Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Únicamente a Presidencia será quen regule a cota de invitados á Cámara
A cota de invitados á tribuna do hemiciclo do Parlamento, que ata o momento xestionaban cada un dos grupos políticos, correrá a cargo a partir de agora da Presidencia da Cámara, tras os últimos incidentes rexistrados no hemiciclo.
A última ocasión foi o pasado 19 de decembro, en que unha airada protesta de afectados as participacións preferentes, que asistían como invitados o pleno, obrigou a suspender a sesión durante uns dez minutos de tensión, curto espazo de tempo no que un dos damnificados chegou a gritar: "Vai haber sangue". O Parlamento informou de que a partir de agora os invitados serán xestionados pola presidenta, Pilar Rojo, quen tomou a decisión tras os últimos incidentes.

Con esta "primeira medida", subliña o Parlamento, búscase asegurar "o mantemento da orde" e garantir os dereitos do conxunto dos deputados. "Por suposto que haberá invitados; o Parlamento non debe ser un órgano pechado, pero si un lugar no que imperen o respecto e os principios democráticos", afirma Rojo na nota.

A presidenta, afirma que coa súa decisión, trata de evitar medidas "máis contundentes", como a supresión do público na tribuna, unha medida que se axustaría ao regulamento do Parlamento de Galicia, e incluso foi adoptada en datas recentes noutras cámaras lexislativas", declarou.


Sara Álvarez González
2ªA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2013 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
300 euros por xogar a 'Apalabrados' mentres privatizaban a sanidade madrileña
Os dous deputados do PP que estiveron a xogar ao Apalabrados -unha aplicación móbil que consiste en formar palabras a raíz das letras colocadas polo contrincante- durante o Pleno do 27 de decembro dedicado á aprobación da Lei de Medidas Fiscais para 2013 foron sancionados polo seu grupo parlamentario co pagamento de 300 euros a cada un.

Trátase dos deputados Bartolomé González e María Isabel Redondo, os cales aquel día foron fotografados nunhas imaxes publicadas por El País xogando a este coñecida aplicación de Internet dende a súa tableta (no caso de González) e no seu teléfono móbil (no referente a Redondo).

Así o indicaron a Europa Press fontes do Grupo Parlamentario Popular para remarcar que o réxime interno deste grupo establece esa cantidade como a sanción máis alta de tipo económico. Ademais, indican que ambos os dous parlamentarios xa se desculparon e estaban de acordo con que se lles impuxese unha sanción económico polo seu comportamento aquel día.

Tras ser fotografados nesa actitude, ambos os dous deputados expresaron é mesmo día as súas desculpas polo acontecido a través da rede social Twitter. "Mil perdóns. Non vale ningunha escusa", sinalou entón González despois de que se difundisen as imaxes. "Lamento moito o sucedido. Non hai escusa. E por suposto, non volverá suceder", publicou tamén Redondo.

O problema é que igual que as promesas electorais valen de pouco, éstas tampouco gozan de gran credibilidade, porque ó fin e o cabo, uns aspectos ou noutros, chove sobre mollado.


Alba Salgado Parente 2ºA
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2013 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
Os fogares con todos os seus membros no paro suman xa 10.600 en Ourense

Ourense rematou o 2012 coa cifra de parados en máximos históricos, segundo reflicten os últimos datos da Enquisa de Poboación Activa, publicados onte. En concreto, na provincia hai 30.300 persoas en situación de desemprego, fronte ás 26.300 que había hai un ano, o que supón un incremento do 15%. A taxa de paro na provincia encóntrase no 22,7%, o que a sitúa como a segunda de Galicia (onde a media está no 21,2%), aínda que por debaixo da media española, que rexistra niveis récord do 26,02%. Ademais, a cifra de fogares ourensanos nos que todos os seus membros en disposición de traballar se están no paro alcanzou os 10.600, un millar máis que ao peche de 2011. A forte deterioración da situación económica ao longo de 2012 constátase tamén polo descenso do número de ourensanos que ten traballo, que baixou dende 111.600 103.200 no último ano (8.400 menos, unha caída do 7,5%). A perda de emprego rexistrouse tanto nos servizos coma en industria e construción, mentres na agricultura se produciu un leve aumento de traballadores.

Marta Dacal
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-01-2013 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
A versión galega de «O Principiño» chega á súa vixésima edición

Carlos Casares traducira para Galaxia en 1972 esta pequena xoia da literatura universal
Case ao mesmo tempo que a revista Grial presentaba en Compostela a revista dedicada á figura de Carlos Casares, a editorial Galaxia sacaba á rúa un libro do que o escritor foi tradutor. O selo pon nas librerías durante estes días a edición número 20 da tradución ao galego de O Principiño, unha versión que se publicou por primeira vez en 1972.
Desde ese ano dos primeiros setenta, a edición en galego do libro de Saint-Exupéry converteuse nun fixo das librerías galegas. Neste sentido, desde Galaxia subliñan o papel normalizador deste libro e como responde perfectamente ao obxectivo da editorial de incorporar ao galego os principais títulos da literatura universal. Sinala Galaxia que O Principiño é un dos principais títulos da historia da editora desde a súa fundación.
Na historia da edición en Galicia son raros os títulos que alcanzan esa cifra de vinte edicións. O libro de Antoine Saint-Exupéry superou os corenta anos de presenza continua nas librerías galegas e, desde Galaxia, consideran que esta edición que chega agora aos lectores galegos non será a última que se dará a imprimir.
Na presentación do último número de Grial celebrada onte en Santiago, tamén se salientou o papel de Carlos Casares como tradutor deste clásico da literatura universal. O escritor era tamén un coleccionista da obra en distintas linguas.

Nuria Salgado López
2º Bacharelato-B
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 26-01-2013 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Benvido sexas, Informer, ao mundo da desinformación.

Ao longo desta pasada semana, os servicios informativos, facían chegar aos nosos fogares a nova da creación dunha nova aplicación de Facebook dende a Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) enfocada á publicación de contos, segredos e mensaxes anónimas para alumnos e profesores. No citado invento, chamado Informer, miles de alumnos colgan de xeito anónimo os seus pensamentos para quedar a gusto, nun cóctel do que amor, sexo e renxeiras diversas non quedan exentos (non quero nin imaxinar ata que punto pode ferver este asunto en época de exames...).

A “revolucionaria iniciativa” da UAB extendeuse como a pólvora pola xeografía española e agora universidades como a Pompeu Fabra, a Universidade das Illas Baleares ou a Politécnica de Catalunya xa contan cun Informer particular, á completa disposición dos seus estudantes. Namentres, teleinformativos e xornais fanse eco, nun alarde desa tremenda capacidade de desinformación cidadá da que tan bo uso se adoita facer cando cómpre nos últimos tempos, do aluvión de chismes, críticas e proposicións, decentes e indecentes que os universitarios se dedican a verter na rede nos seus ratos libres (se chegan a saber que o asunto dos solteiros guapos en 3º de Física acadaba niveis de telexornal, terían aforrado o esforzo de artellar a aplicación e mandado directamente unha nota de prensa asinada polo rector, ou algo así).

A pesar do aluvión de opinións xurdidas ao respecto, hai algo no concepto de “Informer” que me chama en concreto a atención. E é que a rede social Facebook, á que está vinculada a citada aplicación, xurdiu da man dun grupo de estudantes de Harvard cun cometido asombrosamente similar: manter en contacto aos habitantes daquel mundo universitario e aproveitar, de paso, para saber quen saía con quen. E o que no caso de Informer pode parecer unha supina parvada (ou non, para opinións...) a Mark Zukerberg convertiuno nun dos multimillonarios máis multimillonarios entre os multimillonarios do mundo mundial. Xa non me remito aos exemplos da teleserie Gossip Girl (e do seu particular parente autóctono @ggfranciscanas, tan súpetamente desaparecido e profundamente extrañado por todos) ou da coñecida páxina www.teniaquedecirlo.com, Facebook, o todopoderoso Facebook no que colgamos as nosas fotos, contamos as nosas vidas e aproveitamos para fisgar nas dos demáis, tamén ten as súas raíces nese gran descubrimento realizado polas propietarias e inquilinas dos domicilios españois de todos os tempos, o inconfundible patio de veciñas. E estamos a falar dunha empresa extendida por todo o mundo que embolsa 225 millóns de dólares a final de ano.

É por isto polo que tal vez sexa un erro desleixar o punto de inflexión na historia que supón a aparición de Informer. Quen sabe, tal vez esteamos ante unha revolución na historia desta nosa sociedade da desinformación. Só espero que, o día que o esforzo dos alumnos dunha universidade dea lugar a unha nova vacina, un novo xeito de explotar a enerxía renovable, un novo método pedagóxico, un novo sistema operativo, unha boa estratexia económica tamén sexa motivo dunha reportaxe de máis de dez minutos no informativo das nove, malia non acadar o nivel de interese existencial de todo este outro asunto.

Aida González Vázquez
2º Bacharelato B.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2013 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
As universidades galegas perden 20 millóns e 47 másteres
«Non houbo ningún tema de decisión nin de debate, só informacións de como van todos os procesos».

Esto dicía o rector Xosé Luis Armesto, ao concluir onte a reunión do Consello Galego de Universidades celebrado na Coruña. E a marcha dos procesos explicouna aos tres rectores o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, indicando que a financiación das universidades galegas reduciuse nos presupostos da Xunta deste año en 19,7 millóns de euros. A pesar disto «está garantido o persoal das propias universidades, non afecta ao número de efectivos, non ten por que haber despidos», aseguró Vázquez Abad. O axuste presupuestario faríase nos complementos específicos e se tería en conta o aumento de ingresos por segundas, terceiras e cuartas matrículas. A cantidade que corresponderá a cada universidade «estase valorando», dixo.

Tamén destacou Vázquez a «autorización excepcional de convocatorias para a provisión de persoal laboral fixo» destinadas a cubrir «necesidades docentes de máxima urxencia ou programas de investigadores», aínda que mantendo «a rebaixa da masa salarial, un 5,4 %, un punto menos que no resto da Administración galega».

Este curso deixaron de impartirse 47 programas de doutoramento, a maioría por falta de alumnos. A oferta será de 111 e facilita a «racionalización da oferta».

Nos graos só haberá unha cambio no campus de Ferrol coa creación do de Enxeñería Naval e Oceánica que une aos de Arquitectura Naval e Propulsión e Servizos do Buque.

O conselleiro destacou os dous millóns de euros destinados a I+D+i e que os dous campus galegos de excelencia, Mar e Saúde, «recibiron a máxima cualificación».

Sara Carroceda González, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2013 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG tacha de ''sexista'' o cartel do Entroido de 2013 de Ourense
O grupo municipal do BNG de Ourense cualificou este xoves o cartel do Entroido do Concello de Ourense de ''sexista'', e considerou que está "desubicado" da realidade cultural, política e social da cidade, respecto do que representa o entroido en Ourense.

O cartel elixido polo Concello para promocionar o entroido ourensán, sinala esta organización política, mostra a imaxe dunha muller dentro dunha piscina termal cun vestido "no que se lle pode ver unha perna", coa idea de mostrar "o carnal" desta festa, segundo explicou o seu autor, o fotógrafo ourensán Nani Moretón, o día da presentación do cartel.

Nun comunicado, o partido nacionalista asegura que o cartel presenta "unha imaxe sexista", á vez que "prescinde de todo aquilo que pode identificar o Entroido de Ourense".

"Non se trata dun xuízo de valor estético obra do fotógrafo o que criticamos. É o feito de que esa imaxe non representa, en ningún aspecto", o Entroido ourensán e a singularidade desta festa, aduce o Bloque.

Segundo esta formación, o cartel, insisten, está "desubicado da realidade cultural, política e social de Ourense, para nada identifica o Entroido coa cidade de Ourense e coa tradición que existe nas comarcas" da provincia con actos como o Xoves de Compadres e Comadres, e a "xeración" do uso do disfrace.

Por iso, este grupo mostrou o seu "rexeitamento" ao cartel deste ano 2013, que coñeceron polos "medios de comunicación ". "Unha estratexia habitual do equipo de goberno", aseguran, que é "irrespetuosa coas forzas políticas que formamos a corporación municipal".

Beatriz Molina Muñiz 2ºBACH A
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-01-2013 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Polo dereito de informarmos en galego
O xornal gratuíto galego LV. De Luns a Venres, do Grupo El Progreso, comezará o vindeiro día 8 de febreiro unha nova andaina na que se converterá nun medio de edición semanal, tras publicar hoxe o que será o seu último número como diario. Así, dentro do seu proceso de renovación constante nestes máis de seis anos de vida, LV. De Luns a Venres seguirá chegando ás rúas das sete cidades galegas todos os venres, ao mesmo tempo que reforzará a información diaria a través da súa páxina web: www.l-v.es.

Aínda que o da periodicidade é o gran cambio nesta nova etapa do gratuíto galego, ben é certo que non é o único. De feito, o novo semanario será unha publicación con máis páxinas, máis tirada e novos contidos de produción propia, centrados sobre todo na análise, a reportaxe e a opinión, sen esquecer a súa vocación de servizo público a través de diferentes seccións e, sobre todo, mantendo o idioma galego como sinal de identidade, nunha clara aposta pola difusión da cultura de Galicia na sociedade.

A futura publicación semanal LV. De Luns a Venres conservará a súa aposta pola información de Galicia como eixo fundamental, aínda que o novo enfoque permitirá dar entrada a máis contidos e novos colaboradores, co obxectivo de conseguir un medio onde a interpretación da actualidade sexa fundamental.

LV. De Luns a Venres publicouse diariamente desde decembro de 2006 nas sete cidades galegas da man do Grupo El Progreso, asentándose pouco a pouco ata converterse nestes últimos anos nun referente do xornalismo na comunidade, ademais de ser ata agora a única publicación diaria escrita integramente en lingua galega. O apoio dos lectores levou a que pechara o ano 2012 como o xornal de maior crecemento da prensa de Galicia segundo o Estudio General de Medios (EGM), cun 34,29% de suba, que lle permitiu acadar os 38.000 lectores.

Aposta polo dixital
Pero a conversión de LV. De Luns a Venres nun semanario non significará, nin moito menos, o abandono da cita diaria cos seus lectores. A páxina web do medio (www.l-v.es) reforzarase substancialmente e renovará a súa imaxe para ofrecer toda a información de xeito puntual e áxil.

Da mesma maneira, continuará a aposta pola subscrición gratuíta a través do correo electrónico, para que os máis de 7.000 lectores que reciben diariamente LV no seu e-mail dispoñan das novas do día do xeito máis cómodo e eficaz: cun simple click. Tamén continuará a información a través das principais redes sociais como Facebook ou Twitter.

Unha das novidades desta etapa será precisamente que todos os subscritores do medio recibirán diariamente un newsletter no correo electrónico coas principais novas da xornada e as imaxes máis actuais, mantendo así unha das esencias da filosofía coa que naceu De Luns a Venres: informar de forma dinámica e rápida, cunha sinxela ollada á pantalla.

Carlos Álvarez Ramos, 2ºA Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2013 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
NEIRA VILAS CONVÉRTESE NUN SOCIO DE HONRA DE “FILLOS DA ESTRADA”
A Sociedade Fillos do Concello da Estrada da Habana outorgou o título de socio de honra ao escritor cruceño Xosé Neira Vilas pola obra desenvolvida ata agora e tamén, apuntan, pola desenvolvida en Cuba ao longo de máis de trinta anos. A el débese, a creación da sección galega no Instituto de Literatura e Lingüística.

Na primeira xunta xeral de asociados do ano a Sociedade estradense en Cuba aprobou o orzamento para este ano e o balance de actividades do ano anterior que sumou un total de 23 iniciativas. Aprobouse o plan de traballo e a realización de trece actividades. Entre elas a celebración dunha xornada das Letras Galegas en maio que estará dedicada ao profesor do IES García Barros da Estrada, Carlos Loureiro Rodríguez e ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.

A sociedade outorgou o título de mérito polo seu traballo na entidade a Antonio Torres Pérez, Aldo Hernández Monzón, Roberto Rodríguez Señarís, Nelly López Bellver, José A. Espinosa Santana e Luciana M. Martínez Alarcón. Os títulos de honra e de mérito serán entregados nas festas de San Paio en xuño.

Alba Fernández Castro, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2013 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
Cruz Vermella presenta a súa nova web

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou xunto á directora de Amtega, Mar Pereira, na presentación da nova web Agora máis que nunca, creada por Cruz Vermella e que conta coa colaboración da consellería. O obxectivo desta campaña é apoiar as accións de apoio aos sen teito.

A conselleira de Traballo e Benestar destacou que desde o seu departamento seguirá colaborando ao longo de 2013 con Cruz Vermella e blindará a súa achega ao proxecto Sen Teito de atención ás persoas sen fogar, con preto de 1.200 beneficiarios anuais e ao que destinará 150.000 euros.

A iniciativa xurdiu das 40 bases locais que a Cruz Vermella ten en Galicia, do Programa Comparte subvencionado pola consellería cun total de 16.000 euros.

Segundo destacou Beatriz Mato, o proxecto presentado consiste na web Agora máis que nunca e bota man das novas tecnoloxías «para ofrecer solucións actuais a problemas actuais» axuntando iniciativas como o crowdfunding, o intercambio e o fomento dunha maior implicación por parte das empresas. O programa comparte obxectivos co Caixón Solidario que desde fai tempo puxo en marcha a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e que serve de enlace entre as entidades de acción voluntaria, os cidadáns e os establecementos que desexan colaborar con materiais e bens.

Dez millóns de euros para a Cruz Vermella

Traballo e Benestar destinou a pasada legislatura máis de 10 millóns de euros ao desenvolvemento de varios convenios de colaboración con Cruz Vermella. En 2012, chegouse aos 3,2 millóns de euros e manterase nesta nova etapa con programas como o de acollemento familiar de atención temporal a menores en situación de desamparo.

Beatriz Mato tamén quixo destacar o apoio da Xunta á inclusión co aumento do orzamento da RISGA para este ano nun 38 %.


Noelia Fernández Paradela
2ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2013 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal