Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Festival de Cine de Ourense
Un ano máis, e xa van 15, Ourense foi teatro en directo, durante nove días. O Festival de Cine Independente, ou Ourense Film Festival (OUFF) - puxo a noite do dia 1 deste mes na alfombra vermella ao outono cultural da cidade coa estrea da película “18 COMIDAS” do director galego Jorge Chur, na que intervén Luís Tosar. Unha estrea de categoría para un evento que insiste en atopar o seu lugar no mundo tan acopado de festivais de cine.
Dous centenares de filmes foron escollidos entre máis de 2.000 procedentes de todo o mundo-de directores de medio centenar de países (incluíndo a Serbia, Corea, Filipinas, Estados Unidos, Xeorxia, Arxentina, Alemaña, México, Reino Unido, Iraq e España) han de competir nesta nova edición na que a política de austeridade imposta pola crise arañou aproximadamente 500.000 € do seu orzamento. A estes directores engadenselle, en categorías non oficiais, cincuenta profesionais que van dar a coñecer ao público as últimas tendencias e máis de cen películas máis, incluíndo curtametraxes e filmes de animación.
Esta edición está adicada a Rabindranath Tagore, que será homenaxeado pola proxección de varias películas con temática india.




Carmen Selina Meire Pérez
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-10-2010 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
Semana Auria Ourensá
A semana Auria de Ourense reunirá entre os días 10 e 17 de outubro profesionais, lectores e escritores de literatura histórica, como Manuel Rivas e Carlos Reigosa. Entre os obxectivos principais da iniciativa está o de divulgar o xénero e as súas novidades máis importantes para o último trimestre de 2010 e o primeiro de 2011.

Así mesmo, a Xunta explicou nun comunicado, que persegue dar a coñecer o público aos autores máis prestixiosos da literatura histórica e descubrir os novos valores, así como analizar o fenómeno de captación de lectores que xeraron este tipo de libros na última década e establecer debates entre historia e literatura.
Deste modo, celebrarase unha feira do libro nos Xardíns de Posío de Ourense que, ademais de librarías, acollerán presentacións, mesas redondas e diversas actividades de divulgación da lectura.

Na cidade haberá máis sedes, como o Centro Cultural da Deputación de Ourense, no que haberá diversas actuacións musicais e recitais enmarcados no ciclo Auria Cultural. Nesta liña, realizarase un ciclo de cinema sobre personaxes históricos, con figuras como Genghis Khan e El Bosco, onde todas as películas se proxectarán en versión orixinal subtitulada.


Fátima Carballo Río
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-10-2010 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Falece o actor e escenógrafo Suso Díaz da compañía Sarabela
O pasado día 13 de outubro o actor da compañía Sarabela teatro Suso Díaz apareceu morto na súa residencia en Ourense por causas que se descoñecen.

O corpo sen vida do actor de 39 anos ,nado en Suíza en 1971 e vinculado ao grupo Sarabela desde 1988, apareceu na súa casa o martes despois de que non dera sinais de vida aos seus compañeiros para asistir a unha representación teatral que tiñan prevista para o mércores e da que Suso formaba parte.

A compañía Sarabela Teatro anunciou que suspende todas as funcións que tiñan previstas para os próximos días, incluída a súa participación na Feira Galega das Artes Escénicas. «Era un técnico perfecto, un escenógrafo grandioso, un iluminador emocionante, un deseñador gráfico contundente, un profesor e un actor cunha presenza magnífica», indicou Fernando Dacosta, actor de Sarabela Teatro e director da Mostra de Teatro Universitario de Ourense (Miteu).


O concelleiro de Cultura sumábase as decenas de testemuños de pésame, ao declarar que "la muerte de un actor o una actriz es de algún modo el fin de un sueño; ayer se nos fue un modo de comunicar, de hacer sentir y entretener: el propio. Suso Díaz. Las calles lloran hoy por Suso"

O actor que fora galardoado pola súa interpretación na obra A Esmorga, co premio Premio María Casares 2010, será enterrado hoxe as 5 da tarde na igrexa de Pazos de San Clodio en San Cibrao.


Elena Seijo 1º Bacharelato B
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 15-10-2010 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
O fútbol sala galego triúnfa
O Lobelle busca 6 de 6!
No día das Forzas Armadas, da “Pilarica”, o equipo do Apóstolo, ese que está tocado pola man de Deus (Tomás), o que a día de hoxe é o mellor equipo da Liga de fútbol Sala máis potente do mundo, e dicir, o Lobelle, a Armada branca, buscará a súa sexta vitoria consecutiva en Liga, a oitava en partidos oficiais (contando a Supercopa) e a terceira consecutiva na casa.
Dende que se iniciou o curso 2010/11, ningún adversario foi capaz de gañarlle nin unha batalla (das cinco libradas) desta guerra longa que é a Liga ao líder Lobelle, que se mantén firme na súa posición. Ese é o reto que ten esta tarde (18.00 horas) no Multiúsos de Sar un Marfil Santa Colomba que pretende recuperar fóra o que perde na casa. Cando se vai de campamento, e dicir, cando xoga fora de casa, a escuadra de Andreu Plaza aínda non perdeu esta tempada -un triunfo, ollo, na cancha do potente Caixa Segovia por 4-7- e un empate en Cartaxena (2-2). Está duodécimo na táboa con 5 puntos.
E hoxe, coas estadísticas, as emocións e as rachas na man, todo xoga a favor do Lobelle: líder invicto, equipo máis goleador da Liga cunha media redonda de seis tantos por partido.

Christian García González 2ºB

Comentarios (2) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-10-2010 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
NOVO BLOG. A FORZA DO GALEGO Á CONQUISTA DO ESPAZO
Comeza a actividade do Novo BLog do Colexio formado por alumnos voluntarios de bacharelato.

Haberá catro grupos guiados por un coordinador que xestionará a web do novo equipo de dinamización lingüística.

O seu traballo será constante ata o mes de abril os de segundo e ata maio os de 1º. Entregarán noticias cada semana acompañadas de fotografía, enlaces ou vídeo nun prazo máximo de 1 día despois do remate da clase.

Podedes participar enviando as vosas suxestións e comentarios e facer desta canle un foro activo de reflexión e fomento da lingua de novo.

Animádevos e en breve publicaremos os nomes de todos os bloqueiros. O galego móvese, e a FORZA GUE á conquista de novos mundos.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 07-10-2010 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
Charla-coloquio con Rubén Riós II
Damos grazas a Rubén polo seu interese en mostrarnos como se fai creación audiovisual en galego.

Damos grazas polo bo comportamento e atención do público asistente e a ANPA do colexio

Ata sempre, Rubén
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-02-2010 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
O ENTROIDO
Nestes días celebrarase o Entroido en moitos lugares de Galicia, un acontecemento cheo de historia e connotacións que forma parte da nosa historia dende fai séculos e que aínda que non nos decatemos forma parte da nosa esencia e da nosa actividade na actualidade, o Entroido é unha festividade na que a nosa cultura se fai patente en multitude de aspectos posto que non so os disfraces son un dos símbolos que define este período senón que a comida, as actividades, os desfiles e a cantidade de celebracións que xiran entorno a estas festas, configuran unha festividade chea de ilusión e na que o sentido de humor e alegría fanse notar.
O Entroido enmarca unha etapa na continuidade do ano e tamén pode considerarse como unha festividade de carácter relixioso, posto que sempre ten lugar no período previo a Coresma; en Galicia o entroido adquire especial relevancia en determinados lugares destacando o entroido de Xinzo de Limia, Laza e Verín entre outros, nos que o entroido dura moito máis que tres días e onde tanto os disfraces como as máscaras e os sucesos de cada fin de semana son diferentes.
O Entroido, polo tanto, constitúe non só unha etapa de lecer cargada de ilusión, diversión, e sentido de humor senón que está moi vinculada a nosa cultura galega e a nosa historia sendo unha das festividades máis características do noso territorio, aínda que esta celebración non se pode considerar exclusiva da nosa comunidade autónoma, posto que tamén ten lugar noutros lugares do mundo, como poden ser os carnavales de Canarias, os de Colonia ou os espectaculares carnavales de Río de Xaneiro.
Alba Rivas
2º A BCH


Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-02-2010 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
FOMENTANDO O AMOR CO GALEGO
O concello compostelán fomentou unha iniciativa nas aulas dos rapaces de entre 14 e 15 anos para que escriban un eslogan en galego sobre o día de San Valentín, ofrecéndolles a cada quen unha careta con forma de corazón para que escriban o dito eslogan.
Unha iniciativa fomentada polo equipo de Normalización Lingüística ó mando da concelleira Guadalupe Rodríguez . Unha boa iniciativa para que asociemos un día tradicional (e puramente comercial ) ó fomento da nosa lingua facendo así unha nova proposta para o seu uso, porque como algúns dos bos Galegos deste país di: un QUÉROTE vale máis que dez mil castellanos “tequieros”.

María Álvarez
2º A BCH
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-02-2010 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
O VERDADEIRO SENTIDO DA TRADICIÓN DO ENTROIDO EN GALICIA

Non se sabe con certeza a orixe do Entroido pero a maioría pensa que e unha tradición celta, que coa chegada do cristianismo, esta festa pagán foi cristianizada. O seu significado ven posiblemente da despedida dos longos e duros días do inverno.
Existen dous termos que denominan a festa: o termo “Carne Vale” que e o adeus a carne (período de abstinencia de carne a Cuaresma que comeza o Mércores de Cinza); e o termo “Introitum”, que e a entrada da Cuaresma.
En Galicia celébrase dende sempre, sendo de fonda tradición na provincia de Ourense e nalgunhas partes de Lugo, onde se mesturan as tradicións ancestrais con outros elementos mais novos.
Os mais tradicionais das nosas costumes en carnaval son os “ritos de grupo”: Os Cigarróns, personaxes enmascarados adornados; as Pantallas, viandantes con dúas vexigas cheas de aire; Os Peliqueiros, personaxes animalizados, que non falan e levan chocas como os animais e zorréganlle a xente e levántanlle as saias as mulleres; os Correos, que van polas casas pedindo unha doazón; os Xenerais que disfrazados con sombreiros medallas cantan a veciñanza acompañados polos Correos.
No Entroido son moi común os discursos, os testamentos e os arranques e coplas, nas que se satiriza a realidade e dos feitos no último ano referidos aos veciños e as institución públicas.
E ultimo temos o elemento fundamental da nosa tradición: a gastronomía do Entroido: a cachucha, sa filloas, a bica, as orellas, a androlla, os doces, os chourizo e o noso cocido.
Todo o que vai engadido a todas estas tradicións e un valor engadido que nada ten que er co tradicional e que ven dado por outras culturas impostas pola globalización das costumes. Polo tanto non debemos esquecernos do verdadeiro sentido do noso Entroido e seguir coas nosas tradicións ancestrais dos nosos antepasados.

Adrián Lamas Silva
1ºA

Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2010 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
O galego na nosa vida


As terceiras Xornadas da Lingua que tiveron lugar dende o 22 de xaneiro en Ourense e que continuaran ata o día 6 de febreiro, son unha mostra máis da necesidade de fomentar o uso da lingua e de ver a súa utilización como un paso máis no noso día a día, favorecendo o progreso da sociedade, de Galicia e de todos os habitantes da comunidade achegándonos a ser conscientes da nosa realidade e a tratar de poñerlle fin a desigualdade social na que nos encontramos somerxidos.
Nestas xornadas poténcianse tanto o uso da lingua e o seu espallamento, como a defensa tamén dunha lingua próxima a nosa como é o portugués e por suposto fomentando actividades lúdicas que fagan de estes encontros unha forma amena e divertida de enfrontar a situación e poder mellorar pouco a pouco na procura dun verdadeiro cambio e de chegar mediante elas ao conxunto dos cidadáns. Estas xornadas, que xa ven tres anos da súa existencia loitan por conseguir da mellor maneira posible que todos procuremos buscar unha solución a unha situación cada vez máis no noso territorio e que sexamos conscientes do que sucede buscando solucións, e tratan de mostrar tanto aos universitarios, como o profesorado e ao conxunto de todos os cidadáns que defendan a súa lingua nos ámbitos onde se moven principalmente no desenvolvemento da súa actividade profesional, tratando de levar á práctica a defensa da lingua e os ideais que promulgan, esta iniciativa é un paso máis para lograr que as cousas cambien e que a realidade non nos deixe de ser indiferente e que realmente apreciamos aquilo que posuímos.

Alba Rivas
2º A BCH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 07-02-2010 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal