Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Idilio entre Os Ancares e Etiopía
Cando o cámara de televisión Ovidio Fernández Sánchez (Navia de Suarna, 1962) adoptou anos atrás un rapaz de Etiopía chamado Abdi non sabía que, máis aló dunha relación familiar, ía comezar unha especie de idilio con ese país africano, que tivo continuación con outra adopción, a de Abdul, o irmán maior do primeiro.

Agora, o penúltimo capítulo desta paixón Galicia-Etiopía xa está a dar a volta ao mundo, aínda que en formato dixital e con nome propio: Shoots from Abyssinia.

Trátase dun novidoso documental de 101 minutos, en galego –subtitulado a inglés–, que vén de presentarse no prestixioso De-lhi International Film Festival da India, cunha excelente acollida por parte do público e como único representante de España.

¿E que hai realmente detrás de Shoots from Abyssinia?. A nivel cuantitativo, un mes de rodaxe en terras etíopes, con máis de 4.000 quilómetros percorridos polo norte do país en 4x4. A nivel cualitativo hai moito máis: a busca das raíces.
O protagonista desta historia é o propio Abdul, que tras anos vivindo en Compostela regresa un mes de verán de 2010 ao seu país de orixe para ofrecer unha visión diferente de Etiopía. “Talvez por ser dos Ancares, o certo é que sempre penso que se unha persoa perde as súas raíces, non ten nada”, sostén Ovidio Fernández, o promotor deste proxecto. Pero o documental non pretende ser simplemente o reencontro de Abdul coas súas raíces, senón unha homenaxe “aos 700 nenos dese país adoptados en Galicia”.

Ao mesmo tempo, Abdul conta a historia dun país “moi diferente” ao que ten en mente a cultura occidental. “Xa non é o país da fame, do deserto... é un país en franco crecemento e con moitísima historia que ofrecer”, lembra o director do documental. “Hai que cambiar esa mentalidade de dicir: ¡Pobre rapaz, de onde virá! Pois dun país con moita historia, moita cultura e moitas posibilidades”, aclara rotundo Fernández.

Abdul, seguindo o percorrido que fixo no seu día o misioneiro español Pedro Páez –o primeiro europeo en chegar ás fontes do Nilo Azul–, narra historias da capital Addis Abeba, do centro espiritual de Lalibela, do lago Tana, das terras da raíña de Saba, etc...

No medio desta viaxe cobra especial importancia a figura do misioneiro español Ángel Olaran, que leva anos á fronte dun proxecto humanitario en Wukro e ao que se destinará parte da recadación de Shoots from Abyssinia.

O salto do documental á India é só o primeiro paso. Seguirá presentándose a festivais “para poder chegar a xente á que eu nunca chegaría cos meus medios”. E é que hai que lembrar que Ovidio Fernández se encargou de case todos os gastos, recibindo tan só unha axuda da Xunta que “apenas cubriu o custo da viaxe”. Pero iso non foi obstáculo para frealo. De feito, o idilio Ancares-Etiopía continúa. En 2011 volveu gravar, nesta ocasión ao sur do país e co outro fillo, Abdi... así que se auguran máis disparos.

Beatriz Molina Muñiz, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2013 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
CENTOS DE GANDEIROS VENSE AFECTADOS POLA CRISE DE ALIMENTOS LÁCTEOS
Alimentos Lácteos S.L, atravesa por gravísimos problemas financeiros. Unha crise que ten atrapados a uns mil produtores de leite galegos, algúns dos cales levan sen cobrar as súas entregas entre catro e cinco meses. E que ameaza con crebar unha empresa nacida co apoio financeiro da Administración autonómica, que investiu xa unha cantidade próxima aos nove millóns de euros.

Segundo os datos aportados das contas auditadas no Rexistro Mercantil, Alimentos Lácteos tivo no ano 2010 unhas perdas de 3,4 millóns de euros e de 4,6 millóns o pasado 2011. A falta de ver como pecha o pasado exercicio, o persoal, formada por uns 71 traballadores, teme polo futuro dos seus postos de traballo. O atraso no pagamento aos produtores propiciou que algunhas cooperativas deixasen de entregar o leite a unha factoría con capacidade para procesar 7,5 millóns de litros á semana e que agora apenas está envasando 300.000. Fontes consultadas revelaron incluso que algúns produtores da zona, sobre todo do Concello da Pastoriza, viron como se lles trocaba a débeda contraída polas entregas de leite con participacións no capital social. O parón das entregas de leite pola falta de pagamentos, os elevados custos de mantemento da fábrica e, sobre todo, graves problemas de liquidez abocaron a este proxecto, bendicido e apoiado pola Xunta, a unha situación límite. O pasado mes de outubro o Igape concedeu avais por valor de 450.000 euros para que Alimentos Lácteos puidese afrontar pagamentos atrasados ás cooperativas e abonar así o leite aos gandeiros. Pero non foi suficiente para endereitar o rumbo da nave. A sociedade recorda que, mentres se ve obrigada a pagar o leite ao gandeiro a 30 días, cobra da distribución a 90 e 120, o que segue xerando graves contratempos de tesourería.

Alba Fernández Castro, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2013 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Díaz Pardo e presentanción en Santiago do libro 'A luminosa mirada dos ollos de Isaac'

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, eloxiou este mércores o papel de Isaac Díaz Pardo a prol do desenvolvemento da Galicia do século XX, e destacou a súa “estreita vinculación cos movementos intelectuais e sociais galeguistas do seu tempo, a súa fonda humanidade e o seu continuo compromiso coa cultura galega”.

No acto de lembranza organizado pola Consellería con motivo do cabodano do pasamento do intelectual, Vázquez Abad cualificou ao intelectual galego como “un home que tiña na boca a palabra xusta, o azo preciso para dar un paso adiante na procura de aspiracións e empresas colectivas”. Asemade, o conselleiro afirmou que Díaz Pardo representa “ao idealista cabal, ao soñador atento ao mundo, ao artista que sempre mira máis cara fóra que cada dentro, unha persoa, en resumo, admirable, cuns ollos que nos iluminaban”.

No transcurso da homenaxe presentouse o XXIV volume dos Cadernos Ramón Piñeiro que, baixo o título ‘A luminosa mirada dos ollos de Isaac’, recompila unha mostra de artigos publicados en xornais e revistas, diversos ensaios e diferentes prólogos de libros de Díaz Pardo. As artes plásticas, a súa traxectoria en Sargadelos e outros textos relevantes da súa vida e obra, tamén forman parte desta publicación. O libro está prologado e editado por Xosé Ramón Fandiño - un dos máis próximos colaboradores de Díaz Pardo-, conta cunha coda final de Luís Cochón, e foi elaborado coa axuda da Fundación do Pedrón de Ouro e o Museo do Pobo Galego.

No acto, mantido polo vicepresidente do padroado da Fundación Museo do Pobo Galego, Fernando Acuña; interviñeron o coordinador dos Cadernos Ramón Piñeiro, Luís Alonso Girgado, e o propio Fandiño, responsable de expoñer o contido deste novo volume. A homenaxe completouse cunhas palabras do profesor Xesús Alonso Montero en lembranza de Díaz Pardo, e cunha interpretación musical.

Os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, e numerosas personalidades e representantes da cultura galega quixeron tamén unirse a esta homenaxe. Con ela a Xunta de Galicia quere lembrar a figura de Isaac Díaz Pardo polo seu infatigable traballo a prol da cultura galega, poñer en valor o seu talento artístico e agradecer ao intelectual o seu continuo compromiso co desenvolvemento cultural e empresarial de Galicia.

Cadernos Ramón Piñeiro

A colección dos Cadernos Ramón Piñeiro encádrase no proxecto de investigación homónimo que a Xunta puxo en marcha en 2003, ano desde o cal levan saídas do prelo un total de 24 volumes centrados no pensamento e na cultura galega. Os volumes desta colección teñen como obxectivo afondar no coñecemento de autores relevantes en lingua galega, como aqueles aos que se lles dedica o Día das Letras, e difundir a súa obra. Alén da publicación de textos inéditos e/ou correspondencia, tamén se leva a cabo unha análise en profundidade da súa contribución á lingua e á cultura de Galicia.

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten como fin promover, desenvolver e dar difusión a proxectos e programas galegos de estudos lingüísticos, literarios, históricos e antropolóxicos. Na actualidade, centra as súas liñas de investigación en proxectos de lingüística con aplicacións informáticas, en estudos de prosa e poesía medieval, na recuperación e análise de publicacións literarias e en proxectos de antropoloxía referidos á identidade colectiva, entre outros.

ACTOS ESTE XOVES EN SADA

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo organiza este xoves, día 10, na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada (A Coruña), diversos actos en homenaxe ao intelectual Isaac Díaz Pardo, segundo informa esta entidade.

En concreto, ás 20.30 horas, haberá unha proxección de audiovisuais e unha mesa redonda sobre Isaac Díaz Pardo coa presenza, entre outros, do secretario da Real Academia Galega (RAG), Xosé Luís Axeitos.

Ademais, Xosé Ramón Fandiño presentará o libro 'A luminosa mirada dúas ollos de Isaac'. Tamén terá lugar o acto de presentación da reedición do número extraordinario dos Cadernos de Estudos Locais que edita a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.

Por outra banda, o venres, día 11, á mesma hora, terá lugar a proxección do documental 'Isaac', comentado polo seu autor Xosé Abad, coa actuación do grupo de música tradicional 'Queiroa'.


Tania Airas
2ºBach-B
Comentarios (1) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 12-01-2013 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
A maioría dos empresarios prevé unha nova caída de negocio en 2013
As empresas ourensanas consideran que o ámbito no que desenvolven a súa actividade empeorará en 2013 e tamén rexistrarán un descenso da cifra de negocio, en particular no mercado nacional. Ademais, a maioría prevé manter os seus equipos, pero descarta realizar investimentos. Así reflícteo unha enquisa realizada pola Cámara de Comercio de Ourense e cuxos datos se integran no informe 'Perspectivas Empresariais en España e Europa 2013', que elaboran as organizacións camerales de cada país.
En concreto, o 68% dos empresarios ourensanos viu reducida a súa cifra de negocio en 2012 e, de cara ao presente ano, a maioría opina que seguirá descendendo, segundo responden neste estudo. De feito, un 46% cre que o seu volume de actividade baixará, fronte a un 36% que opina que será igual e un 18% que considera que crecerá. A nivel galego, os empresarios apuntan maioritariamente a un mantemento da situación, mentres que no conxunto de España, o colectivo prevé unha evolución negativa, aínda que non tanto como en 2012.
MERCADO NACIONAL
A forte contracción do consumo no mercado nacional durante ao pasado ano provocou que o 67% dos empresarios ourensanosrexistrase un menor nivel de vendas en España en 2012 que noejercició anterior. Para 2013, o 43% dos enquisados opina que se manterá esta tendencia, fronte a só un 21% que confía en incrementar a comercialización nos mercados estatais e un 36% que espera mantela. Os empresarios galegos tamén prevén reducir vendas a nivel nacional, ao igual que os españois, aínda que ambos os dous son máis optimistas que hai un ano.
A forte contracción do consumo no mercado nacional durante ao pasado ano provocou que o 67% dos empresarios ourensanosrexistrase un menor nivel de vendas en España en 2012 que noejercició anterior. Para 2013, o 43% dos enquisados opina que se manterá esta tendencia, fronte a só un 21% que confía en incrementar a comercialización nos mercados estatais e un 36% que espera mantela. Os empresarios galegos tamén prevén reducir vendas a nivel nacional, ao igual que os españois, aínda que ambos os dous son máis optimistas que hai un ano.

No que respecta ao emprego, o 44% dos consultados recoñece que reduciu a cifra de persoal en 2012. En todo caso, para o presente ano confían en manter a cifra de traballadores, polo menos no 60% dos casos. Aínda hai un 28% que afirma que terá que reducir equipo, fronte a un escaso 12% que prevé poder incrementala. Tamén as expectativas dos empresarios galegos e españois son negativas en canto á creación de emprego (de feito, España é un dos países europeos que se mostra máis pesimista neste apartado).


Marta Dacal
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2013 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
A Fundación Amancio Ortega ofrece becas de estudo en Canadá

A Fundación Amancio Ortega lanzou un novo programa de becas de bachillerato, denominado Becas Estuda en Canadá, para que un total de 100 estudantes de cuarto curso de Educación Secundaria Obligatoria (ISO) de toda España poidan cursar o equivalente a primeiro de Bacharelato nun instituto canadiense.

As bases da convocatoria e o procedemento de selección están dispoñibles na páxina web informativa do programa (www.becasestudiaencanada.org) e o prazo para a presentación de solicitudes estará aberto do 14 de xaneiro ao 22 de febreiro.

Este programa ofrece a escolares de secundaria a posibilidade de realizar o curso escolar 2013-2014 en Canadá, convivindo durante 10 meses cunha familia local de acollida, en poboacións de tamaño medio, e integrándose totalmente na comunidade escolar para ampliar a súa formación e o seu nivel de coñecemento do idioma.

A dotación de cada beca supón o cento por cento de cobertura do curso académico, o seguimiento e apoio continuo durante a estancia, a organización das viaxes de ida e volta, o aloxamento en familia, a manutención durante o curso e un seguro médico e de accidente.

O programa Becas Estuda en Canadá busca ofrecer unha oportunidade educativa aos mellores estudantes favorecendo ás familias de rendas máis baixas. Poderán presentarse todos os escolares de calquera centro educativo de España, fóra diso os alumnos matriculados en centros de titularidad estranxeira, que obteñan unha nota mínima de 8 puntos tanto na media de terceiro diso como na nota final da asignatura de inglés de devandito curso.

Na web do programa poderanse consultar as bases, a normativa e as fases de selección, que incluirán unha proba escrita e oral de nivel de inglés e unha entrevista persoal. Os 100 alumnos seleccionados cursarán o grado equivalente a Primeiro de Bachillerato nun instituto canadiense, escollido entre a rede de distritos escolares de catro provincias de Canadá: Alberta, British Columbia, Ontario e Nova Escocia




Noelia Fernández Paradela
2ºBach.B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2013 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
O libro galego «O neno can» entra no catálogo das mellores publicacións sobre o tratamento da discapacidade
O neno Can, o libro de breves relatos a favor de Unicef no que Fina Casalderrey e Francisco Castro abordan asuntos relacionados coa falta de dereitos básicos que padecen moitos nenos, acaba de ser incluido no Centro IBBY de Documentación para Nenos con Dificultades Especiais. Esta institución, con sede en Oslo, elabora a coñecida como Lista Outstanding Books 2013, unha colección cos títulos destacados polo seu tratamento da discapacidade.

O libro galego, publicado no 2012, e no que se contan historias de cativos que teñen que sobrevivir remexendo nos colectores de lixo, a epopea desas nenas obrigadas a casar con homes adultos ou a discriminación de quen é diferente por calquera motivo, logra desta maneira un gran recoñecemento internacional. Entra nun catálogo que recolle as mellores publicacións sobre esta temática -editado en varias linguas-, e que se expón, primeiro, na Feria do Libro Infantil de Boloña e, posteriormente, en distintas capitais a través dunha mostra itinerante. Asemade, entra a formar parte dunha colección permanente que se expón no Centro IBBY.

O libro que, a pesar da crueza das realidades que conta, amosa relatos cheos de vida, publicouse en galego pola Editorial Galaxia, firma que amosa a súa satisfacción polo recoñecemento. Nos vindeiros meses será publicado en castelán por outra editorial.

Xunto a O neno Can, outros dous títulos españois foron seleccionados dende Oslo, a partir do dictame dunha comisión de expertos.


Elena Corral Fernández
2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2013 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Volve Bowie.

Arredor do ano 1947, a cidade inglesa de Brixton viu nacer a un excéntrico e excepcional intérprete que se faría de ouro ao longo das décadas seguintes, tocando xéneros dende o glam rock máis habitual seu ata o folk pasando polo soul, este era David Bowie.
A súa imaxe como icona cultural foi de vital importancia no desenvolvemento do rock nos anos 70, xa que Bowie amosaba ao mundo un modo distinto de ver a unha estrela da música, coas súas excentricidades e rarezas. Esto ligado ás súas aparición esporádicas como actor.
Algúns dos seus éxitos coma "Starman" ou "Dancing In The Street" (canción orixinal de The Mamas & The Papas interpretada por David e Mick Jagger no ano 1985) pasaron xa á historia da música debido á súa importancia cultural e á súa ampla emisión radiofónica.
Son moitos os músicos posteriores a Bowie que, en certo modo, beberon da súa obra. Citando algúns descubrimos un gran abano de famosos personaxes do mundo da música, como por exemplo : Marilyn Manson, quen asegura que ten en Bowie a súa maior influencia; The Pixies; Lady Gaga; Boy George...
Despois de 10 anos de silencio e con 66 primaveras xa cumpridas, David Bowie publicou un novo "single" en iTunes, chamado "Where Are We Now?", esto xunto ás declaracións do seu portavoz asegurando que Bowie non sofre ningún tipo de doenza, fainos pensar que o cantante sacará novo disco en pouco tempo, e así é. O esperado disco chamarase "The Next Day" e verá a luz o día 11 de marzo deste ano.
Con todo isto só nos queda agardar e facelo pensando nun dos músicos e iconas culturáis máis influintes do século XX.

Xabier González Sobrado, 1ºBacharelato.



Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2013 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
O neno can, unha escolma de contos a favor de Unicef.
O libro de relatos breves O Neno Can da autoría de Fina Casalderrei e Francisco Castro, publicado no ano 2012, que aborda asuntos relacionados coa falta de dereitos básicos que padecen moitos nenos, acaba de ser incluido na institución con sede en Oslo IBBY, que elabora a coñecida Lista Outstanding Books 2013, como un dos títulos sobranceiros polo seu tratamento da discapacidade.
Deste xeito o Neno Can, conquire un gran recoñecemento internacional, entrando a formar parte dun catálogo das mellores publicacións a sobor desta temática.
Exporase primeiramente na Feira do Libro Infantil de Boloña, e postremeiramente, en distintas capitais a través dunha mostra itinerante, ademais de ser un proxecto a favor de UNICEF.
Neste libro galego, cóntanse historias de meniños que teñen que sobreviviren nunca realidade de gran dureza, coa falta de dereitos básicos que deberían ter tódolos nenos e nenas do mundo, e que por desgraza padecen moitos deles, hoxe en día.
Así enuméranse historias de nenos que para sobrevivir han de remexer nos colectores de lixo, ou as epopeas de nenas obrigadas a casar con homes adultos cando aínda xogan coas bonecas, ademais de representar a discriminación de aqueles que por seren diferentes por calquera motivo, xa son carne de canón social.
O libro aposta pola xustiza e a liberdade ó longo das historias que protagonizan Carlos, Leila, Nadín ou Aakesh entre outros, nenos sen voz, pero con vidas que non deixan indiferente ó lector.
A primeira historia é a que da nome ó libro e ábrese co artigo da Convención dos Dereitos do Neno, relativo á saúde, un tratado ratificado por máís de 190 países do mundo en 1989 e promovido por Unicef: “Temos dereito a desenvolver hábitos saudables, sen drogas, a recibir coidados médicos, e a vivir nun lugar sen contaminación e agradable. Debemos alimentarnos axeitadamente, coidar da propia hixiene, facer exercizo e desenvolver hábitos ecolóxicos”.
O punto plástico corre a cargo da artista Patricia Castelao, completando unha obra perfecta que aposta pola xustiza e a liberdade, e que nos agasalla os lectores con historias de gran crueza pero cheas de vida, que non deixan de encadearnos dende a primeira liña.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 1º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 11-01-2013 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
Un novo horizonte.
A empresa surcoreana Samsung presentou na feira internacional da electrónica de consumo CES nas Vegas o seu prototipo de pantalla flexible, unha tecnoloxía bautizada Youm que abre un mundo de novas posibilidades para a fabricación e uso de dispositivos.

O vicepresidente da división de pantallas de Samsung, Brian Berkeley, mostrou Youm instalado nun teléfono móvil cuxos laterais eran tamén parte da pantalla grazas a que esta está feita de plástico e non de cristal,o que permite doblala. "O noso equipo foi capaz de fabricar unha pantalla de alta resolución (OLED) con plástico extremadamente fino en lugar de cristal, así que non se romperá incluso se cae", comentó Berkeley sobre este adelanto no que era notorio que Samsung traballou dende facía tiempo.
Berkeley asegurou que esta forma de facer pantallas suporá un "cambio en cómo a xente interactúa cos seus dispositivos". Samsung indicou que con Youm se faranse pantallas que se doblen, se enrolen ou poidan pregarse sobre sí mesmas.

Diego López Guerrero Navarro 1ºBacharelato.


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-01-2013 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
Unha serpe de tres metros viaxara tres horas na á dun avión
A pitón non conseguiu sobrevivir ao vento e ao frío e morreu trala aterraxe do aparello, da compañía Qantas
Os pasaxeiros dun avión da aerolínea australiana, Qantas viviron con inquedanzas dúas horas de voo ao decatarse de que lles acompañaba na súa viaxe unha serpe pitón de tres metros de lonxitude, informa hoxe a prensa local.
O sorprendente feito ocorreu o xoves durante o traxecto entre Cairns e Port Moresbi, a capital de Papúa Nova Guinea, e seguido por inusitado interese pola pasaxe e a tripulación do aparello.
Segundo relataron algúns viaxeiros ao diario Sydney Morning Herald, a tripulación foi avisada da presenza da serpe sobre unha das ás do avión por unha pasaxeira cando a aeronave levaba media hora de voo.
A serpe mantívose no á a pesar do forte vento e o frío e, segundo relatou un dos pasaxeiros, conseguiu achantarse case pegada ao fuselaxe do avión e ata aínda se movía cando se produciu a aterraxe, dixo ao citado diario, Robert Weber, o pasaxeiro que filmou o ocorrido.
Con todo, un portavoz de Qantas sinalou que cando retiraron o reptil da á do avión este estaba xa morto.


Fernando Rodríguez González, 1º B Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-01-2013 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal