EDLg franciscanasOurense


Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PASEO POLOS ANOS 20
Un total de 25 fotografías antigas que retratan o Allariz dos anos 20 e 30 do século pasado, principalmente, colgan estos días das fachadas dos edificios da vila con motivo da mostra ao aire libre “Allariz, na memoria… e no corazón.”
As fotografías, impresas en grandes lonas en branco e negro, “foron doadas fai uns anos pola familia do fotógrafo Manuel Riesco, que foi mestre en Nanín, e forman parte do aquivo municipal completado por instantáneas realizadas polos fotógrafos da época como Rizo, Francisco Losada ou o alaricano Xosé Suárez”, comenta o alcalde Francisco García, que explica que o fin da mostra radica en “poñer en valor o noso pasado.”
Baixando por O Portelo e seguindo as entramadas calles do casco vello ata a Alameda e de volta o Campo da Barreira pola calle Sur, o visitante pode disfrutar de imaxes únicas e da transformación urbana e arquitectónica da vila coa fonte de A Barreira, o balcón de Amoeiro, o campo de Vilanova, a solitaria Pardo Bazán ou a entrada de Allariz polo ponte sobre o río Arnoia, en torno a 1910, unha das fotografías máis antigas da mostra. “Penso que esta é a primeira exposición de fotografías ao aire libre de Galicia e unha oportunidade para comparar in situ a imaxe antiga da vila coa realidade actual”, comenta o aparexador municipal Celestino Feijóo, impulsor fai máis de 20 anos do Archivo Municipal, que cree que as instantáneas “son unha moi boa fonte de información sobre a historia recente de Allariz.”
Neste museo ao aire libre polo pasado fotográfico da vila tamén hai reflexos das celebracións e traducións culturais, como as merendas en Penamá, a danza de Palillos e Entrenzado, os xigantes e cabezudos ou a simple concurrida Festa do boi, sen olvidar a actividade deportica coas mulleres do equipo feminino, o campo de A Barreira repleto de gando nunha feira dos anos 20.

Sara Rodríguez Novoa, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-01-2015 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
Triple concerto de músicos galegos para inaugurar o ciclo Blues Nite by 1906 en 2015.
O Blues Nite by 1906 arranca neste 2015 cunha tripla proposta de blues feito en Galicia. Tres músicos experimentados como Víctor Aneiros, Pardo e Piti Sanz presentan os seus novos proxectos nunha noite especial de blues. Víctor Aneiros Dúo Acústico chega con A soidade pide copas nos bares, Pardo presenta Let it stay e Piti Sanz trae o Galego-Go Blues (divertimento improvisado). Será este venres 23, ás 21:30 horas, na Sala Capitol. As entradas teñen un prezo de 7 euros anticipada e 9 euros o día do concerto e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, na Reixa Tenda e na Sala Capitol.Considerado un dos pioneiros do blues-rock en galego, Víctor Aneiros comezou a súa andaina en solitario hai máis de 15 anos e o seu novo disco podería considerarse en certo xeito un resumo destes frutíferos anos de carreira. A soidade pide copas nos bares inclúe versións acústicas tiradas de tres dos seus anteriores seis discos: O blues do amencer (2004), Heroe secreto (2008) e Brétemas da memoria (2010). Xuntas, na súa nova forma acústica –pero en absoluto desenchufadas–, as pezas de A soidade pide copas nos bares compoñen un sublime fresco arredor da melancolía.
Inquedo e activo músico, o coruñés Néstor Pardo creou bandas como The Loveless Cousins (rockabilly) e All Night Workers (R&B e swing). En 2013 decide comezar a súa carreira en solitario que axiña dá como froito un disco íntimo e sincero (Waitin’ to the other side) no que xa amosa todo o seu talento. O pasado outubro entra de novo no estudio, agora acompañado por Miguel Martínez e Adrián Seijas, para gravar 12 novos temas. Nesta noite de blues, Pardo presenta en primicia Let it stay, un traballo no que poderemos aprezar a variedade das influencias que definen o estilo propio dunhas cancións cheas de personalidade.

Nesta ocasión, Piti Sanz proponnos cantar blues cas cancións populares de sempre… Nun exercicio de improvisación e divertimento, entraremos no folk sen decatarnos de que estamos facendo blues –e viceversa– con esta singular figura da música feita en Galicia. En palabras de Piti Sanz, "o público coñecerá as escalas pentatónicas (ou pentáfonas) e saberemos porqué podemos incrustar "Na beira do ma" no blues "My mojo working" ou "A Carolina" no "Crawling king snake" sen a penas decatarnos e sen cambiar melodía nen acordes". Piti Sanz quere estimular a nosa curiosidade co seu atrevido experimento Galego-Go Blues… Sen rede, sen dúbida, improvisando, bluseando, folkloreando.

Beatriz Pereiras López, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-01-2015 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Os Gasol fan cume na NBA
Pau e Marc Gasol lograron un fito histórico na NBA ao ser elixidos para formar parte dos quintetos titulares do All Star que se celebrará no Madison Square de Nova York o 15 de febreiro. É a primeira vez que dous irmáns figuran nos equipos iniciais da convención anual das estrelas desde que comezou a celebrarse, en 1951. Así o determinaron os centenares de miles de afeccionados que votaron, rendidos ao talento dos irmáns de Sant Boi, recoñecido tamén por adestradores e analistas e avalado polas súas estatísticas e a súa importancia capital no xogo dos Bulls e os Grizzlies. Para Pau será o seu quinto All Star (2006, 2009, 2010 e 2011) e para Marc, o segundo (2012). En todos eles foron reservas, é dicir, non estiveron entre o cinco máis votados de cada Conferencia, pero foron elixidos polos adestradores. En consecuencia, o seu éxito é dobre nesta ocasión e referenda a extraordinaria tempada que están a levar a cabo. Esta vez, poderían mesmo ser os que loiten no salto inicial polo primeiro balón do partido. Pau será o pivote titular do equipo do Leste no que formará xunto a John Wall, Kyle Lowry, LeBron James e Carmelo Anthony. Marc tamén será o pivote titular no equipo do Oeste, xunto a Stephen Curry, Kobe Bryan, Blake Griffin e Anthony Davis. Kobe Bryant, lesionado no ombreiro, podería perderse o partido e o resto da tempada. O seu posto ocuparíao probablemente James Harden. O sabor amargo do recente Mundial de España, e a ausencia de Pau na final do Mundial de 2006, ben merecen tamén que o mellor xogador da historia do baloncesto español poida pór o broche de ouro á súa carreira medíndose ao seu irmán pequeno no Gran Teatro do Basket. O baloncesto español atopa así unha nova cima na que plantar bandeira. O Mundial de Xapón de 2006 foi sen dúbida o anterior cume, pero esta chega como unha vitoria en terreo vedado para moitos europeos, e que terá ademais a súa entrega de chaves no propio templo do baloncesto americano. Pau e Marc converteranse, desta forma, nos primeiros irmáns na historia da NBA en ser titulares no partido das estrelas.

Ana Martínez Fernández, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-01-2015 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Videoxogos para homenaxear a Charlie Hebdo
Unha das organizacións máis adicadas á caridade a través dos videoxogos, Humble Bundle, quixo dedicar un pack de xogos á iniciativa Je Suis Charlie, para aportar o seu graiño de area aos acontecementos sucedidos en París.

Deste xeito, e pola cantidade que queiramos por menos de 6 euros, o xogador recibe varios videoxogos a prezo de saldo e contribúe coa Freedom of the Press Foundation, organización sen ánimo de lucro que defende a liberdade de prensa.
Os xogos ofrecidos están destinados a PC e móbiles, e inclúense propostas como Type: Rider, indie en 2D no que percorremos as fontes tipográficas da historia máis coñecida, como Estafes New Roman ou Comic Sans.

Cristina Rey Pérez, 4º ESO B.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-01-2015 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
Jesús Oitavén e Nava Castro, os mellor situados para remudar a Vázquez Abad

A poucos días de que se confirme a saída da Xunta de Xesús Vázquez Abad para encabezar a candidatura do PPdeG por Ourense -o secreto peor gardado-, os corredores e despachos de San Caetano son un fervedoiro de rumores sobre os candidatos para remudar ao aínda conselleiro de Educación e Cultura, quen deixará o cargo, por certo, con máis pesar que alegría. Vázquez Abad fai as maletas con disciplina -o segundo secreto peor gardado-, pero coa ilusión xusta. Sabe que cambia o departamento máis vistoso do Goberno que preside Feijóo pola trincheira ourensá, cun futuro incerto e con José Manuel Baltar controlando con man de ferro a provincia.

A estas alturas do proceso, perden forza as candidaturas de Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, e de Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, en favor das de Nava Castro, directora xerente de Turismo de Galicia, e Jesús Oitavén, secretario xeral técnico do departamento e home de confianza de Vázquez Abad. Ambos os dous de Pontevedra, din que Nava Castro -filla de José Castro, alcalde de Ponteareas durante décadas- tería ao seu favor o apoio de Feijóo e a súa condición de muller, mentres detrás de Oitavén -da casta dos altos funcionarios- estarían o vicepresidente Alfonso Rueda e o aparato popular pontevedrés.

Iván Blanco Lage, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2015 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
O MÓBIL ENTRE OS ADOLESCENTES E A FAMILIA
O uso do teléfono móbil converteuse nunha das catro causas principais de conflito cos fillos adolescentes que levan ás familias españolas a recorrer a servizos de mediación, xunto aos problemas cos estudos, coas tarefas da casa ou de relacións interpersoais.

Segundo señalou Gullón, nos servizos de mediación cos adolescentes de UNAF, que trataron a medio milleiro de familias nos últimos 8 anos e cuxa demanda incrementou exponencialmente no último lustro; cada vez son máis os casos de problemas desencadeados polo uso das novas tecnoloxías e, en particular, do “smartphone”.

O experto explica que os pais están ante unha situción problemática, xa que por un lado, “senten a necesidade de cortar un uso inadecuado do teléfono móbil” e, por outro, queren que o seu fillo teña o teléfono para te-lo localizado.

Non se trata só de que os adolescente dediquen máis tempo ás redes sociais que á súa familia. “Se hai problemas polo uso do móbil, a relación acaba deteriorándose e é moi fácil que os problemas cheguen aos estudos”. Inflúen tamén “novas realidades”, como os divorcios conflitivos que afectan ós fillos, o reagrupamento de familias que tras anos de vida separadas, atópanse como estraños, os casos de nenos adoptados que teñen problemas de identidade na adolescencia ou novos modelos de convivencia.

Patricia González Fernández, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2015 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA NENA ALBINA VE A SÚA NAI POR PRIMEIRA VEZ
Louise naceu cunha condición xenética que fai que o seu corpo sexa incapaz de producir melanina, substancia que dá cor a pel, cabelo e ao iris do ollo, o que ocasiona problemas de vista.

A pequena acababa de recibir un par de lentes especiais, as cales permitíronlle ver a súa nai por primeira vez, á que recoñeceu grazas a súa voz.

Nese fermoso momento, a bebé mira cun gran sorriso a súa nai e estende a súa man para tocar o seu rostro.

O vídeo volveuse viral en pouco tempo, conmovendo a millóns de persoas arredor do mundo: https://www.youtube.com/watch?v=JexXACTZ8GY

Selena González Rodríguez, 4º ESO B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2015 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
Unha nena alertou por WhatsApp de que as violou o seu pai.
Unha moza de quince anos de Vigo aproveitou un descoido do seu pai que as estaba violando para coller o seu teléfono móbil e enviar unha mensaxe por Whatsapp a uns amigos para dicirlles que corría grave perigo e que alertasen á policía. A moza contou á súa cuadrilla que un intruso entrara na súa casa o luns ao mediodía e que a agredira sexualmente a ela e á súa nai. Levaban 6 horas retidas e sometidas á vontade e abusos do individuo que achandou a súa morada, que resultou ser o seu propio pai e marido da súa proxenitora. El tiña vixente unha orde de afastamento por malos tratos.

Grazas á popular rede de mensaxería instantánea, a policía nacional tivo noticia do delito e unha patrulla chegou de madrugada á casa das vítimas e pillou in fraganti ao pai da adolescente e marido da nai dela, que as tiña retidas. O home tiña vixente unha orde de afastamento contra a súa familia por quebrantar unha orde anterior. As dúas mulleres acusárono, nun preito anterior, de violencia no fogar. Todos son inmigrantes de orixe colombiana que residen en España dende hai varios anos e que se mudaron a Vigo recentemente.

Lucía Vázquez Nóvoa, 4º ESO A.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 24-01-2015 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Investigan danos na máscara de Tutankamón tras pegala con superglue
As autoridades exipcias investigan se a máscara de ouro do faraón Tutankamón, que se conserva no Museo Exipcio do Cairo, sufriu danos durante un proceso de limpeza.
Segundo publicaron distintos medios este xoves, a prominente barba quedou separada do resto mentres era limpada. Os conservadores pegárona apresuradamente utilizando resina, o que causou danos, explicou un conservador do museo en anonimato, en declaracións á versión digital do xornal egipcio Ao Ahram.

«A resina (unha substancia base de coñecidos pegamentos como o superglue) non era un material adecuado para utilizar na restauración da máscara, aínda que é un material de conservación cunha moi alta resistencia para a fixación de metal e pedra», dixo o conservador. Lamentablemente, engadiu, a resina secouse, deixando un espazo entre a cara e a barba, que anteriormente estaba conectada directamente.

Polo seu lado, o director xeral do Museo Exipcio, Mahmoud O-Halwagi rexeitou todas as acusacións e dixo a Ahram Online que a máscara está sa e salvo e non lle pasou nada dende que asumiu o cargo o pasado mes de outubro. Explicou, ademais, que a barba atópase na súa posición orixinal na máscara, e así foi dende que a máscara foi descuberta na tumba de Tutankamón en 1922.

«Un comité arqueolócico foi asignado para inspeccionar a máscara e a barba para escribir un informe detallado sobre o estado da máscara», dixo O-Halwagi.

Agregou que a máscara sométese periódicamente a limpeza e conservación e que se había algunha brecha, conservadores do museo déronse conta e reparárona.
Mentres, o ministro de Antigüidades, Mamdouh Eldamaty, dixo que o que se publicou é infundado. Explicou que a barba ten unha ubicación fixa na máscara e non pode estar fóra de lugar.

O rostro da máscara ten un buraco no queixo, onde entra o pasador da barba. Para manter a barba no seu lugar fortemente, explicou Eldamaty, úsase un material de conservación que se retira despois do secado, e iso foi -dixo- o que sucedeu o ano pasado durante a restauración periódica levada a cabo na máscara. Dentro de dous días, o comité arqueolóxico asignado remitirá o seu informe final detallado sobre a máscara.

Antía Corral Álvarez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-01-2015 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
ANTE A ONU EN PROL DO GALEGO

Esta cuarta feira (21 de xaneiro), a Mesa pola Normalización Lingüística participa en Xenebra na Revisión Periódica Universal das Nacións Unidas. Un encontro no que será avaliado o grao de cumprimento dos dereitos humanos no Estado español. Neste senso, tamén a respeito dos dereitos lingüísticos de nacións como Galiza onde existe un idioma propio.

"A discriminación por razóns lingüísticas é un ataque aos dereitos humanos e é indicativa dunha visión de supremacismo lingüístico que se está a reforzar nos últimos tempos", afirmou pouco antes de partir para a sede das Nacións Unidas o presidente da Mesa, Marcos Maceira.

Así é que a Mesa pola Normalización Lingüística presentará as denuncias recollidas durante os anos 2012 e 2013. Entre eles, retrasos en operacións por solicitar a autorización en lingua galega, denegacións de bolsas pre-doutorais por presentar o título universitario en galego ou ameazas en oposicións por utilizar o idioma propio.

Aliás, describirán perante as Nacións Unidas os "retrocesos" a respeito da oficilidade do galego que se están a viver baixo o actual goberno da Xunta, tales como os decorrentes após a aplicación do decreto 79/2010 para o plurilingüismo.

Para a organización en defensa do idioma, após avaliar os casos recollidos no informe, fica en evidencia que as "autoridades españolas encoraxan ou cando menos toleran abertamente actitudes supremacistas entre o funcionariado e outros axentes públicos", como a xustiza.

Manuel Alejandro Fernández Carrasco, 1º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-01-2015 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal