Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Diríxese para o CDG a dramatización das obras finalistas do V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
"Carne de canón", "Paraísos", "Señora Carmen" e "Como eliminar as manchas de vómito" emítense ata o día 25 na Radio Galega para ser votadas polos oíntes.
O Centro Dramático Galego (CDG) realizou a adaptación para a radio das catro obras finalistas do V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que a compañía pública organiza xunto coa Radio Galega e co patrocinio da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). Baixo a dirección de Ana Vallés, un elenco integrado por sete actores e actrices –Mónica Camaño, Margarita Fernández, Manu Lago, Roberto Leal, Laura Ponte, Nuria Sanz e Marcos Vieitez– pon voz aos personaxes dos textos Carne de canón, Paraísos, Señora Carmen e Como eliminar as manchas de vómito, que se emiten ata o vindeiro día 25 de marzo en diferentes espazos da Radio Galega.
O CDG mantén deste xeito a súa colaboración coa radio pública co obxectivo de promover a difusión do xénero teatral especialmente realizado para o medio radiofónico, ademais de levar a cabo labores de asesoramento e dirección na interpretación destas adaptacións.
A dramatización das obras tamén estará dispoñible proximamente para a súa escoita a través da paxina web da Compañía de Radio Televisión de Galicia, www.crtvg.es, de xeito que os oíntes terán unha oportunidade máis de acceder a estas obras e emitir o seu voto para elixir o Premio da Audiencia. Tamén na última semana de marzo, coincidindo coa celebración o día 27 do Día Mundial do Teatro, un tribunal integrado por profesionais do mundo da escena e por dous representantes do programa Diario Cultural, promotor do galardón homónimo, elixirán o Premio do Xurado entre as catro finalistas.
MARÍA GONZÁLEZ PÉREZ 2ºBACH
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-04-2011 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal