Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Noticias final Blog 2019
Boas amig@s! Aquí estou de novo unha fin de semana máis.
Non, equivócome. Estaría mentindo se vos dixese que este remate da semana é coma tódolos anteriores, un máis nese calendario que risco día tras día agardando a chegada de… Verán! En efecto, xa sei que oficialmente ata o 21 de xuño non empeza o verán oficialmente ou iso de que “ata o corenta de maio non quíte-lo saio” Pero seguramente sabedes a que me refiro… Por fin remataron os exames! Todo un ano de traballo, de dedicación, de longas horas de estudo acompañadas de nervios, inquietudes e mesmo, ansiedade en certos momentos… chega ó seu fin. Pola miña parte, podo dicir que estou satisfeita, independentemente dos resultados obtidos, orgullosa do incesante labor de estudo realizado dende o comezo de curso. Un ano cargado de experiencias que, ben positivas ou ben “desafortunadas”, non fixeron máis que formarme e “curtirme” se cabe un chisquiño máis nese camiño cara a madurez e a sensatez que debería traer consigo a maioría de idade, e máis de preto, a esixencia que require o vindeiro curso que nos espera… Quen diría que tan só me queda un ano xa! Como pasa o tempo! Pero non pensemos niso polo de agora. Todos sabemos o que temos que facer: relaxarnos e gozar do verán.
Disto precisamente vos quería falar. O certo é que eu xa comezo o meu período de lecer nesta fin de semana co gallo das festas da miña parroquia: As Maravillas. Como estou segura de que moitos de vos nunca escoitariades falar desta miña aldea tentarei facervos un breve resumo do esencial, sobre todo da súa excepcional romaría.
En canto a súa localización direivos que está moi preto da cidade de Ourense, tan só a uns 20km, a un paso da vila de Celanova ou da de Cartelle por se vos serven de referencia.
De todo o que poderiamos comentar, terra de costumes e gran afección polo esotérico e a lenda popular, o máis coñecido da parroquia das Maravillas é a súa romaría e procesión. Trátase dunha tradición que fai a miña aldea distinta das demais e acontece, con tempo establecido e inalterable, sete semanas despois da Pascua, coincidindo sempre co domingo de Pentecostés.
Seguramente chegados a este punto non teredes notado ningún aspecto diferencial con respecto o tipicismo de romarías en aldeas da contorna; porén, só necesito dunha imaxe para amosarvos o que fai verdadeiramente especial a nosa celebración.


En efecto, como poderedes comprobar a procesión loce, énchese de luces, cores e brillantes que camiñan en ringleira pola empinada costa da Augalevada, a estrada principal da aldea, e regresan finalmente á Igrexa, tras un previo recorrido ata “A cruz”, un cruceiro de gran tamaño que se pode ver xa dende a propia estrada de entrada á aldea e que non foi senón doazón a modo de promesa que un devoto lle fixera á Virxe das Maravillas nun intento de curar a súa doenza.
A profesión encabézana dous pendóns que levan na súa cuberta ámbalas dúas bandeiras, a de Galicia e a da propia comarca. A continuación destes dous primeiros estandartes, aparecerán os ramos, un en representación de cada familia da parroquia. Estes, chegan ata dous metros de diámetro de circunferencia, sendo os máis antigos os máis altos e pesados. Tomando, por exemplo o meu caso particular, direivos que o noso ramo familiar continúa sendo a súa primeira edición, elaborado hai máis de .... e sen ningunha modificación na estrutura polo que esta madeira de carballo que o conforma xunto coas bólas de Nadal e as dúas monecas de porcelana (requisito obrigatorio) fan del un estandarte difícil de levar e sobre todo, extremadamente pesado: chegan a alcanzar os cen quilos e son transportados ó lombo durante cinco quilómetros.
Pero, tampouco todo é romaría e traballo, tamén é costume na miña aldea quedar ó remate da procesión no “Campo da festa” e aproveitar para comer unhas talladas de polbo, empanadas e doces variados... Normalmente amenizado pola banda de música de Vilanova que, baixo o centenario carballo, no palco da festa, acompañan a todos aqueles que queiran quedar a deleitarse con boa música, bo “papar” e festa a sobrar!
Así, despídome un ano máis, aproveitando este tempo de lecer que agora nos agarda para comezar convidándovos ás festas da miña contorna. Deséxovos a todos un bo verán, tempo para gozar, coller folgos, descansar... e xa sabedes, quedades tod@s invitados!


Clara María Domínguez Iglesias
1ºBacharelato A/Nº8

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-06-2019 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
Rafa Nadal gaña o seu duodécimo Roland Garros
Rafa Nadal co seu duodécimo Roland Garros
Poucos deportes deixan un pegada tan marcada durante tres siglos diferentes. Pero, o tennis deixou unha variedade de figuras e estilos ao largo da súa historia. Nos últimos cincuenta anos, Pete Sampas, Roger Federer, Bjorn Borg, John McEnroe, Ivan Lendl, Andre Agassi…entre outros, marcaron un estilo de xogo propio. Nas seguintes décadas seguirán aparecendo novos fenómenos.

Pero moi probablemente non haberá alguen similar a Rafa Nadal. Un xogador pletórico, inverosímil en varias das súas principais cualidades… gañou este domingo 9 de xuño, nunha marabillosa final, o seu duodécimo Roland Garros. Dende que gañou a súa primeira Copa dos Mosqueteiros no 2005, van pasando posibles adversarios e xogadores, e todos rematan rendidos ante a súa proposta personalísima.

Rafa Nadal reflexou sobre a terra de París, que o trono do tennis mundial segue e seguirá a ser del.



Lucía Nieto Cancho
1ºBacharelato B/Nº5

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-06-2019 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Xúpiter máis cerca da Terra
Os amantes da astronomía teñen a noite deste luns unha oportunidade sen igual de botar unha ollada a Xúpiter, o planeta máis grande do Sistema Solar, xa que se atopará no seu momento máis grande e brillante en cinco anos. Será unha luminosa xoia a primeira ollada. Pero se ademais un pode botar man duns prismáticos ou un pequeno telescopio de afeccionado poderá contemplar as súas catro lúas máis grandes sen problemas: Io, Europa, Ganímedes e Calisto. E mesmo quizais albiscar un indicio das nubes con bandas que rodean o planeta!
Esta marabilla é debida a que Xúpiter alcanzará a súa oposición, o que significa que estará nun punto diametralmente oposto ao Sol desde a nosa perspectiva. Desta forma, estará ben iluminado, sendo visible do atardecer ao amencer, segundo informa a revista Sky& Telescope.
A oposición tamén significa que Xúpiter atoparase no seu punto máis próximo á Terra no seu ciclo orbital, a uns 640 millóns de quilómetros. Desta forma, estará case 18 millóns de quilómetros máis preto que durante a oposición do ano pasado, polo que o seu brillo superará ao da próxima estrela Antares, sinala National Geographic.


Ricardo Alberto Ferreiro de Aguiar
1ºBACH A/Nº13
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-06-2019 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Un mes de maio moi seco en Galicia
O mes de maio caracterizouse en Galicia por ser moi seco e estivo marcado por episodios con temperaturas máximas moi elevadas, polo que en xeral pode considerarse no conxunto da comunidade como un mes cálido. Estas son as principais conclusións do avance do informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, no que se comparan os rexistros de temperatura e chuvia do mes pasado cos do período histórico de referencia 1961-2019.
Deste xeito, a principal singularidade meteorolóxica de maio foi a escaseza de chuvias que se rexistraron con carácter xeral na comunidade. Así, choveu un 62% menos do habitual para esta época do ano e de feito, hai que remontarse ata o ano 2006 na serie histórica para atopar un precedente menos húmido. As precipitacións, de feito, quedaron moi por debaixo das agardadas para maio e tan só se rexistraron dous períodos de chuvia, coincidindo co comezo e a metade do mes.
En canto ás temperaturas, non se rexistraron grandes anomalías en comparación coa serie histórica; a temperatura media en maio estivo 0,97 graos por riba dos valores agardados o que permite concluír que foi un mes, en xeral, cálido. En todo caso, segundo se desprende do informe de MeteoGalicia, a situación non foi homoxénea, observándose un contraste notable entre a provincia de Pontevedra, onde as anomalías foron bastante máis altas (2,6 graos por riba do normal), e a de Lugo, con zonas como a Mariña Central onde os valores medios estiveron incluso por debaixo do habitual.
Os episodios de calor e seca, en todo caso, combináronse con momentos puntuais invernais. Así, alternáronse situacións de frío acompañadas dalgunhas chuvias -durante a segunda semana do mes e coincidindo tamén coa ponte das Letras Galegas-, con outros períodos anticiclónicos e marcados polas altas presións e a estabilidade –sobre todo coincidindo co inicio e a última semana do mes.
Esta circunstancia contribuíu a que maio se caracterizase tamén polos cambios bruscos de tempo, aínda que houbo un predominio dos episodios nos que os termómetros acadaron valores máis propios do verán, polo que as medias acabaron sendo máis elevadas do esperado tendo en conta a serie histórica.


Rodrigo Míguez Fernández
1°Bacharelato B/N°3

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-06-2019 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
La Voz abriu a sea edición en 1969 «Que nada substancial falte»
La Voz de Galicia fundouse o 4 de xaneiro de 1882 e o 6 de xaneiro xa asomaba Ourense (entón, Ourense nas informacións) ás súas páxinas, abigarradas de texto e en formato saba. A realidade da provincia leva, xa que logo, reflectíndose 137 anos no primeiro diario de Galicia.

A relación entre o territorio e o medio de comunicación foi evolucionando -ségueo facendo- e no ano 1969 a empresa, dirixida xa por Santiago Rei Fernández-Latorre, decidía abrir unha delegación en Ourense.

Cúmprense agora, xa que logo, cincuenta anos daquela decisión estratéxica que formaba parte dun proxecto global e que acabaría convertendo o sistema de edicións de La Voz de Galicia en único no mundo.

Paula Vázquez 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-05-2019 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
UN COLEXIO DE BOIRO FACILITARÁ O VOTO A DISCAPACITADOS INTELECTUAIS CON PICTOGRAMAS
Un colexio electoral de Boiro ( A Coruña) será este domingo escenario dunha experiencia piloto para facilitar o voto ás persoas con discapacidade intelectual. O centro de educación infantil e primario Pazos-Comoxo contará con diversas ferramentas de adaptación cognitiva que beneficiarán a uns 80 electores censados neste distrito.

A Xunta Electoral de Zona de Noia deulle así o visto bo a unha proposta da Asociación Amicos, unha organización de Boiro con case 20 anos de historia que se dedica á atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise e dano cerebral.


Paloma González González 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-05-2019 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
Compañeiros do repartidor falecido de Glovo culpan á empresa da súa morte: «Somos os novos escravos do século XXI»

Un condutor dunha bicicleta que se dedicaba á repartición de comida a domicilio ( Glovo) faleceu esta noite no centro de Barcelona ao ser atropelado por un camión do servizo de limpeza, segundo informaron a Efe fontes da Garda Urbana da capital catalá. O sinistro produciuse sobre as 23:15 horas no cruzamento entre a rúa Balmes e a Gran Vía das Corts Cataláns, indicaron as fontes.

Ata o lugar desprazouse un equipo de emerxencia que non puido facer nada por salvar a vida do ciclista, así como varias patrullas da Garda Urbana, que crearon un cordón de seguridade para desviar o tráfico na zona. A Garda Urbana da capital catalá fíxose cargo da investigación e a consecuente tramitación do atestado do suceso.

Protesta ante a sede a empresa

Uns 80 compañeiros do repartidor de Glovo falecido onte á noite concentráronse este domingo fronte ao centro de operacións da empresa e cortaron a rúa coas súas bicicletas e unha fogueira feita coas súas bolsas de traballo.

Os concentrados mostraron a súa indignación polas condicións de traballo de Glovo, empresa á que culpan da morte do mozo de 22 anos, informa Efe.

«Sabiamos que isto pasaría antes ou despois porque este modelo de negocio obrígache a traballar moitas horas», dixo a Efe Javier Morata, extrabajador desta empresa de repartición a domicilio en bicicleta.

«Somos os novos escravos do século XXI. Traballamos en condicións indignas e o cansazo provoca accidentes», sinalou un traballador nepalí que non quixo dar o seu nome pero asegurou que coñecía ao falecido e que era compatriota seu.

«Os inmigrantes aínda cobran menos que os nacionais -aclarou Morata-, porque como non teñen papeis non facturan directamente á empresa senón que o fan a través de intermediarios que levan unha comisión», informa Efe.

Algúns dos traballadores colocaron flores e #ver na porta da empresa e tentaron facer un acto de recordo pacífico, pero outros se mostraron moi indignados e tiraron as bicicletas no medio da calzada para cortar a rúa.

Tamén queimou bolsas de repartición e gritaron « esclavistas» e «explotadores» aos responsables da empresa, informa Efe.


Iago Fuentes Aller
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-05-2019 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA CONFUSIÓN DE CADÁVERES EN VIGO LEVA A INCINERAR O CORPO EQUIVOCADO
Unha confusión na entrega dos cadáveres de dous homes ás súas respectivas familias en Vigo provocou que un deles, o dun cidadán portugués que morreu nun accidente laboral en Tui, fóra incinerado por erro. O Instituto de Medicina Legal de Galicia ( Imelga), a través de fontes de la Xunta de Galicia, desvincúlase deste erro e culpa á funeraria por non comprobar a identidade do corpo que recolleu do hospital Nicolás Pena para entregarllo no tanatorio á familia equivocada.
A Xunta, que trasladou ao xulgado unha explicación sobre o sucedido, lamenta esta confusión e traslada a súa pesar ás familias afectadas, que "están a sufrir unha situación moi dolorosa".

Lucía Forneiro Meréns 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-05-2019 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
Perruquerías, farmacias e talleres, ao obxectivo dos inspectores fiscais
Do ollo do gran irmán fiscal, o que agora aparece máis claramente na campaña de aluguer,
no que os contribuíntes a pé (especialmente os que cobran a través de nómina) descobren
que o Tesouro ten unha radiografía case perfecta da súa renda. economía, non escapar
dos traballadores por conta propia. Os propietarios de miles de pequenas empresas que
reciben cartas do Tesouro puideron verificalo nas últimas semanas, o que lles informa de
que manexa datos dos seus movementos bancarios e da situación económica e financeira
da súa empresa e recórdalles a obriga de declarar Como se explica pola Axencia Tributaria
e as asociacións profesionais do sector, o envío destas misivas non é novo, pero fíxose
durante tres anos. E é que desde 2016 o tesouro ten información de entradas e saídas de
todas as contas bancarias dos contribuíntes. A novidade neste exercicio é que o Tesouro
tamén recolle nas ratios de documento a marxe líquida, a porcentaxe de taxas feitas con
unha tarxeta e as que se pagan en efectivo para contrastar as discrepancias atopadas entre
os datos declarados polo traballador autónomo ao que está dirixido. Respecto de o que é
habitual entre outras empresas do mesmo sector.


Lucía Mugüerza García
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-05-2019 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
O patrimonio arqueolóxico ao servizo da construción nacional
Antón Fraguas tivo a fortuna de contar como profesor no
instituto de Pontevedra con Lousada Diéguez, quen lle
inculcou o interese pola recollida e conservación de todo o
patrimonio cultural. Dende o Seminario de Estudos Galegos
catalogou e estudou o patrimonio arqueolóxico coa intención
primordial de fixar os alicerces da nación galega.
Cando Lousada Diéguez, presidente da I Asemblea
Nacionalista das Irmandades da Fala (Lugo, 2018), onde se
nomearon “d’oxe pra sempre, nazonalistas galegos”,
convenceu o grupo ourensán de que dedicasen os seus esforzo
intelectuais a prol de Galicia, estes, como os apóstolos,
deixaron o que tiñan entre mans e puxéronse ao labor.


Ricardo Tornero Belloso
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-05-2019 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [591]
© by Abertal