Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

''O pintor do sombreiro de malvas'' de Marcos Calveiro e ''Contos para nenos que dormen de seguida'' de Pinto e Chinto, seleccionados para o The White Ravens 2011
O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro e ilustrado por Ramón Trigo, foi seleccionado para a exposición The White Ravens 2011. Do mesmo xeito, o libro Contos para nenos que dormen de seguida, do dúo formado por Pinto (David Pintor, ilustrador) e Chinto (Carlos López, escritor).

Desde 1996, a Internationale Jugend Bibliothek de Munchen selecciona, de entre os miles de libros publicados cada ano, 250 infantís e xuvenís en máis de 30 idiomas e uns 50 estados para organizar a exposición The White Ravens, que cada ano se inaugura na Feira do Libro per Ragazzi de Boloña.

O pintor do sombreiro de malvas, gañador do Premio Lazarillo de 2009 e Fervenzas Literarias de 2010, foi publicado este año por Xerais na colección Fora de Xogo e xa vai pola terceira ediciones.

Contos para nenos que dormen de seguida é unha colección de 28 relatos curtos acompañados de ilustracións, que procuran humor e divertimento para os máis pequenos da casa, como o título indica, para antes de durmir. A edición corresponde á galegaKalandraka.

A outra representante galega na lista é a editora OQO, cunha obra editada en castelán.



Noemy Dopazo González, 2ºB bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-03-2011 06:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal