Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unicef pide a cifra récord de 2.700 millones de euros para a crise en 2015.

O Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef) lanzou este xoves un chamamento para recaudar 2.700 millóns de euros (3.100 millóns de dólares) para axudar a 62 millóns de nenos en risco debido ao incremento do número de crises humanitarias no mundo. É a cifra máis alta xamais solicitada por este organismo no seu balance anual para a acción humanitaria, debido sobre todo á cronificación do conflito en Siria e nos países veciños, así como a importante necesidade de axuda en África occidental pola epidemia de ébola.

Máis un de cada dez rapaces no mundo, 230 millóns, viven actualmente en países e zonas afectadas por guerras. A situación da infancia neste país é dramática: a metade dos nenos non pode acudir a clase, un terzo das escolas foron destruídas e polo menos 160 menores morreron no último ano en ataques dirixidos contra colexios e centros educativos.

A outra gran urxencia no foco de Unicef é a crise do ébola, especialmente nos tres países máis afectados: Sierra Leona, Guinea Conakry e Liberia. Alí, polo menos 10.000 nenos perderon un ou ambos pais pola enfermidade, e outros 6.000 perderon á persoa que coidaba deles antes da epidemia. “Por agora, enfocámonos naqueles nenos que non teñen ningún dos pais ou a persoa que os coidaba e estamos intentando atopar algún familiar que poida facerse cargo de eles”.

Andrea Marquina Rodríguez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 31-01-2015 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
O MAR RESPLANDECE EN HONG KONG POR UN ORGANISMO BIOLUMINISCENTE.

A floración corresponde á especie Noctiluca scintillans, un dinoflaxelado marino de ton azul ou verde que exhibe a súa bioluminiscencia cando se ve perturbado, por exemplo, polo paso de embarcacións ou ao romper as olas na costa.

A luminiscencia é provocada pola contaminación que pode ser devastadora para a presa e a fauna e a flora salvaxe. Noctulica non produce neurotoxinas como si ocorre con outros organismos similares. Pero o seu papel como presas e depredadores eventualmente pode aumentar a acumulación de toxinas na cadea alimentaria.

Selena González Rodríguez, 4º ESO B.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 31-01-2015 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG reclama que Ourense recoñeza o escultor Arturo Baltar
Referente cultural e emblema para a cidade. Así define o grupo municipal do BNG ao escultor Arturo Baltar para o que solicita que o Concello de Ourense inicie un expediente de honra.

Reclama o grupo nacionalista o apoio de todos os grupos presentes no pleno do Concello de Ourense para que se bote a andar o expediente de honra ao escultor Arturo Baltar por toda a súa traxectoria artística mais, de maneira especial, polo coñecido como “Belén de Baltar” no que o escultor reproduciu os principais elementos da arquitectura, a paisaxe e as tradicións galegas. O Belén, con máis de 500 figuras, foi cedido ao concello e está emprazado na Capela de San Cosme e San Damián.

“Arturo Baltar, un home comprometido coa cultura e con Ourense, contribúe a través da súa obra a enriquecer o patrimonio cultural da nosa cidade”, sinalan e destacan o valor antropolóxico e etnográfico da súa obra, de maneira especial, do Belén. Consideran que o conxunto escultórico de Baltar supón un “atractivo turístico de recoñecemento internacional” que reflicte a vida da provincia. Consideran tamén que o recoñecemento responde, dalgunha maneira, á xenerosidade de Baltar que cedeu o conxunto sen contraprestación algunha.

Irene Iglesias Bastos, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-01-2015 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
Proban con éxito células nai de doantes para reparar corazóns infartados

En tres anos os hospitais poderán ter nos seus estantes viais con células nai, listos para reparar o corazón dunha persoa que acaba de sufrir un infarto. Esta é a previsión máis optimista de Genetrix, a empresa española que desenvolveu a primeira terapia celular fabricada a partir de células cardíacas de doador. O tratamento xa empezou a probarse en pacientes nun ensaio clínico que lidera o equipo de Francisco Fernández Avilés do Hospital Gregorio Marañón de Madrid e no que participan tamén outros centros sanitarios españois e europeos.

Non é a primeira vez que se utiliza o poder rexenerativo das células nai para intentar restaurar os danos dun infarto, pero si a primeira na que se utilizan células extraidas de corazóns pertencentes a doadores sans. Noutras investigacións recorreuse ás células do mesmo enfermo para evitar un posible rexeitamento do organismo.

Como un medicamento máis.

O equipo de Genetrix identificou un tipo de células nai do corazón que teñen capacidade para curar o tecido danado e que non produce rexeitamento inmunolóxico. Deste xeito, a terapia pódese preparar con antelación e producir a grande escala, coma se fose un medicamento máis. «O proceso abaratarase e o tratamento está preparado para usar sen esperar o tempo necesario para illar e preparar as súas células», explicou Cristina Garmendía, presidenta de Genetrix.

Os resultados en animais de experimentación foron tan bos - viuse que mellora a capacidade de bombeo tras o infarto- que se animaron a abrir un ensaio clínico con pacientes reais. Ata o momento tratáronse sete persoas. Os primeiros resultados indican que a terapia é segura e non xera ningún rexeitamento. Comprobouse como as células, unha vez inxectadas, son atraídas polo corazón á zona danada e despois desbótanse. Agora o seguinte paso é demostrar a súa eficacia en 55 pacientes.

Unha terapia preventiva.

O infarto mata o tecido cardíaco e conduce a un esgotamento da bomba cardíaca. Ao corazón cada vez cústalle máis bombear o sangue e prodúcese unha insuficiencia cardíaca, unha enfermidade que mata máis no mundo que moitos cancros, recordou Fernández Avilés. O tratamento con células nai sería unha terapia preventiva para evitar a insuficiencia cardíaca. «Queremos comprobar se é capaz de limitar o dano sufrido tras o infarto e xerar novo tecido», detallou o cardiólogo Fernández Avilés.

A administración das células realízase dunha forma moi sinxela cun cateterismo que permite depositalas directamente na zona danada. No ensaio clínico os pacientes seleccionados son persoas que sufriron un infarto importante e o tratamento faise sete días despois, cando o paciente xa está estable. Neses momentos o tecido cardíaco xa empezou a morrer, pero o corazón aínda conserva intacta a súa estrutura. «A experiencia dinos que os enfermos crónicos que sufriron un infarto hai tempo non poderán beneficiarse do tratamento. A ventá de tempo para que sexa útil está entre o quinto e o décimo día despois do infarto», aclarou o xefe de servizo de Cardioloxía do Gregorio Marañón.

As células de doadores obtéñense de tecido cardíaco desbotado de intervencións cirúrxicas, como ciruxías valvulares, e expándense en laboratorio ata alcanzar a dose necesaria de 35 millóns de células por paciente. Cada dose é bioequivalente, é dicir cada vial contén a mesma calidade e número de células nai.

«Non» será «un medicamento caro»

Tras este ensaio clínico hai numerosos anos de investigación. Se todo vai ben e se cumpren as datas previstas, as farmacias hospitalarias poderían contar con este tratamento revolucionario en tres anos. «En 2018 debería estar listo para ser utilizado», avanzou Cristina Garmendia quen confía en que non será un medicamento caro».

Laura Abad Álvarez, 1º de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 31-01-2015 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia perde 1.287 investigadores en catro anos
A estadística confirmou os peores augurios dos investigadores, unha realidade que palpan día a día nos seus laboratorios coa reducción continua dos presupostos para os seus proxectos e co recorte no número de investigadores. A inversión en I+D+i prosegue co seu desplome en España. Así o constatan as cifras do Instituto Nacional de Estatística correspondentes ao ano 2013, presentadas onte con catro meses de retraso e que revelan que se no conxunto nacional a situación é mala, en Galicia é todavía moito peor. O gasto en inversión e desenvolvemento reduciuse en España un 2,8 %, para pasar de 13.391 millóns no 2012 a 13.012 millóns no ano seguinte, descenso que na comunidade galega alcanzou un 3,9 %.

Pero onde peor parada sae Galicia é na comparación histórica, que reflexa a continua debacle no descenso dos presupostos de I+D+i con respecto ao 2008, o ano no que se iniciou a crise y no que se alcanzou o máximo de gasto. Dende entón, o tesoirazo á ciencia e á innovación situouse en 116 millóns de euros, un 19,8 %, case o doble da reducción rexistrada a nivel nacional para o mesmo período, dun 11 %.

David Cebreiros López, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2015 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
Un equipo escocés logra por primeira vez ralentizar a velocidade da luz
No espazo, a luz viaxa a 299.792.458 metros por segundo. Non hai marxe de erro, pero dentro desta inmutabilidade é posible ralentizala. É o fito que conseguiu un equipo de varias universidades escocesas, que lograron nun experimento no laboratorio que os fotóns viaxen a unha velocidade inferior á da luz. Ata agora sabíase que podían ser un pouco máis lentos cando atravesan materiais máis densos como a agua ou o cristal, pero nunca no espazo exterior, que é, xustamente, o que se fixo agora.

O segredo é unha máscara que cambia a forma das partículas de luz e as frea lixeiramente. Nunha carreira entre dous fotóns, chegou máis tarde aquel ao que se lle aplicou a técnica, aínda que a unha distancia prácticamente insignificante. Sobre unha distancia dun metro, o equipo registrou unha diminución de ata vinte lonxitudes de onda, un valor moi alexado da marxe de erro do dispositivo.

«A máscara crea un patrón no raio de luz e demostramos que isto é o que o fai máis lento», explica Milles Padgett, da Universidade de Glasgow e un dos participantes nun estudo que publica a revista científica Science Express.

Raquel Sardiña Tejada, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2015 00:42
# Ligazón permanente a este artigo
Luces e sombras do xuízo do Códice
O xuízo polo roubo do Códice Calixtino está a permitir desvelar algunhas das incógnitas do caso, como o móbil do presunto ladrón ou a súa relación co exdeán. Con todo, outros puntos escuros como cando se decatou a catedral que lle subtraían diñeiro a mancheas seguen aínda sen aclararse pese ao empeño que lle está a poñer o tribunal da sección compostelá da Audiencia Provincial.

Por que roubou Castiñeiras o Códice Calixtino? Aínda que antes confesou o roubo, Manuel Fernández Castiñeiras retractouse no xuízo, polo que agora é presunto ladrón. El mesmo explicou á policía en xullo do 2012 e ao xuíz que lle interrogou que quería vingarse do exdeán. Esta versión coincide plenamente coa que deu José María Díaz. O cóengo declarou que o exelectricista pasou de ser «servicial» e «amable» con el a «bastante agresivo» cando, no 2006, el accedeu ao cargo e comezou a presidir o cabildo. O acusado creu que o clérigo lle axudaría na súa reclamación laboral, xa que quería deixar de ser autónomo e entrar en persoal. Con todo, despedíronlle. El sentiuse «humillado» e quixo vingarse levándose o prezado libro. «Eu sempre dicía que o maior desgusto que me podía suceder a min na vida era que lle pasase algo ao Códice, seguro que mo ouviu a min mesmo ou a alguén», afirmou o relixioso na vista.

Eran amigos o presunto ladrón e o exdeán? Durante máis de vinte anos, Fernández Castiñeiras e José María Díaz foron moi bos amigos. Ambos así o manifestaron. Moi gráficamente, o presunto ladrón do Códice dixo que se non podía dicir que fosen «como pai e fillo, si como tío e sobriño». Ambos se coñeceron nos anos 80, cando o exdeán, como arquiveiro da catedral, requiriu os seus servizos para dotar de luz eléctrica ao arquivo. A súa relación transcendeu ao templo e o exelectricista acudía tamén á casa do clérigo para realizar alí algúns traballos de mantemento. Tamén o exdeán estivo en casa do acusado en varias ocasións tras sufrir este un ictus que lle tivo convalecente.

Cando soubo a catedral que lle roubaban diñeiro? Por moito que o tentou o tribunal, esta é unha cuestión que non aclararon os cóengos que declararon até o momento como testemuñas. Manuel Iglesias, que foi administrador da catedral de Santiago entre o 2002 e o 2011, asegurou que el comezou a notar no 2003 que había desfasamentos entre o contabilizado e o que finalmente se ingresaba no banco. Dixo que ese foi o motivo polo que fixeron arqueos de caixa e polo que instalou unha cámara de seguridade no seu despacho, onde estaban as dúas caixas fortes nas que se gardaba o diñeiro. O maxistrado presidente, Anxo Pantín, preguntoulle sorprendido como deixou pasar sete anos e non tomou cartas no asunto. Non obtivo resposta. A realidade é que só actuaron cando, tras a detención de Castiñeiras, acháronse nos seus pisos 1,7 millóns de euros.

Quixo o ladrón devolver o Códice? O medievalista do arquivo declarou que ao día seguinte de coñecerse o roubo do Códice viu a Castiñeiras entrar na catedral cunha mochila que non afacía usar. Só un minuto e medio despois saíu e foise. O técnico pensou que quizais foi a devolver o libro e que ao ver tanta policía deuse media volta.

Lara Rodríguez Pardo, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2015 00:34
# Ligazón permanente a este artigo
Que películas pasarán á historia?
Agora que se achegan as cerimonias dos Oscar e os Goya, un estudo mostra como este tipo de premios non sempre recoñecen ás películas máis importantes. Tampouco o saber dos mellores críticos, as enquisas aos amantes da séptima arte ou os ingreses en taquilla son a mellor forma de determinar a relevancia dun filme. Unha investigación concluíu que a rede de referencias entre as propias películas en forma de citacións, as homenaxes ou as parodias é o método máis obxectivo e científico para saber que películas serán lembradas.

Un equipo de matemáticos e biólogos expertos en sistemas complexos cre ter atopado a fórmula para saber que películas deberíamos salvar se o mundo se acabase e as claves están nos propios filmes. Usando algoritmos coma o PageRank, orixinalmente usado por Google, estos investigadores demostraron que a relación entre os distintos títulos en forma de referencias entre uns e outros supera a calquera outra forma de medir a importancia dunha película.

Así pois esta investigación conclúe salvando algunhas películas como O mago de Oz, A guerra das galaxias, Psicose, Casablanca e Cidadán Kane.

Elena Blanco González, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2015 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
Viva o Entroido
Comeza o Entroido de Xinzo o sábado día 24 co Petardazo, que ás doce da noite do sábado ao domingo marca o comezo da festa cun único petardo e o tradicional «viva o entroido».

Xinzo de Limia ten un Entroido singular. Se nalgunha parte de Galicia se conservou na súa integridade a vivencia profunda do tempo de Entroido é na vila de Xinzo de Limia, que medrou á beira da xa desaparecida Lagoa de Antela.

Un dos mellores Entroidos de España e Portugal, e incluso de Europa, polo que o Entroido de Xinzo de Limia é acredor ao título de “Festa de Interese Turístico Nacional”. Esta distinción débese, por unha banda, á figura da “Pantalla”, personaxe central de este entroido que posúe unha gran vistosidade na súa indumentaria e movementos, batendo as características vexigas e alegrando a festa ao son de campaíñas e axóuxeres.

Por outra banda, tal distinción débese tamén á amplitude do seu ciclo festivo, de cinco fins de semana de duración (Sábado do Petardazo, Domingo Fareleiro, Sábado do desfile e colgamento do Meco, Domingo Oleiro, Sábado de Mulleres, Domingo Corredoiro, Venres, Sábado, Domingo, Luns e Martes de Entroido, Enterro da Sardiña e Domingo de Piñata) e tamén á masiva participación popular na festa. Neste entroido é moi difícil atopar a alguén que, sendo veciño do concello, ande sen disfrazar. Dá igual a idade, sexo ou condición: individualmente ou en grupo, todo o mundo se disfraza.

Alba Baltar Janeiro, 2ºA de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2015 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
A IGUALDADE GAÑA AO MACHISMO EN ARXENTINA
Aerolíneas Argentinas conta con máis de 570.000 seguidores en Facebook, onde colga fotos e responde ás dúbidas dos seus clientes. Aínda que estas dúbidas sexan un tanto extravagantes, como é o caso dun usuario que lamentaba “o baixo nivel de azafatas que ten a empresa. Antigamente eran altas, esbeltas, impoñían respecto. Agora todalas mozas son baixas e gordiñas, e deixa moito que desexar o aspecto do voo”.
Aínda que o usuario acabou borrando a súa mensaxe, fixoo despois de que se compartira por Twitter. “A viralización foi inmediata, dada a gran cantidade de comentarios recibidos e compartidos”, explica a Verne o equipo de redes sociais da compañía, que confirma que a mensaxe se publicou o 21 de xaneiro sobre as tres da tarde (hora arxentina). A respuesta gustou tanto aos tuiteiros como aos empregados da empresa.

Carlos Seoane Martínez, 2º bacharelato, B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-01-2015 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal