EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

‘‘A Esmorga’’ optará a mellor guión adaptado nos Premios Goya.
A Esmorga será candidata a mellor guión adaptado na gala de entrega dos Premios Goya da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España. Malia que se agardaba que a interpretación de Antonio Durán, Karra Elejalde ou Miguel de Lira fose recoñecida nos galardóns do cine español, ningún dos tres resultou finalista para os premios que se entregarán o vindeiro 7 de febreiro. Karra Elejarde candidátase, en cambio, pola súa interpretación en ‘‘Ocho Apellidos Vascos’’.

Os nomes de Ignacio Vilar e Carlos Asorei como autores da adaptación da novela de Blanco Amor foron os únicos de ‘‘A Esmorga’’ que se sentiron na lectura dos finalistas que tivo lugar este 7 de xaneiro. Canda eles, a película de animación ‘‘A tropa de trapo na selva do arco iris’’, da produtora galega Abano, si que accedeu á final no apartado de filmes de animación, mentres que o actor de Ferrol, Javier Guitierrez, é candidato a actor secundario por ‘‘La isla mínima’’, dirixida por Alberto Rodríguez. A actriz Nerea Barros opta pola mesma película a actriz revelación.

A película ‘‘El Niño’’, na que participa a produtora galega Vaca Films, opta, entre outras nominacións, a de mellor película.

Sandra Tornero Belloso, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 11-01-2015 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
O goberno vasco investirá en 2015 case sete veces máis no euskera que a Xunta no galego
“O euskera vive un ascenso histórico case idéntico ao descenso que sofre o galego”
“O PP rebaixou as partidas para fomento da lingua en 13 millóns desde que recuperou a Xunta”


Case sete veces menos. Esa é a diferenza orzamentaria entre o investimento en política lingüística do PNV ao fronte do Goberno da Comunidade Autonóma Vasca -onde o uso do euskera está en ascenso- e o do PP na Xunta de Galiza, onde recentes enquisas sitúan a lingua propia en mínimos históricos.

Segundo os datos ofrecidos esta mesma semana pola viceconsellaría de Política Lingüística de Euskadi, será de 45,6 millóns de euros a partida destinada o vindeiro ano ao fomento do euskera. Pola súa parte, segundo recoñeceu o propio conselleiro de Cultura e Educación no Parlamento galego a finais de outubro, a Xunta só investirá 6,7 millóns en 2015 na promoción do galego. A diferenza resulta evidente. Euskadi multiplica o presuposto galego case por sete. E, segundo as enquisas, obtén resultados. Na actualidade, un 37 por cento dos habitantes de Euskal Herria afirman coñecer e poder usar a lingua do seu país, o que significa unha suba de máis de 25 puntos nas últimas tres décadas.

Dende que chegou ao poder en 2009, o actual goberno autonómico do PP en Galiza reduciu en case 13 millóns de euros os cartos destinados á promoción do galego, até baixar aos 6,7 millóns actuais.

Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 11-01-2015 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
A Real Academia Galega de Belas Artes propón crear o Día das Artes Galegas
A Real Academia Galega de Belas Artes propón crear o Día dás Artes Galegas, que se celebraría o 1 de abril, co obxectivo de "sensibilizar" á sociedade do "valor patrimonial" da cultura galega.

En concreto, a data foi elixida pola institución, segundo esta mesma precisou nun comunicado, por aparecer no epígrafe das limeiras do Pórtico dá Gloria, un conxunto de obras dirixidas polo Mestre Mateo que reflicten todas as artes.

A Real Academia Galega de Belas Artes renovou a súa Xunta de Goberno, agora presidida polo pintor compostelán Manuel Quintana Martelo, co obxectivo de alcanzar "maior proxección e visibilidade social" para esta entidade "centenaria".

"A súa vocación é a salvagarda do patrimonio cultural moble, inmoble e mesmo inmaterial do territorio autonómico", precisaron dende esta entidade.

A nova Xunta de Goberno está integrada por "especialistas" en "diversas disciplinas" e de "distintas partes" de Galicia. Así mesmo, a Real Academia Galega de Belas Artes asegurou que contan cunha traxectoria profesional "contrastada", un "amplo" coñecemento do seu sector e unha "clara vontade" de dar "axilidade e presenza pública" aos traballos da institución.

Así mesmo, explicou que pretende iniciar este "novo" camiño "acentuando" a súa relación cos entes públicos. De feito, os membros da Xunta de Goberno comezaron esta semana unha xira de visitas institucionais, reuníndose en primeiro lugar co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez.

Irene Iglesias Bastos, 1º bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 11-01-2015 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
A torre Eiffel de luto.
A torre Eiffel de París, un dos monumentos máis emblemáticos do mundo, apagou as súas luces polas doce vítimas do atentado contra a revista francesa Charlie Hebdo. A estrutura de ferro de 324 metros de altura, convertida no maior símbolo de Francia e París, apagou as súas luces ás 20:00 hora local.
Cada noite, o faro no alto da torre ilumina París, algo que non sucedeu este xoves para expresar a solidaridade cos doce falecidos no atentado cometido por radicais islamistas.

Este foi un máis dos numerosos homenaxes que nas últimas horas rendéronse en Francia e noutros países do mundo.

Aínda conmocionada pola matanza, Francia paralizouse ao mediodía para gardar un minuto de silencio en honor aos falecidos, mentres a catedral de Notre Dame de París fixo soar as súas campás ás 12 hora local.

Selena González Rodríguez, 4º da ESO B.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-01-2015 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
Case un 80 % dos españois prefire o papel ao libro electrónico
O futuro do libro electrónico segue infestado de incógnitas, a xulgar pola última enquisa de hábitos de lectura do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), que revela que un 79,7 % dos españois prefire o libro de papel ao electrónico.

A enquisa, incluída no barómetro de decembro do CIS, indica tamén que segue habendo un 35 % da poboación que non le «nunca ou case nunca», fronte a un 29,3 % que o fai a diario e un 16 % que le unha ou dúas veces por semana.

O principal motivo para non ler é a falta de interese ou de pracer (42 %), seguido da falta de tempo (23,2 %) e problemas de saúde como mala visión (12,9 %). Os que si len afirman facelo sobre todo para gozar e distraerse (61,6 %), e en moita menor medida (12,8 %), para estar informados.

Neste momento, só un 11,1 % dos lectores optan preferentemente polo formato electrónico, o que desvela que, a pesar de todo, o papel segue sendo o rei.

Iso si, xa hai un 15,2 % de cidadáns que se poden considerar lectores habituais de libros dixitais, fronte ao 66,3 % que recoñece non ter lido nunca neste formato, e un 15,2 % que non sabe o que é nin oíu falar nunca diso.

Martín Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-01-2015 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Sony adianta en Internet a estrea de «The Interview»
Varias plataformas de Internet adiantáronse nun día á estrea en salas de cine do polémico filme The Interview e ofréceno dende este mércores para que se poida alugar a comedia, producida pola compañía Sony Pictures.

A película cuxa estrea quedou inicialmente suspendida e logo anunciada en salas restrinxidas, pódese baixar desde sitios como YouTube ou Google Play cun prezo de aluguer de 5,99 dólares.
The Interview é unha comedia de Seth Rogen e James Franco, que relata un complot ficticio de Estados Unidos para asasinar ao ditador norcoreano, Kim Jong-un, que o réxime de Pyongyang tachou de “acto de guerra”.
A compañía cinematográfica, Sony Picyures, sufriu un ataque informático o pasado 24 de novembro, cando os “hackers” roubaron -entre outros datos- números de identificación fiscal e partes médicos de máis de 3.000 empregados da compañía.

Ademais, os piratas, que se fan chamar “Guardians of Peace” (“Gardiáns da Paz”), apropiáronse de cinco novas películas de Sony, unha das grandes firmas da industria cinematográfica en Hollywood, que filtraron en internet antes de tempo.

Estados Unidos atribúe a Corea do Norte o ataque que sufriu Sony Pictures coa intención de forzar que non puidese chegar ás carteleiras a comedia. Ademais, un grupo de piratas informáticos ameazou con causar o pánico nas salas que a proxectasen.
Pero a pesar de todo, en EE.UU. dous centenares de cines anunciaron que estrearían a película a partir deste xoves.

Lucía Vázquez Nóvoa, 4º ESO A.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-01-2015 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
Nuria Roca ten que pagar 75.000 euros por insultar á alcaldesa de Alicante.
Nuria Roca foi demandada por Sonia Castedo por presuntos delitos de inxurias, calumnias, difamación e atentado contra o dereito ao honor, o que podría costarlle á presentadora unha multa de 75,000 euros. O seu orixe é un texto que Roca publicou no seu blog e no que chamaba ‘choriza’ a excaldesa popular de Alicante: ‘‘Para min, vostede non é unha presunta choriza, é unha choriza sen paliativos’’. ‘‘Aproveito este blog para confesar que a Alcaldesa de Alicante, Sonia Castedo, non é do meu agrado. Téñolle manía e detesto o que representa.’’

O certo é que Castelo está imputada por cinco delitos en dous causas separadas do Caso Brugal, relativo ao amaño do Plan de Ordenación Urbana da cidade que gobernaba. De feito, a política anunciou a dimisión do seu cargo o pasado 22 de decembro a través da súa conta de Facebook e sen facer ningunha declaración aos medios de comunicación. Sen embargo, si o fará nunha entrevista este sábado no programa de Telecinco ‘‘Un tiempo nuevo’’.

Laura Abad Álvarez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-01-2015 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal