EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Mañá será o día máis triste do ano.
Este luns, 19 de Xaneiro, chegará o “Blue Monday”, o día máis triste do ano, según unha fórmula matemática que ten en conta variables cómo que xa terminaran as Navidades, que o frío chegara e que a costa de Xaneiro poida alongarse ata ben entrado Febreiro.

Según recorda Eltiempo.es, o “Blue Monday” identificouse por primeira vez en 2005 de acordo a unha fórmula ideada polo investigador da Universidade de Cardiff e experto en motivación Cliff Arnal, quen chegou a esta conclusión tras estudar as variables do clima, a súa escasa liquidez para pagar algunhas débedas e a súa decepción por incumplir os propósitos do ano novo. Ante a chegada de este día, o colaborador meteorolóxico de Eltiempo.es, Mario Picazo, declarou: «Aunque vivimos en uno de los países con más horas de sol al año y vamos sumando minutos de luz al día, aún tenemos por delante largas noches y muchas semanas de viento, frío, lluvia y nieve que seguro afectarán el estado anímico de más de uno».

Pola súa parte, a psicóloga de deporte e da saúde Patricia Ramírez indicou que emocións como a tristeza e a ansiedade surxen cando as persoas se sinten ante unha ameaza, como por exemplo, afrontar o pago das compras realizadas con tarxetas de crédito, ou en desequilibrio.
Se unha persoa dirixe o seu foco de atención a todo o que resta, e non ten en conta todo o que suma, o normal é que se atope triste.

Se damos máis valor ao que nos falta que ao que temos, sentímonos mal. O valor, o que apreciamos, aquelo do que falamos e compartimos cos demáis, é unha elección. Ti decides se sumas ou restas.

Sara Rodríguez Novoa, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-01-2015 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
Sobrevivindo ao desastre físico
Durante moito tiempo, o cine acostumaba a recrear a vida de xente ilustre que inventou cousas que supuxeron avances notables para a humanidade, grandes artistas que crearon beleza e alimentaron o espírito dos seus semellantes, líderes que revolucionaron a historia, seres cuxa personalidade e cuxa obra leva o selo da excepcionalidade. O xénero, ademáis de exaltante, debe de ser tan rendible economicamente que a industria xa non espera a que eses seres lendarios saldaran a súa presenza na Terra, senón que se propuxeron que os glorificados poidan disfrutar de tan trascendente tributo mentres que están vivos. É o caso de “La teoría del todo”, que retrata os gozos e desditas, teorías e descubrimentos, vida familiar e profesional, xuventude e madureza dun individuo tan prestixioso como popular chamado Stephen Hawking, alguén que, según contan as opinións autorizadas ou con fame de coñecemento, cambiaran o concepto que posuïamos do universo. Nesta película narran os achazos profesionais de Hawking, pero non abusan deles. Ao director, James Marsh, o que máis lle interesa é describir a capacidade dun home co corpo devastado pola enfermidade máis cruel, pero que mantén intacta a súa superdotada intelixencia, para sobrevivir ás súas terribles limitacións, manter unha existencia razoablemente feliz, durante moito tempo, coa súa muller e cos seus fillos e continuar investigando enigmas con resultados abraiantes, cuestionando verdades oficialmente aceptadas. Non é enfático, non subliña o melodrama, non busca manipular con resortes baratos as emocións do espectador. O seu traballo é tan contido como digno. Ten unha beleza delicada e estraña. E compón maxistralmente unha personaxe difícil, ao motor vital dun xenio cuxo organismo sofre parálise completa.

Ana Martínez Fernández, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-01-2015 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Parga Pondal, científico comprometido co país e expulsado da Universidade por "esquerdista e galeguista"
A figura de Isidro Parga Pondal (Laxe, 1900–A Coruña, 1986), descoñecida para moitos pero fundamental na historia da ciencia en Galicia e do sector empresarial da minaría na Galicia do XX, volve ser recoñecida na Universidade galega tres décadas despois do seu nomeamento, en 1983, como doutor honoris causa, e logo de case oito décadas da súa expulsión como docente da institución “por esquerdista e galeguista”, como lembra Ricardo Gurriarán nunha biografía presentada recentemente.

Numerosas personalidades asistiron este xoves á Universidade compostelá para participar na homenaxe ao insigne científico galego. O acto central, precedido da descuberta dun busto obra de José Molares, tivo lugar na Facultade de Química e nel interviñeron o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; os reitores de Santiago e A Coruña, Juan Viaño e Xosé Luís Armesto; o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela; a decana da Facultade de Química, Pilar Bermejo Barrera; e o historiador e autor da biografía Galicia ten un referente: Isidro Parga Pondal Ricardo Gurriarán Rodríguez.

A homenaxe responde a unha iniciativa do Foro Enrique Peinador, que lle dedicou o seu Día da Galeguidade Empresarial e que aproveitou o acto para dar a coñecer catro empresas que se comprometen a incorporar a súa actividade á lingua galega. Este foro ten como un dos seus cometidos fomentar a normalización e o uso do galego no eido empresarial, de maneira que nesta ocasión manifestaron adherirse a este propósito Ángel Concheiro Coello, da Asociación Galega de empresas de restauración; Rafael Cuiña Aparicio, do Grupo Aurela; Yolanda Vaamonde, de Caixa Rural Galega; e José Felicísimo Pereira, adegueiro do Ribeiro que cambiará de lingua nas etiquetas da súa adega.

Modernizando a ciencia
Como lembrou o reitor no seu discurso, as primeiras décadas do XX foron as propicias para levar a cabo unha política científica española nova. “Era o momento da internacionalización, de formar parte das redes europeas de institucións científicas”, dixo. Precisamente Isidro Parga Pondal é o resultado desas políticas de apoio á formación e investigación implantada no período republicano “pero tamén dun espírito emprendedor, innovador, formado a carón da Xunta de Ampliación de Estudos”.

Logo de estudar Ciencias en Madrid, Parga Pondal chegou á Universidade de Santiago para traballar como docente e nela destacou pola súa concepción innovadora da ciencia e por un forte compromiso profesional pero tamén ideolóxico. Neses anos coincidiu ademais co modernizador goberno universitario encabezado polo reitor Rodríguez Cadarso. Mais esa esperanza científica tronzouse en 1936, coa súa expulsión da Universidade á que xa nunca volvería. Refuxiouse no seu Laxe natal e desde alí puxo en marcha o Laboratorio Xeolóxico de Galicia á vez que elaborou o mapa xeolóxico de Galicia que deu pé ao achado das minas que propiciaron a industria cementeira.

“Con Parga Pondal aprendemos a importancia de combinar o esforzo persoal, a visión institucional e o tecido empresarial”, afirmou o reitor, e “comprobamos que debemos sempre defender o talento e a formación e priorizar os retos ilusionantes e coherentes ante modelos burocráticos e rutinas consolidadas, non por eficaces senón por vellas”.

Beatriz Pereiras López, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-01-2015 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Saramago volve sobre os seus pasos a Lanzarote
"Chegado a este punto, unha dúbida inquietante asáltame: que sentido teño eu?". Quen isto se preguntaba, José Saramago, é quizais un dos escritores que máis cargou a súa obra de sentido, un sentido da necesidade de contar as cousas tal e como son, de ser fiel reflexo da realidade que lle tocou vivir, de non se esconder, que os seus lectores sempre lle agradeceron. A frase, xunto a outras sacadas de Cadernos de Lanzarote (1993-1995), fortalece as instantáneas realizadas por João Francisco Vilhena que se exhiben na mostra Lanzarote: A ventá de Saramago, inaugurada este venres na Casa da Provincia de Sevilla.

A mostra foi inaugurada pola presidenta da Xunta, Susana Díaz, e tanto ela coma o presidente da Deputación, Fernando Rodríguez Villalobos, referíronse aos últimos atentados terroristas en Europa. "Estou seguro de que Saramago non se tería calado nestes días e tería alzado a voz contra a mordaza que o fanatismo está a intentar poñer á liberdade de expresión", dixo o responsable da Deputación, mentres que Díaz se mostrou convencida de que o autor de Ensaio sobre a cegueira "tería levantado a voz contra o fanatismo, porque xa na súa obra está escrito que o fanatismo é unha forma de cegueira".

Lanzarote, a ventá de Saramago inclúe tres instantáneas en cor e outras 26 en branco e negro realizadas en 1998, co escritor portugués como protagonista; e en 2014, cando o fotógrafo volve ás mesmas paisaxes que percorreu o autor de A balsa perdida tras recibir o Nobel de Literatura.

A xornalista e viúva do escritor Pilar do Río desvelou a importancia que Lanzarote exerceu na obra de Saramago. "A partir de Ensaio sobre a cegueira (1995) cambiou de estilo. El explicábao coa metáfora da estatua. Ata que escribiu O evanxeo segundo Xesucristo (1991) estivera a describir unha estatua pero, a partir Do evanxeo... interesoulle máis a pedra da que esa escultura estaba feita", recordou a presidenta da Fundación José Saramago, con sedes en Lisboa e na casa de Tías (Lanzarote) na que o escritor pasou a maior parte dos seus últimos 18 anos de vida.

David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-01-2015 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
Ata 8 asteroides perigosos para a terra detectados en 2014.

Aínda que pareza de ciencia ficción, o certo é que si hai asteroides que pasan cerca da terra e que poden ser perigosos para o planeta. A misión NEOWISE da NASA descubriu ata 40 obxectos que pasaron cerca do globo, sendo 8 os asteroides que se calificaron como potencialmente perigosos en función do seu tamaño e do cerca que as súas órbitas poderíos chegan á órbita da terra.

NEOWISE sempre mira no ceo do amencer e do crepúsculo, un punto de vista que permite detectar NEOS que se interpoñen en particular cerca da Terra. A demais dos 40 obxectos que pasaron cerca do planeta, NEOWISE descubriu tres novos cometas e observou outros 32.

E é que, NEOWISE é un telescopio especial que explota os ceos en busca de asteroides e cometas. O telescopio ve a luz infravermella, o que lle permite recoller a firma de calor dos asteroides. Así pode ver ata os asteroides escuros, máis complicados de atopar para as encuentas de luz visible.

Selena González Rodríguez, 4º ESO B.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-01-2015 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
“Polas fillas dos nosos fillos”, lema da manifestación pola lingua do 8 de febreiro
A manifestación polo futuro da nosa lingua e contra a política regresiva en materia lingüística do PP xa ten lema. “Polas fillas dos nosos fillos” presidirá a convocatoria para a que xa se están a sumar apoios de entidades e particulares a través das redes sociais nas que se está a difundir o manifesto. O lema foi escollido entre os recibidos a través dunha convocatoria aberta de propostas por parte de entidades e particulares. Un programa de actos en distintas localidades animará á participación nunha manifestación que quere mostrar a dimensión da defensa da nosa lingua nunha situación que a organización define como “crítica”.

“A realidade é que cada vez hai menos xente que fala galego. A realidade é que a Xunta de Galiza sente un total desleixo e desprezo pola lingua. A realidade é que é imposíbel vivirmos en galego”, denuncia o manifesto que parte dos dados da enquisa do Instituto Galego de Estatística que confirman o grande descenso de falantes no que definen como “o lustro máis agresivo e lesivo para a normalización da nosa lingua”.

Compromisos reais e accións concretas

Compromisos reais e accións concretas é o que se reclama nun momento en que “é urxente actuar, tomar medidas normalizadoras e pór todos os medios e remedios para parar esta desfeita”. De cara a futuro, con ese “fillas dos nosos fillos” que reclama a transmisión a xeracións vindeiras, dende Queremos Galego diríxense á política lingüística da Xunta para criticar o decreto que evita o ensino en galego, o papel da televisión pública ou a ausencia de materiais como xogos, filmes ou revistas na nosa lingua ou a imposibilidade de escolarización na nosa lingua.

“Defender o futuro dunha lingua é defender o futuro dun pobo. A nosa lingua sitúanos no mundo e fainos donos e donas do noso porvir, que está en nós, nas nosas fillas e fillos, nas nosas netas e netos. Na transmisión xeracional e na súa reposición social”, defenden de cara unha manifestación que quere mostrar a forza da defensa do futuro da lingua.

Sofía Fernández Martínez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 18-01-2015 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
Oscars 2015: A listaxe de nomeados

Xa hai nomeados para os Oscars 2015. A película do mexicano Alejandro González Iñárritu Birdman e o filme O Gran hotel Budapest acaparan o maior número de nomeamentos, con nove candidaturas cada unha. Ademais, a arxentina Relatos Salvaxes, coproducida por Agustín Almodóvar e Pedro Almodóvar, coouse entre os aspirantes ao Óscar de película fala non inglesa. O actor Chris Pine, os directores J.J. Abrams e Alfonso Cuarón, e a presidenta da Academia, Cheryl Boone Isaacs, foron os encargados de desvelar este xoves a listaxe de candidatos ás figuras que se entregarán o próximo 22 de febreiro. O anuncio levou a cabo este mediodía (5:30 da madrugada hora local ) no Teatro Samuel Goldwyn de Beverly Hills.

Birdman e O gran hotel Budapest loitarán por levar o premio a Mellor película, xunto a Francotirador,Boyhood, O código enigma,Selma,Teoría do todo e Whiplash. Alejandro González Iñárritu e Wes Anderson competirán ademais como Mellor director con Richard Linklater (Boyhood), Bennett Miller (Foxcatcher) e Morten Tyldum (O código enigma). Boyhood, que partía como unha das favoritas, recibiu seis candidaturas, entre elas para os actores Patricia Arquette e Ethan Norton nas categorías de repartición. Birdman, que narra a historia dun actor vindo a menos que intenta recobrar o seu prestixio adaptando a súa propia obra en Broadway, buscará ademais o Óscar ao Mellor guión, Mellor actor para Michael Keaton e mellores actores secundarios para Emma Stone e Edward Norton.

Martín Pérez Rodríguez, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-01-2015 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
Todas as preguntas do mundo na rede social viguesa Weknow

Tres mozos emprendedores tecnolóxicos de Vigo crearon esta nova rede social que se pode descargar no móbil dende appweknow.com e cuxo obxectivo é crear preguntas rápidas e visuais que axuden ás persoas a tomar decisións grazas aos votos dos seus amigos e seguidores.
Con este proxecto o deseñador gráfico Mauricio Mesa Garzón e os enxeñeiros de software Abilio Almeida Eiroa e Pablo Fernández de la Cigoña Novoa conseguiron entrar en dúas das principais aceleradoras, por un lado VíaVigo da Zona Franca de Vigo, xunto con outros 20 proxectos, e na Galicia Open Future de Telefónica, con outros 50 proxectos seleccionados entre centos que se presentaron a ambas as dúas convocatorias.
Ademais da aplicación para móbiles, contan cunha plataforma web, onde ofrecen a posibilidade de incrustar preguntas na web ou blog do cliente e ofrecen estatísticas avanzadas e análise de datos, segmentación de usuarios e mercados, medidor de tendencias, gustos e datos demográficos, información clave para moitas empresas.
Pretenden conseguir miles de seguidores e investimento para chegar ao seu mercado obxectivo, que son as empresas e marcas comerciais que queiran realizar estudos de mercado e estean interesadas na análise de datos para tomar as mellores decisións.

Cristina Rey Pérez, 4º ESO B.

Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 18-01-2015 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Bélxica desprega 300 militares nas rúas
Bélxica non baixa a garda. As intensas redadas contra varias células yihadistas saldáronse con 13 detencións en distintos puntos do país pero nin o Goberno nin as forzas de seguridade dan por terminada a ameaza terrorista. Onte pola mañá fíxose efectiva a decisión que adoptou o Consello de Ministros a noite do venres: despregar ao longo deste fin de semana nada menos que 300 efectivos militares en 15 puntos “sensibles” de Bruxelas e Anveres, as dúas urbes máis importantes do país.

O primeiro ministro, Charles Michel, non descarta enviar algúns efectivos a Verviers, cidade onde a policía abateu o xoves a dous presuntos yihadistas.
“Os militares mobilizados estarán armados e a súa principal tarefa será a vixilancia de certos lugares. Irán reforzar aos servizos de policía”, sinalou onte o Goberno belga antes de anunciar que a medida excepcional será avaliada “regularmente”. O foco está posto ao redor das embaixadas de Estados Unidos e Israel, ademais de multitude de locais frecuentados pola comunidade xudía destas cidades.

Lucía Vázquez Nóvoa, 4º ESO A.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-01-2015 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Bágoas, bromas e música despiden a «Charb», o director de «Charlie Hebdo»
A Internacional, seguida de bágoas, bromas e músicas festivas despediron este venres nun funeral cargado de emoción ao director de Charlie Hebdo, Stéphane Charbonnier, «Charb», asasinado o 7 de xaneiro na sede do semanario satírico xunto con outras 11 persoas, oito delas membros da súa redacción. Familiares, amigos e colegas sobreviventes da revista, as ministras de Educación, Xustiza e Cultura, a alcaldesa de París, numerosos políticos e centos de cidadáns anónimos desexosos de renderlle unha última homenaxe acudiron á cidade de Pontoise, ao oeste de París. Os restos mortais do xornalista, un dos máis grandes caricaturistas franceses, xunto cos seus outros catro colegas debuxantes asasinados, penetraron no Halle Saint-Martin escoltados pola Internacional, convertida en triste canto fúnebre, segundo imaxes retransmitidas por televisión. No seu interior esperábano medio millar de persoas, mentres moitas outras permanecían na rúa, considerando o acto dende unha gran pantalla exterior. Ademais das ministras de Educación, Najat Vallaud-Belkacem; Xustiza, Christiane Taubira; e Cultura, Fleur Pellerin, e a primeiro edil Anne Hidalgo, asistiron ao acto o alcalde de Pontoise e diferentes líderes da esquerda francesa, entre eles Jean-Luc Mélenchon. A ombreiros dos seus familiares, o féretro de Charb tomou o camiño do cemiterio ao son dunha fanfarra que acompañou igualmente as últimas palabras do seu amigo e colaborador Patrick Pelloux, quen pechou a cerimonia sen poder ao final evitar o choro. O tamén médico de urxencias, un dos primeiros en chegar á sede de Charlie Hebdo tras o masacre, non esqueceu as outras vítimas asasinadas despois en París e aos seus arredores: catro clientes dun comercio xudeu e unha policía municipal. «Os 17 que se foron non morreron en balde. Agora somos un», subliñou Pelloux, antes de que saxofóns, trombóns, trompetas, contrabaixos, guitarras, pratos e acordeóns comezasen a interpretar a canción irlandesa «Dirty old town» mentres remataba a súa alocución. Previamente, Renald Luzier, «Luz», autor da última e novamente polémica portada do semanario, expresou o seu desexo de que xurdan novos «Cabu», Wolinski, «Tignous», Honoré, e chanceou imaxinando as caricaturas que o seu amigo tería creado para os seus enterros. «Charb», nacido en 1971 en Conflans-Sainte-Honorine-Sainte-Honorine, ao noroeste de París, foi inhumado despois na intimidade. Tamén este venres, París despídese do gran caricaturista Philippe Honoré, máis coñecido como «Honoré», e do corrector de probas de orixe alxeriana Mustapha Ourrad.

Antía Corral Álvarez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-01-2015 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal