Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Uned lembrará a vinculación de Graham Greene con Ourense

A comunidade cisterciense de Oseira ten visto pasar pola súa hospedería e polo recinto del mosteiro a moitos visitantes ilustres. Algúns permanecerán para sempre no anonimato, amparados na discreción dos moradores da mole pétrea de Cea mentres que outros fixeron bandeira da súa empatía cos cistercienses e as súas estancias nas estribacións da Serra Martiñá. Entre estes últimos ocupa un lugar destacado oescritor inglés Graham Greene (1904 - 1991), a quen Oseira lle era un espazo deseado y coñecido, compartindo moitas horas de conversación e inquietudes cos monxes, de maneira destacada co bibliotecario Fray Damián Yáñez Neira, e desfrutando dos seus paseos e percorridos polas comarcas de O Carballiño e O Ribeiro, ademais de outros lugares de Galicia.
Nas súas estancias galegas e por outros lugares da península, Greene tivo no sacerdote e escritor Leopoldo Durán (1917 - 2008) un confidente, amigo e guía. O relixioso, natural de Avión, ensinoulle O Ribeiro -As Regadas era parada obligatoria de Greene para degustar un bo viño- e cuando o escritor autorizou una produción para a televisión británica baseada na súa obra «Monseñor Quijote» parte da rodaxe se realizouse en Oseira.
A relación de Graham Greene coa provincia de Ourense será agora recuperada pola Uned nunhas xornadas que analizarán esa vinculación. Serán dous días, unha fin de semana, e está previsto realizar actividades en O Carballiño, onde se incidirá na presencia da obra do escritor no cine, en Oseira, onde pasou varias tempadas, e en O Ribeiro, onde se percorren algún dos espazos que lle eran máis queridos ao autor da man do coletivo ecoloxista Ridimoas. O programa definitivo e a fecha de celebración das xornadas está pendente de concretar.

Aida González Vázquez, 1ºBac.B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-01-2012 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
O Petardazo dará a saída ao Entroido limiao en sete días
A só sete días do Petardazo, que dá a saída ao Entroido limiao, o programa para a edición deste ano xa está pechado, incluindo, xunto aos tradicionais domingos 'fareleiro', 'oleiro', 'corredoiro', de Entroido e de Piñata, os predomingos, con distintas propostas destinadas as noites dos sábados, a mais destacada das cales é o 'Batentroido', que se vivirá o vernes 17 de febreiro, xusto despois dun programa adicado, ese día, íntegramente aos nenos.
Ese día é tradicionalmente infantil, e co Batentroido queremos introducir un elemento que anime tamén ao sector mais novo de xente que ven a este Entroido, explica o conselleiro de Cultura de Xinzo de Limia, Carlos Gómez.
Outro dos elementos que se potenciarán este ano é o Petardazo, que dá o "pistoletazo" de saída a un mes de disfraces, charangas bailes na vila da límia.
O tradicional desfile e colgamento do Meco terá lugar o sábado 4 de febreiro, que comezará co recorrido das rúas e prazas do casco vello do Meco -con saída dende o Museo Galego do Entroido-, acompañado de teas e corozas -cubrimentos de palla para a cabeza- para ser aforcado na Praza Maior, baixo o son das gaitas.
As pantallas, figura tradicional do Entroido de Xinzo de Limia, terá o seu día grande o Domingo Corredoiro, cuando se celebrará a 'Xuntanza dos Capuchóns' na Praza Maior (17,30 horas), amenizada por unha charanga e con algún sorteo entre todos os que aparezan vestidos co clásico capuchón.
Tampouco faltará o Festival da Canción Humorística, o sábado 18 de febrero, na Praza de Oriente.

Tania Airas
1ºB-Bacharelato
Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-01-2012 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
A forza dun árbitro de corazón‏

Todo empezou co que parecía unha anemia. Unhas análises e de inmediato saltaron as alarmas. A leucemia, unha enfermidade maldita que o conduciu por vía de urxencia á habitación dun hospital. Ingresáronlle na unidade de transplantes e ao día seguinte xa estaba comezando un ciclo de quimioterapia intensivo que duraría sete meses. "Sempre cres que nunca che vai a tocar a ti". Había que prepararse para unha loita diferente a todas. E houbo que aparcar a arbitraxe, pero nunca esquecelo. "Desde o primeiro momento, preguntei se podería volver. Dixéronme que se me recuperaba era factible. E así, aos poucos, fun saíndo".

Había que esperar o milagre dun doante de medula compatible, que ao final apareceu. Só sabe que foi un inglés, de 23 anos. A solución estaba en camiño, pero os meses posteriores ao transplante foron os peores. Practicamente incomunicado na súa habitación, desesperado e débil, moi débil. "Chorei moitísimo. Caéronme as uñas e tardou un ano ata que me volveu medrar o pelo. Non quería ver a ninguén".

E por fin, a volta á rúa. "A primeira vez que saín fun incapaz de andar 50 metros". Pero no fondo, unha ilusión: volver aos campos de fútbol. "Preguntáballe ao médico canto me quedaba para saír de alí. Repetía unha e outra vez que tiña que ir arbitrar". Empezaron os adestramentos. Lentamente, cos seus compañeiros asturianos. deixaron horas de preparación para non deixarme atrás. Agradézoo moito.

E coma se fose unha película de suspense, no último intento, fai un mes, superou por fin as esixentes probas físicas dos árbitros de Segunda B. Co ano novo, chegou a soñada designación: este fin de semana volve ao Anxo Carro para dirixir un Lugo-Celta B. Ao final queda unha mensaxe: "Pódese saír do cancro. Hai esperanza". Dí Pablo Nanclares, o árbitro que, sacou cartón vermello á leucemia.

José Santiago Rodríguez
1ºB-Bacharelato
Comentarios (2) - Categoría Xogos - Publicado o 21-01-2012 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Os bancos pagarán oito euros ao día por caxeiro na rúa en Ribadavia

O grupo de goberno de Ribadavia trasladará ao próximo pleno unha proposta para a
aprobación dunha ordenanza fiscal encamiñada a regular unha nova taxa dirixida ás
entidades bancarias e caixas de aforro.

Marta Dacal
1ºB-Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 20-01-2012 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
A ApU propón a Vázquez como candidato a voceiro nacional do BNG e a Jorquera como aspirante á Xunta

A Alternativa pola Unidade (ApU) --plataforma impulsada pola UPG e independentes-- propón, para a XIII Asemblea Nacional que se celebrará a finais de xaneiro, a Guillerme Vázquez como candidato á Portavocía Nacional do BNG e ao deputado no Congreso Francisco Jorquera como aspirante a presidir a Xunta de Galicia.
Finalizada a fase de debate das teses políticas nas asembleas comarcais, a ApU informou de que, nunha reunión mantida este domingo na capital galega, representantes da plataforma adoptaron este acordo, ademais de avaliar as distintas propostas para configurar o resto de compoñentes da lista ao Consello Nacional.
"Consideramos que esta é a mellor proposta do BNG para servir aos intereses de Galicia", proclama a ApU nun comunicado, no que reitera a súa disposición "a un diálogo construtivo a toda a militancia e ás distintas sensibilidades e correntes" que conviven na fronte nacionalista, co obxectivo de que da Asemblea saia "un BNG máis forte e unido".
A liña seguida, a ApU destaca que a súa proposta é "construtiva" e que está "aberta a un acordo baseado nos principios de lealdade, operatividad e unidade no e co BNG".
Por último, a plataforma declárase "satisfeita" por constatar que os debates políticos e ideolóxicos sobre os documentos constituíron "o elemento central" das asembleas, buscando entre todos os militantes "o modo de lograr que o BNG sexa un instrumento aínda máis útil para a defensa do país e das súas maiorías sociais".


RAQUEL IGLESIAS 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-01-2012 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
A compañía teatral Voadora, co espectáculo 'Tokio 3', abre este venres a programación do Salón Teatro en Santiago
O Salón Teatro inaugurará este venres, día 13, a programación do ano 2012 co espectáculo da compañía teatral Voadora, 'Tokio3', a última entrega dentro da triloxía 'Lugares Comúns'.
A obra foi presentada no Salón Teatro cunha breve representación da que é a cuarta produción desta compañía galega dirixida por Marta Pazos. Así, Pazos informou ante os medios de que a representación se realizará o venres ás 21.00 e o sábado 14 ás 20.30.
"É unha fábula musical que combina teatro, música en vivo e danza para falar da realidade e da esperanza. Un espectáculo que se limita a facer preguntas máis que a dar respostas", apuntou Pazos.
Así mesmo, na presentación participou o director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos Fasero, que enxalzou a Voadora como un "exemplo" de proxecto cunha idea "clara e definida" e indicou que se trata dunha obra destinada a unha "ampla gama" de espectadores.
Ademais, o director da Agadic apuntou á importancia que ten para a compañía "triunfar" con 'Tokio3' en Galicia e tamén "no exterior".

SAMUEL GALLEGO MAYO 2º A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-01-2012 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
A Mesa critica algúns dos nomeamentos da Xunta
A Mesa pola Normalización Lingüística considera que os cambios na organigrama da Consellería de Cultura "significan e simbolizan unha nova ameaza cara ao desenvolvemento da cultura galega", tendo en conta "a folla de servizos" que presentan o conselleiro que agora tamén asume estas competencias e o seu secretario xeral, anterior responsable de Política Lingüística.
Así, o presidente desta asociación cultural, Carlos Callón, estima que a acción de goberno de Jesús Vázquez e Anxo Lorenzo entre 2009 e 2011 "só se pode sintetizar na palabra destrucción" no que á cultura galega refírese. Con todo, espera que "oxalá reflexionen sobre todo o mal que están a facer e decidan adoptar unha postura constructiva e dialogante".
A xuízo do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, con estes nomeamentos "prémiase a incapacidade para o diálogo, a prepotencia e a gallegofobia", polo que se considera a súa designación como "unha pésima noticia para a cultura galega".
Carlos Callón tamén opina que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "perdeu unha oportunidade" para rectificar na súa acción de goberno contra o idioma e pide a todas as persoas que teñan "sensibilidade" co galego que "estean en alerta e activas para mobilizarse en defensa da identidade, a cultura e a lingua" propias.


María Álvarez Álvarez

2º a
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-01-2012 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
AS CHOIVAS DESCENDERON UN 30% CON RESPECTO O 2010
A falta de precipitacións durante o 2011 foi perfectamente visible nos encoros ourensáns. Os datos tamén axudan a comprender por que o ano pasado foi un dos anos máis secos da última década na provincia. O Miño baixo, o Sil inferior e o Limia, as seccións ourensá da conca do Miño-Sil, víronse fortemente afectadas pola falta de choivas, chegando a sumar un descenso que rolda o 30 % con respecto ao 2010 no que se refire á precipitacións mensuais acumuladas que se miden en milímetros - un milímetro de precipitacións significa que nunha superficie dun metro cadrado caeu un litro de auga de choiva.
Esta porcentaxe de descenso supérase no caso do Limia e do Sil inferior. Se en xaneiro do 2010 o río Limia sumaba 185,5 milímetros de auga acumulada, en xaneiro do 2011 esta cifra alcanzaba os 235, 6. Pasado un ano, en decembro do 2011, a cifra era de 76,2. O mesmo ocorre coa zona do Sil inferior. En xaneiro de 2010 a acumulación de auga era de 119 milímetros, en xaneiro do 2011 de 138; e chegado o mes de decembro a cifra descendeu ata 56,7. Polo que se refire ao Miño baixo, o ano 2010 iniciouse con 183 milímetros, un ano máis tarde era de 220 mm e no mes de decembro a precipitación acumulada era de 89, 6 milímetros.
No Miño baixo a redución en decembro do 2011 con respecto ao 2010 foi próxima ao 30 %; na zona do Sil inferior dun 33 %; e na do río Limia o descenso foi de próximo ao 35 %. En todos os casos os peores meses corresponderon a xuño, xullo, agosto e setembro. A mediados de outubro iniciouse a recuperación das masas de auga coa chegada das choivas e na actualidade as cifras empezan a ser as habituais aínda que aínda se atopan moi por baixo. A conca Miño-Sil é xunto ás do Douro, Corte, Júcar e Ebro as que conta cos datos máis baixos de reservas nos seus encoros (segundo datos do 27 de decembro do 2001) e espérase que nos próximos meses recupérense as cantidades.


Elena Seijo 2º Bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-01-2012 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Dous ourensanos teñen o dominio do Instituto Nóos de Urdangarin
Juan e Esteban non o podían crer. Aínda que a súa carreira non están directamente ligadas as web ou Internet -dedicanse ao sector da automoción e a farmacia- o certo é que o azar e o feito de ser afeccionados a red de redes puxolles no seu camiño o dominio «institutonoos.com».
"Surxiu unha tarde fai uns días. Chamoume o meu amigo e comentoume que cria que o dominio estaba libre. Comprobouno e así foi. Así que adquirimolo ", di Juan. Despois de pagar 14 € -prezo para facerse co nome- e crear unha empresa de Redacción de contidos web S.C. , con sede na rúa do Paseo, decidiron cales serían os contidos da páxina. "Qué imos facer, preguntamonos, porque non sabíamos se facer algo en plan cachondeo ou algo mais serio" Ao final optaron polo segundo, aínda que a idea e algunhas frases da web non lle faltaban graza.
"Caso Urdangarin: Contamoslles e cantamos as verdades do barqueiro. Branco e en botella ". O encabezamento da páxina principal acompañado pola pregunta "A monarquía española está en perigo?" serven aos autores da páxina para dar paso a unha serie de artículos, redatados por eles mismos, a través dos cales pretenden ir informando do caso Palama Arena, pero centrándose na figura de Iñáki Urdangarin e de toda a familia real. “Está claro que Iñaki Urdangarin é inocente ata que se demostre o contrario. Neso non entramos nós. Simplemente contamos o que vai pasando e as suas repercusion na casa do rey, coa infanta,…”, explica Juan.
Fai arredor dunha semana que Ourense e o Insitutuo Nóos están xa relacionados para sempre, grazas á idea e o azar de dous ourensanos.


Victoria Fernández 2º bach B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-01-2012 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Mil ocupacións e unha tarefa
A lista de actividades que Isaac Díaz Pardo acometeu ao longo de toda a súa vida é interminable. Pintor, debuxante, publicista, político, empresario, ceramista, escritor, fundador de museo, conferenciante, editor, animador cultural, xornalista e outra infinidade de tarefas nas que ocupaba os días e as noites. Non quixo identificarse exactamente con ningunha delas porque todas elas respondían a unha tarefa fundamental, a de recuperar Galicia no vital e no cultural, a de salvar a brecha que a guerra civil abriu no país conectando á xeración dos grandes galeguistas como Luís Seoane ou Castelao coa Galicia contemporánea.
Nesa actividade o mesmo recuperou unha industria punteira en Sargadelos que unha editorial que dese conta da memoria que desaparecía na longa noite de pedra. Ou mesmo un museo de arte contemporánea que unha franquía de establecementos para vender porcelana e cultura galegas. As actividades foron medrando ao longo do tempo, pero a tarefa foi sempre a mesma: Galicia.
Agora que xa non está entre nos, o mundo da cultura choraa súa perda:
Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, manifestou en RadioVoz que a figura e o traballo de Díaz Pardo «demostra que ou capital se pode ter patria».
O escritor e presidente da editorial Galaxia, Víctor Freixanes, definiu a Díaz Pardo como «pulmón e músculo de Galicia», e engadiu que «en todas as caras do poliedro que foi Díaz Pardo reflectía a luz», afirmando que «nunca pagaremos todo o que lle debemos a esa xeración, son os nosos pais. Isaac morreu rodeado de cariño».
Pola súa banda, o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, AELG, Cesáreo Sánchez, mostrouse moi emocionado e «coa alma encollida, ao lembrar ao irmán maior da nosa xeración». Afirmou que Díaz Pardo «está xa no Pórtico dá Gloria dous bos e xenerosos», xa que «todo o que nos deixou é a Galicia feita realidade».
A Universidade da Coruña transmitiu o seu pesar polo falecemento de Díaz Pardo, recoñecido como Doutor Honoris Causa pola UDC, «en quen recoñecemos a exemplaridade na loita pola nosa dignidade como pobo».
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long, destacou que «marcha un loitador incansable, magnífico pensador expoñente da excelencia intelectual de Galicia»,.
A Asociación da Prensa da Coruña tamén quere trasladar o seu «máis sentido pésame á súa familia e amigos» e defíneo como «firmemente comprometido durante toda a súa vida con Galicia a través de distintas manifestacións artísticas como a literatura, a cerámica, a pintura, así como tamén o xornalismo en numerosas ocasións».
O ex ministro de Cultura César Antonio Molina destacou hoxe a «xenerosidade infinita» do intelectual Isaac Díaz Pardo, «un referente da cultura galega», segundo EFE.
Os Consellos de Administración e os traballadores do Grupo Sargadelos, expresaron o seu fondo pesar polo falecemento do seu fundador, reiterando «o noso compromiso permanente cos principios que inspiran o proxecto, no que Isaac Díaz Pardo foi peza sobranceira e fundamental».


Reyes López 2º Bacharelato B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-01-2012 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal