Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O soño cumprido do Diogo
Diogo Farinhoto tocou onte a batería coas súas propias mans. O neno que conquistou a Galicia para que lle axudasen a coleccionar tapas coas que sufragar unha prótese ortopédica cumpriu o seu soño. O pequeno, acompañado pola súa nai, o seu avó e o empresario que desinteresadamente pagou a conta desta primeira man chegaban á clínica protésica de Matosinhos ás catro da tarde.

A esa hora seguía coa prótese de plástico que desde hai tres meses manexa para adoitarse á nova. Dez minutos despois sorprendeu a todos unha vez máis sendo capaz, por primeira vez, de activar os electrodos da prótese e conseguir apertar a todos os presentes o nariz coa súa man dereita, onde ata agora e desde que naceu só tiña un coto. Imposible capturar a imaxe dese momento, xa que o acceso estaba restrinxido á familia, pero as bágoas coas que a nai abría a porta para que os fotógrafos puidesen tomar as primeiras impresións eran de enorme emoción. Só hai dous xeitos de acalar a loita dunha nai e a única lícita é a que onte saboreou Elisabete. Tras dez meses falando publicamente e loitando sen parar para darlle esa oportunidade a Diogo, a muller non foi capaz de articular palabra pola felicidade que sentía. Ante os xestos de Diogo, sobraba calquera outra interpretación ou palabra. A xornada do neno comezou ás oito da mañá. A da súa nai comezou moito antes. Doce horas antes, xa de madrugada, aseguraba a La Voz estar moito máis nerviosa do que no seu día había estado cando deu a luz. Durante a mañá, a familia aínda sacou tempo para ir recoller tapóns e envases ás zonas limítrofes co Porto. Diogo reiterou, como explica o seu avó Antonio, o que vén repetindo desde as últimas semanas: «¿Cando vou ter a miña man nova, esa que aperta?». Durante a súa chegada á clínica, o pequeno mantivo gran tranquilidade a pesar da expectación mediática que acompañou o seu caso.

Benfeitor anónimo

O primeiro e máis emotivo encontro produciuse co empresario que veu persoalmente desde Lisboa acompañado pola súa muller para presenciar como lle colocaban a Diogo a man e abonar a totalidade da factura, por un importe de 8.400 euros. O home quere manter o anonimato, a pesar de que é moi coñecido en Portugal. Si accedeu a explicar o seu xesto. O benefactor, enxeñeiro civil xubilado, contou que se decidiu a axudar a Diogo cando se decatou de que a cooperativa coa que estaba a colaborar na recollida de tapóns fallara ao pequeno. «Parece que estaban a xogar co neno e iso non o podía permitir. O que me levou a axudar a Diogo foi un impulso, notei a frustración da nai», explicou.

Carlos Álvarez Ramos, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-01-2012 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Éxito da pista de xeo no Centro Comercial Ponte Vella
A pista de xeo do centro comercial Ponte Vella tivo un enorme éxito e grazas a iso permanecerá aberta ata o día 12 de febreiro, tanto nas sesións de día como as de noite. Máis de 24.000 persoas pasaron xa pola gran superficie desta pista dende que se comezou a realizar esta actividade o 27 de novembro do ano pasado.

As visitas dos grupos escolares á pista de xeo foron tamén moi numerosas, cun grande éxito. Nestes meses, nenos e mayores non se puideron resistir a probar a súa habilidade cos patíns.

Os prezos que hai que aboar para gozar desta actividade están entre os 8,50 euros por tempo ilimitado e con alquiler de patíns ata os 4,50 euros.

Os horarios son os seguintes:
-De luns a xoves: 17:00 a 21:00h
-Venres: 16:30 a 22:00h
-Sábados e domingos: 11:00 a 14:00 e 16:30 a 22:00h

Grazas a acollida de tantos veciños que se animaron a pasarse por esta pista, estase planeando a instalación desde parque de xeo para a próxima tempada.

Alba Fernández Castro, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-01-2012 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Gates doa 570 millóns de euros ao fondo contra a sida
O fundador de Microsoft anunciou onte a doazón de 750 millóns de dólares (uns 570 millóns de euros) ao Fondo Mundial para a loita contra a sida, a malaria e a tuberculose. «Vivimos un momento difícil, pero iso non é escusa para deixar de axudar aos máis pobres», di Bill Gates no comunicado que distribuíu a súa fundación.

O Fondo Mundial é unha organización que loita contra esas tres enfermidades en todo o mundo e que o ano pasado, por mor da diminución das doazóns, suspendeu programas por valor de mil millóns de dólares. Nos seus dez anos de existencia, o Fondo Mundial proporcionou tratamento antirretroviral contra a sida a 3,3 millóns de persoas e a 8,6 millóns contra a tuberculose. Distribuíu, ademais, 230 millóns de mosquiteros para combater a malaria.
A de onte non é a primeira axuda ao Fondo Mundial, que ata agora recibira do fundador de Microsoft 650 millóns de dólares. Pero máis que o diñeiro o que fai Gates é ofrecer un apoio importantísimo ao Fondo Mundial, que recibira críticas por corrupción. «O Fondo Mundial é unha das formas máis eficaces de investir o noso diñeiro», dixo o filántropo, que posúe unha das maiores fortunas do mundo e que dedica en parte a loitar contra a pobreza e a enfermidade.





Noelia Fernández Paradela 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2012 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
José Luís Baltar:"Voume porque quero, se preferise quedar pouco me importaría o que dixeran outros"
José Luís Baltar Pumar pecha hoxe na Deputación unha amplísima etapa de 22 anos na presidencia e 44 na vida política ourensá. Vaise pero marcando o camiño polo que deberá continuar a institución, que non é outro que poñela en mans do seu fillo, Manuel Baltar, por moito que un e outro resístanse a confirmar o que é un segredo a voces. De feito, acaba por recoñecer coas súas respostas que a estratexia da sucesión estaba fixada dende hai meses, moitos meses, só faltaba atopar o momento oportuno.

Marta Dacal
1ºB-Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-01-2012 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
O Goberno galego impulsa un plan integral para "garantir o dereito a ser nai"
O Goberno galego aprobou este xoves o Plan integral de apoio á muller embarazada 2012-2014 que, segundo anunciou o presidente, Alberto Núñez Feijóo, impulsará un paquete de 49 medidas que permitirá habilitar "un abano de recursos sociais" que garanta o dereito "a ser nai" ás mulleres que "libremente" aposten por esta opción.
Segundo a explicado ao termo do Consello da Xunta, este plan desenvolve a lei que regula unha rede de apoio á muller embarazada e está "especialmente orientado" ás xestantes en situación de "vulnerabilidade ou risco de exclusión social": mulleres inmigrantes, menores de idade e estudantes, así como mulleres con minusvalidez ou incapacidade xudicial.
Non en van, Feijóo ratificou o seu "apoio expreso e completo" ás mulleres que "queren seguir co embarazo e ser nais", ao tempo que destacou que o "obriga" do Goberno autonómico velar polas súas necesidades e fixo fincapé en que Galicia ten "un problema de natalidade".
En concreto, este plan integral está presidido polos criterios de dar "prioridade" ás mulleres embarazadas nas axudas de carácter social, poñer atención específica aos colectivos máis desfavorecidos ou con maiores dificultades para "levar o embarazo a bo termo" e intensificar a información sobre os recursos existentes.

Noelia Gómez Nogueira, 1ºB bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-01-2012 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
Sampedro, escritor galego universal
O dobre compromiso de José Luis Sampedro (Barcelona, 1917) co rigor literario e a esixencia ética é o motivo do seu recoñecemento como escritor galego universal, unha distinción que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). A entidade fixo público o día 20 de Xaneiro o nomeamento, co que destaca a «alta calidade» da obra de Sampedro, ademais do seu compromiso ético.
O colectivo de autores galegos lembrou tamén a vinculación do homenaxeado con Galicia e a súa cultura. Na década dos anos setenta foi presidente de honra da Agrupación Cultural Lóstrego de Madrid, coa que colaborou economicamente cunha mensualidade do seu soldo de senador por designación real nas primeiras cortes democráticas.
A relación de José Luis Sampedro, autor de obras senlleiras como Congreso en Estocolmo, El río que nos lleva ou La sonrisa etrusca, continuou a través da Facultade de Ciencias Económicas de Santiago, onde participou no seguinte decenio en diversos congresos. En 1990 impartiu a lección inaugural “Un humanismo para una crisis” na Universidade Popular de Ortigueira.
O premio, que xa recibiron, entre outros, Elena Poniatowska, Gamoneda e Pepetela, entregaráselle en maio ao escritor.

Sara Álvarez 1º A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-01-2012 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Sen pistas sobre o paradeiro do Códice Calixtino
O arzobispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, recoñeceu hoxe non ter ningunha pista sobre o paradeiro do Códice Calixtino, aínda que explicou que a policía fai todo o posible por conseguir que a obra “retorne ao lugar do que nunca debeu saír”.

Barrio participou esta mañá no «Fórum Europa. Tribuna Galicia» celebrado en Compostela, onde destacou que a Igrexa gardou o Códice durante 800 anos, polo que foi unha “desgraza que desaparecese” e un “feito lamentable”.

O paradeiro do Códice Calixtino, un manuscrito do século XII de valor incalculable por ser a primeira guía do Camiño de Santiago, despois de seis meses da súa desaparición segue a ser unha incógnita, aínda que os expertos creen co tempo pasado confirma que tratouse dun robo por encargo.

O arzobispo recoñeceu tamén que a Igrexa tomou medidas para evitar robos nos templos rurais que segúndo o seu testemuño “en poucos casos deron resultado”. Na conferencia que tivo lugar esta mañá, apelou a persevación dos valores morais a modo de barreira contra a corrupción e a “escravitude da tiranía”, e seguidamente respondeu a diversas cuestións políticas, económicas e eclesiásticas.

Elena Corral 1º A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-01-2012 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
O testemuño dun naufraxio
Un ruído rompe a tranquilidade da cea despois do primeiro prato, champiñóns con chipiróns no meu caso. En segundos o barco escórase por babor, pola esquerda. Pratos e vasos, botellas e servizos caen ao chan. Primeiros gritos.

Apáganse as luces pero acenden de contado. Penso, isto non pode ser verdade! Isto non pode estar pasando! O barco escorado, pero realmente que estaba ocorrendo? Primeira sensación de medo a bordo do buque insignia de Costa Cruceros, dunha nave con tecnoloxía punta. Chamada á calma. Desconcerto. Subimos ao camarote coller os chalecos salvavidas por iniciativa propia, roupa de abrigo e documentación. Saímos a cuberta, precisamos aire. Vemos luces, un pequeno porto a unha distancia próxima, non entendemos o motivo de estar tan preto da costa, non parecía normal. Pola megafonía indican que estamos diante dunha avaría eléctrica e que todo permanece baixo control. Pasa o tempo. O barco estabilízase por un intre e despois pasa a escorarse a estribor. Vai frío na cuberta pero o interior é asfixiante. Hai estrelas e sae a lúa. A megafonía repite de novo a incidencia nun xerador que está a ser atendida polos técnicos. Medo. O mobiliario está desprazado. Os pasaxeiros sabemos que pasa algo grave pero pouco podemos facer. O barco segue escorado. Non pode ser! Pouco despois das 22,30 horas a megafonía alerta con verbas en clave “Tango” e código Morse, alarma, hai que baixar á ponte catro, alí están as embarcacións a motor para o desaloxo do buque. Corremos polas escadas con dificultade pola inclinación do barco e chegamos á zona B (babor) que indicaban os chalecos salvavidas. Alí xa está todo o mundo, incluso os da zona A (estribor), xa que esta zona está moi próxima á auga e non sería sinxelo embarcar para fuxir. Percorremos un tras outro os botes a motor que preparan para saír, pero están completos. Recordo inevitable o Titánic, parece mentira cen anos despois! A xente empeza a perder os nervios. Hai anciáns, nenos, enfermos... Tripulación que axuda e outra que embarca para chegar a terra canto antes. Ao fondo da cuberta queda un bote salvavidas, unha embarcación manual en principio reservada para a tripulación con 35 persoas de capacidade como máximo, pero na que subimos ao final pasaxeiros. O buque segue moi escorado. Temos que descalzarnos para subir e imos ao fondo. Cando descolgan a

barcaza, o ángulo xa non permite baixar máis que uns metros e engancha cunha fiestra do buque. Baixamos de súpeto e quedamos verticais. Máis medo. Durante interminables minutos nin subiamos nin baixabamos. Non eran capaces de atopar unha solución. Hai tiróns que non fan máis que dificultar a situación. Quito as gafas por medo a que me caia alguén por riba e que se me poidan cravar os lentes. Ao final tiran un cabo e unha lancha dos Carabinieri trata de levar ao mar a nosa embarcación suspendida a máis de 20 metros e só consegue rompela. Pensamos que morriamos. Nese momento o 'Costa Concordia' está semiafundido, case horizontal, isto permite que saiamos polo noso pé cara ao casco do barco.

Pouco despois das 23,30, penso. Xa non hai conciencia da hora, do día. Só pensamos en saír como sexa. Na proa hai unha escada e moita xente agardando en ringleira. Imos aló. Os minutos son horas. A lúa ilumina o escuro mar. Estamos sobre unha superficie de ferro de case 300 metros de longo por 62 de alto, afundindo no Tirreno, con frío, ducias de embarcacións na auga, helicópteros que case tiran con un e xente berrando. A escada de emerxencia é de corda e madeira, pero non hai outra cousa. Agárrome con forza cando chega a miña quenda e descendo chanzo a chanzo. Vexo que na auga os carabinieri teñen unha colchoneta pneumática para que saltemos. Quito os calcetíns e métoos no pequeno bolso que me acompaña, para que non se mollen. Esquezo o medo que teño ás alturas e descendo moi pegado ás cordas que deixarían durante horas unha sensación de tensión nas miñas mans. Acaba a escada e cambio de posición para preparar o meu salto, poden ser dous ou tres metros, e sen case pensalo xa estou na colchoneta dos carabinieri. Dous homes cóllenme e sóbenme a bordo. Despois chegaría outra embarcación para levarnos a terra. Dende a cuberta, aínda sen crer que estamos a salvo, contemplamos o buque e vemos o gran buraco no casco. Incríble! Xa pasan das 00,30 horas e chegamos a terra. Estamos na illa de Giglio. Vemos centos de persoas vagando polo porto. Algunha ambulancia. Non sabemos onde ir nin que facer. Unha parella arxentina repara nos nosos pés descalzos e dinnos que na farmacia entregan zapatillas. Imos aló. A farmacéutica sorpréndese de que aínda quede xente no barco tres horas despois do choque coa fatídica rocha. Poño os calcetíns. Saímos cos pés máis quentes pero vai frío. A igrexa está chea de xente. O hotel de verán aberto pola catástrofe tamén. No porto non hai regras nin orde nin nada, vagamos ata atopar os compañeiros da mesa da cea. Case non hai mantas, nin nada quente que levar á boca. Tiramos os chalecos salvavidas no chan e xuntámonos para darnos calor uns aos outros. Pasan as horas. Facemos cola para subir aos barcos que chegan e trasladar á xente á costa da Toscana. Espera e frío. Falan de mortos e da neglixencia do capitán.

Magdalena Sepa 1ºA Bac
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-01-2012 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
As políticas de Feijóo multiplican por 3 ao resto de España en destrucción de emprego..
Feijóo deixa sumida a Galicia no maior destrago de emprego da súa historia, privvatiza recirsos sociais e pon a Autonomía na categoria de BONO BASURA...todo elo demostra que as politicas do PP, son do peor que pode pasar en Galicia....a este paso so terá traballo, Feijóo e seu equipo de goberno na Xunta, pero pagado polas necesidades dos galegos/as.
Galiza alcanza unha cifra histórica de paro, cun total de 253.416 persoas desempregadas

O incremento mensual foi dun 4,6%, mentres que na media estatal foi do 1,37%


A CIG considera que os datos do paro rexistrado no mes de novembro son catastróficos. Mentres que na media estatal se incrementou un 1,37%, en Galiza foi do 4,6%. Ao longo do mes destruíronse 11.274 empregos, 375 diarios, alcanzando a cifra dos 253.416 parados/as. Respecto do mesmo mes do ano anterior, o desemprego incrementouse nun 9,3%. En datos absolutos, o paro medrou en Galiza máis que en ningunha outra comunidade do estado.

Os datos son máis que preocupantes. O paro incrementouse en todos os sectores, pero os máis castigados foron Construción, un 5,9% fronte o 0,7% estatal; Industria o 4,5%, fronte o 0,6% estatal e en Servizos, co 4,3% fronte o 1,8% estatal.

Parello a isto diminuíu o número de contratos nun 11,7% e dos novos que se asinaron, só o 7,3% foron indefinidos. Pero é que ademais, deses indefinidos, só un 0,7%, ou sexa, un total de 378, fixéronse baixo a modalidade de fomento do emprego indefinido, aprobada coa reforma laboral. Unha cantidade que non chega a compensar sequera os 375 novos parados/as inscritos diarios.

Entre os homes incrementouse nun 6%, dado o peso de Construción e Industria en entre as mulleres o 3,9%. Por provincias, na Coruña e Pontevedra incrementouse nun 4% e en Lugo e Ourense, o 7%. A este respecto, é salientábel que a provincia de Pontevedra supera xa a cifra dos 100.000 despregados/as e á da Coruña pouco lle falta, con 99.344 desempregados/as.

Ante esta situación, o secretario confederal de emprego, Antonio López Rivera, lembra que o PP leva gobernando desde o ano 2009 e as políticas que levaron a cabo “tan só conseguiron incrementar os datos de paro, con respecto ao Estado até cotas inimaxinábeis”.

López Rivera insiste en que “as políticas de creación de emprego baseadas en continuas reformas laborais, así como unha política de austeridade, que só favorece aos intereses dos grandes bancos e o capital en xeral, demostraron ser totalmente ineficaces, xa non só para crear emprego senón tamén para evitar a destrución do pouco que queda”.

ARÓN MIRANDA 2ºBACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-01-2012 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
A soidade e a vellez saltan do cómic ao cine en 'Arrugas'
A película de animación 'Arrugas', adaptación ao cine do cómic de Paco Roca que figura na selección para os premios Goya e que espera lograr o mesmo para os Óscar, proyectarase a próxima semana en España e o seu equipo aspira a proyectarla en outros países, incluido Xapón. Estrenarase o 27 de xaneiro no cine como unha 'reflexión' acerca da soidade na vellez, según indicou onte o productor Manuel Cristóbal, na súa presentación en Santiago.

'Faríanos moita ilusión chegar a mercados como o xaponés, que é moi particular, pero todavía estamos pechando os detalles das ventas internacionais', destacou Cristóbal. 'Arrugas', que ademáis de pola productora Perro Verde Films está coproducida pola Televisión de Galicia (TVG), é a primeira película de animación que consegue dúas nominacións nos Goya, figurando tamén a preselección para os Oscar.


A filme é unha adaptación do cómic ' firmado por Paco Roca e gañador en 2008 do Premio Nacional del Cómic. Roca indicou onte que pretende mostrar 'o día a día' dunha residencia de anciáns e a soidade e os problemas que acarrea a vellez. Na súa presentación, a directora da TVG, Rosa Vilas, asegurou que a participación da cadea debese ao 'servicio público' da producción. Vilas destacou que a película 'non deixará indiferente' a nadie.


Pola súa parte, o conselleiro de Educación e Cultura, o ourensán Jesús Vázquez, resaltou o contenido social desta producción que 'reafirma' o carácter de 'potencia cultural' de Galicia.

Laura Iglesias Vidal 2ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-01-2012 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal