Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Lugo frenase ante a muralla do Guadalaxara.
Repartición de puntos entre Lugo e Guadalaxara nun partido para obreiros. Os branquivermellos dominaron a posesión e estiveron como correctos, pero pasaronas canutas para profundizar na rede presionante tecida polo técnico alcarreño. E, a pesar de que gozaron das mellores oportunidades, non puideron pasar dun empate moi merecido e traballado para alcanzar una melloria na sua clasificación.
O Guadalaxara desactivou a fluidez do Lugo con orde e presión. Os branquivermellos arrincaron con forza, pero foron perdendo fol a medida que pasaron os minutos. Os alcarreños agardaban con paciencia que aparecese unha ocasión á contra e, aos poucos, fóronse apropiando da parcela ancha a pesar de que os de Setién gozaban da posesión do coiro.
O xogo non baixou de intensidade na segunda metade. O Lugo gozou de ocasións máis claras, sobre todo en dúas remates de Pita e Iago Díaz. Pero, a pesar de que os locais se desperezaron, os alcarreños seguiron mordendo na presión ata o último folgo. De feito, José Juan tivo que empregarse a fondo para gañarlle un man a man a Vicente cando faltaban cinco minutos para que o arbitro puxera fin o partido.

Samuel Vázquez González, 1ºBacharelato.

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-01-2013 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
O mercado de PCs sofre unha baixa de vendas no 2012.

A pesar do lanzamento de Windows 8, a industria non o aceptou con tanto éxito como esperaba, en comparación co auxe de tabletas e smartphones.
Os fabricantes de ordenadores como Hewlett-Packard (HP), Lenovo e Dell tiveron un ano miserable de vendas en 2012. Este ano viu a primeira caída desde hai máis dunha década, sen ningún sinal inmediato de alivio.
Fabricantes de PCs non teñen desenvolto dispositivos suficientemente atractivo preso neste sector destacou o lanzamento espectacular de máis recente versión da franquicia Windows, co cal Microsoft está loitando tamén entre os dispositivos de chamada en relación ao iPad de Apple.
"A sensación é de que ata o Windows 8 non está totalmente instalado e os seus prezos non comezan a caer, imos seguir neste estado negativo e no mercado de PCs", dixo o analista de Stifel, Nikolaus, Aaron Rakers .
Con todo, os analistas advirten contra a exclusión de Windows 8? Máis radical entre os sistemas operativos en 20 anos?, Porque os consumidores sintensemáis cómodos co seu mosaico baseado nunha interface e características táctiles.
No pasado, un novo sistema operativo de Microsoft tenden a favoreceren as vendas máis rápidas dos PCs, pero os fabricantes de PCs simplemente non teñen desenvolto dispositivos suficientemente atractivas, segundo a IDC.

Alexandre Sueiro Paz, 1º B Bacharelato.



Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 11-01-2013 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
O grande éxito da reforma laboral: 100 ERES diarios
Os últimos datos facilitados polo propio Goberno corroboran os catastróficos efectos que a reforma laboral vixente dende o 12 de febreiro de 2012 está a ter sobre o emprego. Despois de tres baixadas consecutivas, que os apoloxistas da reforma interpretaron á súa conveniencia, o número de despedimentos colectivos volveu crecer en outubro. Só ese mes, comunicáronse á autoridade laboral 3.077 expedientes de regulación de emprego (ERE), a razón de cen diarios, cun aumento do 56% respecto á cifra de setembro.

Os datos acumulados son aínda máis aterradores: ata outubro, 27.055 empresas acolléranse a ese procedemento para alixeirar os seus equipos, fronte ás 15.870 dos dez primeiros meses de 2011. Unha suba tan espectacular (o 70%) sen dúbida ten que ver coa crecente deterioración da situación económica, pero tamén coas notables facilidades para o despedimento que a reforma laboral introduciu. Dende febreiro, os ERE non requiren xa autorización administrativa previa, o que na práctica dá carta branca aos empresarios para despedir coa indemnización mínima de 20 días por ano.

Non só o número de expedientes aumentou ata outubro, senón tamén o de traballadores afectados, que foi de 374.773, un 53% máis que no mesmo período de 2011. Iso e a desaparición duns 200.000 empregos públicos explican a pésima evolución do emprego en España durante os doce meses transcorridos dende o regreso doPP ao poder. Segundo a última EPA, baixo o mandato de Rajoy, malia os custosos sacrificios esixidos aos cidadáns, medio millón de persoas foron a engrosar as listas do paro.
O presidente do Goberno dixo non hai moito que se sente satisfeito cos resultados da súa reforma porque diminuíu a destrución definitiva de postos de traballo, ao acollerse moitas empresas ás suspensións temporais de emprego. Iso, non obstante, non responde á realidade: entre xaneiro e outubro houbo máis traballadores afectados por ERES temporais, si; pero tamén máis despedidos; en concreto, un 20,5%%, que non é moco de pavo.

En consecuencia e como era previsible, a reforma, polo menos ata o día de hoxe, non serviu para animar a creación de emprego, senón todo o contrario. Está a ser masivamente utilizada polos empresarios para continuar, a menor custo, o axuste laboral que empezou co estalido da crise e que puxo a España no albor dos seis millóns de parados. Un acerto máis que os traballadores temos que agradecerlle a Rajoy.


Alba Salgado Parente 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-01-2013 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
Diversión cultural para os máis cativos

As actividades de 'Cultura Cativa' regresan este mes de xaneiro á programación cultural de Allariz despois dun parón motivado polas festas de nadal .
O sábado día 26 de xaneiro, a partir das seis e media da tarde, 'Fantoches Baj' actuará na casa-museo de Risco . A través do seu espectáculo 'Contos do Demo', a compañía de monicreques mesturará saberes tradicionais, refráns, cancións e cantos populares.

A programación cultural para o público infantil é unha iniciativa deseñada e patrocinada por un total de 22 establecementos hosteleiros e comerciais da localidade, en colaboración co Concello de Allariz e da Fundación Vicente Risco.

Desde o pasado mes de decembro e ata abril, diferentes espazos da vila de Allariz acollerán representacións teatrais, de narración oral e musicais destinados ao público infantil. A entrada a cada un dos espectáculos será gratuíta e limitada á capacidade do aforo de cada un dos locais.


Magdalena Sepa Vázquez 2ºA

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-01-2013 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
Rajoy e Feijoo xuntos en Santiago, para homenaxear o primeiro presidente da Xunta.
Rajoy e Feijóo, acompañados por numerosas autoridades e cargos públicos, homenaxearon este venres o "exemplo" do expresidente galego Xerardo Fernández Albor, ó que condecoraron coa Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.
A pesares de acudir a miúdo a Galicia, é raro ver ó presidente español en actos públicos, en parte, polo temor a ser apupado por afectados polas preferentes ou por outros sectores. Por iso sorprende a súa aparición este venres con Feijóo, nunha homenaxe a quen é xa un dos líderes máis lonxevos do PPdeG.
Os líderes populares, acompañados por Juan Casares Long, entregáronlle a Gran Cruz da Orde de Isabel á Albor "como guía para non renderse e superar as dificultades que vive Galicia".
No acto que tivo lugar no Pazo de Fonseca, ambos líderes destacaron ademais o papel de Albor, na construción do Estado das Autonomías e a súa aposta europeísta.

"Grazas a el, o noso pobo aséntase en España e en Europa sinalando o único camiño posible para consolidar o hoxe convulso Estado das Autonomías: diversidade con cooperación, autonomismo con solidariedade e galeguismo como forma de ser español", resumiu o máximo mandatario galego.

No acto estiveron políticos como o ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García-Margallo; o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría; o delegado do Goberno, Samuel Juárez; a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo; o extitular da Xunta Emilio Pérez Touriño; e o arcebispo de Santiago, Xulián Barrio, entre outras autoridades.

O señor Albor representa unha casta de políticos galeguistas extintos, que viron o seu tempo moi coutado para a construcción dunha alternativa galeguista, e polo tanto tiveron que aferrarse a partidos da dereita estatal, como o que representaba no seu día Alianza Popular.
Non debemos esquecer que el participou no grupo galeguista Realidade Galega, no que tamén militaron outros galeguistas históricos, como Ramón Piñeiro ou Xaime Illa Couto.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-01-2013 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
O Lugo regresa.
Despois dun tempo de vacacións os xogadores de Clube Deportivo Lugo voltan ó traballo coa visión posta no próximo encontro no Anxo Carro este domingo as seis. O Lugo volta conmocionado o traballo por a petición de Raul Fuster de rescindir o contrato que o vinculaba ó conxunto da muralla.
O Lugo volta para quedarse ademais de enfrontarse a un rival difícil o Guadalaxara que pode causar estragos no conxunto lucense. Oscar Díaz chega en boa forma o choque, despois de proclamarse como un dos principais perigos do equipo tamén a seguridade defensiva que esta aportando na parcela defensiva .En conxunto todos os xogadores chegan con ansias de poder seguir coa boa xeira de resultados. Despois de tumbar os grandes da categoría presentanse en postos de metade da taboa cumplindo as expectativas marcadas a comezos de tempada polo conxunto de Quique Setién. Manu o seu capitán é un dos piares da afeccion confía en que este Lugo poida facer algo grande nesta campaña pero iso terá que verse.

Samuel Vázquez González, 1ºBacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 04-01-2013 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
O senado dos Estados Unidos investigará se se utilizaron métodos de tortura para localizar a Bin Laden.
O Senado estadounidense investigará as técnicas que empleou a CIA para averiguar o paradeiro do líder de Al Qaeda, Osama Bin Laden, despois de saberse que a película sobre a súa captura, “Zero Dark Thirty”, contén escenas de afogamento simulado.
A cámara alta investigará o uso de “técnicas melloradas de interrogatorio” e qué información obtivo a CIA ao recorrer a elas para capturar e matar a Bin Laden en maio do 2011 nun complexo da localidade paquistaní de Abbottabad.
Este é o último capítulo do rebumbio causado pola película 'Zero Dark Thirty', baseada en testemuñas de varios axentes da Axencia de Intelixencia, sobre a captura do terrorista.
Estas hipóteses víronse respaldadas en decembro por un comunicado do director da CIA, Michael Morrell, que afirmara que algunhas informacións foron proporcionadas por “detidos que foran obxecto de técnicas melloradas, aínda que tamén procederan de moitas outras fontes.” Ao mesmo tempo, estase a revisar os testemuños presentados polos axentes da CIA para construir o filme, co fin de esclarexar se incurriron nunha falta de profesionalidade ao facilitar un acceso inapropiado a meterial secreto.

Alexandre Sueiro Paz, 1º B Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-01-2013 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal