Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O compromiso de Fomento co AVE galego segue sen ter prazos concretos


A ministra de Fomento, Ana Pastor, considera que a conexión do AVE galega é "unha necesidade" e afirmou que o seu compromiso é que a liña conte co financiamento necesario. "O meu compromiso é facelo e pagalo", asegurou.

Pastor indicou, en declaracións a Onda Cero recollidas por Europa Press, que a construción da rede ferroviaria de Alta Velocidade (AVE) é "irrenunciable", co que asegura que "velará" para que as obras destes proxectos "se"poidan facer e se poidan pagar".

Sobre o AVE a Galicia asegurou que "o financiamento estará disposto" para que as obras avancen á velocidade que permitan os medios técnicos". Ademais, anunciou a súa disposición a visitar a próxima semana as obras da ponte que se constrúe sobre o río Ulla, en Catoira (Pontevedra), un dos puntos claves da liña, "para ver como se poden axilizar", pois o ministerio atopou problemas na infraestrutura.

O compromiso do anterior goberno, mantido polo galego José Blanco ata o final do seu mandato, era que a liña con Madrid estivese finalizada ao termo de 2015, aínda que a Xunta considera que a infraestrutura non se poderá completar ata 2018, motivo polo que ambas as dúas administracións se enfrontaron na anterior lexislatura en numerosas ocasións.

Pola súa banda, a titular de Fomento revelou que "nestes días" se está a reunir "un a un" cos correspondentes conselleiros das distintas comunidades autónomas para analizar as distintas obras e proxectos de todo o país, e anunciou que a próxima semana manterá encontros cos distintos partidos políticos con ese mesmo fin.

"Temos un montón de infraestruturas, de gabias abertas, en toda España e agora hai que planificalo todo, facer un diagnóstico, xestionar e dirixir ben, e comprometerse coa conexión territorial", declarou a ministra.

En materias de estradas, Pastor revelou que se atopou con que o compromiso de gasto para o exercicio 2012 "case duplica" ao presuposto con que o Ministerio contou para esa materia en 2011. "Comprometeuse diñeiro que non hai e iso si que é un problema", engadiu.

Sara Velasco, 2ºB.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-01-2012 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
«Camerinos», as fotos dos momentos máis íntimos antes de saír ao escenario

Os momentos máis íntimos de grandes actores e actrices, os que se producen momentos antes de saír ao escenario, saen á luz nas imaxes tomadas por Sergio Parra e reunidas na exposición Camerinos.

A madrileña Praza de Santa Ana, a fachada do Teatro Español e a sala de exposicións do teatro son o escenario da mostra formada por 51 e unha imaxes de gran formato tomadas durante os últimos 12 anos. A exposición complétase cunha proxección na que se exhiben outras imaxes que forman parte deste proxecto, formado por máis de 60.000 fotografías.

«Algúns actores fan un ritual case relixioso antes de saír mentres que outros chegan minutos antes e saen»

Os retratos de tres mulleres -Vicky Peña , Branca Portillo e Nuria Espert- presiden a datada do Teatro Español, que coproduciu a exposición xunto ao Festival de Mérida, cidade na que se exhibiu o pasado verán rodeada de polémica, tras ser retirada a imaxe de Asier Extxeandia caracterizado como Xesucristo que se exhibía na rúa. Nesta ocasión, a foto da polémica móstrase na sala de exposicións do teatro o que, segundo o seu director Mario Gas, permitindo que a xente, segundo o seu criterio, vexa ou non determinadas imaxes. «Cando producimos esta exposición demos total liberdade ao creador e o que fixemos é unha distribución en tres partes, avisando de que hai algunha imaxe que pode ferir. Non se trata de censurar», pero tampouco de darlle máis importancia a unha fotografía sobre a realidade artística do resto.

O traballo de Sergio Parra é, en opinión do director do Español, «un acto de amor cara ao teatro, os actores e as actrices» con cuxas imaxes a praza se embelece. Séntanlle ben á praza e a elas séntalles ben a praza», comentou mentres que grupos de persoas tomaban fotografías diante das imaxes.

Aínda que «non están todos os que son, pero son todos os que están», segundo Gas, a selección realiza mostra, entre outros, a Carlos Hipólito, Amparo Rivelles, José Luis Gómez, Luz Casal, Tamara Rojo e Ángel Corella retratados fronte ao espello minutos antes de saír a escena, fóra

da imaxe de Maribel Verdú que mira directamente ao fotógrafo que se atopa no corredor coa porta entreaberta.

As fotografías, reproducidas en ferros de aluminio de 150 x 2,25 metros, foron tomadas sen preparar e ningunha foi retocada polo que todas elas mostran a esencia do teatro desde a intimidade do camerino, tanto durante o proceso de transformación do personaxe como minutos antes de saír a escena. «Algúns actores fan un ritual case relixioso antes de saír mentres que outros chegan minutos antes e saen», sinalou Sergio Parra, a quen durante o seu traballo chamoulle a atención «a constancia e profesionalidade dos actores que saen a escena estean como estean. Irradian enerxía».

A selección realizada ofrece unha representación do que ocorreu no Teatro Español durante os últimos dez anos, «incluído Viggo Mortensen» protagonista da última imaxe que se uniu ao proxecto, que se iniciou coa de Amparo Rivelles. «As mulleres danme moito xogo á hora da súa caracterización e a nivel emocional», comentou o artista, para quen un dos momentos con máis maxia dos que viviu foi cando fixo as fotografías a Estrella Morente. «Mentres ela preparábase, o seu pai, Enrique Morente, íalle dando clases e aconselláballe. El cantaba e ela repetía. Era un momento máxico no que che dabas conta do amor que había entre eles», afirmou.

Parra recordou que un dos actores máis inaccesibles foi Ralph Fiennes, mentres que Nuria Espert lle sorprendeu pola súa proximidade. «En xeral todos foron moi respectuosos co meu traballo», concluíu o fotógrafo.

Antía Rivas, 2ºB.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-01-2012 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus ao patrón de Galicia

Foi Xesús Alonso Montero quen definiu como queda Galicia tras a desaparición de Isaac Díaz Pardo: «Queda o barco sen patrón, quedamos nós, os mariñeiros, pero marcha o patrón de Galicia». Foi o último dos intentos de describir a importancia de Isaac Díaz Pardo, para quen, ao longo do día de onte, non houbo afagos suficientes, nin para el nin para a súa obra.

O cemiterio de Santiago deixoulle a Díaz Pardo un lugar especial, cerca da entrada, próximo a unha árbore e con compañía doutros composteláns ilustres. Díaz Pardo ten a esquerda a Aurelio Aguirre, a dereita a Antón Fraguas, e un pouco máis alá, pero non moito, a floreada tumba de Ramón María del Valle-Inclán.

O velorio que se celebrou de mañá no Museo do Pobo Galego non restou afluencia ao enterro e no centro do xentío Xosé Neira Vilas falou primeiro da dimensión pública de Díaz Pardo e lembrouno dende os seus ollos «inquedos e tenros, grandes como os ollos que pintaba nas súas personaxes». Neira Vilas fantaseou sobre o que o desaparecido empresario diría ao ver toda a xente en Boisaca: «¿Que facedes aquí? Isto xa rematou».

Pero Neira Vilas considerou lóxico estar aí, aínda que nunca pensou «ter que falar no enterro de Díaz Pardo». O escritor lembrou logo a relación que unía a quen escribía e a quen publicaba unha parte das dos seus libros, «ata algúns deles ilustrados por Díaz Pardo».

Belén Sotelo, 2ºB.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-01-2012 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Inside, a comuñón da arte co espazo arquitectónico.

O pasado día 16 de decembro foi inaugurada na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a exposición Inside, resultado dun desafío artístico lanzado a seis artistas contemporáneos: intervir coa súa obra no espazo arquitectónico do Gaiás. Marlon de Azambuja, Elena Fernñandez Prada, Alicia MArtín, PAmen PEreira, Jorge Peiranes e Damián Ucieda son os participantes que integran o proxecto, inaugurando unha nova liña de traballo na cidade da Cultura, tratando de achegar este novo espazo para a creación , a reflexión e ante todo a diversión dos artistas contemporáneos, convertendo así o lugar no protagonista dos seus traballos.
As obras son intervencións realizadas ex profeso para áreas determinadas do espacio común do edificio, fomentando así unha relación directa da obra co lugar, co artista e co expectador. Aos autores proúxoselles realixar unha obra que, malia que xirando enrededor dun eixe discursivo determinado orixine á súa vex unha especie de diálogo có singular espacio arquitectónico que integra o complexo.
A exposición supón unha especie de reviravolta á hora de entender a arte como algo cercano ao espectador. SEméllase sen dúbida ao que o público esperaba atopar cando se anunciou, en 1999 , o ambicioso proxecto do goberno rexional, no que se levan investido grande parte dos fondos da comunidade autónoma dende entón.
Aida González Vázquez, 1º Bac. B
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 14-01-2012 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Arbitrando entre homes: as mulleres árbitras enfróntanse ao sexismo no fútbol

- Na tempada 2009/2010 arbitraban en España 8.800 homes e 277 mulleres.
- Para elas é máis difícil ascender de categoría no fútbol.
- Sofren insultos machistas, acoso e ata agresións por parte da bancada.
Son poucas as mulleres que se enfundan as medias negras, axústanse o chifro e meten no peto os cartóns vermellos e amarelos. Poucas as que o fan e menos aínda as que logran sortear as categorías infantís do fútbol.
Zulema González soña con dirixir un partido nas máximas categorías, aínda que sabe ben que nunca unha muller chegou a arbitrar no fútbol profesional (Primeira e Segunda División), o máximo foi Segunda B, todo unha carreira de obstáculos para as poucas que o lograron: "Para nós son máis difíciles os ascensos porque as probas físicas son as mesmas que para os compañeiros homes. O machismo non vén dos nosos compañeiros, ao contrario, senón de moitos directivos que non apoian ás mulleres", conta Mata e reivindica que noutras profesións, como os bombeiros, diferéncianse as probas e non por iso presuponse que unha muller está menos preparada.
Ademais teñen que aguantar os insultos que, normalmente, proceden da bancada: "Acábaste afacendo. Case que deixas de escoitar cando te están insultando. Ata che dan máis ganas, como máis adrenalina, de demostrarlles que o sabes facer ben", explica Zulema, unha das novas árbitras con máis futuro no fútbol español. É a primeira muller que ascende á primeira categoría do fútbol ourensán, Primeira Autonómica, unha federación, que se tomou moi en serio o ascenso das mulleres. Só na provincia de Ourense pitan 16 mulleres, moitas, tendo en conta que en comunidades como País Vasco ou Cantabria hai menos de dez. Antonio Docabo, delegado en Ourense do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol, sinala que eles tomaron moi en serio potenciar a figura das mulleres no fútbol: "estase traballando moito co fútbol feminino pero tamén con potenciar ás mozas que temos no resto de categorías".
Lucía ten só dezasete anos pero arbitra desde fai cinco. Cada domingo, o seu pai lévaa por toda a provincia percorrendo quilómetros para pitar onde lle toque: "os dous primeiros anos son os peores, logo afaste aos insultos e ata a que intenten agredirte. Hai fins de semana que tes ata catro partidos pero a min gústame moito arbitrar. Cando che berran nin os escoitas. Hai que gañarse o respeto". Para os pais e nais que lles acompañan cada fin de semana tampouco é fácil aguantar os noventa minutos de cada partido: "Eu moitos días digo, sairemos ou non sairemos?, Poderemos irnos sen problemas?, relata Jose, o pai de Lucía. Confesa que xa non escoita todas as palabras malsoantes que en cada partido lle adícan á súa filla dende a bancada: "Pero a ela gústalle, vaille a marcha, e gústalle imporse no campo. Cada vez o fai mellor".

José Santiago Rodríguez
1ºB-Bacharelato
Comentarios (2) - Categoría Xogos - Publicado o 14-01-2012 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
CENTOS DE DELEGADOS DA CIG CONCÉNTRANSE EN OITO CIDADES GALEGAS EN CONTRA DAS MEDIDAS APROBADAS POLO PP

Centenares de delegados do sindicato CIG concentráronse o xoves 12 en oito cidades galegas para protestar en contra do paquete de medidas aprobado polo Goberno do Partido Popular o pasado 30 de decembro, no seu segundo Consello de Ministros, entre as que se inclúe a suba do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).

En Vigo, onde estaba convocado o acto central coa presenza do secretario xeral, Suso Seixo, uns 400 delegados celebraron unha asemblea no Hotel Coia e logo desprazáronse, en manifestación, ata a sede da delegación de Facenda na cidade. Neste lugar sumáronse traballadores do naval, co que os concentrados acadaron os 500, segundo estimaron fontes do sindicato.

En declaracións aos xornalistas, Seixo cargou contra as medidas aprobadas polo Goberno popular e destacou que, como contestación a estas, a CIG non descarta ningunha vía, incluída a convocatoria dunha folga xeral antes do próximo día 10 de marzo -'Día da Clase Obreira Galega'-.

Así mesmo, advertiu que a intención, por parte do presidente español, de reducir o déficit público en 40.000 millóns 'anticipa que aínda quedan por diante recortes moito máis duros'. 'Volverán subir o IRPF e tamén o IVE, o que vai afectar maioritariamente á clase traballadora, pero as grandes fortunas e os bancos non os van tocar', censurou.

Ao respecto, asegurou que estas medidas 'non só non van favorecer a saída da crise senón que provocarán máis recesión' e engadiu que 'o único que fan é darlle diñeiro e máis diñeiro público os bancos'.

Tamén arremeteu contra as últimas propostas da patronal, como a conxelación salarial, que suporá unha perda de poder adquisitivo se se ten en conta o incremento dos prezos. 'O seu obxectivo último', alertou, 'é flexibilizar o mercado laboral e darlle prioridade os convenios de empresa'.

Noelia Gómez Nogueira, 1ºB bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-01-2012 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Ourense estuda o abandono da Granadilla
A historia de Granadilla é a dun pobo como tantos hai en Galicia. A chegada da luz eléctrica tiña previsto inundar esta localidade, situada na provincia de Cáceres.
A construcción do encoro produciuse, pero non chegou a cubrir as casas da pequena Granada (que así se chamaba ata o reinado dos Reis Católicos). O que si conseguíu foi botar de alí ós veciños, que se trasladaron a pobos próximos. A historia de Granadilla é, pois, a dun pobo abandonado que en 1984 entrou nun programa de recuperación posto en marcha polo Goberno central xunto a Búbal (Huesca) e Umbralejo (Guadalxara). Hai uns días, 27 anos despois do inicio dese proxecto, o Ministerio de Educación aprobaba a solicitude dos alumnos de terceiro curso de Educación Social do Campus de Ourense para estudar a zona de Granadilla. Farano durante os primeiros días do mes de marzo cun proxecto no que a comunicación oral cos máis maiores da zona é o fío conductor da recuperación da memoria popular. O guión básico do rescate das lembranzas foi elaborado por un grupo de alumnos e coordinado polo profesor da Facultade de Educación Xosé Manuel Cid. Nun par de meses terán ocasión de poñer en práctica as ideas coas que irán. Para o docente é 'moi importante' que os estudantes aprendan a 'valorar a cultura tradicional e o estilo de vida rural' porque 'sabendo ler a realidade, pódese afondar nela'. O xérmolo desta aprendizaxe de campo é que 'o pasado debe terse moi en conta para construír o futuro'.
Hoxe en día, Granadilla é máis un reclamo turístico e educativo que unha aldea tradicional. Os veciños non volveron ás súas casas, pero os esforzos camiñan agora no sentido de pór en valor a cultura popular ó tempo que se transmite. Ourense, dende hai dúas décadas, conta cun exemplo semellante. No concello de Sarreaus, o grupo de desenvolvemento rural O Viso, traballa no pobo-escola de Lodoselo. Alí, máis dun milleiro de grandes e pequenos achéganse durante o ano para coñecer a vida no campo. Con todo, o colectivo traballa máis alá dunha parte didáctica que só lles dá satisfaccións ofrecéndolle asistencia e coidados ós maiores da zona.

Magdalena Sepa Vázquez 1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-01-2012 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus fume,adeus...

Liberada de fumes nos seus espazos públicos pechados pola lei que impide fumar no seu interior desde 2008, París descubriu que os fumadores xeran outro problema, a contaminación que provocan as cabichas nas rúas da cidade, que se propuxo combater con información e con multas.
Ata 35 euros de sanción prevé a lei francesa para quen arroxe unha cabicha á beirarrúa, unha multa que o Concello de París non aplica por agora, á espera de equiparse de suficientes cinceiros rueiros como para que os fumadores non atopen escusas.
Polo momento, a «cidade da luz» conta cuns 2.000 cinceiros nas súas rúas, un número insuficiente, segundo relata a Efe o concelleiro de Limpeza, François Dagnaud.
As contornas dos bares, restaurantes e oficinas, onde os fumadores acoden a aliviar o seu vicio, aparecen cheos de cabichas que os servizos de limpeza empuxan en ocasións á rede de rede de sumidoiros, provocando problemas de toxicidade.
A municipalidade conta con multiplicar por 15 o número de cinceiros nos dous próximos anos, para alcanzar unha cifra de 30.000 en 2014.
«Para entón, poderemos dicir que haberá un cinceiro a menos de 50 metros en calquera punto da cidade e os fumadores non poderán escudarse en nada para arroxar as súas cabichas ao chan», sinala o edil.
A estratexia municipal pasa por situar un cinceiro en cada papeleira da cidade.
O problema é que os modelos cos que traballan agora son de aceiro, o que provoca que, dado o elevado prezo dese metal, multiplíquense os roubos.
«Estamos a tratar de obter un modelo novo elaborado a partir dun material plástico composto que non se queime ao apagar os cigarros», explica.En paralelo á campaña municipal, o Concello trata de sensibilizar a bares, restaurantes e oficinas de que instalen cinceiros ás súas portas para facilitar que os fumadores poidan apagar alí os seus cigarros.«Eles tamén teñen que contribuír nesta campaña de limpeza», subliña Dagnaud.
O concelleiro insiste en que o obxectivo da campaña non é multiplicar as multas.«Pretendemos que o fumador se dea conta dos problemas de sucidade que causan as cabichas no chan e que o xesto de arroxalas á beirarrúa non sexa algo normal», indica o concelleiro.
Dagnaud considera que o problema é maior do que a xente imaxina.Segundo os seus cálculos, cada ano xéranse unhas 315 toneladas de cabichas en París, cargadas de material tóxico, como o alcatrán, que poden tardar máis de cinco anos en ser asimiladas polo medio ambiente.As que chegan ao sistema de rede de sumidoiros adoitan crear tapóns que bloquean a fluidez da rede, cos consecuentes problemas para os servizos de limpeza.
A campaña non contenta do todo ás asociacións que agrupan aos non fumadores, que consideran que o tabaco segue estando presente, nas súas diversas formas, en moitos puntos da cidade.Pon como exemplo as marquesiñas das paradas de autobús, desprovistas de cinceiros e que, por iso, son outro dos puntos que agrupan multitude de cabichas.
Dagnaud móstrase contrario a instalar cinceiros no seu interior «para que non se convertan en lugares para fumadores e, xa que logo, cheos de fume» e afirma que están a estudar «outras solucións».
Outro punto quente é a entrada das estacións de metro.
«Paradoxalmente, os cinceiros atópanse na entrada da estación e os fumadores han interiorizado que dentro non se pode fumar, así que arroxan o cigarro á porta», precisa o concelleiro.
Ante ese problema tamén terán que buscar un remedio no seu combate pola sucidade rueira que provocan as cabichas.

Noelia Fernández Paradela 1ºB nº4
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 14-01-2012 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
Poemas de Celso Emilio Ferreiro enchen as rúas de Celanova
Este ano cúmprese o centenario do nacemento do escritor ourensán Celso Emilio Ferreiro. Na súa homenaxe, a Xunta de Galicia organizou un programa de actividades que se vai a desenvolver ao longo de todo o 2012 e que comezou este mércores en Celanova coa inauguración da iniciativa Cen poemas en Celanova, na que os establecementos públicos e privados da localidade exhiben os textos do escritor co obxectivo de achegarlle ao público a obra literaria que realizou. Durante todo o 2012, a Xunta de Galicia ten programada unha serie de exposicións, edicións de libros, concertos e outras actividades destinadas a todos os públicos da poboación galega.

Ademais do proxecto Cen poemas en Celanova, a programación incluirá unha exposición sobre o escritor, que percorrerá o territorio da comunidade en itinerancia polas bibliotecas e os centros escolares de Galicia. Tamén se levarán a cabo dous concertos de homenaxe, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, coa participación de destacados intérpretes galegos que levaron aos escenarios e popularizaron poemas do autor e coa realización dun espectáculo multimedia baseado na súa figura.

Para dar a coñecer a literatura galega, a Xunta de Galicia ten previsto editar Longa noite de pedra en versión inglesa, ao cargo do tradutor Jonathan Dunne.

Alba Fernández Castro, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 14-01-2012 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Cantante ourensá que chegou á final de 'Tú sí que vales'

A ourensá Natalia Rodríguez, de 18 anos, chegou a final do programa 'Tú sí que vales', que se emitirá a noite do próximo martes.
-¿Cómo foi a experiencia neste concurso?
Moi boa porque significa un paso moi grande na miña carrera e é bo para que a xente empece a coñecerme.

-¿Dende qué idade canta?
Canto, sobre todo, dende os 12 anos. Comecei tras gañar no ano 2005 o primeiro premio, a nivel nacional, do programa Veo Veo, presentado por Teresa Rabal. Ainda que por gusto cantei sempre. Ata agora, so actuaba algo por aquí, en Ourense.

-¿Por qué decidiu presentarse ao concurso “Tú sí que vales'?
Creo que é unha gran oportunidade para darme a coñecer. A mín gustaríame adicarme profesionalmente a música.

O estilo de música co que mais me identifico é o soul, o rhythm&blues e, en xeral, a música negra.

-¿Xa sabe con qué canción participará na final?
Con 'Ain't no mountain high enough'.

Recibín moitas felicitacións a través de redes sociais. A miña familia e amigos de toda a vida dixeronme que o fixen moi ben.

-A valoración de Risto Mejide é sempre a mais temida. ¿Qué tal se portou?
Díxome que cantaba como unha diva pero que me movía como unha pranta. Eu non lle-lo tomei mal, porque estaba moi nerviosa, nunca estiera cantado nun programa como ese e, sei que lle gustou a actuación.
Tania Airas
1ºB-Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-01-2012 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal