Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Presentada a páxina web oficial de Lois Pereiro
LoisPereiro.blogaliza.org é a páxina web oficial de Lois Pereiro, que "pretende servir de plataforma de difusión das publicacións e actos que se están a celebrar sobre o poeta monfortino ao que este ano se dedica o Día das Letras Galegas, e tamén un lugar de encontro para todos aqueles queiran afondar na traxectoria do autor. A web non soamente recolle con detalle as noticias xeradas arredor do poeta, senón que ofrece unha serie de contidos sobre a súa figura, tanto literarios como gráficos e audiovisuais (poemas, fotos e gravacións de audio e vídeo), boa parte deles de utilización libre para usos non lucrativos. Igualmente, permite subir os contidos elaborados aproveitando ese material libre, para poder ser logo descargados e difundidos. Tamén inclúe un calendario dos actos que se están a organizar en todo o país, e mesmo materiais que se poden empregar naquelas convocatorias pensadas para a participación da xente. Lois Pereiro está xa presente nas redes sociais. O seu grupo de Facebook conta xa con case un milleiro de seguidores, e tamén ten unha forte presenza en Twitter, onde as mensaxes sobre o poeta se agrupan co hashtag ou etiqueta #pereiro". A nova recóllese tamén en Cultura Galega e Galicia Hoxe.

Andrea Estévez, 1ºA.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-02-2011 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal