Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Romasanta, o lobishome galego, morreu nun presidio de Ceuta
Sobre Manuel Blanco Romasanta, o "Home Lobo" ou o "Home de Allariz", escribíronse multitude de obras, traballos e investigacións e filmáronse decenas de películas. Non obstante, a noticia de que morreu en Ceuta e non en Galicia xa está constatada e contrastada.

Ata hai uns anos mantíñase que morreu en 1854, ben no cárcere de Celanova, ben na prisión de Allariz e mesmo algúns apuntaban ao castelo de San Antón (A Coruña). Non había nada claro ao respecto ao perderse o seu rastro entre reixas.

O labor dos investigadores galegos Félix e Cástor Castro permitiu concretar que morreu o 14 de decembro de 1863 na fortaleza do Monte Hacho de Ceuta como consecuencia dun cancro de estómago que puxo fin á vida do coñecido como primeiro asasino en serie da historia moderna.

Segundo explicou o investigador e historiador ceutí Francisco Sánchez Montoya, aludindo aos datos dos dous investigadores galegos, Manuel Blanco foi condenado a morrer a garrote vil pero a raíña Isabel II intercedeu ante o tribunal e cambiou a pena de morte por cadea perpetua, tras ler unha carta dun hipnotizador francés que defendía que sufría licantropía.

Na súa opinión, os dous historiadores galegos "dataron con moita precisión a súa morte despois de moitos anos de investigación e de consultar moitos arquivos".

David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2014 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Dentro de Youtube
Dende a creación de Youtube en 2005, Internet cambiou. Unha das cousas que xurdiu son os "youtuber", persoas anónimas que colgan os seus vídeos caseiros que acaban tendo millóns de seguidores. Dende Happy FM ensínannos os 5 "youtubers" con máis seguidores de España.

1. O Youtuber con máis subscritores, sen dúbida é "elrubiusOMG" con 5.298.922 subscritores. O protagonista desta canle é Rubén Doblas, que con tan só 23 anos chegou ao máis alto de Youtube. O curioso desta canle é que ao principio facía vídeos caseiros comentando diferentes videoxogos e acabou gravando parodias co seu compañeiro de piso.

2. Outro con máis subscritores é "Willyrex", ou o que é o mesmo, Guillermo Díaz. O cal se espertaba unha hora antes todos os días para gravar os seus videoxogos, comentalos e subilos á súa canle, deste xeito conseguiu que os seus subscritores chegasen aos 2.844.205.

3. No posto número 3 encontramos a "Loulogio", malia que leva un tempo sen subir ningún vídeo á súa canle. Conseguiu 323.469 de subscritores, pero ao que se dedicou sempre foi a dobrar vídeos dándolles un toque de humor.

4. Un dos Youtuber máis coñecido, xa que o puidemos ver nalgún anuncio de televisión, é "JPelirrojo". Na súa canle adoita contar cousas da súa vida cun toque de humor. Tamén ten un consultorio onde calquera dos seus subscritores pode preguntarlle todo o que queiran.

5. Esta vez é a quenda dunha rapaza: "isasaweis". Ela é Isabel Llano. Empezou creando un blog no que daba consello a todos os seus seguidores sobre moda, maquillaxe e peiteado, polo que decidiu crear unha canle na que dar tamén eses consellos. Isto levouno a ter 231.046 subscricións da súa canle.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-01-2014 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Novo talento ofensivo.
O Lugo xa ten o seu primeiro reforzo invernal. Por segunda tempada consecutiva, o club recorreu ao mercado de metade de curso para reforzar o equipo. Sergio Rodríguez chega do Betis cedido ata o final do curso. Ten 21 anos.

Sergio Rodríguez aumenta a nómina de xogadores de perfil ofensivo. Un escudeiro para os Rennella, Sandaza e Juanjo. Outro futbolista polivalente, con calidade para ocupar tanto a parcela de media punta, como para situarse na banda dereita e na esquerda. Unha das súas preferencias é aparecer por perfil zurdo, para pegarlle coa destra, a súa perna favorita de golpeo.

A pesar de tratarse dun futbolista creativo, Sergio, considerado unha das perlas da canteira bética (esta tempada o club verdibranco renovoulle por catro máis), tamén ten gol. No filial, na campaña anterior, anotou dez goles na Segunda B.

Era un dos xogadores preferidos de Pepe Mel, quen o convocou para facer as dúas últimas pretemporadas coa primeira plantilla bética. Nesta campaña, foi un dos futbolistas máis destacados. Con todo, a dura competencia en Primeira División fíxolle gozar de poucas ocasións de xogo. No entanto, debutou na máxima categoría no Benito Villamarín, nun partido contra o Sporting, e ese mesmo curso Mel deulle a alternativa no Bernabéu. Naquel partido entrou no minuto 21 da primeira parte por outro canteirán como Vadillo, que se lesionou apenas comezado o encontro.

Samuel Vázquez González; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-01-2014 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
BATERÍAS GOLOSAS
Un equipo de investigadores de  Virginia Tech desenvolveu unha batería que funciona con azucre e ten unha densidad de enerxía sen igual, según explicaron os seus autores. Os expertos creen que esto podería reemplazar ás baterías convencionais xa que éstas son máis baratas, recheables, e biodegradables.
Un dos autores principais (Percival Zhang) pensa que esta batería podería ser unha realidade en tres anos, para aplicar en teléfonos móviles, tabletas e outros aparatos electrónicos.
Para levar a cabo este avance, o equipo de expertos construiu unha vía enzimática sintética, non natural, que permite utilizar todos os potenciais de carga do azucre para xerar electricidade en pilas de combustible enzimáticas, que se utilizarán en lugar do costoso platino habitual nas baterías convencionais.
Como todas as pilas de combustible, a batería de azucre combina combustible -en este caso, maltodextrina, un polisacárido a partir da hidrólise parcial do almidón- con aire, para xerar electricidade e auga como os principais subproductos.
A diferenza das células de combustible de hidróxeno e pilas de combustible de metanol, a solución de azucre de combustible non é nin explosiva, nin inflamable e ten una maior densidade de almacenamento de enerxía, ademais as enzimas e os combustibles utilizados para construir o dispositivo son biodegradables.O traballo de Zhang podería axudar a evitar que centos de miles de toneladas de baterías acaben nos vertedoiros.

Diego López Guerrero Navarro; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-01-2014 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
PREPARANDO O FESTIVAL DE ORTIGUEIRA DO 2014!
O Festival de Ortigueira cumprirá este ano o seu 30º aniversario cunha actuación un tanto especial: Milladoiro voltará ás súas raíces para actúar neste gran festival do mundo celta despois de seis anos sen facelo. Así o anunciaba o alcalde Rafael Girón durante a presentación en FITUR 14, ademais de asegurar que este ano se retrasará un pouco no calendario para adaptarse aos universitarios que poidan querer asistir a este festival, celebrándose entón entre o 17 e o 20 de xullo.
Poderase asistir tamén ao concerto dos gañadores do concurso Runas para bandas noveles do 2013, que foi a banda vasca Buaille Ruaille. Tamén Girón destacou que o festival celta inicia "unha nova etapa sin renunciar ás súas sinais de identidade", ademais de recoñecer o empeño do Concello de Ortigueira por renovar a oferta musical e de ocio do evento, pero mantendo os concertos sen entrada e zona de acampada libre cunha gran calidade musical nun espazo natural privilexiado.

UXÍA GARCÍA VÁZQUEZ; 2º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-01-2014 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Crean a conexión a Internet máis rápida do mundo
Alcanza unha velocidade de 1,4 terabits por segundo utilizando liñas de fibra óptica de calidade comercial
Científicos do Reino Unido crearon a conexión a Internet máis rápida do mundo usando liñas de fibra óptica de calidade comercial e alcanzando velocidades de 1,4 terabits por segundo. Posiblemente, esta sexa a proba de velocidade máis rápida da súa clase, superando ás realizadas en Corea do Sur.
1,4 terabits por segundo, velocidade máis que suficiente para descargar unha película en alta definición en 0,02 segundos. Ou o que é o mesmo, 100 películas en alta definición en tan só 2 segundos.
Segundo Mundo Digital, para chegar a alcanzar os 1,4 terabits segundo, os investigadores empregaron Flexigrid, un novo protocolo de transmisión de datos, co que foron capaces de superpoñer varias canles de transmisión a través da mesma conexión.
O sistema, denominado “Super Channel Alien” está composto por sete conexións simultáneas a 200 xigabits por segundo cada unha, coa que superaron nun 42,5 por cento aos anteriores intentos. Aínda que aínda este servizo de banda ancha non está dispoñible comercialmente, as probas realizáronse empregando sistemas de fibra estándar, o que polo menos posibilitará un considerable aumento de velocidade nas conexións domésticas e empresariais actuais, ao non ser necesario un cambio dramático da infraestrutura de fibra óptica existente.

Fernando Rodríguez González; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-01-2014 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Neil Young.
Rock and roll can never die. Así reza un verso do tema "Hey, Hey, My, My" de Neil Young, e segundo parece, o canadiense pensa actuar seguindo as súas propias ensinanzas.
O famoso cantautor publicará en marzo un novo disco, chamado "A Letter Home". Fai non moito existían na rede certos rumores que dicían que Young, de 68 anos, publicaría un novo disco co ex-integrante da banda The White Stripes, Jack White, quen ten 38 anos. Young desmentiu esto por medio da súa conta oficial de Facebook, o que resultaría un pouco triste por mor da moita expectación e curiosidade que se crearía ao colaboraren dúas figuras importantes do rock de tan lonxanas e distintas xeracións, de non ser, obviamente, pola nova que acompañaba a esta negativa de Young, o susodito novo disco.
Young tamén se pronunciou un chisco sobre o novo traballo: "Este disco foi unha das experiencias menos tecnolóxicas que nunca tiven". O último disco que publicou foi "Psychedelic Pill", o cal contén largas improvisacións de guitarra e que foi a volta da banda Crazy Horse ao respaldo do nomeado artista.
Iremos coñecendo máis datos do disco consonte se acerque a data aproximada de publicación do mesmo. Ante todo, de Neil Young cabe esperar grandes cousas. Dende melancólicos temas preto do country ata duras e revitalizantes cancións do máis puro hard rock, todo esto, como sempre, aderezado cun chisco de denuncia política e comentarios sociais. Esperamos un bo traballo, e se é acompañado dunha xira, ¡Benvido sexa!

Javier González Sobrado; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-01-2014 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
A problemática "Grace of Monaco"
A película "Grace of Monaco" atópase nunha situación paradóxica xa que será estreada en Francia na 67ª edición do Festival de Cannes como película de inauguración; pero, unha película que estaba previsto que se estreara no mes de novembro do 2013, demorou a súa chegada aos cines ata marzo deste ano.

Esta situación débese ao conflito existente entre o director Oliver Dahan e o productor Harvey Weinstein. Este conflito é ocasionado porque Weinstein, no que recae a decisión de estrear ou non o filme, non quere estreala debido a que quere que o director realice unha serie de cambios na película. Dahan non está disposto a realizalos, e segundo a entrevista que lle realizou o periódico galo Liberation, ahora mesmo hai dúas versións da película, a súa e a do productor, e que non comparte os cambios que quere realizar o susodito.

Na película, que estará protagonizada por Nicole Kidman, que comparte reparto con Paz Vega, Tim Roth, Derek Jacobi, Milo Ventimiglia, Parker Posey e Frank Langella. Trata dunha parte da vida da actriz Grace Kelly na cal sofre unha crisis de identidade e matrimonial durante a disputa polo control dos medios de comunicación de Mónaco polo príncipe Rainiero III e o presidente francés Charles de Gaulle.

Carolina Outomuro López; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-01-2014 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Tomar o sol diminúe o noso risco de hipertensión
Nada mellor que uns bos raios de sol, iso si, debidamente protexidos, para controlar a tensión arterial. Iso é o que se deduce dunha investigación realizada nas universidades de Southampton e Edinburgo, Gran Bretaña, que sinala que a exposición da pel á luz solar pode axudar a reducir a presión arterial e, polo tanto, reducir o risco de ataque cardíaco e accidente cerebrovascular.

En concreto, a investigación que se publica en Journal of Investigative Dermatology demostra que a luz solar altera os niveis dunha molécula mensaxeira pequena, o óxido nítrico (NO) na pel e o sangue, e a súa consecuencia non é que reduce a presión arterial.

«Sabemos que NO, xunto cos seus produtos de degradación, son abundantes na pel e que está implicado na regulación da presión arterial. E cando a pel se expón á luz solar, pequenas cantidades de NO transfírense dende a pel ata o torrente sanguíneo, e o efecto é que diminúe o ton dos vasos arteriais; así, ao reducir a presión arterial, tamén o fai o risco de infarto e de ictus», explica Martin Feelisch, coordinador do traballo.

Mentres algúns profesionais sanitarios advirten dos riscos que ten unha exposición aos raios do sol debido ao incremento no risco de cancro de pel, os autores deste traballo suxiren que se se minimiza a exposición solar, iso pode non ser especialmente beneficioso para unha serie de patoloxías relacionadas coas enfermidades cardiovasculares que representan o 30 por cento das mortes anuais en todo o mundo.

Sábese que a presión arterial e a enfermidade cardiovascular segue un ciclo estacional e que tamén varían en función da latitude. Así, os eventos son maiores en inverno e nos países máis lonxe da liña ecuatorial, onde a radiación ultravioleta do sol é menor.

Con isto, os autores do traballo queren demostrar que expoñer o noso corpo ás radiacións solares con precaución é beneficioso para a nosa saúde e que disminuirá así o noso risco de hipertensión.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2014 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Os piratas somalíes secuestran o seu primer barco de 2014
Os piratas somalíes efectuaron o seu primer secuestro do 2014 ao apropiarse dun barco mercante cun número todavía indeterminado de tripulantes no mar Vermello, según confirmaron este domingo oficiais marítimos.

O barco, identificado como 'Marzooqah', conseguiu enviar unha señal de axuda onte pola noite antes de que os piratas asumiran o control e desviaran o cargueiro ao Golfo de Adén, según confirmou o secretario xeral da Unión de Mariños Mercantes de Kenia e especialista en secuestros por piratería, Andrew Mwangura.

Este incidente ten lugar despois de que o número de ataques piratas descendera significativamente en 2013 --sete, frente ós 36 de 2012 e os 176 do ano anterior-- grazas ós esforzos de seguridade internacionais pero os expertos advirten de que este problema non desaparecerá ata que os piratas sexan detidos en terra somalí.

De momento solo se sabe que o barco foi abordado por un grupo de entre oito e piratas, cinco dos cuales siguen a bordo para mantener baixo custodia á tripulación, composta por indios, exipcios e sirios, según Mwangura.

Nerea Rial Conde, 1ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-01-2014 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal