidade xuvenil en Europa é un dos eixes preferentes do Plan Estratéxico Xuventude 2014-2016 xa que "a mobilidade non é un fin en si mesmo senón que debe entenderse como a adquisición de novas capacidades nun ámbito cultural e social novo".

Ademais, sinalou que as iniciativas deste tipo buscan mellorar a formación da xuventude galega, ampliando o currículo laboral a través dunha experiencia internacional que adoita ser de moita utilidade para complementar as ensinanzas académicas con experiencias e competencias adquiridas mediante a participación xuvenil e a mobilidade.

Selena González Rodríguez, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 17-01-2016 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Un ferido leve nunha liorta nunha zona comercial de Santiago
Un leve, segundo fontes de hospital, é o saldo do forte enfrontamento entre dous clans xitanos de Santiago no aparcadoiro do supermercado Día, no polígono da Sionlla, en Santiago. O ferido, segundo confirmaron fontes da investigación, non reviste gravidade. Aínda que nun principio díxose que, recibira un tiro; agora confírmase que os disparos realizáronse ao aire. Por agora hai un detido e estase buscando a outro, que se deu á fuga. Outras fontes apuntan que se prevé a detención doutras dúas persoas nas próximas horas.

Antía Ramos Gallego
1º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 17-01-2016 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Os estaleiros galegos asumirían a maior parte do contrato que ultima Navantia
Catro anos de carga de traballo. É a repercusión no emprego que implica o contrato de construción de cinco corvetas que Arabia Saudita ultima cos estaleiros públicos de Navantia . En España están listos todos os permisos á empresa que preside José Manuel Revolta, se ben aínda resta a luz verde definitiva por parte da familia real saudita, o que se espera que se produza en breve.

O encargo, baseado no modelo Avante 2.200, está chamado a converterse no maior pedido asinado ata o momento polas factorías públicas e nun auténtico salvavidas para a compañía, á que podería despexar a súa viabilidade a medio e longo prazo. Porque non implica só a fabricación dos navíos, senón tamén a formación das dotacións no manexo dos equipos, o adestramento das tripulacións na operación dos buques e incluso transferencia de tecnoloxía ao naval do país, ademais do mantemento das unidades.

Lucía Vázquez Nóvoa, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 17-01-2016 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Final feliz a un rescate canino no Miño
Entrar ao Miño a xogar cuns patos ocasionou un problema serio a 'Scottie', un golden retriever que terminaría sendo salvado da forte corrente grazas á intervención de Bombeiros, Protección Civil e Policía Local.

O can paseaba na tarde deste venres xunto a súa dona polo Tinteiro cando viu ás aves no río. Sen pensalo, entrou na auga para xogar con elas. Pero a corrente do Miño tiña outros plans. Sen que el puidese facer nada para evitalo, empurrouno río abaixo. Ante esa escena, a súa dona chamou á Policía Local, que avisou a Bombeiros e Protección Civil. Tras xuntarse todos no lugar dos feitos, observaron que a única forma de rescatar ao animal era a bordo dunha moto acuática. Foi deste xeito como conseguiron rescatar a 'Scottie', cando se atopaba xa á altura da vella depuradora de Reza.

Nuria Vázquez Gómez, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 16-01-2016 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia estará representada nos Óscar.
A película Stutterer, á que o compositor Nico Casal (Santiago, 1985) puxo a banda sonora, foi nomeada aos premios da Academia de Hollywood na categoría de curto de ciencia ficción. Falamos con el en Londres, onde está afincado, ás poucas horas de darse a coñecer a lista: “Quedamos para velo nos estudos da televisión ITV, onde traballa a produtora do curto. Xuntámonos os seis que o fixemos. Os da organización dos Óscar pedíronnos que gravásemos a nosa reacción. Foi horrible. Empezaron Guillermo del Toro e Ang Le a dicir os nomeados de cada categoría e os seis estabamos fronte a unha pantalla xigante. Con cada categoría xa nos poñiamos súper nerviosos. E cando tocou a de mellor cortou de ciencia ficción, dixeron o primeiro, o segundo, o terceiro, e aí, eu polo menos, tiven unha sensación moi mala. Pensei, 'xa estamos fóra'. Deixáronnos, foi dos peores momentos da miña vida. Todo pasou moi rápido, en tres segundos, de súpeto dixeron o nome do noso curto e puxémonos a gritar, a chorar. Destes momentos que non vou esquecer nunca. Non nolo cremos aínda. Imos tardar tempo en asimilar todo isto”.

Antía Álvarez Ferro, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 16-01-2016 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal