Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ourense acollerá o Festival das Tres Culturas dentro do programa europeo Oralities.
Durante a próxima semana Ourense converterase en centro das actividades das sete cidades europeas que participan no programa Oralities. Dende o día 10 ata o 14 deste mes celebrarase o Festival das Tres Culturas. En tódolos casos actuarán no paraninfo do instituto Ramón Otero Pedrayo ás 20:30 horas do día 10 os grupos Trío Corelli e Carmín Antiqua, por suposto dentro do marco de dito festival. O día de San Martiño actuará Happy Guitars, as formacións de Yulangelo e Paz Antiqua Ensemble farano o 12, o 13 os ourensáns de Resonet e o peche, o día 14, será realizado polo Coro Polifónico Eborae Música, de Évora.
Ademais, no marco do programa Oralities tamén se celebrará nos días 11, 12 e 13 a Coferencia Internacional de Tradición Oral. Nesta conferencia participarán máis de medio centenar de investigadores e expertos na materia que abordarán distintos bloques nos que se incluirán múltiples apartados e enfoques, que van desde o patrimonio mineiro ata o teatro popular.
O programa destas dúas citas, e exposición fotográfica sobre as cidades do proxecto, foi presentado onte pola concellala de Cultura, Isabel Pérez.

Noemi Dopazo González 2ºB bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2010 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
"Institución docentes e grandes mestres de Ourense" recopila os cambios na educación
"Esta obra contribuye a conocer la historia real frente a la visión desenfocada de otros relatos" por centrarse unicamente nos grandes acontecementos. Con estas palabras, o director editorial de Galaxia, Victor Freixanes ilustra o valor do traballo do profesor de Xeografía e Historia Enrique Bande, "Institucións docentes e grandes mestres en Ourense 1846-2005", na que, a partires dun tema concreto como a evolución da educación na capital consegue profundizar na súa historia
O século XIX é o que ve nacer en Ourense as primeiras institucións de ensino. A partir de 1845 inaugurouse unha nova fase na que a Igrexa xa non é a única subsidaria da formación e o Estado comeza a ser tamén responasable da socialización a través da educación para que as persoas, como explica Freixanes "dejen de ser súbditos para convertirse en ciudadanos".
Bande fai unha viaxe non só polas institucións, senón tamén profesores como Juan Manuel Bedoya, Marcelo Macías ou Otero Pedrayo, o cal define como "mestre de mestres".
A integración das mulleres no mundo da educación é outro tema que aborda en profundidade a este volume. Nas súas páxinas, explica como ata 1873, as mulleres tiñan que pedir permiso para estudar o bacharelato e matricularse na facultade. No Instituto de Ourense, entre os cursos 1864 e 1882 non figura ningunha muller estudando.
José Luis Baltar, presidente do Diputación, organización que axuda a publicación da obra, non puido asistir á presentación, pero quería resaltar que os grandes mestres de Ourense deixaron unha marca significativa na cidade e no xeito de ser de Ourense.

MARÍA GONZÁLEZ PÉREZ 2ºBACH B
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2010 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Os empregados do lixo cobrarán os días que estiveron de folga
O acordo alcanzado onte polo comité de empresa e a concesionaria que permitiu desbloquear a folga do servizo de lixos deixou flocos pendentes que ambas as partes terán que negociar ao longo da próxima semana. O máis importante, e que aínda non está plasmado por escrito, é de carácter económico. Segundo indicaron fontes sindicais nada máis finalizar a segunda das dúas reunións mantidas na Alcaldía do Concello de Ourense, os responsables da concesionaria Ecourense mostraron a súa predisposición a que o paro non teña ningún efecto económico nas súas nóminas.

De pecharse ese acordo nos próximos días, os empregados libraríanse dun recorte aproximado de seiscentos euros. Ao longo da próxima semana tamén se terá que negociar o plus que recibirán os empregados por «o esforzo extra» de retirar as cincocentas toneladas de lixo, segundo matizou o secretario comarcal da CIG, Etelvino Branco, nada máis pechar a desconvocatoria da folga.

Eleccións sindicais:
No acordo basee para desbloquear a folga do lixo de Ourense incluíuse un segundo punto, ademais da readmisión da traballadora despedida nas mesmas condicións laborais que tiña antes do inicio do conflito aínda que noutro centro de traballo. Trátase do compromiso dos responsables da empresa de que van retirar unha denuncia interposta no xulgado do Social sobre a presenza de Adelina Basteiro na lista da CIG. «A empresa retira a denuncia e a traballadora quedará non censo electoral, e poderá ser candidata para as próximas eleccións sindicais na CIG», indicou Etelvino Branco.

O sindicalista asegurou que o compromiso de retirar a denuncia supón que a traballadora que fose despedida «terá plenas garantías de manter ou seu posto de traballo». A pesar de que nos últimos días de paro, os sindicatos e os folguistas demandaran a dimisión do xerente, Juan Pérez, como unha condición a maiores para acabar coa folga non transcendeu que na reunión se tratase a súa saída.


Laura Barreiros, 2ºB bach.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-11-2010 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición fotográfica en Vigo
El Museo do Mar de Vigo acolle desde hoxe unha exposición con 70 instantáneas, de Javier Tenient, basadas na pesca tradicional no mundo baixo o título «Fillos do Océano». Mostra a forma de vida de poblacións que aínda viven da pesca artesanal en Galicia e en 16 países máis como a India, Senegal, Vietnam, Sri Lanka ou Madagascar.
Para realizar o seu traballo, o fotógrafo Javier Teniente documentouse durante varios anos nunha viaxe por comunidades pesqueiras tradicionais de todo o mundo, que están afrontando dificultades nos seus caladeiros, como consecuencia da sobreexplotación e a contaminación.
A exposición, que permanecerá aberta ao público ata o 9 de xaneiro, foi producida conxuntamente polo Museo del Mar e Caixanova, e con ela o fotógrafo galego quere rendir homenaxe aos pescadores que viven del para él, obtendo del, todo o necesario para a súa supervivenza.
Ademáis a iniciativa pretende convertirse nunha chamada á atención e concienciación da sociedade, en defensa da preservación dos ecosistemas marinos, co fin de que se regulen as pesquerías e se controlen os vertidos para reducir a contaminación marítima.
Hai que lembrar que o fotógrafo Javier Teniente conseguiu o premio Galicia de Comunicación no 2004 e una mención especial nos Premios Ortega e Gasset de Periodismo.


Laura Iglesias 1º Bacharelato A
Comentarios (4) - Categoría Xeral - Publicado o 05-11-2010 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
Os concellos onde os homes son maioría creceron en 10 anos o 70%
«Somos poucas pero, non se equivoque, aquí mandamos as mulleres», advirte Carmen Colmenares, mestra e concelleira, única, en Cervantes durante os últimos 20 anos.


Para gran parte dos 68 concellos galegos en cuxo censo hai máis homes que mulleres, este desequilibrio demográfico contra natura é casi o último síntoma, o dato que certifica a súa fecha de caducidade. Non para todos, claro. Na lista hai casos con altos crecemientos vexetativos (Arteixo ou Marín) e outros que están aleatoriamente en torno ao 50%. Sen embargo, fai dez anos, as zonas con esta peculiaridade eran 47, o 70%. E, como agora, a maior parte estaban ubicados nas provincias de Ourense e Lugo.

A extensión deste fenómeno, vinculado á emigración e á despoboación, foi nesta década máis destacado nas provincias de Pontevedra e Ourense e mantivo a afectación máis acusada nas zonas de montaña, onde se atopan os concellos cos desequilibrios máis notables: toda a comarca dos Ancares, a maior parte da Fonsagrada e bastantes municipios do macizo Central ourensano. En Cervantes, a zona máis descompensada, a porcentaxe de mulleres está por debaixo do 44% e descende ao 41,3% na poboación de entre 15 e 65 anos.

Belén Sotelo García 1º Bacharelato B
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 31-10-2010 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Pilar García Negro gaña o premio de ensaio Vicente Risco cun traballo sobre a figura de Rosalía de Castro
A escritora e catedrática de Literatura Pilar García Negro é a gañadora do premio de ensaio Vicente Risco de Ciencias Sociais por un traballo sobre Rosalía de Castro titulado O clamor da rebeldía. O nacemento do ensaio na literatura galega contemporánea, simultáneo ao nacemento da conciencia de xénero: análise e interpretación de textos rosalianos .

O fallo, emitido onte na sede da editorial Sotelo Blanco, foi por unanimidade dun xurado que destacou da obra gañadora a madurez da reflexión que fai a autora da figura de Rosalía «non só como fundadora da literatura galega contemporánea senón tamén como membro dun colectivo que nunha situación totalmente adversa e de xeral desprestixio de Galicia e dos galegos soubo reivindicar a lingua galega e tamén a dignidade das galegas e galegos como pobo». Salientaron, ademais, a alta calidade dos textos que concorreron este ano, nomeadamente tres deles.

Os especialistas en distintas áreas de ciencias sociais que tomaron o acordo son o catedrático de Arqueoloxía Fernando Acuña Castroviejo, en representación do Concello de Castro Caldelas; a concelleira de Cultura de Allariz, Teresa Devesa Graña; o arqueólogo Luís Martínez-Risco Daviña, en nome da Fundación Vicente Risco; o catedrático de Filoloxía da USC Francisco Fernández Rei no da Fundación Sotelo Blanco; e Xosé María Aguileta Franco, que actuou en representación destas dúas últimas entidades, convocantes do certame xunto cos concellos de Castro Caldelas e o de Allariz.

Pilar García Negro, que se presentou baixo o lema « Firmiter in re, suaviter in modo», é a cuarta autora deste galardón nas súas quince edicións. Esta dotado con 6.000 euros e a publicación da obra por Sotelo Blanco Edicións.

Alejandro Prieto
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2010 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Un libro enxalza o termalismo en Galicia
O libro Os balnearios de Galicia. Orixe e desenvolvemento percorre a historia do termalismo en Galicia dende a época romana, “cando empeza a cultura da auga” dende as primeiras manifestacions do culto aos mananciais e as pegadas que, ao longo dos seculos, foron quedando do uso e explotacion dos establecementos termais no mundo antigo, as autoras tenden unha ponte entre unha practica milenaria e o termalismo e a balneoterapia, ata o século XXI, cando se produce un “renacemento” do sector no que se recupera o interese polas propiedades salutiferas dunhas augas unicas e privilexiadas.e a reivindicación da “calidade, cantidade e variedade” de augas mineromedicinais que existen no territorio galego.
Así o destacaron as súas dúas autoras, as doutoras en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) Raquel Casal e Silvia González, mestra e “avanzada discípula”, tal e como apuntaron en rolda de prensa. Na presentación desta obra, Casal resaltou a “dificultade” de escribir divulgación, sobre todo cando hai “falta de investigación científica neste campo”. Neste sentido, expuxo as súas “queixas” porque, segundo subliñou, os estudios arqueolóxicos adoitan producirlles “terror” aos donos dos balnearios e, ademais, as administracións “atrasan” estes labores con trámites e regulacións.
Pola súa banda, González destacou algunhas “das marabillas” que se poden atopar na comunidade galega, como o balneario de Lugo e As Termas de Ourense, que “sobreviven” dende a Idade Media. O xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Benigno Amor, avogou por “facer un esforzo” en diferenciar os meros spas dos servizos que presta o termalismo –con augas mineromedicinais–, posto que Galicia “lidera” este sector en España fronte a outras comunidades autónomas “de sol e praia”, abandeiradas nas instalacións de spa.

ester Fernández
Comentarios (3) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2010 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
A política social enfronta a Xunta e oposición no Parlamento.
Deputados do PSdeG e o BNG lamentaron a falla de “respostas concretas” do Goberno galego durante a Comisión 5º de Sanidade, Política Social e Emprego no Parlamento, na que se trataron cuestións sobra a Lei da Dependencia, o pago da productividade variable a xerentes do Sergas e a eliminación de centros exclusivos sobre cuestións sexuáis destinados os xóvenes.
Nunha comisión presidida polo popular Miguel Ángel Santalices, a que a deputada socialista Beatriz Sestayo calificou de escándalo, producíronse diversos momentos do enfrontamento entre a mesa da comisión e o Grupo Popular coa oposición. Unha das preguntas correu o cargo da socialista María Carmen Acuña, quén demandou datos sobre o pago “selectivo” dos complementos de productividade variable(CPV) dos cargos directivos do Servizo Galego de Saúde(SERGAS) no 2009 e 2010. Unha cuestión que criticou como un arma do actual Executivo autonómico para castigar as persoas nombradas polo anterior Goberno bipartito.
A isto, a directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Esperanza Fernández, respondeu que os CPV abonaron en función dos resultados da súa xestión, aunque evitaron contestar as preguntas de cantas persoas recibiron o complemento de productividade no 2009 o a cánto ascende o total do abonado.
En outa pregunta de Sestayo sobre a situación das xestións e trámites de promoción de autonomía persoal e dependencia encomendadas a empesas privadas, a directora xeral da Dependencia, Coro Piñeiro, resaltou que ningún procedemento de valoración e reconocimiento será privatizado.


Raquel Iglesias Meiriño
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2010 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Luís Seoane: creador polifacético
Co motivo do centenario do nacemento de Luís Seoane, un home polifacético no que se podían destacar diversas facetas como : editor, ilustrador, muralista , gravador , pintor, dramaturgo,...Organizáronse varias exposicións sobre a súa vida e obra recollendo desde varios puntos de vista a súa densa e larga traxectoria, unha delas organizada pola Fundación Caixa Galicia na Coruña , con máis de trescentas cincuenta obras e centos de documentos e fotografías.
Xosé Díaz, o comisario da mostra , organizouna partindo de lugares simbólicos, trazados non so pola posición xeográfica senón tamén polo territorio da memoria , indagar na ideoloxía do intelectual e na súa creación plástica.
Hoxe por hoxe é incuestionable que a labor realizada por Seoane , iniciada na vangarda da preguerra e consolidada despois no exilio , ten connotacións que traspasan o ámbito local , sen embargo , o interese que esperte a súa creación está reducida o ámbito galego e arxentino , circunstancia que se lle imputa , con razón , o réxime que durante máis de corenta anos silenciou en España calquera tipo de creatividade transformadora. Non como no caso de outros creadores estranxeiros como George Grosz, moi admirado por Seoane, cuxa obra tivo unha proxección, mais xeneral e extensa, mais universal
O que tenta esta mostra é amosar a riqueza da complexa personalidade deste creador plástico promotor de empresas culturais, deseñador, editor, escritor e xornalista, sen deixar de lado algo tan importante na súa vida como foi o activismo político.


María Álvarez Álvarez
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2010 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
O GALEGO. A NOSA LINGUA, A NOSA MARCA DE ENTIDADE, A NOSA ESENCIA.
Maruja, residente do Grove.
Cóntanos a historia do galego o longo da súa vida, cómo influiu nela. ¿Qué sentimos o falar galego? ¿De que forma marca as nosas vidas? Maruja leva toda unha vida falando en galego, dende que naceu no Grove en 1922. O seu neto Gonzalo fala con ela e mais co seu curmán Antón, de 11, que é o único neno que fala galego do seu colexio en Santiago.
¿Qué fai a xente como Maruja? ¿Qué opinamos nos desto?
Paréceme un vídeo marabilloso e cargado de optimismo. Non creo que haxa maneira máis clara e máis simple de explicar o que o galego significa para Galicia. Gracias a xente coma ti, Maruja, aínda hai hoxendía quen respete e queira o idioma. Noraboa!
Parabéns Maruja! Por esa vitalidade, enerxía e amor á nosa lingua!!!
Maruja, grazas por tanto bo falar.Cousa bonita!
Maruja, avoa dunha amiga da miña nai. Unha auténtica avoa galega, disposta a loitar pola súa lingua. Non deberiamos nos facer o mesmo?
Contacto con ela by facebook: Maruja Iglesias Franco.

Rocío Fernández Fernández
Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2010 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal