Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A forza de García Lorca cativa o público da Miteu
Represión ou liberdade. Foi a dicotomía que mostrou onte ao público o grupo Cordelia, integrado por alumnos do segundo nivel da Aula de Teatro Universitario de Ourense na segunda xornada da Miteu. Actuaron no Principal pasadas as 20.30 horas, en cuxo escenario se puxo voz e cara aos 17 personaxes da obra 'Bernarda: represión ou liberdade'.
A protagonista, tras a morte do seu segundo marido, impuxo oito anos de férreo loito ás súas fillas. Durante toda a interpretación, foron moitos os momentos nos que afloraron os conflitos familiares, os encontros e desencontros, e tamén as paixóns, exacerbadas, por momentos, ata o límite do desespero. Os actores e actrices, ataviados para a ocasión, metéronse nos papeis e captaron por completo a atención dos asistentes.

Na Miteu non só o teatro ten cabida. Precisamente, varias pezas de danza serviron de broche para clausurar, o venres, o primeiro día da Mostra Internacional de Teatro Universitario. Foi o Auditorio o lugar elixido no que se combinaron, con elegancia, maxestosos movementos acompañados de sensibilidade en cada unha das catro pezas interpretadas: 'Ancoraxe', 'elas', 'Rede na rede' e 'Próxima estación'. Todas elas, protagonizadas por catro colectivos artísticos galegos.

María Gutiérrez 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-04-2011 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal