Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Derrame Rock xa está aquí
Levaba tempo anunciando a súa chegada, pero non o fixera aínda deste xeito. O que ata a data eran plans e xestións comezou onte a tornarse realidade. A presenza do festival Derramo Rock en Ourense foi anunciada, como non podía ser doutro modo, con música.
Renegados e Ruxe, Ruxe foron os encargados de poñer banda sonora ao anuncio das dez bandas que aínda non se coñecían do cartel definitivo do certame.

Os días 23, 24 e 25 de xuño, Expourense será o epicentro da música rock. Ademais dos 32 grupos aos que o público xa puxera cara, entre eles Los Suaves, Sinistro Total, Molotov, Def con Dos ou Sociedade Alkohólika, polo recinto feiral pasarán os onte anunciados: M.Clan, Morodo, Koma, Albertucho, Trashtucada, Os Tres Trebóns, Sonotones, Skama La Rede, Guerrilla e La Leñera. Péchase así o cartel de bandas profesionais, pero aínda faltan 11 máis. Delas, seis resultarán dun concurso de conxuntos noveis de Ourense no que participaron un total de 35, aos que sumarán os cinco resultantes das categorías galega e estatal. Pero a composición do cartel final non foi a única novidade que se coñeceu de onte.

O organizador do Derramo Rock, Enrique Granda, anunciou que hoxe mesmo saen á venda os pases diarios, para aqueles que non queiran asistir ás tres xornadas do festival. Ademais, agora que cada un dos grupos asistentes foi confirmado, a directiva decidiu prolongar a venda de aboamentos a 47 euros ata final de mes. Tanto en abril coma en maio este prezo ascenderá ata 55 euros. A páxina web do evento, completamente actualizada cada día, contén o horario detallado de cada xornada cos seus grupos participantes.

Polo Xesteira pasaron tamén parte de Los Suaves ou Lamatumbá. Os músicos ourensanos coincidiron en sinalar o alto nivel do cartel. Tamén a concelleira de Cultura, Isabel Pérez, incidiu no 'orgullo' que supón para a cidade albergar un festival de tal envergadura, para o que xa, como sinalou a edil, non queda tanto como parece. Por iso, o responsable da empresa Sonorde, Antonio Pérez, destacou os avances da parte técnica que a el lle corresponde. Así, escenarios ou sons comezaron a perfilarse esperando que todo estea listo para acoller o que Granda define como 'o Derramo Rock máis potente da historia'.

María Gutierrez 2ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 28-03-2011 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal