Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Abrazo multitudinario á catedral de Santiago no oitavo centenario da súa consagración
Centos de composteláns e de turistas congregáronse hoxe para abrazar de xeito simbólico a catedral de Santiago e conmemorar así o 800 aniversario da súa consagración como templo católico.Os participantes rodearon a catedral unidos polas súas mans en homenaxe a ese monumento erixido no centro da capital galega que atrae anualmente de decenas de miles de turistas e peregrinos de varios países e que está inscrito na lista do Patrimonio Mundial da Unesco.
Entre as personalidades que acudiron destacaron o alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, así como o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, ou o arcebispo Julián Barrio, que se reuniron na céntrica praza do Obradoiro, cuxo nomee provén precisamente da zona en que o mestre Mateo procedeu ás obras para cortar as pedras e demais labores para erixir ese edificio.
Á fila establecida ao redor da catedral acudiron membros de asociacións folclóricas ataviados con traxes tradicionais, representantes do estamento militar e policial, monxas, sacerdotes, monaguillos, peregrinos, turistas, ciclistas e ata familias con varias xeracións de composteláns.
Un nutrido grupo de representantes do Concello estivo na concentración -aínda que non do partido nacionalista galego BNG- na que ás 13:00 horas, coincidindo co repique de campás, os participantes deron media volta para deixar de dar as costas á catedral e afrontala de cara en homenaxe á súa longa historia.A catedral erixida en honra ao apóstolo -cuxos restos mortais, segundo un estendido mito foron achados en Galicia séculos despois da súa morte en Xerusalén- resistiu o paso do tempo tras numerosas reformas e traballos de rehabilitación.
Actualmente, o templo atópase sometido a varias obras de restauración e preservación, entre as que destaca a do denominado pórtico da gloria, unha das principais xoias do románico que constituíu durante séculos a parte baixa da fachada principal e cuxo policromado sofre agora unha avanzada erosión.
Apenas quedan restos das capas de cor das figuras de pedra dese pórtico, unha das pezas de maior valor da catedral compostelá, polo que un equipo de expertos intenta frear a descomposición dos últimos vestixios do policromado.
A capela maior tamén está en fase de rehabilitación, ademais dunha das torres da catedral e parte do tellado, que foi cuberto para unha serie de reformas.
O templo continúa abrindo libremente as súas portas a fieis, peregrinos ou visitantes, aínda que nos últimos anos restrinxiu o acceso dalgunhas zonas mediante fórmulas de pagamento para recadar fondos para a Igrexa católica. A visita aos tellados, ao seu museo e, máis recentemente, aos seus catacumbas, requiren unha achega económica previa para esa institución relixiosa.

BEATRIZ PEREIRO 2DO BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-04-2011 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal