Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Médicos chineses quítanlle a un home un dedo do pé para poñerllo na man.
O mundo da medicina non para de sorprendernos.

Por suposto, esta noticia chéganos procedente de China, onde poden acontecer os feitos máis inverosímiles.

Trátase do caso dun home, segundo publicou o diario británico Mirror, ao que lle colocaron un dedo do pé na man, para substituír así, un que lle faltaba.

Ten Iuan, que así se chama o paciente, perdeu ese dedo nun accidente que sufriu cando era un neno.

Para arranxar esta ausencia, médicos dun hospital da provincia de Hunan amputaron un dos dedos do pé e colocáronllo na man.

Tras a operación, parece que os resultados son bos porque a simple vista, segundo Ha Yuan, ninguén nota que ten un dedo do pé na man.

Carlos Seoane Martínez, 1ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-01-2014 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
Unha nova campaña ante a crise do cine
O último intento dos cines para chear as butacas e recuperar parte do esplendor perdido foi unha nova campaña: Os mércores ao cine, onde haberá entradas cun prezo máximo de 5€. Para Manuel Precedo, presidente da Federación de Cineclubes de Galicia, a recuperación pasa inevitablemente por unha tesoirada no prezo como o desta campaña, que ve con bos ollos, aínda que considera que debe ampliarse e non ser algo puntual: «Unha entrada a dez euros é unha barbaridade. A industria ten que repensar a súa política e imperar o sentido común. É a única maneira da que se pode recuperar o hábito que había de ir ao cine».

Ao lado do Novocine Leiro atopamos ao seu propietario, Ernesto Romero. As súas palabras transmiten nostalxia do que cree que os días de gloria xa non volverán por moito que se axusten os prezos: «No meu caso se baixo máis o prezo -una entrada para una película en este cine rural cuesta 4,50 o 6,50 euros, en caso de que la película sea en 3D- é mellor que peche ou que a pase gratis se a distribuidora ma da gratis, porque ganaría o mesmo; é dicir nada». E á pregunta do millón, por que é tan caro o cine?, responde con rapidez Ernesto Romero: «Do que recaudo teño que darlle o 60 % á distribuidora. A min quédame o 40 % e con iso teño que pagar un 21 % de IVE, a luz, persoal e os impostos municipais».

Á hora de buscar outras causas para a pérdida de espectadores, o presidente dos cineclubes galegos asegura: «A programación non axuda. Hai moi pouca variedade». O dono do Novocine de Leiro apunta a outro inimigo co que ve difícil competir: «Internet é desastroso para o cine. Podes ver películas na casa que aínda non están nos cines».

Patricia GOnzález Fernández, 4ºB da ESO
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-01-2014 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
Dian Fossey, novo 'doodle' de Google

A memoria de Dian Fossey, a zoóloga estadounidense que dedicou a súa vida ao estudo dos gorilas, volveu o xoves 16 de xaneiro de entre a néboa das montañas africanas ata a páxina principal de Google grazas a un novo doodle.

Desta forma, Google homenaxea a Dian Fossey no día no que a zoóloga cumpriría 82 anos. A estadounidense dedicou a súa vida enteira ao estudo dos gorilas, sobre todo en Ruanda. A súa paciencia e meticulosidade permitíronlle comprender, recoñecer e imitar o comportamento e as características de cada un dos animais, gañando así a aceptación nos grupos que observaba e chegando a establecer con eles unha relación de confianza e afecto.

O seu traballo converteu Karisoke, onde ela estudou en EUA, en centro internacional de investigación sobre os gorilas tras fundar o Centro de Investigación de Karisoke en 1967.
O seu traballo, non obstante, coñeceuse e divulgouse a nivel mundial grazas ao libro que publicaría en 1983, "Gorilas na néboa", onde expoñía as súas observacións e a súa relación cos gorilas en todos os seus anos de estudo de campo cos primates. Estes estudos contribuíron en gran parte á recuperación da poboación de gorilas e á desmitificación do seu comportamento violento.

Fossey foi encontrada asasinada no dormitorio da súa cabana nas montañas de Virunga, Ruanda, o 26 de decembro de 1985. Xunto ao seu leito de morte achouse o seu diario cunha última entrada manuscrita, que se convertería na súa última mensaxe á humanidade: "Cando te decatas do valor da vida, un preocúpase menos por discutir sobre o pasado, e concéntrase máis na conservación para o futuro." Ata na súa morte, Dian Fossey ofreceu toda unha lección de vida.

Sandra Tornero Belloso, 4º da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-01-2014 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
O cámping das Cíes sitúase entre os 10 mellores do mundo

As Cíes volven marabillar ao mundo. E os británicos son, de novo, os primeiros da orbe en chamar a atención sobre as illas que franquean a entrada á Baía de Vigo. O xornal inglés The Guardian acaba de publicar unha lista na que aparece entre os dez mellores cámpings do mundo.

O diario preguntou aos seus lectores cal era o mellor para pasar «unha noite salvaxe baixo as estrelas». O ránking elaborado a través das votacións dos lectores do diario (o segundo máis lido en inglés), coloca no sexto lugar do Top Ten a estas instalacións que son a única forma de que o visitante poida pasar a noite nun espazo que recibe sobrenomes tan eloxiosos como «o Caribe galego».

O rotativo británico xa chamara a atención hai seis anos sobre esta paraxe que é a xoia do Parque Nacional Illas Atlánticas. En febreiro do 2007 elevou aos altares ao areal de Rodas, o máis grande de Cíes, ao elixila como a mellor praia do mundo. Semellante reclamo provocou un aluvión de novos visitantes. Para empezar, os británicos fixéronlle un oco nun mapa vacacional que ata entón pouco máis contemplaba que os lugares con seguro de sol: Mallorca e Canarias. Os turistas empezaron a chegar a Vigo preguntando como chegar a ese paraíso natural e froito daquelas pescudas chega agora unha nova recompensa.

David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-01-2014 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
As matemáticas máis alá das aulas
Estalmat foi creado en 1998 pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais en Madrid. Hoxe funciona noutras seis comunidades, entre as que se atopa a nosa, onde chegou en 2007.

A Facultade de Matemáticas da USC é cada mañá dos sábados un ir e vir de rapaces adolescentes. Os seus rostros son aínda algo infantís, pero a súa cabeza, polo menos no matemático, non. "Aquí hai alumnos que saben responder tipos de preguntas que non resolven estudantes universitarios", confesa Manuel Ladra, un dos colaboradores deste proxecto, intentando ensinar con naipes que parte da maxia é en realidade matemáticas, como tamén o é a criptografía que agochan os sistemas de seguridade das tarxetas de crédito e os códigos de barras.

Ladra é un dos profesores da facultade implicados no proxecto de Estímulo do Talento Matemático Estalmat, que cada curso, dende hai seis, selecciona en Galicia 25 estudantes de 12 e 13 anos con aptitudes avanzadas nas ciencias exactas. Aquí aprenden, da man de 40 docentes universitarios e de secundaria, que as matemáticas "teñen que ver con todos os campos da sociedade", máis aló do que lles ensinan no instituto, resume o presidente do proxecto na comunidade, o tamén profesor da USC Juan Viaño.

Levantarse cada sábado cedo para coller o coche e poder estar alí ás dez e media non sería tan fácil se non tivesen especial interese en aprender algo máis do que poden ensinarlles nas aulas. Algúns dos seus primeiros participantes volven estar agora polos corredores desa facultade, mais esta vez como universitarios. Algúns deles aseguran que xa lles gustaban as matemáticas pero que tras a participación neste proxecto foi cando decidiron escoller esta carreira.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-01-2014 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Aparición dun tesouro literario
O pasado 16 de xaneiro, a Real Academia Galega presentou uns poemas inéditos da autora romántica Rosalía de Castro.
O que fai que isto sexa un achado moi importante foi que no ano da súa morte, Rosalía de Castro mandou as súas fillas que queimaran os seus poemas. Por sorte, dita queima non foi completada.
O achado foi de dous grupos de manuscritos autógrafos da escritora galega. No primeiro atopouse un poema en galego, e no segundo tres poemas ata agora descoñecidos que ían formar parte do seu último libro titulado "Postrimerías". Os manuscritos presentáronse na Real Academia Galega e poden verse na súa páxina web.

Casualmente, os manuscritos atopábanse nos propios arquivos da RAG, en concreto, na Biblioteca Municipal da Coruña. Formaban parte do legado de Manuel Murguía que Manuel Casás, alcalde da Coruña nos anos 20, lle pedira a Gala Murguía de Castro.

Como se produciu o achado entón? Segundo Henrique Monteagudo, produciuse ao querer reunir nu álbum dixital todos os poemas de Rosalía de Castro, que como pasa a miúdo, estaban espallados en coleccións privadas e públicas.

Porén, parece que esta autora galega vainos sorprender aínda despois de falecer coa aparición de novos poemas seus, entre os que quizais se cheguen a atopar o libro inédito de Rosalía "Historia de mi abuelo" que, segundo o presidente da RAG, podería atoparse no poder dunha familia de Santiago.

Carolina Outomuro López; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-01-2014 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Un ordenador para espialos a todos
A palabra clave é encriptación. Unha especie de maletín de seguridade dixital onde meter as mensaxes para que nadie as lea. É o enemigo do espía de internet, o que as portas pechadas ou as caixas fortes son aos detectives de toda a vida. E a Axencia Nacional de Seguridade estadounidense (NSA nas súas siglas en inglés) fartouse de ter que buscar portas traseiras aos sistemas de encriptado -os erros na súa programación- para poder monitorizar as comunicacións de presuntos terroristas, competidores comerciais, xefes de Estado. Quere a chave maestra, un súper ordenador que poida atacar frontalmente calquera clave privada de encriptado das comunicacións. 
“Nunha caixa metálica do tamaño dunha habitación, asegurada contra as filtracións electromagnéticas, a NSA está construíndo un ordenador [cuántico] que podría romper prácticamente calquera encriptación utilizada para protexer os rexistros bancarios, médicos, corporativos ou gubernamentais de todo o mundo”, publicou recentemente o diario estadounidense The Washington Post, tras acceder aos documentos secretos.
O proxecto, chamado “Penetrando Obxectivos Difíciles”, contaría cunha financiación escasa, polo momento, de tan só 80 millóns de dólares (58 millóns de euros), e levaríase a cabo nun laboratorio de College Park, en Maryland. Todo según documentos filtrados polo informante Edward Snowden, que desvelou o programa anglosaxón de espionaxe a gran escala das comunicaciones mundiais no verán de 2013.

Diego López-Guerrero Navarro; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-01-2014 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
Prepara a casa para aforrar
A incorporación de sinxelas prácticas nos hábitos diarios pódese traducir en importantes aforros na factura da calefacción e na redución das emisións de gases contaminantes á atmosfera. Estos son algún consellos que nos permiten levar a cabo un aforro importante:
  1.- Revisar a factura contratada, estudar as condicións das ofertas existentes no mercado e optar por aquela que mellor se axuste ás necesidades que se queiran cubrir.
 
2.- Desde o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) recomendan dispoñer dun sistema de regulación que adapte a temperatura do fogar ás necesidades dos seus habitantes. No mercado hai dispositivos que regulan a temperatura e establecen a hora á que se debe activar, o que suporá un aforro do 30% na calefación.
 
A temperatura ideal nunha vivenda é de 20ºC. Por encima desta medida, o consumo aumenta. Pola noite nos dormitorios basta cunha temperatura entre 15 e 19ºC para sentirse cómodo.
 
3.- Un bo illamento da casa é primordial. Segundo datos de Greenpeace, o aforro en calefacción nunha vivenda ben illada pode chegar ao 40%.

4.- No caso das fiestras, entre o 25 e o 30% das nosas necesidades de calefación débense ás perdas de calor que se orixinan nelas. Os sistemas de dobre cristal reducen prácticamente á metade esa perda de calor.

5.- Para aforrar enerxía, tamén é aconsejable revisar o sistema de calefación antes de que empecen os meses fríos, xa que un adecuado mantemento da caldera pode implicar un aforro de ata o 15%. Así mesmo, hai que revisar as unidades terminales e, si é o caso, purgar os radiadores xa que a presenza de burbullas de aire no circuíto dificulta a transmisión de calor desde a auga quente ao exterior.
 
6.- Outros consellos para a redución do consumo pasan por aproveitar ao máximo a luz natural con paredes claras, abrindo as persianas e correndo as cortinas durante o día; apagar a calefación pola noite e adecuar o tamaño dos radiadores ás distintas estancias da casa.

Fernando Rodríguez González; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-01-2014 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
EMILIA PARDO BAZÁN E A SÚA FACETA CIENTÍFICA
Pardo Bazán acaba de entrar no Álbum da Ciencia de Galicia da Cultura Galega. Xosé Antonio Fraga, coordinador do álbum, fixo pública esta faceta, onde o interese polo coñecemento científico xurdiu cando realizou de moza coa súa familia unha viaxe por Europa. Un conservadorismo extremo, por unha marca tradicional católica, marcou a súa filosofía de vida, pero ao mesmo tempo non lle impediu buscar novidades, pois era consciente de que a ciencia era un elemento básico da modernidade, e ela quería estar na pomada, como afirma Fraga.
Non faltan alusións á ciencia en toda a súa obra literaria, o que mantivo ao longo de toda a súa extensa carreira. Pero onde máis desenrolou a súa faceta como divulgadora científica foi nuns artigos que publicou entre 1876 e 1877 na Revista Compostelana. Baixo o título “La ciencia amena” abordou en diferentes entregas a luz, a electricidade ou a circulación do movemento.
Porén, os seus coñecementos sobre ciencia son limitados, o que fixo que mantivese con Octavio Lois Amado unha viva polémica. Mais o seu papel máis importante sería a intervención en debates entre darwinistas e antidarwinistas, estando ela nestes segundos e chegando a afirmar que “No llegaremos a ser semidioses, pero no fuimos ni seremos bestias”.

UXÍA GARCÍA VÁZQUEZ; 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-01-2014 18:58
# Ligazón permanente a este artigo
Durmir a sesta axuda a estudar
A sesta é unha tradición moi arraigada nos países latinos, tanto así que a palabra sesta converteuse case no termo universal para referirse ao sono tras o mediodía. Segundo un estudo, a sesta permite despexar a mente e deixala lista para ser máis eficiente despois.

Durante o sono, a información que está acumulada no teu cerebro na zona de memoria de curto prazo, trasládase ao "disco duro" - a memoria de longo prazo. Así, deixas libre a memoria de curto prazo para procesar novas informacións e limpas a túa mente, permitindo aceptar novas experiencias.

Matthew Walker, a cargo do estudo da Universidade de California, afirmou que "non só é importante durmir despois de estudar, senón que o é tamén durmir antes". Durante a investigación pedíuselle a 39 mozos realizar distintas tarefas relacionadas coa aprendizaxe. Un grupo debía durmir 90 minutos de sesta mentres o outro debía permanecer esperto. Logo, ambos os dous grupos debían facer tarefas. E resultou que os que quedaron espertos tiñan un rendemento moito peor que a xente que durmiu sesta.

Unha medición da actividade cerebral das persoas que durmiron revelou que durante a etapa 2 do sono que non é REM, "borrouse a caché" dos dormentes. O estudo explicaría tamén para que serve esta etapa 2 do sono non-REM, na que os humanos pasan a metade do tempo que dormen.

A etapa REM é importante para o pensamento máis complexo, permitindo facer conexións e asociacións entre datos que a primeira vista non parecen relacionados. Un argumento máis a favor do repouso despois de xantar, que ogallá algunha vez os profesores e as oficinas tomaran en conta.

Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-01-2014 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal