Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Seis grupos galegos tocarán na área de profesionais do Festival Primavera Sound 2011
PJ Harvey, Pulp, Interpol, Animal Colective e The Flaming Lips encabezan o cartel do evento que se celebrará en Barcelona
Colectivo Eiruga, Disco as Palmeiras!, Eladio e os Seres queridos, Igloo, Maryland e Nouvelle Cuisine son os seis grupos galegos seleccionados pola organización do festival Primavera Sound 2011 para participar na área de profesionais, Primavera pro, co obxectivo de facer promoción de os os seus traballos ante un 'público especializado'.
Así o explicaron este xoves na Cidade da Cultura os directores da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos F. Fasero, e do Primavera Sound, Alberto Guijarro, onde aseguraron que con esta iniciativa conxunta 'se porá no candeeiro' e se 'favorecerá a internacionalización' destes grupos emerxentes.
Con este fin, tras unha proposta inicial de 10 grupos presentada pola Agadic, o Primarvera Sound escolleu estas seis bandas para participar dentro do programa de 'showcases' do PrimaveraPro, que se desenvolverá no escenario Adidas Original e incluirá a outras 17 formacións musicais procedentes de Andalucía, Canarias, Australia, Brasil, Canadá, Chile e Polonia, tal e como detallou Seixo.
En concreto, segundo engadiu o directo do Primavera Sound, todos os grupos galegos ofrecerán concertos dunha duración de 45 minutos ante un 'público profesional e especializado' entre o que haberá representantes de festivais e salas de concertos, promotores, discográficas, entidades públicas e prensa internacional, así como os espectadores do propio festival.
Deste xeito, Fasero adiantou que no escenario Adidas Original - que se habilitará no Parc del Fòrum de Barcelona do 26 ao 28 de maio - , poderase escoitar dende o 'pop maduro' de Eladio e os Seres queridos ata os sons 'máis próximos ao noise.
Así mesmo, Maryland presentará o seu segundo traballo discográfico 'Get Cold Feet', mentres que a banda pontevedresa Igloo fará gala do seu 'indie rock evolucionado' e Nouvelle Cuisine exporá unha particular combinación de pop acústico e electrónico.

Elena Fernández 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-04-2011 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal