Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O 35% dos españois non le
Din os expertos que o mesmo cálculo pode ofrecer interpretacións mesmo opostas. Dende logo, a regra pode valer para o barómetro publicado hoxe polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), que inclúe un longo apartado centrado nos hábitos de lectura dos españois. Así, no vaso medio baleiro destaca un número: o 35% dos enquisados non le "case nunca" ou directamente "nunca". O optimista, en cambio, dirá que o outro 65% le polo menos "algunha vez ao trimestre" e que o 29,3% máis afeccionado dos enquisados le "todos ou case todos os días".

As estatísticas publicadas esta semana reflicten a grandes trazos o índice de lectura do 63% que xa saíu hai dous anos do informe "Hábitos de lectura e compra de libros" publicado pola Federación de Gremios de Editores, así como idéntica é a tendencia que mostra como as mulleres len máis que os homes. A media europea, de todos os xeitos, colócase nun 70% da poboación.

De aí que dous de cada tres enquisados consideren que en España se le "pouco". En concreto, unha media de 8,6 libros ao ano, se se limita o cálculo só a eses dous terzos do país que si len. En Finlandia, por citar un dos países modélicos neste sentido, os libros lidos por habitante ao ano son 47.

E por que máis dun de cada tres españois apenas abre un libro? A resposta principal é quizais a máis espontánea: un 42% asegura que non lle gusta ou non lle interesa. A segunda razón resulta ser a falta de tempo. Entre os que si aman ler, en cambio, a enquisa traza un perfil que se envorca na súa paixón sobre todo na casa (o 91%), basicamente para gozar e distraerse (61,6%), e ler sobre todo novelas, especialmente históricas. De feito, o xénero en si ou o tema da obra son a razón principal para escollela (64,3%), por enriba do autor, do título ou do xuízo da crítica.

Polo que a min respecta, penso que unha sociedade que non le é unha sociedade que non progresa. Gustaríame engadir, para finalizar, dúas citas ilustrativas:
- "Le e conducirás, non leas e serás conducido". Santa Teresa de Jesús.
- "Amar a lectura é trocar horas de fastío por horas de inefable e deliciosa compañía". John Fitzgerald Kennedy.

David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2015 01:50
# Ligazón permanente a este artigo
A Galicia meiga móstrase en Londres
O galego Senén Germade trouxo a Londres a súa exposición Habelas Hainas, na que traza unha historia sobre como se entende a vida e a morte en Galicia. A través da fotografía traza unha historia sobre os viquingos, os mosteiros esquecidos, as sereas e os aloitadores. Nela tamén abarca os contos populares e as paisaxes máxicas, que teñen a capacidade de transportar no tempo.

«Quería facelo dunha forma distinta, afastándome do fotoperiodismo máis clásico. A idea era facelo mesturando cousas moi diferentes. No canto de viaxar a países exóticos, decidín facer algo en casa», explica Germade na inauguración da exposición, na que participan outros 31 fotógrafos. Coa súa obra achégase á literatura do realismo máxico para aplicalo á fotografía, xa que cre que en boa medida en Galicia é difícil distinguir entre o real e o fantástico. «Moitas veces parece que se confunden os dous termos», subliña.

Por moito que viaxe, Germade recoñece que sempre leva a cultura galega na mochila. As fotos foron todas tomadas en Galicia durante os meses de agosto e setembro do 2014. Hai espazo para festas populares como a festa viquinga de Catoira, a tradición ancestral de rápaa de Sabucedo, tamén para verbenas dos pobos no verán e, como non, para as praias, castelos, dólmenes e castros.

«Foi unha experiencia moi boa porque, aínda sendo galego, facendo esta viaxe tiven un reencontro e había moitas destas festividades que as exploraba por primeira vez», engade Germade. «Parece mentira que tendo 33 anos e sendo galego aínda hoxe me pode sorprender Galicia». «A idea era que fose ambiguo, que a xente non soubese ben se está a ver algo real ou algo ficticio. Moitas veces os dous termos confúndense neste proxecto».

Raquel Sardiña Tejada, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2015 01:24
# Ligazón permanente a este artigo
"Os musulmáns en Galicia: Estamos tristes, enfadados, preocupados..."
Son pouco máis das doce e media da mañá. É venres, día de oración para os musulmáns. Un home achégase a saudar a Mustafa Alhendi, o presidente da Unión de Comunidades Islámicas de Galicia. «Quería mostrarlle a miña máis profunda solidariedade e apoio por todo o que está a pasar. Porque todos somos irmáns», dille. «Moitas grazas, estamos agradecidos polo apoio, de verdade», responde Alhendi.

É un veciño do edificio no que a comunidade musulmá da Coruña ten dende hai anos a súa mesquita. En breve comezarán a chegar os fieis para a oración. Móstralle o seu pesar polo dano que sucesos como os destes días en París están a facer á comunidade islámica. "Estamos tristes, enfadados, preocupados...", di Alhendi, que mostra a súa total condena e a de toda a comunidade islámica galega e española aos terribles sucesos levados a cabo por individuos que deshonran e manchan o nome de Alá perpetrando atentados que «nada ten que ver co islam».

Nese sentido, sinala que «eses grupos terroristas non representan aos musulmáns, nin á nosa relixión. Por iso, mostramos o noso absoluto rexeitamento a todo iso».

Xa o mesmo día no que dous homes armados entraron na revista Charlie Hebdo, a Unión de Comunidades Islámicas de España emitiu un comunicado no que mostraba o seu sobresalto «pola masacre levada a cabo por terroristas na sede do semanario», nunha acción desalmada, con total desprezo á vida humana, que merece a nosa máis enérxica repulsa e condena». Nese mesmo documento tamén indicaba a súa solidariedade co pobo francés, ademais de puntualizar que «a violencia non é ningún medio para resolver nada».

Porque a violencia unicamente xera violencia. Esa é unha das razóns da preocupación dalgúns compoñentes da comunidade islámica galega. «Algunhas persoas coas que falei comentáronme que están preocupados porque con todo isto se ven acusados ou culpables sen comelo nin bebelo porque non fixeron nada e nada ten que ver coa relixión», explica o responsable dos 22 centros que hai na comunidade galega.

Outro dos membros da directiva da mesquita coruñesa, Suleiman, tamén está moi preocupado. Ten mesmo medo. «Os musulmáns temos boa fama e estánnola a quitar. Estamos moi doídos porque hai persoas que pensan que os atacaches cando en realidade somos outra vítima. De feito, temos medo porque sabemos que hai tolos por todas partes». Tamén pide que «oxalá os gobernos poidan acabar con isto». Porque, como engade, «hoxe aconteceu en Francia, pero mañá pode ser calquera outro lugar. A xente ten que aprender a conversar, a usar a sabedoría, non utilizar o medo para dominar a outros. Ata onde vai chegar isto?».

Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2015 01:01
# Ligazón permanente a este artigo
Propósitos de aninovo
Ler máis, facer máis deporte, pasar máis tempo coa familia, comer mellor, deixar de fumar… Estes son algún dos propósitos máis comúns para o aninovo.

Cada ano en xaneiro pasamos páxina para dar comezo a unha nova folla en branco no libro das nosas vidas, o que concluirá no mes de decembro. Así, ano tras ano e de xeito inevitable, realizamos o mesmo acto de reflexión, unha liturxia que consiste en facer balance de sentimentos, de sorrisos e acenos, de analizar aquelas metas que perseguimos e alcanzamos, así como aqueles soños que quedaron pendentes.

Todos concibimos bos propósitos, cun sorriso miramos o presente de cara ao futuro, imaxinando como queremos que sexan nosas vidas. Con independencia de se isto se cumpre ou non, emprendemos novos retos que poder realizar e que nos manteñan vivos.

En ocasións cumprir os nosos propósitos pode chegar a ser unha auténtica utopía. A base para facelo posible non é outra que ilusión, esforzo e actitude.

Feliz aninovo.

Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2015 00:45
# Ligazón permanente a este artigo
Volta á rutina
Adeus a levantarse ás tantas e a facer o vago. Ola ao colexio, a levantarse pronto, a estudar; ola á rutina. A volta ao traballo e ás obrigas supón para moitas persoas un grande esforzo para poñerse de novo en marcha. Reencontrarse coa realidade e a rutina tras unhas semanas sen horarios, comidas, regalos e panxoliñas require, como pouco, darse un breve período, de dous ou tres días de adaptación, antes de esixirsee render ao cen por cen.

Sempre nos preguntamos como escapar da rutina. Non hai nada peor que facer case todos os días o mesmo. A rutina mata a imaxinación. O mundo enteiro convértese nun parque temático, necesítase creatividade. A rutina é a chave para deixar de saborear a vida. Tira a chave que pecha mentes e abre a mente que recoñece as chaves, así poderás saborear cada instante da túa vida. O home é un animal de costumes, pero non hai que esquecer que o costume mata o home. O estrés postvacacional castiga con máis dureza a calquera que non se sinta satisfeito consigo mesmo e coa súa situación. Persoas que están mal nos seus traballos, que non se senten valoradas ou que elas mesmas se consideran fracasadas e están decepcionadas.

A miúdo estas persoas viven as vacacións como unha fuxida da realidade e, ante a obriga de regresar, xa non é só a necesidade de readaptación senón os sentimentos de frustración o que lles produce unha ansiedade aínda máis difícil de manexar, de maior duración e consecuencias máis desagradables.

Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2015 00:36
# Ligazón permanente a este artigo
DENTE HUMANO ATOPADO NUNHAS PATACAS
Responsables da filial xaponesa de McDonald's desculpáronse hoxe por varios casos denunciados por clientes como o dun dente encontrado nunhas patacas fritas ou os de restos de plástico en anacos de polo.

Dous altos directivos de McDonald's de Xapón ofreceron unha rolda de prensa en Tokyo e tiveron que saír ao paso de varios casos publicados nos últimos días que se suman aos problemas que a cadea de comida rápida estadounidense sufriu ultimamente no país asiático, o seu segundo mercado mundial.

Os directivos recoñeceron que a compañía era consciente de que anacos de plástico de ata tres centímetros foron encontrados en pezas de polo frito, procesadas por unha planta en Thailandia.

Ademais, referíronse ao caso dun neno que se feriu a boca cun anaco de plástico que estaba dentro nun xeado e o doutro cliente que o pasado agosto encontrara un dente nunha porción de patacas fritas dun menú Big Mac da cadea.

A polémica chega despois de que o pasado xullo a filial xaponesa de McDonald's tivese que retirar todos os seus produtos que contiñan carne de polo producida en China, tras o escándalo da carne podrecida supostamente subministrada por unha compañía chinesa

A compañía, que conta con máis de 3.100 establecementos en Xapón, rexistrou o pasado outubro unhas perdas netas de 142,7 millóns de dólares para 2014 no que supón os seus primeiros números vermellos en 11 anos.

Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-01-2015 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
O investimento estranxeiro sobe en Galicia e cae nas comunidades ricas
O investimento estranxeiro produtivo en España descendeu nos nove primeiros meses de 2014 nas comunidades con máis atractivo cara ao exterior, en especial en Baleares, onde caeu un 80 %, e en Cataluña, na que o fixo nun 45 %, mentres que en Galicia subiu lixeiramente.

Eses son algúns dos datos publicados polo Ministerio de Economía e Competitividade sobre o investimento estranxeiro produtivo en España, aquela que exclúe as entidades de tenencia de valores estranxeiros (ETVE), diñeiro que pasa por este país para non permanecer.

No entanto, comparativamente os datos do terceiro trimestre foron mellores que os dos dous primeiros, e ademais producíronse nun contexto negativo de investimento na UE no mesmo período.

Iván Blanco Lage, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-01-2015 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Un bico do mozo no coche, cústalle 80 euros de multa.
Un bico na meixela, que lle deu o seu noivo mentres conducía, custoulle a unha moza de Carballiño unha multa de 80 euros. Vanesa Viéitez foi a recoller ao seu noivo a Seoane, e de volta, cando circulaba pola Avenida Compostela, unha patrulla da Garda Civil de Tráfico deulle o alto coas luces do vehículo oficial a escasos metros do cruzamento Catro Camiños. A parella non entendía o motivo polo que os detiñan, pois fixeran todo o traxecto respectando os límites de velocidade. Un axente requiriu a documentación do vehículo e o carné de conducir, mentres Vanesa Viéitez lle preguntaba que pasara, contestándolle que fixera "cousas raras". Posteriormente, comprobou no resgardo que lle entregou o garda que ademais de sinalar que se vira limitada a súa capacidade de movemento, en observacións tamén apuntaba a patrulla que a condutora mantiña relacións cariñosas co seu acompañante.

A suposta infracción afecta ao artigo 18, apartado 1 do Regulamento Xeral de Circulación, que se refire a "conducir o vehículo sen manter a propia liberdade de movementos".

Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-01-2015 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
Tecnoloxía galega para poder localizar avións accidentados
Unha empresa galega patentou en Europa, Estados Unidos e China un dispositivo para localizar avións accidentados no mar que soluciona as principais carencias das tecnoloxías actuais, permitindo unha rápida e efectiva actuación en caso de sinistro. José María Santiago Fontaíña dirixe na localidade coruñesa de Ribeira a compañía Indeswittec, que ten como lema "Creatividade, investigación, innovación e desenvolvemento tecnolóxico", e especializouse en formular solucións a problemas sociais e ambientais en calquera ámbito.

Xa ten concedida a patente en Europa, Estados Unidos e China do denominado "Dispositivo para localización de vehículos aéreos accidentados", mentres espera que lla concedan en Canadá, Rusia, Xapón e Brasil. Este novo concepto de caixa negra podería supoñer unha auténtica revolución no mundo aeronáutico e por iso empezará a desenvolvelo en próximas datas, segundo explicou, coa Universidade da Coruña (UDC).

Cristina Rey Pérez, 4º da ESO B.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 11-01-2015 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
Propoñen a data do 1 de abril para celebrar un Día dás Artes Galegas
A nova xunta de goberno da Real Academia de Belas Artes, presidida polo pintor Manuel Quintana Martelo, xa fixou novos horizontes para dar un «novo pulo» a unha entidade centenaria cuxa vocación é salvagardar o patrimonio cultural galego. Entre as propostas formuladas polo novo órgano directivo destaca a creación do Día das Artes Galegas, que se celebraría o 1 de abril, co que se pretende sensibilizar á sociedade do valor patrimonial da cultura galega a través dunha xornada conmemorativa con publicacións, conferencias, actividades pedagóxicas e actos protocolarios. A data foi elixida por figurar no epígrafe das limeiras do Pórtico dá Gloria, un conxunto de obras dirixidas polo Mestre Mateo que reflicten todas as artes.

A institución apoia, así mesmo o proxecto do Ministerio de Cultura coñecido como o Plan Nacional de Protección do Patrimonio do século XX, que xa catalogou 256 edificios (13 deles en Galicia). A RAG de Belas Artes, como órgano consultivo da Administración, informará sobre as fórmulas para a inclusión das devanditas obras como ben a protexer. Entre estas encóntranse expresións da arte moderna como o mercado de San Agustín da Coruña, o edificio Plastibar de Vigo, o colexio dos milagres de baños de molgas en Ourense, a igrexa moderna de Santa Cruz do Incio ou a subestación do encoro de Belesar en Chantada.

Outro dos obxectivos marcados na folla de ruta do novo equipo directivo é, precisamente, acentuar a relación cos entes públicos, participando en concursos e comisións de traballo. Este iniciou esta semana unha serie de visitas institucionais e a primeira delas foi co conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez Abad.

Antía Corral Álvarez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-01-2015 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal