Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Batman: A Broma Asasina, nova edición
A comezos do século XX, máis concretamente en maio do ano 1939, nacía unha personaxe que, a día de hoxe, permanece no case que no inconsciente colectivo coma símbolo e icona da loita contra o crime sen necesidade de ser distinto do resto das persoas. Estou a falar de Batman.
Batman é unha personaxe apaixoante, con milleiros de admiradores e fans en todo o mundo, sobre todo dende o recente aumento da súa popularidade, debido en gran parte á magnífica triloxía fílmica (Batman Begins, Batman: O Cabaleiro Escuro e Batman: O Cabaleiro Escuro: A Lenda Renace), dirixida por Christopher Nolan, que tanto éxito colleitou.
Ademáis da súa condición de persoa normal, que non comparte coa maior parte dos heroes do cómic norteamericano, un dos alicientes de Batman é o interesante dos seus inimigos e as serias que son as súas disputas. Entre todos, destaca, por méritos propios, o Joker, personaxe anónima, sádica e demente cuxos actos non se rixen pola búsqueda dun obxectivo, senón, como di Alfred (maiordomo de Batman): "Por ver o mundo arder". Enlazando co título do artigo, resulta que nos anos oitenta, un home chamado Alan Moore revolucionou o mundo do cómic/novela gráfica cunha serie de títulos que mesturaban a acción típica do xénero e outras situacións dramáticas, dilemas morais, políticas... etc., cousas ata a de aquela impropias da "banda deseñada". Títulos famosos nos que Alan Moore traballou como guionista foron: "V de Vendetta", "Watchmen"... etc. Entre tantos títulos novos, Moore aceptou traballar en dúas personaxes que xa existían: Batman e o Joker. O resultado foi Batman: A Broma Asasina, publicado no ano 1988.
Neste xa pasado ano 2013, tivemos en España unha nova edición da nomeada novela gráfica, cuxa única diferencia co orixinal atópase no coloreado, máis fiel á visión do debuxante nesta nova edición. É unha boa ocasión para ver o enfrontamento máis sincero que tiveron estas dúas personaxes e de botar ademáis unha ollada ao pasado do Joker. Moi recomendable para os amantes dos cómics e para todo aquel que queira comezar.

Javier González Sobrado; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-01-2014 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
OITO DE CADA DEZ MOZOS TRABALLARÍAN EN CALQUERA EMPREGO
Un 48,6% dos mozos españois aceptarían calquera emprego, o que fose e cun soldo baixo, considerando o resto da porcentaxe a posibilidade de ter que traballar no estranxeiro. “Crisis y contrato social: Los jóvenes en la sociedad del futuro” foi o estudo realizado polo Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Xuventude, baseándose a súa investigación nun millar de entrevistas onde un 47% dos adolescentes consideraría necesario apoiar movementos que promovan cambios no actual sistema político, social e económico.
Oito de cada dez mozos culpan ao Goberno e aos partidos políticos da situación actual e reclaman máis axuda para atopar emprego ou máis empresas que contraten a mozos. Ante a falta de oportunidades, están convencidos de que terán que depender economicamente da súa familia, un 85% traballaría no que fose e un 79,2% cree que terá que seguir estudando. Ademais, sete de cada dez teñen a intención de retomar os estudos ou ampliar a súa formación co obxectivo de conseguir un traballo.
A falta de traballo fai que os rapaces e rapazas volvan estudar para non quedarse sen facer nada. O 61,7% dos enquisados opinan que será difícil atopar un traballo que lles guste e tres de cada catro consideran moi pouco probable atopar emprego nun ano.

UXÍA GARCÍA VÁZQUEZ; 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-01-2014 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
25 anos da caída do Muro de Berlín
Este ano 2014 non é unha data calquera, xa que cumprense vinte e cinco anos da caída do Muro de Berlín; que separaba a cidade en dúas zonas: Berlín Este e Berlín Oeste. Esta división prodiciuse debido a que os gañadores da II Guerra Mundial, os soviéticos, os franceses, os ingleses e os estadounidenses; tiñan cada un o seu respectivo sector de ocupación e pensaron en unificalos nun só. Pero as disputas entre soviéticos e os outros tres fixo que se crearan dúas partes: a RFA, (República Federal Alemá), gobernada polos franceses, ingleses e estadounidenses, e que era capitalista; e RDA, (República Democrática Alemá), gobernada polos soviéticos e cun sistema económico comunista.
O Muro orixinouse co obxetivo de frear o éxodo masivo dende a RDA á RFA. Nun principio só foi un muro provisional levantado a noite do 12 de agosto de 1961, e que arredor do cal había, a mañá seguinte, unha alambrada provisional de 155 quilómetros. Pero pronto transformouse nunha parede de 3, 5 a 4 metros de altura, con torres de vixilancia, fosos, armas automáticas, sistemas de alarma,...
Esto fixo que familias enteiras quedaran separadas durante os 28 anos que se mantivo en pé; ata o momento en que se produciu a súa caída no ano 1989, o día 9 de novembro.
Aínda hoxe en día, mozos que non coñeceron o suceso do Muro de Berlín, senten que hai certa diferenza entre os compañeiros que teñen pais que viviron na RDA e os que sempre viviron na zona capitalista.
De feito, en Berlín abren un museo que conta a vida na República Democrática Alemá, e diversos escritores que o sufriron nas súas carnes escriben as súas vivencias, como "En tempos de luz minguante" de Eugen Ruge, "Algún día contaremonolo todo" de Daniela Krien, "Na cidade do mañá", libro no cal se atopa a correspondencia entre a escrito Brigitte Reimann e o arquitecto Hermann Henselmann; e a película "Bárbara" de Christian Petzold.

Carolina Outomuro López; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-01-2014 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Peche de ano
Os nosos conxuntos galegos pechan o ano de maneira ben distinta , por unha banda comezamos polo equipo na Primeira División do fútbol español , o Celta , os de Luís Enrique , foron durante toda a tempada dando un paso cara adiante e logo outro para atrás , sen ningún sentido non se pode aclarar a situación que esta vivindo futbolísticamente os de Vigo , porque ainda non se viu un equipo unido que toque o balón e que se mova coma é debido , esperemos que o novo ano leve consigo inspiración para este conxunto para poder manterse nesta categoría que deberiase ser o obxetivo tras a tempada anterior.

Por outra banda, temos o Deportivo da Coruña , que encontrase no mais alto da Segunda División cunha distancia co conxunto perseguidor de dous puntos , os de Fernando Vázquez tentarán seguir nesta dinámica de bos resultados , xa que parece unha verdadeira milagre que tras todos os problemas que tiñan no principio da campaña poidan ocupar este posto de privilexio.Na presidencia destacar que Lendoiro , deixou o cargo e polo tanto comezará unha nova etapa na presidencia do Deportivo , no que xa hai moitos candidatos interesados , esperamos o mellor para o clube.

Por último , O Lugo , os de Setién rematan o ano no seu mes máis malo , moi malos resultados neste derradeiro mes que fan que peguen unha baixada considerabel na taboa e que se ubiquen na zona morna , no décimo lugar. Para o novo ano , Setién e os seus tentarán buscar unha vía para voltar a ilusionar o Anxo Carro , que esta perdendo toda a ilusión tan característica e que fai especial o conxunto lucense.En definitiva novo ano este 2014 , novas esperanzas , sempre co obxetivo de manterse , pero tamen soñando con ver un Lugo na primeira , ainda que ese soño antoxase complicado.

Samuel Vázquez González; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-01-2014 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal