Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Recuperar as 'Cartas a Lelo'
Galaxia reedita a obra para incluíla na Biblioteca Neira Vilas


A editorial Galaxia reedita Cartas a Lelo, un dos grandes éxitos de Neira Vilas, no ano que se celebra o cincuenta aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego, o grande éxito de vendas da literatura galega. Lelo era o amigo querido de Balbino –o neno protagonista das Memorias– que acaba por emigrar coa súa familia. Non obstante, o autor quixo recuperar a figura de Lelo e crear así unha continuación o seu libro máis afamado. Non obstante, o gran pano de fondo nesta ocasión está na emigración, non na dura vida do campo galego.


Con esta reedición, Galaxia inclúe un segundo volume na súa Biblioteca Neira Vilas. A colección abriuse coa reedición de Memorias dun neno labrego no seu 50 aniversario. O autor destas obras está a recibir varios recoñecementos e ve como as súas obras seguen a ser lidas por novas xeracións.

María gonzález, 2ºb bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-03-2011 06:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal