Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Miteu premia á pioneira Marisa Calvo
Miteu baixou onte o pano da edición 2011 cunha cita festiva, a que se corresponde coa entrega dos premios do certame. A organización da Miteu quixo render homenaxe aos pioneiros do teatro ourensán e personificó esa distinción, co premio de honra, na figura de Marisa Calvo, a actriz ourensá que desenvolveu a súa actividade en grupos como Histrión 70 ou Valle-Inclán. Os galardóns Suso Díaz á mellor resolución técnica foron outorgados á Aula Universitaria de Zaragoza (no caso das obras do Principal) e Ymedioteatro (polo que respecta ás funcións do Auditorio). O premio outorgado polos espectadores foi para os compoñentes da Aula Universitaria de Santiago de Compostela e o do xurado para o grupo Palco Pief, de Covilhâ (Portugal).
Ourense en Casabranca
2O festival de teatro ourensán tamén distinguiu cun dos seus premios a Abdellah Chakiri. O actor, director e responsable do Festival de Teatro de Casabranca non logrou acudir a impartir a conferencia que estaba programada na Miteu por falta de visado pero, finalmente, puido chegar para a gala de clausura.
Máis de 6000 persoas
3O certame organizado por Fernando Dacosta superou os 6.000 espectadores nas representacións en sala. A obra de Leo Bassi rexistrou a maior demanda.


SARA GARCÍA DOPAZO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-04-2011 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal