EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un novo caso grave con liberdade
O ídolo xuvenil do pop Justin Bieber, de 19 anos, arrestado o xoves en Miami Beach, recoñeceu que conducía o seu vehículo baixo a influencia de substancias tóxicas e a exceso de velocidade, nunha 'carreira de aceleración' por unha zona residencial céntrica desta cidade.

Ao cantante canadense impúxoselle unha fianza de 2.500 dólares (1.800 euros) polos tres cargos que se lle imputan: conducir baixo a influencia de substancias tóxicas, alcohol e marihuana, resistencia á autoridade sen violencia e conducir cun carné que expirara.

O xefe da Policía de Miami Beach, sinalou que os axentes que arrestaron a Justin e ao outro mozo co que competía, o cantante de R&B Kahlil Amir Sharieff, detectaron un 'olor forte a alcohol' nos mozos, e o canadense non se mostrou cooperativo cando o detiveron.

Con todo isto onde eu quero chegar non é soamente a contarvos o magnífico incidente deste rapaz, senón que hoxe en día o que lle impuxeron de fianza non foi nada, xa que o diñeiro que este rapaz ten non o imaxina ninguén, e isos 1800€ págaos coma se nada. Dende o meu punto de vista, facer unha carreira de coches baixo o efecto do alcohol e das drogas e aínda por riba ir co carné caducado, merece xa que se quedara no cárcere como mínimo e porlle unha fianza de máis cantidade para que polo menos lle doese pagala. O peor de todo é que todas as súas fans adorábano ao quedar en liberdade, aplaudíano coma se non houbese feito nada, e realmente se alguén alleo a todos os que estaban involucrados neste incidente resultara ferido, outro galo cantaría. Aínda así creo que as súas fans non deberían de estar alí naquel momento porque polo menos a min se unha persoa da que eu son moi fan fixera algo así, daríame vergoña e non iría a homenaxealo á súa saída. Pero xa se ve que non todo o mundo pensa igual.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2014 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
O xuíz arquiva o caso de controladores de Santiago
O titular do Xulgado de Instrución Número 2 de Santiago, José Antonio Vázquez Taín, arquivou de novo a causa dos controladores de Santiago e concluíu que o peche do espazo aéreo en decembro de 2010 foi "unha decisión política de quen tiña competencia para iso".
   No auto emitido con data oito de xaneiro de 2014, ao que tivo acceso Europa Press, sinala que nesta causa "só caben responsabilidades políticas" e subliña que "os traballadores se limitaron a cumprir cunha norma que se lles impón" ao fixarlles un número máximo de horas de traballo.
   "Da documentación e comunicacións que constan na causa, quedou acreditado que o devandito número máximo de horas se superara en exceso nos controladores que comunicaron que non podían seguir traballando", expón o xuíz nos razoamentos xurídicos do auto.
   Vázquez Taín argumenta, así mesmo, que o recurso presentado contra o arquivo anterior de abril de 2013 se refire a que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenzas nas que se declaraba que o cómputo das horas estaba ben feito por AENA, pero "ditas sentenzas non puideron ter en conta, por non dispoñer as partes delas, das comunicacións internas de AENA nas que os seus responsables recoñecen o contrario".
   Así, o maxistrado subliña que "a numerosa documentación agora achegada aos autos" reflicte que "os responsables actuais recoñecen os diferentes cómputos que se foran realizando" para poder seguir afirmando que os controladores non se excederan" e "se poñen de manifesto as comunicacións dos anteriores responsables recoñecendo internamente que as horas estaba excedidas e había que buscar novos cómputos".
   A iso engade "as propias afirmacións dos imputados, máis racionais e cribles," para concluír que "queda claro" que no caso das sancións a dous controladores "están baseadas en feitos irreais" e "a proba obrante neste procedemento contradinas frontalmente".
   Así, desestima o recurso presentado e, en consecuencia, mantén o "sobresemento definitivo e arquivo das presentes dilixencias previas, por non ser os feitos constitutivos de delito".

PACTO

   No auto, o xuíz esgrime que a suposta "confabulación" denunciada dos controladores aéreos queda desacreditada porque a "abundantísima documentación" que consta neste procedemento "deixa claro que só tiñan pactado unha postura; esixir á empresa que cumprise as súas propias normas de seguridade en relación co número máximo de horas de servizo".
   Neste sentido, Taín sinala que "queda excluído" que "nin os controladores pactaran abandonar masivamente os postos de traballo, nin tiñan un plan para pechar o espazo aéreo".
   "Non pactaran abandonar os seus postos de traballo de forma organizada e masiva e iso acredítase polo feito de que os controladores, de forma individualizada, persoal e illada, en función das circunstancias que unicamente concorrían en cada un deles, remitiran, con meses ou semanas polo menos de antelación, comunicación á empresa para indicar que no seu caso concorrían tal ou cual circunstancia e que, con marxe de tempo abondo, poñían en coñecemento de AENA para que adoptasen as medidas ao efecto", expón o maxistrado.
   Así, sinala que "cada un dos imputados adopta o seu propia e persoal postura. E cada un decide en momento distinto que cumpriu o número máximo de horas, aínda nos cómputos máis irreais da empresa". "Pode entenderse a existencia dun plan coordinado de defensa de dereitos, pero en ningún modo o devandito plan incluía nas súas previsións pechar o espazo aéreo, nin un abandono masivo dos postos de traballo, polo menos no concernente ao suposto do Aeroporto de Santiago de Compostela que se analiza", puntualiza.
   "En ningún dos momentos de maior crise, se detectou que os supostos maquinadores intentasen deixar o aeroporto sen controladores. Ao contrario, a decisión individual e illada de cada un dos imputados, poderían ser contrarrestada de forma doada pola empresa variando as horas de cuadrante, etc., pero quedou claro que a empresa non desexaba garantir o servizo senón gañar o pulso establecido", sentencia o xuíz.

Alejandro Sueiro Paz; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2014 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
Rebaixan a condena a un 'camello' porque o colapso do xulgado da 'Pokémon' ocasionou dilacións indebidas
O Tribunal Supremo determinou que o colapso dos órganos xudiciais non pode servir como escusa para que os procedementos sufran "paralizacións inxustificadas". Por iso, rebaixa un ano a condena dun 'camello' por vender heroína ao constatar que o seu caso sufriu dilacións indebidas e que a sobrecarga do xulgado lucense que instrúe as operacións 'Pokémon' e 'Carioca', non pode xustificar que non se lle aplique esta atenuante.
   A Sala do Penal estimou o recurso que presentou Francisco Miguel Núñez contra a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo que lle condenou o pasado marzo a tres anos de cárcere por un delito contra a saúde pública concorrendo a atenuante de drogadicción pero non a de dilacións indebidas.
   O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, do que é titular a maxistrada Pilar de Lara Cifuentes, admitiu que o proceso sufriu un parón "inxustificado" dun ano dende que se incoou o procedemento abreviado ata que se decretou a apertura de xuízo oral.
   Non obstante, precisou que "o cómputo total non excedeu do período dilatado que, xeralmente e de xeito non desexable, se adoitan prolongar as actuacións nos xulgados debido á sobrecarga que sofren no seu normal discorrer".
   Entre os asuntos instruídos polo Xulgado de Pilar de Lara, atópanse a rama 'Pikachu' da causa 'Pokémon' sobre presuntas contratacións irregulares no Concello de A Coruña, e 'Carioca', unha macrocausa sobre prostitución.

INTERRUPCIÓNS INEXPLICABLES NON PODEN SER RUTINEIRAS

   O Supremo rexeita a argumentación do tribunal de instancia argumentando que a existencia dun volume de traballo na Administración de Xustiza "afastado do que poderían considerarse os estándares desexables", non pode servir de escusa para non aplicar a atenuante de dilacións indebidas.
   "A carencia de medios non é incompatible cunha dedicación que impida paralizacións inxustificadas do procedemento", remarcan os maxistrados, que creen que soster o contrario "conduciría a admitir que forman parte da rutina da instrución penal interrupcións absolutamente inexplicables".
   E é que, para os maxistrados, a paralización do proceso penal durante un ano sen que se practiquen dilacións "indispensables", algunhas de puro trámite para axilizar a sinalización do xuízo oral, erosiona o dereito a ter un proceso sen dilacións indebidas.

Alejandro Sueiro Paz; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2014 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
Conclúe sen novidade a busca dos dous desaparecidos en Valdoviño
O operativo despregado este sábado para tratar de localizar as dúas persoas, un home e a súa filla, que permanecen desaparecidas dende o día de Reis en Valdoviño (A Coruña) concluíu sen éxito.
   Así o manifestaron a Europa Press fontes de Protección Civil de Valdoviño, que sinalaron que o rastrexo deste sábado foi infrutuoso e que os medios se retiraron sen novidade.
   Este sábado colaboraron con Protección Civil de Valdoviño cinco agrupacións máis dos municipios próximos coruñeses de Ferrol, Narón, Neda, Fene e Mugardos, formando un grupo de 42 voluntarios.
   A estes sumáronse no operativo deste sábado Bombeiros de Ferrol, segundo confirmaron fontes deste corpo, ademais de efectivos da Policía Local e da Garda Civil.
   As malas condicións meteorolóxicas na zona dificultaron o rastrexo, que unicamente se levou a cabo por terra ata as 13.00 horas, por estar "o mar bravo" e haber escasa visibilidade na zona de acantilados, polo que se centraron nas praias.
   Tras intensificar o rastrexo este sábado, as mesmas fontes puntualizaron que a partir desta xornada en días sucesivos se limitarán a realizar "pasadas" polas praias os efectivos da agrupación de Valdoviño e da Policía Local.
   Tamén Salvamento Marítimo indicara que aproveitaría tamén o movemento de medios en exercicios na zona para rastrexos selectivos, que tamén se producirán en caso de recibir alerta dalgún avistamento na área.

CATRO FAMILIARES

   Tras ser arrastradas polo mar catro persoas o día de Reis, sobre a 1,30 horas do martes 7 de xaneiro foi localizado na praia de Valdoviño o corpo do varón Rodrigo Pena, de 67 anos, unha das tres persoas desaparecidas esa xornada na zona do Faro de Meirás.
   Os outros dous desaparecidos son o seu cuñado Juan Bedoya, de 55 anos de idade, e a súa filla, Patricia, de 25 anos. Todos eles se achegaran ao lugar no que días antes botaran as cinzas dun familiar falecido.
   A cuarta integrante do grupo, filla de Pena, logrou agarrarse a unhas rochas e puido salvarse, aínda que tivo que recibir atención médica polas contusións que sufriu.

Alejandro Sueiro Paz; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2014 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
Una rara enfermidade adormece aos habitantes dunha aldea de Kazajistán
Os habitantes dunha pequena aldea de Kazajistán queixánse dunha curiosa enfermidade, que fai que adormezan profundamente durante varios días seguidos. Os médicos pola súa parte non encontraron unha explicación ó misterioso fenómeno.
A extraña enfermidade provoca que as persoas adormezan literalmente mentras camiñan, e esta é a terceira ocasión na que a 'epidemia do sono' afecta á aldea de Kalachi, no centro do país asiático.

"Polo momento encontránse hospitalizadas sete persoas, dúas delas son nenos. Os síntomas que presentan son: debilidade marcada, pérdida de memoria parcial, forte somnolencia e desorientación. Realizámoslles tratamentos dirixidos a mellorala nutrición do cerebro e a circulación cerebral", indicaron fontes médicas.

A enfermidade rexistrouse por primeira vez a inicios do ano pasado, entonces a menos unha decea de persoas; entre 14 e 70 anos, acudiron ós centros médicos por axuda.

Según observacións dos propios pacientes, este fenómeno maniféstase ante o incremento brusco de temperatura. Ademáis, consideran que se debería á radiación dunha mina de uranio que explotábase na época soviética preto da aldea.

Nerea Rial Conde, 1ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2014 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
A Santa Compaña do lecer e a cultura concéntrase ante a Delegación de Hacienda na Coruña
A Plataforma Salvemos a Música e a Noite leva a cabo na Coruña a campaña de protesta 'O 21 todos contra o 21%.
A coincidencia do novo acto de protesta coa inauguración de FITUR permítelle ao sector denunciar as tráxicas consecuencias que pode ter para o turismo o peche de locais de lecer e a caída da música en directo
Este martes tivo lugar unha concentración da Plataforma Salvemos a Música e a Noite ante a Delegación de Hacienda na Coruña para denunciar a crítica situación que viven o lecer e os espectáculos como consecuencia da salvaxe subida do IVE cultural ao 21%. Participaron no acto a Plataforma estatal Salvemos a música e a noite coa colaboración da Asociación Galega de Salas e Locais con música ao Vivo, CLUBTURA e a Alianza Empresarial polo Turismo e o Lecer Nocturno, PRONOCHE

Os actos de protesta na Coruña enmárcanse no percorrido itinerante da campaña O 21 TODOS CONTRA O 21% que vén levando a cabo a plataforma a nivel nacional e que xa estivo presentes en Madrid, Barcelona e Valencia. Con respecto ás actividades da campaña esta mesma mañá tivo lugar un acto simbólico protagonizado pola Santa Compaña do lecer e a cultura que acudiu á Delegación de Facenda da Coruña para condenar o comportamento do Ministerio de Facenda. Doutra banda durante esta semana a campaña estará presente nos locais de lecer e salas de concertos da Coruña popularizando o seu berro de silencio entre o público dos locais a través das redes sociais.

Beatriz Pereiras López, 1ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2014 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
Justin Bieber, detido en Miami Beach

Todo son malas noticias para el. Enfróntase á deportación, nin máis nin menos. O canadense non deixa de liala. Justin Bieber non rematou de render contas coa xustiza. O pasado venres era posto en liberdade tras pagar unha fianza de 2.500 dólares e pasar 24 horas entre reixas por participar nunha carreira ilegal de coches en Miami Beach. Non obstante, os delitos acumúlanselle ao artista que foi citado o próximo luns ante un tribunal para dilucidar os niveis de alcol e drogas baixo os que conducía o cantante.

Justin Bieber admitiu ante os axentes que fumara marihuana, bebido unhas cervexas e inxerido unhas pastillas de prescrición antes de ser detido. Unhas agravantes sumadas a superar o límite de velocidade. O famoso conducía a 90 Qm/h cun deportivo por unha zona residencial na que debía circular a 48 Qm/h.

Justin Bieber está a dar moitos problemas á súa nai, que preocupada polo díscolo mozo, mesmo pediu aos seus seguidores que recen por el. A seguinte pregunta é cómo influirá este espiral de polémicas na carreira da estrela, á que polo momento lle saíron un bo número de inimigos nas redes sociais. Nas últimas horas foron moitos os que piden a deportación do ídolo de EUA.

Máis de 13.000 persoas asinaron en menos de 24 horas a petición. "Nós, o pobo de Estados Unidos, sentimos que non estamos ben representados no mundo da cultura pop. Gustaríanos ver ao perigoso, insensato, destrutivo, e consumidor de drogas Justin Bieber deportado e co seu permiso de residencia revogado", reza a nota, rexistrada na sección de peticións dos cidadáns "We are the people”.

E engade: " (Bieber) Non só é unha ameaza para a seguridade do noso pobo senón que tamén é unha mala influencia para os nosos mozos. Nós, o pobo, queremos que Justin Bieber saia da nosa sociedade". Un equipo da Casa Branca estuda as peticións realizadas a través da web e que necesitan 86.000 máis para o 22 de febreiro, para despois decidir qué organismo dara unha resposta oficial á reclamación.

Carlos Seoane Martínez, 1ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2014 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
O cabaliño de mar é un dos depredadores máis hábiles
Os leóns triunfan no 25% das súas cazarías e as quenllas un 60%, pero os cabaliños déixanos moi atrás capturando ao 90% das súas presas. E iso que as súas vítimas móvense a unha velocidade de 3.000 km/h.

É aínda máis incrible se temos en conta que o cabaliño de mar é unha das criaturas mariñas máis lentas que existen. Cal é o seu segredo? O seu fociño. Este está deseñado de forma que ao moverse crea moi poucas ondas na auga, polo que pode achegarse á súa presa sen ser detectado.

Ao cazar, o colo do hipocampo arquéase como un resorte, permitíndolle rotar a cabeza rapidamente e succionar ás súas vítimas a 1 mm de distancia. O seu fociño permítelle achegarse sen causar disturbios na auga, o que anunciaría a súa presenza.

Nós vémolo como un tenro e indefenso animal pero para os pequenos crustáceos que constitúen a súa dieta, o cabaliño de mar é un monstro sixiloso que os axexa ata capturalos.

Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2014 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
Facemos fármacos para quen poida pagalos
A farmacéutica alemá Bayer, unha das maiores empresas do mundo no seu sector, produce medicamentos só "para quen poida pagalos", segundo declaracións de representantes directivos da compañía. "Non producimos medicamentos para os indios. Producímolos para os pacientes occidentais que poden pagalos, sinalou esta mesma semana o conselleiro delegado de Bayer, Marijn Dekkers, en declaracións recollidas pola revista Bloomberg Business Week.

Dekkers fixo estas declaracións en referencia ás novas licenzas sobre a propiedade das patentes farmacéuticas que está a aplicar o Goberno de India, unha iniciativa que repercutirá a favor dos fabricantes locais para que produzan medicamentos xenéricos a un prezo máis barato e alcanzable para toda a poboación.

A medida está pensada para os tratamentos contra o cancro, o VIH e a diabete, segundo a revista, pero o Goberno indio pretende ampliala a 20 medicamentos máis. As novas licenzas permitirían a calquera empresa do país producir esas mesmas fórmulas sen o consentimento do titular da patente. A farmacéutica alemá recorreu esta iniciativa ante a xustiza india argumentando que estas licenzas constitúen "un roubo". Non obstante, doutores de Médicos Sin Fronteras cren que este caso "reflicte o xeito perverso no que se desenvolven hoxe en día os medicamentos. As farmacéuticas están claramente enfocadas en multiplicar as ganancias".

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2014 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
As bibliotecas celebrarán o 30 de xaneiro o primeiro Día da Ilustración en Galicia

A Rede Galega de Bibliotecas Públicas celebrará o próximo 30 de xaneiro o primeiro Día da Ilustración en Galicia con talleres, actividades para estimular a creatividade, mostras bibliográficas e espazos para a reflexión sobre "a importancia deste sector no ámbito do libro e da lectura".

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, explicou onte que esta celebración nace con vocación de "permanencia" para que en próximos anos o día 30 de xaneiro se vincule á ilustración e se promova "a importancia que ten este sector". "A ilustración debe ter un espazo singular dentro dese calendario de actividades vinculadas co libro e a lectura, e a mensaxe que queremos transmitir é que o 30 de xaneiro debe ser un día arredor do cal se configuren diferentes tipos de programación para poñer en valor a ilustración", engadiu.

Sandra Tornero Belloso, 4º da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2014 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal