EDLfranciscanasOurense


Blog do EDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Olimpíada Matemática galega

Así si saen as contas!

Sacando punta ós lapis, repasando unhas últimas fórmulas, o reloxo ía marcando as dez da mañá, e rapazas e rapaces, vidos de tódolos colexios de Galicia, preparábanse para a Olimpíada matemática que se celebrou en Santiago de Compostela o pasado día 15 de Xaneiro.
Foron tres os colexios ourensáns que se sumaron a olimpíada, e entre eles o noso, onde eu e a miña compañeira Alba Rivas decidimos participar, representando ó centro. Dende a opinión persoal, salientar desta nosa cita en Santiago, as altas facultades dos alí presentes, pois o nivel dos rapaces en xeral era excelente. Lamentablemente, e como esperabamos ante a preparación e os dotes dos demais competidores, non tivemos nada que facer e non conseguimos premio ningún; aínda así o gozar daquel día no que puidemos conversar con outros rapaces e decatarnos do alto nivel que os nosos compañeiros galegos teñen, foi para min algo que traer de volta aínda que non brille nin sexa da cor da prata; xa que realmente entre os 166 que eramos, non era sinxelo coarse entre os nove espelidos que competirán polo título nacional, nunha xornada que terá lugar en Valladolid. Para finalizar a xornada pechouse cun pequeno acto, presidido pola decana da Facultade de matemáticas, o reitor, e o conselleiro de educación quen non dubidou en dirixir unhas palabras ós futuros matemáticos alí presentes sinalando o fervor que sinte cara a linguaxe matemática, e digo eu que é unha mágoa que só lle guste a linguaxe da matemática e non a dos galegos, pero ese xa e outro tema.

Para finalizar este breve artigo, quero describir o sabor de boca co que volvín a casa logo da olimpíada; pois ben, foi un sabor a desacougo, desasosego, inquedanza; non só pola facilidade coa que algúns resolvían problemas para min imposibles, se non por todo aquelo que me queda por aprender, todas as cousas que aínda non sei, porque só sei que non sei nada, teoremas que descoñezo, regras que nin me soan, materia que nunca se deu, clases en branco que quedaron sen dar por uns mestres que deixaban moito que desexar. A miña intelixencia permuta e faise invisible cando a comparamos con outras mentes privilexiadas, as súas probabilidades de éxito en unidades de realidade, nin raspuñan unhas décimas da unidade.

Só me queda dárllelos parabéns ós gañadores, en especial a esa rapaza de Nigrán; NORABOA!

Sara García Caride
2º A BCH
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-01-2010 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
O proxecto do AVE en Ourense
Durante esta semana realizáronse diversas conferencias en Ourense, onde unha serie de empresas presentaron os seus proxectos para poder levar a cabo a entrada do AVE na cidade.
Este feito quizais moi esperado polo conxunto dos cidadáns, que suporá un cambio na cidade, tanto a nivel dos seus posibles accesos como para poder atoparse máis preto de todas as cidades españolas, o que favorecerá a comunicación e tamén o progreso da c idade.
Nesta nova revolución, na que Ourense espera a chegada do AVE sempre a cola de España como en tantos outros aspectos, parece que nesta ocasión pódese concibir como unha realidade, por suposto non inmediata pero si como un proxecto verdadeiro.
Outra das cuestións que se puideron observar na conferencia, e que o máis probable é que este proxecto vai pasar a mans estranxeiras, quizais pola grande capacidade que teñen estas de ter realizados proxectos desta envergadura noutros lugares do mundo, de poder realizar un plan innovador e o mesmo tempo de garantir a calidade e eficacia do mesmo, pero indubidablemente preguntámonos porqué non pode ser un equipo de arquitectos, empresarios, enxeñeiros galegos os que realicen este proxecto no que se vai investir unha gran cantidade diñeiro, feito que favorecería a Galicia en todos os niveis, posto que se produciría a creación dunha infraestrutura que repercutiría claramente para o avance da cidade e ao mesmo tempo sería unha empresa galega a que se potenciase, en caso de que se alcanzasen todos os obxectivo; sendo unha inversión para toda a comunidade.

Alba Rivas Oural
2º A BCH


Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-01-2010 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Opinións dos blogueiros do Colexio
Este próximo día 21 convocouse unha folga polo decreto do galego que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela desde as 11.30 da mañá. Numerosos autobuses xa foron postos desde as catro provincias de Galicia para asistir, aínda que moitos de nós, moi ao noso pesar, non poderemos asistir debido a impedimentos externos como é , básicamente, a negativa dos nosos pais. Esta folga é un chamamento polo novo decreto que eliminará a nosa lingua natal da educación e nos deixará sen o privilexio de poder estudala, facendo así unha vez máis que o camiño cara ao seu desterro teña un final cada vez máis próximo.
María Álvarez
2ºA BCH
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-01-2010 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
O apagón dixital
A primeira imaxe emitida dende a distancia acorreu cara o ano 1906; é dicir, naquel momento iniciouse unha nova era, a televisión acaba de ser inventada.Como toda inovación o comezo non foi doado emitir esas imaxes, pero co paso dos anos a multitude de cables e antenas, e os grandes aparatos televisores foronse pouco a pouco reducindo ata chegar os actuais televisores de hoxe en día.
As imaxes eran lentas e dispares, e por suposto en branco e negro. Aínda que non foi ata preto de 1937 cando as trasmisións comezaron a gañar espectadores. Pese ao gran custo daqueles aparatos, estendéronse devagar mais e o seu prezo e mais a calidade dq imaxe melloraba paseniño.
Xa no ano 1950 comezouse a introducir a imaxe en color na televisión. E ocorre o mesmo que sempre, co paso dos anos estes aparatos van introducindo novas melloras e reducindo o seus prezos.
Pero quero falar desta inovación que se esta a producir consonte ao televisor. É neste intre cando se ha de producir un cambio na forma de retransmitir, imos pasar dunha televisión analóxica á televisión dixital. O vindeiro día 18 producirase o apagón xeral, aínda que se prevé que dure ata febreiro.
Este gran cambio tecnolóxico que se producirá co apagón merece a pena aínda que para iso teñamos que ser pacientes coas pequenas dificultades que poidan xurdir.
Hai que dicir que a xunta esta pondo en marcha unhas campañas para informar casa por casa deste cambio para que ninguén se quede se ver a televisión, algo que se converteu no pasatempo da maioría da xente.

Marcos Rodríguez
2º B BCH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-01-2010 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Opinións dos blogueiros do Colexio
A NOVA LEI DE NORMALIZACIÓN LINGüÍSTICA

Acaba de saír por parte da Xunta o borrador da lei sobre a normalización lingüística de Galicia pola cal se derrogaría a lei anterior de 2007.
Para entendela un pouco pon nunha das súas normas, que o ensino se imparta en tres linguas equitativamente: galego, castelán e un idioma a elixir, concretamente será o inglés. Para que nos fagamos unha idea de isto, se un alumno ten nove materias, estás repartiranse en partes iguais entre os tres idiomas. Aquí e onde xorde a dúbida das disciplinas para impartir en inglés, que deberían ser, o propio inglés e outras dúas, entre elas, por exemplo Física e Química, Matemáticas, Relixión, Filosofía….
Fágome una pregunta: ¿se ata hai pouco viñan os textos en galego e algún profesor daba as clases en castelán, como faremos para que eses mesmos profesores dean as clases en inglés con textos en inglés? ¿Deberemos mandar os profesores a una academia para que se poñan ao día no inglés ou cambiaranse por profesores nativos?; por exemplo, ¿os estudantes de bacharelato están o suficientemente preparados para recibir as clases e ter os libros en inglés?

Chegada a conclusión dámonos conta que somos un xoguete da política e sobretodo de algún político que o que queren e menosprezar un tesouro tan importante que temos que e a nosa lingua nai, o galego.
¡Reflexionade e pensade nisto!
Adrián Lamas 1º A BCH
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-01-2010 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza o ano con ventos contrarios ao galego
Paremos o decretazo!

Nova manifestación organizada pola plataforma “queremosgalego”, na súa liña de defensa non so da lingua galega senón da cultura galega ao pedir o apoio de toda a xente que se sinta identificado coa mesma.

Con todo, independentemente da ideoloxia de cada quen debemos recoñecer que neste decreto algo vai mal, non só polo que pretende, tamén polas circustancias nas que é publicado, a última hora do penúltimo día do 2009.

Se engadimos que a suposta enquisa realizada as familias foi contestada polos pais, temos un decreto feito e exposto ás costas da sociedade galega, e o que é mais importante, de costas ao estudantado.

http://www.queremosgalego.org/

Simón Santos 2º B BCH
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-01-2010 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal